rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
FESTA DIM NO MARCO. DÍA INTERNACIONAL DO MUSEO

FESTA DIM NO MARCO. DÍA INTERNACIONAL DO MUSEO

Datas: 
14 maio 2016 - 15 maio 2016
Horario: 
de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingo de 11.00 a 14.30
Lugar: 
Diferentes espazos do Museo
Prezo: 
De balde


Día Internacional do Museo 2016

Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte.           

O lema proposto polo ICOM para o DIM 2016 é ‘Museos e paisaxes culturais’, que salienta a idea dos museos como centros territoriais de protección activa da paisaxe cultural. http://bit.ly/1VMsqMK

O MARCO súmase a esta celebración e ofrece unha programación especial na fin de semana do sábado 14 e domingo 15 de maio, con actividades para públicos de todas as idades, que se suman ás exposicións que actualmente se exhiben en salas: a retrospectiva de MARÍA LUISA FERNÁNDEZ na planta baixa, o proxecto de MÓNICA CABO no Anexo; e a mostra de GRACE SCHWINDT no primeiro andar. Será a última semana na que se poderá visitar esta exposición, que se clausura o domingo 15 de maio.

Entre as actividades previstas destacan dúas que están directamente en relación co lema deste ano: o obradoiro/encontro en torno á paisaxe cultural galega, dirixido por Fran Quiroga, e o proxecto Documentando o MARCO, na Biblioteca-Centro de documentación.

Outras actividades específicas para público infantil e adulto completan a oferta do MARCO nesta fin de semana: obradoiros para público infantil en colaboración co Proxecto ENKI, visitas ás exposicións, percorridos guiado pola Biblioteca, oferta de catálogos de ocasión, e o Brunch ofrecido por Miguel Oliveira restaurante con ocasión desta celebración.

PROGRAMACIÓN

Obradoiro
‘A paisaxe cultural galega. Un (intento de) mapexo’
Sábado 14 de maio
Dirixido por: Fran Quiroga
Investigador independente, coordinador CulturaLab Master Servizos Culturais da USC, e
coordinador de Ruraldecolonizado
Colabora: IET Instituto de Estudos do Territorio
MARCO, salón de actos
Sábado de 11.00 a 14.30
Gratuíto, previa inscrición.
Prazas limitadas ata completar un aforo máximo de 20 persoas
+ info en http://bit.ly/1O3iVWT

Obradoiro ‘A paisaxe cultural galega. Un (intento de) mapexo’


Sábado 14 de maio
Dirixido por: Fran Quiroga
Investigador independente, coordinador CulturaLab Master Servizos Culturais da USC, e coordinador de Ruraldecolonizado
Colabora: IET Instituto de Estudos do Territorio

MARCO, salón de actos
Sábado de 11.00 a 14.30
Gratuíto, previa inscrición.
Prazas limitadas ata completar un aforo máximo de 20 persoas
+ info en http://bit.ly/1O3iVWT  

Considerar a paisaxe como proceso dinámico, determinado pola construción cultural, fai preciso ver como os habitantes trazan a integración do humano e o cultural coa natureza, coa terra. Neste obradoiro formúlanse cuestións como: é posible falar dunha paisaxe cultural sen habitantes?; existe unha paisaxe cultural inmutable ou, se é cambiante, como podemos protexer algo mutante?; como se relaciona a memoria coa paisaxe?; como podemos facer que a cidadanía recupere o protagonismo na salvagarda do seu patrimonio paisaxístico?

A través desta actividade procúranse repensar as bases para a salvagarda de paisaxes relevantes pola 
súa significación cultural, atendendo ás seguintes coordenadas: paisaxes agrícolas, gandeiras e forestais; paisaxes industriais, infraestruturas e actividades comerciais; paisaxes urbanas, históricas e defensivas; paisaxes simbólicas.

A metodoloxía do encontro combina unha primeira parte de análise teórica e debate sobre o concepto de paisaxes culturais e a súa relevancia, seguido do obradoiro en si, no que os participantes van situando en mapas de Galicia aquelas paisaxes que consideran que destacan polo seu interese cultural, así como os museos que se espallan ao longo da xeografía galega. Os mapas/conclusións do obradoiro, acompañados dun texto explicativo, quedarán abertos ao público durante a tarde do sábado no propio salón de actos.

‘Documentando o MARCO’


Sábado 14 de maio
MARCO, Biblioteca-Centro de documentación (1º andar)
Sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30
Para público en xeral

En liña co lema de "Museos e paisaxes culturais", o MARCO retoma este proxecto iniciado en 2008, baseado no propio edificio do Museo como lugar de memoria e como espazo simbólico.

Unha actividade especial para maiores, que ten como obxectivo recoller testemuños sobre o pasado do edificio do MARCO, antes da súa rehabilitación e o seu novo uso como Centro de Arte Contemporánea, para axudarnos a recompilar a 'memoria viva' do edificio a través de experiencias persoais. Os testemuños son recollidos ben por escrito, ben con gravacións de voz ou de imaxe de vídeo. Tamén se anima ás persoas interesadas a achegar documentación como fotografías, cartas, etc. que consideren de interese como imaxe ou relato do pasado. O material recollido será dixitalizado e quedará depositado na Biblioteca-Centro de Documentación.

Máis alá da fin de semana do DIM, trátase dunha iniciativa con vocación de continuidade, que seguirá desenvolvéndose nos vindeiros meses a través da Biblioteca-Centro de documentación.

Visitas guiadas á Biblioteca-Centro de documentación


MARCO, Biblioteca-Centro de documentación (1º andar)
Sábado de 12.30 a 13.15, e de 18.30 a 19.15
Para público en xeral

Visita aos fondos da Biblioteca na compaña da súa responsable, Iria Fernández Mouriz, explicando de xeito ameno as funcións e actividades levadas a cabo.

A Biblioteca-Centro de documentación do MARCO é un servizo gratuíto que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos da cultura contemporánea. Ademais da súas actividades habituais, a Biblioteca programa tamén eventos específicos e mostras bibliográficas e documentais en torno aos artistas e obras presentes nas exposicións temporais do MARCO.


Obradoiros infantís para público familiar

Sábado 14 e domingo 15 de maio
MARCO, Laboratorio das Artes (1º andar)
Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de adultos

‘Pintando a ENKI’

En colaboración co Proxecto ENKI, promovido por Asociación ASPANAEX e Fundación ABRENTE
Sábado de 12.00 a 14.00

Esta actividade dirixida a público familiar, que consiste nun obradoiro de pintura de dedos a partir de figuras de cartón, realízase en colaboración coa Asociación ASPANAEX e a Fundación ABRENTE, promotoras do proxecto ENKI, e está concibida como promoción e difusión desta iniciativa. ENKI é un proxecto social que ten como obxectivos a integración e visibilización de colectivos e persoas con diversidade funcional. Cara ao grande evento que terá lugar en Vigo o domingo 29 de maio, os promotores están levando a cabo distintas accións de difusión na cidade, entre as que se inclúe o obradoiro deste día no MARCO, así como a acción ‘Xuntos construiremos un mundo mellor’ que terá lugar o mesmo sábado na rúa Príncipe, fronte á fachada principal.

+ info en www.enkiproyecto.com

‘DIM para familias’

Sábado de 18.00 a 20.00, domingo de 12.00 a 14.00

Ademais do obradoiro do sábado pola mañá, a oferta de actividades infantís para público familiar continúa no MARCO durante a tarde do sábado e a mañá do domingo. Nesta ocasión, as actividades para os máis pequenos xiran ao redor da idea de escultura, tomando como base a exposición de MARÍA LUISA FERNÁNDEZ. je, je… luna, nas salas da planta baixa.

‘O MARCO POR DENTRO’


Visitas guiadas ás exposicións
Sábado 14 e domingo 15 de maio
MARCO, salas de exposición
Sábado ás 13.00 e ás 19.00, domingo ás 13.00
Para público en xeral

Esta fin de semana é unha excelente ocasión para percorrer os espazos do MARCO na compaña dos monitores de sala. A través deles coñeceremos as linguaxes artísticas de MARÍA LUISA FERNÁNDEZ, e achegarémonos á proposta de MÓNICA CABO no Anexo. Ademais, será a última semana para desfrutar da exposición de GRACE SCHWINDT, que se clausura este domingo 15 de maio nas salas do 1º andar.

MARÍA LUISA FERNÁNDEZ. je, je… luna
Planta baixa (ata o 29 de maio)

GRACE SCHWINDT. Levar unha casa, construír unha cidade, liderar unha revolución. Unha exposición en tres actos
Primeiro andar (ata o 15 de maio)

MÓNICA CABO. There Will Be a Sea Battle Tomorrow
Anexo ,vestíbulo principal (ata o 26 de xuño)

+ info en http://bit.ly/1WpN5a5 

Catálogos de ocasión


Sábado 14 e domingo 15 de maio
MARCO, vestíbulo principal
Sábado de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingo de 11.00 a 14.30
Para público en xeral

Venda de catálogos de ocasión, cunha selección dos editados polo MARCO dende 2002.

+ info en http://bit.ly/1Oi1u54

‘Brunch TIKI’


Miguel Oliveira restaurante
Domingo 15 de maio
Domingo de 11.00 a 15.00
Para público en xeral
Previa reserva / tfno. 886 116712

Con ocasión da celebración do DIM, o restaurante Miguel Oliveira ofrece un Brunch especial ao mediodía do domingo, ademais do seu servizo de cafetería-restaurante durante todo o sábado, dentro do horario de apertura do Museo.

+ info en http://bit.ly/24LuUMV

Descarga: