rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
ACTIVATE

ACTIVATE

Datas: 
15 febreiro 2012 - 8 xuño 2012
Horario: 
mércores, xoves e venres de 11.00 a 12.15 e de 12.15 a 13.30
Lugar: 
Laboratorio das Artes no Primeiro Andar

‘PRESENZA ACTIVA. Acción, obxecto e público’, recentemente inaugurada nas salas da planta baixa. Unha mostra colectiva de 10 artistas, coproducida por MARCO de Vigo e LABoral de Gijón, que aborda diferentes posibilidades de relación entre a performance e a instalación como disciplinas artísticas, e que ofrece moitas posibilidades didácticas. Baixo o título ‘ACTÍVATE!’, as visitas para escolares permitirannos achegarnos a unha selección das obras presentes nesta exposición. Todas as actividades están especialmente adaptadas ás idades dos participantes, con propostas diferenciadas para os grupos de infantil, primaria e secundaria.

O horario de visitas é de 11.00 a 13.30 (1º turno de 11.00 a 12.15 e 2º turno de 12.15 a 13.30), todos os mércores, xoves e venres, mediante cita previa.

Os centros interesados en participar deberán concertar o día e hora da visita no tel. 986 113903 A/A Pilar Souto pilar.souto@marcovigo.com), en horario de 09.30 a 15.00 e de 16.00 a 19.00. Na nosa web www.marcovigo.com poderán tamén atopar información sobre as obras e artistas, noticias, vídeos e imaxes da exposición.

O prezo da visita e é de 2€ por grupo/centro escolar.