rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
ArtFutura 2014. A Promesa Dixital

ArtFutura 2014. A Promesa Dixital

Datas: 
7 novembro 2014 - 23 novembro 2014
Lugar: 
Salón de Actos
Prezo: 
Entrada Gratuita ata completar aforo

O MARCO retoma a súa colaboración con ArtFutura, o Festival de referencia en cultura dixital e novos medios, que este ano chega á súa 25ª edición. ArtFutura celébrase simultaneamente en máis de 20 cidades.

Durante tres fins de semana consecutivas, o salón de actos do MARCO acolle as proxeccións do programa audiovisual 2014. Baixo o título ‘A Promesa Dixital’, o programa deste ano presenta en exclusiva o documental do mesmo nome (coproducido por Bun Media, TVE e TV3), sobre a evolución da cultura dixital e o seu paralelismo co desenvolvemento de ArtFutura a través das súas 25 edicións. Ademais, o programa 2014 inclúe a sección exclusiva The Creators Project sobre os artistas Ai Weiwei e Olafur Eliasson, e as novas Artworks e Feeding the Web. A iso súmanse as xa clásicas 3D ArtFutura Show, Futura Graphics, e a retrospectiva 25 x 3D. En total, seis horas de proxeccións coas últimas achegas no campo da creatividade dixital.

2014 A Promesa Dixital 

CALENDARIO E HORARIOS PROXECCIÓNS

 

 

Venres 7 nov

19.00 Programa A 

 

Sábado 8 nov

12.00 Programa C

19.00 Programa B 

 

Domingo 9 nov

12.00 Programa C 

 

Venres 14 nov

Especial 12º Aniversario MARCO

Maratón ArtFutura

Proxección en continuidade do programa completo

 

Sábado 15 nov

Especial 12º Aniversario MARCO

Maratón ArtFutura

Proxección en continuidade do programa completo 

 

Domingo 16 nov

Especial 12º Aniversario MARCO

Maratón ArtFutura

Proxección en continuidade do programa completo 

 

Venres 21 nov

19.00 Programa C 

 

Sábado 22 nov

12.00 Programa B

19.00 Programa A 

 

Domingo 23 nov

12.00 Programa B 

 

PROGRAMA A

La Promesa Digital (70’)

Artworks (22’)

The Creators Project (40’)

 

PROGRAMA B

3D Artfutura Show (55’)

Futura Graphics (60’)

 

PROGRAMA C

Eclectic Method (Jonny Wilson) (32’)

Feeding the Web (23’)

25 x 3D (Retrospectiva) (55’)

 

 

 INFORMACIÓN PROGRAMAS

PROGRAMA A

Duración total: 2 h. 12 min.

LA PROMESA DIGITAL

Hai agora 25 anos que a revolución cibernética prometía un novo mundo e unha realidade alternativa de posibilidades infinitas. Pero, cales foron os cambios reais a través destes anos, e en que dirección imos agora?

O que esperabamos, o que non esperabamos, o que nos sorprendeu… Cara a onde imos, ou cara a onde cremos que imos... Coa participación de: William Gibson, Nicholas Negroponte, Clay Shirky, Rebecca Allen, Sherry Turkle, Tiffany Shlain, Montxo Algora, Marcel.lí Antúnez e outros grandes nomes.

Estrea en primicia dentro de ArtFutura 2014 en todas as súas sedes.

ARTWORKS

Unha nova sección dedicada ás instalacións new media e o seu reflexo no formato vídeo. Os novos sistemas de gravación e edición, cada vez máis sofisticados, facilitan novas formas de documentar as obras e, en ocasións, de ir máis alá e superar a experiencia mesma da contemplación directa.

Con traballos de Universal Everything (Radiohead Polyfauna), Daniel Canogar (Storming Times Square), Peter William Holden (Vicious Circle),  Kim Byungkwan (Illusion Device) e Alexander Sinitza (The Void- Tundra).

THE CREATORS PROJECT

The Creators Project apoia artistas visionarios que utilizan a tecnoloxía de forma innovadora para explorar os límites da creatividade. Son creadores que traballan en distintas disciplinas como a música, o cinema, a arte e o deseño, a moda ou os videoxogos, e cuxo traballo está inspirado e producido grazas ás novas tecnoloxías. Con segmentos sobre as obras de Amon Tobin, Ai Weiwei, PixMob, Olafur Eliasson e United Visual ArtistsAi Weiwei explica como Internet impactou enormemente sobre o seu traballo e o fixo gañar en recoñecemento internacional. PixMob crea uns elaborados lenzos humanos luminosos co público, convertendo cada un dos asistentes nun pixel LED. Olafur Eliasson, coñecido polas súas extensas e envolventes instalacións, crea arte para poder compartir ideas e cuestiona por que facemos as cousas. ‘Momentum’, a enorme instalación de United Visual Artists (UVA) no Barbican Centre de Londres, experimenta cun baleiro de escuridade cheo tan só con 12 péndulos iluminados que se balancean de forma rítmica dende o ceo, creando unha composición envolvente de luz e son.  ‘Moon’ é un proxecto froito da colaboración dos artistas Ai Weiwei e Olafur Eliasson, consistente na creación dun lenzo online compartido que permite a un público global deixar a súa marca persoal en forma de debuxos. E Amon Tobin chamou a Tessa Farmer, unha artista visual que organiza instalacións feitas con insectos, animais e ósos, e pediulle que crease escenas para cada unha das súas cancións.

PROGRAMA B

Duración total: 2 h.

3D FUTURA SHOW

Cada ano, 3 D Futura Show inclúe os traballos de animación por ordenador máis destacados e reflicte a evolución tanto técnica como de contidos desta nova forma de expresión creativa.  

Inclúe Portrait (Donato Sansone), The Crew (Bèrelle, Boidin & Kozyra), Paper World (László Ruska, Dávid Ringeisen), Dark Noir (Red Knuckles), entre outras pezas.

FUTURA GRAPHICS

Animacións dixitais e máis alá: curtas, virais, videoclips e outras obras na busca de novas estéticas e linguaxes

 Floating Metal Key (Dan Kokotajlo), Black Gold (PES), Aubade (Mauro Carraro), Llapse (Julien Vanhoenacker) Equateur (François Grumelin-Sohn) e outras.

PROGRAMA C

Duración total: 2 h.

ECLECTIC METHOD

Eclectic Method (tamén coñecido como Jonny Wilson) comezou sendo un pirata dixital que unía música, televisión e cinema e os sincronizaba con ritmos de baile de alta enerxía. Jonny traballou con Brian Eno, mentres crecía entre Londres e a Bosnia de posguerra, e creou Eclectic Method, xerando un proxecto tan avanzado que a simple etiqueta de VJ non lle era aplicable.

“A cultura pop reflíctese na música do momento, e Eclectic Method pode conseguir o que outros DJ e artistas visuais non poden, que é fundilo todo en tempo real”, explica Wilson, agora con sede en Barcelona.

Eclectic Method funciona a nivel global. Os remixes de Wilson apareceron na CNN e no show de Jimmy Fallon. E músicos como U2, Fatboy Slim e Phish pedíronlle crear mesturas oficiais dos seus vídeos. Hai unha década, os avogados corporativos perseguían a Eclectic Method pola súa pirataría dixital. E agora estas mesmas compañías perseguen a Jonny pola súa arte.

http://eclecticmethod.tumblr.com

FEEDING THE WEB

Unha nova sección en ArtFutura dedicada a mensaxes audiovisuais producidas directamente para a Web. Un novo tipo de traballo, pensado para converterse en viral e realizado exclusivamente para ser visto online. Alimentando á Web, alimentámonos a nós mesmos.

Con obras de Steve Jobs, Alan Watts. Tiffany Shlain, Vincent Brady & Brandon McCoy.

25 x 3D

Unha fascinante retrospectiva con obras moi especiais pero pouco coñecidas, presentadas en ArtFutura ao longo destes 25 anos, que marcan os fitos da evolución do 3D. Dende as pezas máis importantes producidas polas grandes compañías a pequenas marabillas creadas por artistas independentes de todo o mundo.

John Amanatides & Donald Mitchell (Megacycles), Karl Sims (Panspermia), Yugi Kyoshitsu (The Play), Sadamune Takanaka (1), Sam Chen (Eternal Gaze), Suk Won Shin (Rock the World), Ben Hibon (Codehunters), Damian Nenow (Paths of Hate), Dvein (The Vein - Magma) e outras.

+ info sobre el Festival en www.artfutura.org