rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Ángela de la Cruz

Ángela de la Cruz

Textos:  Carlota Álvarez Basso, Carolina Grau

Data de publicación: 
8 febreiro 2005
ISBN: 
84-933121-7-7
Prezo: 
5€

Con motivo desta inauguración, o MARCO edita un catálogo como inicio dunha liña de publicacións: a colección "Espacio Anexo", que recollerá as exposicións desta nova sala de proxectos. O catálogo desta mostra, publicado en galego, castelán e inglés, conterá un texto de Katya García-Antón, directora do Centro de Arte Contemporánea de Xenebra, unha entrevista con Ángela de la Cruz con motivo da posta en marcha deste proxecto no MARCO, e notas biográficas da artista, ademais de fotografías do proceso de produción e do resultado final da obra unha vez rematada a montaxe. Debido á necesidade de dispoñer de imaxes da obra xa instalada, nesta ocasión o catálogo publicouse con posterioridade á data de inauguración.