rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
ALT.14. Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo

ALT.14. Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo

Datas: 
14 marzo 2014 - 15 marzo 2014
Horario: 
20.00
Lugar: 
salón de actos
Prezo: 
5€


Do 13 ao 16 de marzo celébrase en Vigo a decimoterceira edición do ALT, Festival Alternativo das Artes Escénicas, que inclúe actuacións en distintos espazos da cidade, presentacións de publicacións, accións na rúa, e a conclusión do ciclo ALTprocrea en feminino, iniciado na edición anterior. As obras programadas no MARCO terán lugar no salón de actos durante a fin de semana.

Programa no MARCO


Organiza: Concellería de Cultura e Festas, Concello de Vigo / Noescafé Teatro Asociación Cultural
Colaboran: Dirección Xeral de Cultura, Xunta de Galicia / Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo / Instituto Camões /Institut Français, Bilbao

VENRES 14 marzo
Diego Anido (Galicia-Cataluña)
Symon Pedigrí, 65’ [Coprodución ALT’13]
Interpretación e dirección: Diego Anido/ Luz: Alex Aviñoa/ Son: Pablo Rega
(CAET Terrassa, ALT., FIOT, El Graner, CDG, Beca Iberescena)

Symon, cirurxián autodidacta de grande talento, nace 9 meses, 9 días e 16 horas despois da morte doutro Symon Pédícrí, o seu irmán e homónimo, contra cuxa sombra bate durante toda a súa vida. Sabedor de que o seu outro eu tivo que morrer para que os seus pais o concibisen, chegou a apli­car o legado científico dos Pédícrí, antigos criadores de cabalos, sobre o seu propio corpo.

SÁBADO 15 marzo
Lander Patrick (Portugal-Brasil)
Cascas d’ovo, 45’ [Danza]
Estrea en España
Idea orixinal, Coreografia, Dramaturxia e Vestiario: Lander Patrick/ Intérpretes: Jonas e Lander Patrick/ Deseño de luces: Lander Patrick e Rui Daniel/ Director artístico: Tomaz Simatovic/ Copro­dución: Materiais Diversos

This is not a love story.

Descarga: