rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Andrés Duque. Ensayo final para utopía

Andrés Duque. Ensayo final para utopía

Datas: 
25 outubro 2013 - 26 outubro 2013
Horario: 
DOBLE PASE: venres 25 de outubro, ás 19.30 e sábado 26 de outubro, ás 19.30
Lugar: 
Patio 1
Prezo: 
ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas


Andrés Duque. Ensayo final para utopía
Película, 73', 2012


Mentres acompaña o seu pai enfermo nun hospital de Venezuela, os pensamentosdo de Andrés Duque viaxan a Mozambique. Alí,algunhas imaxes de danza e da revolución—algunhas recuperadas e outras gravadas por el— evocan unha realidade alternativa onde o mundo espectral participa nunha fervenza de movementos excitantes.

Andrés Duque é un cineasta hispano-venezolano. O seu traballo máis coñecido é Iván Z, un retrato do cineasta de culto Iván Zulueta que lle valeu unha nominación aos premios Goya da Academia. En 2011 realiza a súa primeira longametraxe Color perro que huye, estreada no Festival International de Cine de Róterdan e obtivo o premio do público no Festival Internacional de Cine Punto de Vista. En 2012 é un dos autores convidados ao prestixioso seminario Flaherty que se celebra en Nova York. En 2013 recibe o Premi Ciutat de Barcelona polo seu filme Ensayo final para utopía. A súa filmografía inclúe: Paralelo 10 (2005, corto doc), Landscapes ina Truck (2006, corto doc), La constelación Bartleby (2007, corto), Life Between Worlds Not in FixedReality (2008, corto doc), All You Zombies (2008,corto doc), No es la imagen es el objeto (2009, corto), Color perro que huye (2011, doc) e Ensayo final para utopía (2012, doc).

A proxección desta película forma parte do programa de artes escénicas e cine "Material Memoria".

Mentres acompaña o seu pai enfermo nun
hospital de Venezuela, os pensamentos
do cineasta viaxan a Mozambique. Alí,
algunhas imaxes de danza e da revolución
—algunhas recuperadas e outras gravadas
polo cineasta— evocan unha realidade
alternativa onde o mundo espectral
participa nunha fervenza de movementos
excitantes.
Andrés Duque é un cineasta hispano-venezolano. O
seu traballo máis coñecido é Iván Z, un retrato do
cineasta de culto Iván Zulueta que lle valeu unha
nominación aos premios Goya da Academia. En
2011 realiza a súa primeira longametraxe Color
perro que huye, estreada no Festival International de
Cine de Róterdan e obtivo o premio do público no
Festival Internacional de Cine Punto de Vista. En
2012 é un dos cineastas convidados ao prestixioso
seminario Flaherty que se celebra en Nova York. En
2013 recibe o Premi Ciutat de Barcelona polo seu
filme Ensayo final para utopía. A súa filmografía
inclúe: Paralelo 10 (2005, corto doc), Landscapes in
a Truck (2006, corto doc), La constelación Bartleby
(2007, corto), Life Between Worlds Not in Fixed
Reality (2008, corto doc), All You Zombies (2008,
corto doc), No es la imagen es el objeto (2009, corto),
Color perro que huye (2011, doc) e Ensayo final para
utopía (2012, doc).Exposición VERANEANTES

Exposición VERANEANTES
‘Material Memoria’
Programa de artes escénicas e cinema
Comisario: Pablo Fidalgo Lareo
[El Conde de Torrefiel, Andrés Duque, Gastón Solnicki, Eloy Enciso, Rui Catalão, Patricia Caballero, Xurxo Chirro, Miguel Boneville, Claudia Dias, Ramiro Ledo, Lagartijas Tiradas al Sol, Nicolás Pereda, Olga Novo, Fon Román]

A exposición VERANEANTES inclúe un programa de artes escénicas e cinema, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, que ten lugar cada fin de semana no Patio 1 da planta baixa, especialmente adaptado para esta ocasión. O ciclo ‘Material Memoria’  inclúe artistas que traballan coa palabra e coa memoria familiar, xeracional e política como eixe da súa obra. Cun máximo de dúas persoas en escena, reivindica a sinxeleza e a frontalidade como esencia do teatral.

Descarga: