
Amigos do MARCO
A Agrupación de Amigos do MARCO fúndase no ano 2003 a partir da aprobación do seu Regulamento Interno polo Padroado da Fundación MARCO, e do seu ingreso como membro titular na FEAM, www.feam.es, Federación Española de Amigos de los Museos.
Quen somos?
Un grupo de persoas comprometidas coa nosa cidade...
...que cre no potencial deste espazo creativo
...que fomenta a difusión e o coñecemento da arte contemporánea nas súas múltiples manifestacións
...que desenvolve actividades relacionadas coa posta en valor da cultura
Os nosos obxectivos
- Contribuír ao desenvolvemento e mantemento do MARCO como proxecto
- Sensibilizar á sociedade civil para a preservación e divulgación da riqueza do patrimonio
- Ser ponte entre o MARCO, a cidade e o contorno no que está situado
- Participar na vida activa do museo apoiando as súas iniciativas e proxectos, creando novos hábitos e fomentando a diversidade cultural
Se queres ser membro activo e responsable
Se queres facer Amigos por amor á ARTE
¡FORMA PARTE DA AGRUPACIÓN DE AMIGOS DO MARCO!
Que ofrecemos?
Entrada gratuíta a todos os Museos estatais
Visitas guiadas
Ás exposicións do MARCO antes da súa inauguración, en compañía do comisario
A outras exposicións guiadas por persoal especializado
A talleres de artistas
Ciclo "MARCO Extramuros"
Visitas guiadas por expertos en arte contemporánea, a exposicións situadas nas principais galerías da cidade, o primeiro sábado de cada mes.
Ciclo "Coñeces a túa cidade, coñeces o teu contorno?"
Visitas guiadas por distintas zonas de Vigo e de Galicia: con especial atención á arquitectura
Excursións dun día
A Museos ou Centros de Arte próximos, como a Fundación Serralves en O Porto, o CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela, ou o Museo de Belas Artes na Coruña, en función do seu calendario de exposicións
Viaxes por España e o estranxeiro
Buscamos o culturalmente significativo elixindo bienais, exposicións ou eventos especiais en lugares que teñan unha vida cultural, social ou artística activa e chea de posibilidades
Onde e cando atoparnos?
Presidenta:
Daniela Sarraino
Enderezo:
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (2º andar)
Príncipe, 54
36202 Vigo
Pontevedra
Teléfono:
986113900 (ext. 402)
E-mail:
Horario:
Luns, martes, mércores e xoves de 16.30 a 19.30
martes de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30
