rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
AGUZAR O OÍDO (II). 23 músicas que cambiaron a escoita

AGUZAR O OÍDO (II). 23 músicas que cambiaron a escoita

Datas: 
9 outubro 2014 - 23 abril 2015
Horario: 
xoves de 20.00 a 21.00
Lugar: 
Salón de Actos
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e Vertixe Sonora
Colaboran: Casa da Música do Porto
Docente: Emilio Lede Abal e integrantes de Vertixe Sonora Ensemble, coa colaboración de relatores convidados nalgunhas das sesións
PRAZAS LIMITADAS. INSCRICIÓN E MATRÍCULA a partir do 9 de setembro
 
Co curso 'AGUZAR O OIDO II. 23 músicas que cambiaron a escoita', o MARCO dá continuidade a unha proposta de divulgación de música contemporánea e arte sonora que tivo unha excelente acollida na súa primeira edición. Deseñado como unha serie de sesións independentes en torno a figuras esenciais da música dos séculos XX e XXI, neste curso convidamos a oíntes non especializados e a melómanos irredentos a gozar da extraordinaria vitalidade da creación musical contemporánea a través de charlas minuciosas que combinan erudición e entretemento nunha linguaxe amena e accesible.
 
En cada sesión, dunha hora de duración, identifícanse as claves que transformaron as formas de escoita, as motivacións profundas que se agochan detrás de cada autor e as estratexias de percepción que nos permiten gozar e comprender as obras mestras do repertorio. Conectando a creación actual coa grande tradición musical occidental e non occidental e con outras disciplinas artísticas e literarias próximas ao gran público, cada sesión complétase con información complementaria que recolle bibliografía básica e audicións recomendadas.
 
Organizado por Vertixe Sonora e con Emilio Lede como relator principal, esta segunda edición conta coa colaboración da Casa da Música do Porto, e importantes especialistas convidados, co obxectivo de ofrecer unha visión panorámica desprexuizada e o máis comprensiva posible da creación musical.
 
''AGUZAR O OÍDO II'' completarase con puntuais intervencións musicais a cargo dos solistas de Vertixe Sonora Ensemble, que permiten vivenciar experiencias de concertos de pequeno formato, e con actividades organizadas conxuntamente por Casa da Música do Porto e Vertixe Sonora na cidade do Porto.
Prezo de matrícula:
  • 130€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e para estudantes, previa credencial), coa posibilidade de pagamento fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.
  • Descontos especiais por inscrición en 2 e 3 cursos.
  • O alumnado de Institutos de Educación Secundaria e Bacharelato de Galicia, dos Conservatorios Profesional e Superior de Música de Vigo, do Conservatorio Mayeusis e das Escolas de Música da cidade poderán asistir gratuitamente ás sesións, como oíntes e en función das prazas dispoñibles, presentándose no despacho de billetes do MARCO 15 minutos antes da hora de inicio de cada sesión (19.45), cun certificado de matrícula expedido polo seu centro de referencia.
NOTA: para este curso estanse a xestionar solicitudes de recoñecemento de 2 créditos de libre elección (Universidade de Vigo), e horas de formación permanente do profesorado (Xunta de Galicia).
 
CALENDARIO E PROGRAMA
 
NOTA: durante a tempada 2014-15, por coincidir con festivos e outros eventos, non haberá curso os seguintes xoves: 6 e 27 de novembro, 25 de decembro, 1 e 8 de xaneiro, 2 de abril.
 
BLOQUE 1 /sesións 1 a 6
Sesión 1 (xoves 9 outubro)
Ismos na música e na arte
Relator: Emilio Lede
 
Sesión 2 (xoves 16 outubro)
Formalismo e cubismo en Stravinsky
Relator: Emilio Lede
 
Sesión 3 (xoves 23 outubro)
A Casa da Música do Porto
Relatores convidados: Baldur Brönnimann (Director Principal Orquestra Sinfónica do Porto Casa da Música) e Paco Yáñez (crítico de mundoclásico)
 
Sesión 4 (xoves 30 outubro)
Rastrexando a Mahler: unha obsesión persistente
Relatores convidados: Pablo Sánchez (coeditor da web www.gustavmahler.es) e Paco Yáñez (crítico de mundoclásico)

Sesión 5 (xoves 13 novembro)
Luigi Nono: el espacio, el silencio, la escucha
Relator convidado: Enrique Gavilán (autor de Otra historia del tiempo e Entre la historia y el mito. El tiempo en Wagner)

Sesión 6 (xoves 20 novembro)
A través do son: interacción de música, danza, teatro, artes plásticas e videocreación na música actual
Relatores convidados: Roberto Casado e Jabi Alonso (Espacio Sinkro, País Vasco)
 
BLOQUE 2 /sesións 7 a 12
Sesión 7 (xoves 4 decembro)
Música e cinema
Relator: Emilio Lede
 
Sesión 8 (xoves 11 decembro)
Usos do feedback na música contemporánea
Relator convidado: Stelious Manousakis (músico experimental)
 
Sesión 9 (xoves 18 decembro)
A propósito de Ablinger
Relator convidado: Alberto Bernal (artista sonoro)
 
Sesión 10 (xoves 15 xaneiro)
A escoita do azar
Relatora invitada: Carmen Pardo (autora do libro John Cage: la escucha oblicua)

Sesión 11 (xoves 22 xaneiro)
Breve historia da interpretación no século XX e comezos do XXI
Relator: Emilio Lede
 
Sesión 12 (xoves 29 xaneiro)
Analizando a música de György Ligeti. Da Musica ricercata aos Estudos para piano
Relator: Emilio Lede
 
BLOQUE 3 /sesións 13 a 23
Sesión 13 (xoves 5 febreiro)
Un camiño innovador: o sinfonismo nórdico de Jean Sibelius
Relator convidado: Óscar del Canto (director e presentador de Cuadernos de viaje e El canto de las sirenas en Radio Clásica, RNE)
 
Sesión 14 (xoves 12 febreiro)
Feliz 80º aniversario Dear Helmut: unha viaxe á obra de Lachenmann 
Relator: Emilio Lede

Sesión 15 (xoves 19 febreiro)
Pintando sons con Morton Feldman
Relator convidado: Pedro Mombiedro Sandoval (autor do libro En clave de red. La música del siglo XX)
 
Sesión 16 (xoves 26 febreiro)
Novas concepcións dun tempo non lineal: de Schubert ao minimalismo
Relator: Emilio Lede

Sesión 17 (xoves 5 marzo)
Secuencias de Luciano Berio
Relator: Emilio Lede

Sesión 18 (xoves 12 marzo)
De Debussy aos nosos días: breve historia da música francesa
Relator: Emilio Lede

Sesión 19 (xoves 26 marzo)
Iannis Xenakis: arte e ciencia
Relator convidado: Sergio Luque (compositor) 

Sesión 20 (xoves 9 abril)
Encontros de danza e música contemoránea: perspectivas dende a creación coreográfica
Relatora convidada: Raquel González (coreógrafa)

Sesión 21 (xoves 16 abril)
Good vibrations. Do sonoro na arte e nos museos
Relator convidado: Xoan-Xil López (colectivo escoitar)
 
Sesión 22 (xoves 23 abril)
Ópera contemporánea
Relator invitado: Jorge Fernández Guerra (compositor)

Sesión 23 (xoves 7 maio)
Músicas do Extremo Oriente
Relator: Emilio Lede

NOTA: este programa xeral pode sufrir variacións nas súas datas e contidos, en función da dispoñibilidade dos relatores e do propio desenvolvemento do curso.