rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
ARTE E SOCIEDADE NA ESPAÑA DOS SÉCULOS XX e XXI

ARTE E SOCIEDADE NA ESPAÑA DOS SÉCULOS XX e XXI

Datas: 
21 outubro 2015 - 11 maio 2016
Horario: 
mércores de 19.30 a 21.00
Lugar: 
Salón de actos
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: Ana Pereira Molares, coa colaboración de relatores convidados nalgunhas das sesións

Este curso de historia da arte ten como obxectivo realizar unha aproximación crítica á creación artística que se desenvolveu no noso país ao longo do século XX e os primeiros anos do XXI. Se ben é certo que tanto a arquitectura como a escultura e pintura españolas destas décadas non poden entenderse sen coñecer o que estaba a pasar no contexto internacional —ao que en moitos casos nos achegamos cun evidente atraso e a través dunha interpretación moi persoal— é indubidable que a intensidade dos acontecementos políticos e sociais que experimentou España neste tempo van traducirse nunha realidade artística complexa e cambiante.

A arte nunca pode entenderse en toda a súa profundidade fóra do contexto da súa época; afirmación que cobra un sentido máis intenso, se cabe, no caso español, onde a vivencia dunha guerra civil, e de numerosos cambios de carácter político e socioeconómico —república, ditadura, autarquía, transición democrática, nacemento das autonomías etc.— van ter unha repercusión moi intensa en acontecer artístico do noso país dotándoo de trazos propios e distintivos.

PRAZAS LIMITADAS PREVIA INSCRICIÓN 

Prezo: 190€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e para estudantes, previa acreditación), coa posibilidade de pago fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.

Modalidade asistencia:

Estase xestionando a posibilidade de recoñecemento de horas de formación permanente de profesorado por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Para as persoas interesadas nesta modalidade, a asistencia ás sesións será obrigatoria, mediante sinatura e presentación do DNI.

CALENDARIO E PROGRAMA EN ARQUIVO DESCARGABLE.