Agar Ledo Arias
Agar Ledo Arias (Santiago de Compostela, 1975) é responsable de exposicións do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, dende xaneiro de 2006. Licenciada en Historia da Arte, a súa traxectoria profesional ten discorrido en espazos expositivos como Le Consortium, Dijon (Francia), e o CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea, no que comisariaou as exposicións ‘Imaxinando espazo, recreando realidades', ‘Colección Fundación ARCO' e ‘Roland Fischer. Camiño'. Coordinadora na 1ª edición da BIACS, Bienal Internacional de Arte Contemporánea de Sevilla (2004), comisariada por Harald Szeemann, a súa traxectoria inclúe tamén diversos traballos como comisaria independente, e colaboracións en revistas especializadas.