rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA //CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

Boletín de convocatorias. Abril 2014


BOLSAS E PROXECTOS     
     

ESTATAIS          

Estudio Busca Talento  
Convoca: Fundación Banco Santander, Madrid
Descrición: poderán participar estudantes universitarios que non superen os 32 anos de idade, matriculados en calquera universidade pública ou privada de España. A técnica, temática e natureza das propostas será libre. A convocatoria consiste en proporcionar un espazo de traballo en "Matadero Madrid" remunerado, durante dous meses (1 xullo-31 de agosto de 2014). Tamén os seleccionados terán un programa de sesións críticas con actores culturais importantes e encontros individuais.
Dotación: 1.500€ brutos durante dous meses
Data fin: 16 de abril de 2014
Máis información 

Convocatoria de Residencias Artísticas LABoral / Lo Pati / Eufonic  NOVO
Convoca: Lo Pati, Amposta
Descrición: duas convocatorias de residencias, unha en LABoral e outra en Eufonic para artistas vinculados á música experimental e á arte sonora e visual. A investigación durará dúas semanas. A residencia inclúe aloxamento, manutención, gastos de viaxe e acceso aos equipos técnicos e humanos dos espazos. 
Dotación: 500€/mes + 200€ para produción
Data fin: 19 de abril de 2014
Máis información

Becas Fundación Botín. Artes Plásticas   
Convoca: Fundación Botín, Santander
Descrición: a finalidade desta bolsa será a formación, investigación e realización de proxectos persoais no ámbito da creación artística para artistas de calquera nacionalidade. A duración da bolsa será de 9 meses. 
Dotación: sen cambio de residencia: 16.000€; con traslado a outro país: 21.000€
Data fin: 30 de abril de 2014
Máis información

Beca de Producción a la Creación Videográfica  
Convoca: Es Baluard e DKV Seguros
Descrición: a bolsa está dirixida a artistas profesionais que presenten un proxecto de realización dunha obra. O tema será a importancia, peso ou resonancia do espazo hospitalario como ámbito físico no conxunto ou nas súas determinadas áreas. 
Dotación: 5.000€
Data fin: 5 de maio de 2014
Máis información 

Becas Fundación Botín. Comisariado de Exposiciones y Gestión de Museos   
Convoca: Fundación Botín, Santander
Descrición: poderán participar diplomados, licenciados ou estudantes de postgrao en Belas Artes, Historia da Arte, Filosofía e Estética, Literatura, Humanidades ou Crítica da Arte. Tamén profesionais da Arte que non cumprindo os requisitos anteriores, puideran demostralo. Os participantes terán que ter a nacionalidade española ou residir en España dende hai cinco anos. A idade ten que ser comprendida entre os 23 e 40 anos.
Dotación: 18.000€ en concepto de viaxes, aloxamento, manutención, etc. + ata 12.000€ como abono para o pago da matrícula nun centro de formación escollido.
Data fin: 9 de maio de 2014
Máis información

Emplea Cultura  NOVO
Convoca: Fundación Banco Santander, Madrid
Descrición: Emplea Cultura é un programa para crear emprego entre os novos interesados na cultura visual contemporánea e para favorecer ao mesmo tempo a profesionalización do sector. Para isto, Fundación Banco Santander vai seleccionar dez organizacións que queiran cubrir un posto de traballo e traballadores novos para cubrir dita convocatoria. 
Dotación: 23.000€ 
Data fin: 26 de maio de 2014
Máis información 

CURSOS E OBRADOIROS

AUTONÓMICOS 

Taller con Chelo Matesanz "Sexualidade Metafórica"   NOVO

Convoca: CGAC, Santiago de Compostela
Descrición: o obradoiro non pretende atender a cuestións sexuais, senón a aquelas categorías nas que a sociedade e a sexualidade atoparon lugares para afianzarse como imaxes de perpetuidade. Reconstruíndo ou reinterpretando a cita de McLuhan, podríase dicir que a sexualidade sería a mensaxe.
Prezo: 20€
Datas: 8-10 de abril de 2014
Máis información

A copia do natural. Obradoiro de Debuxo  NOVO
Convoca: Museo de Belas Artes, A Coruña
Descrición: obradoiro de debuxo no que se fará unha aproximación a esta técnica, e traballaranse distintos aspectos desta como a liña de trazado, a definición do contorno, a función do claroscuro, os tipos de perspectiva, pasando pola composición, o estudo anatómico e a representación do movemento, para rematar cun exercicio de copia do natural. 
Prezo: 40€; amigos do museo: 30€
Datas: 16 de maio-4 de xullo de 2014
Máis información

ESTATAIS 

Taller de Fotografía "Cazadores de Luz, Fotosíntesis Mecánica"  NOVO
Convoca: Hangar, Barcelona
Descrición: nado da pseudociencia e o esoterismo, o estenopo como principio básico da física, convértese nun xesto máxico de capturar luz dentro dunha caixa negra. A fotosensibilidade, a creación de artefactos para manipular a luz, a maxia e a alquimia, son elementos que conforman este acto pagano que roza os máis sutiles das místicas. "Cazadores de luz" é un espazo de investigación colectiva, baixo a dirección de Alfonso Borragán. O espazo, enmarcado no formato de obradoiro, funciona como un catalizador de ideas e intercambio ao redor da fotografía experimental, accionando e explorando os seus recursos.
Datas: 24 de abril-11 de maio de 2014
Máis información

Congreso Internacional de Educación y Accesibilidad en Museos y Patrimonio  
Convoca: Universidad de Zaragoza. Realizarase no Palacio de Villahermosa, Huesca
Descrición: o programa de conferencias e mesas redondas aborda catro bloques de sesións científicas: museoloxía social e patrimonio accesible; responsabilidade social e multiculturalidade; museos e saúde: o museo como espazo de transformación e de utilidade terapéutica; accesibilidade e novas tecnoloxías.
Prezo: non consta
Datas: 2-4 de maio de 2014. Inscricións ata o 27 de abril de 2014
Máis información 

La imaginación política. Cruces entre arte, política y activismo  NOVO
Convoca: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid
Descrición: este seminario nace coa intención de pensar ao menos unha parte das relacións e cruces que hai entre arte, política e activismo, cuestións todas elas que atanguen en moitos casos ás institucións artísticas, pero que por riba de todo teñen que ver co uso e intervención no espazo público.
Prezo: de balde, con inscrición previa
Datas: 30 abril-27 de xuño de 2014
Máis información 

Taller de Carlos Garaicoa "Una ficción en la realidad (arte, política y arquitectura)"  NOVO
Convoca: Fundación Botín, Santander
Descrición: o obradoiro tomará a cidade de Santander como o seu teatro de actividades, tratando de que os participantes se acheguen e aborden a cidade desde a pluralidade de linguaxes onde estean presentes a fotografía, o vídeo, o texto, a escultura ou calquera outro modo de articulación visual coñecida, para dar cabida a unha reflexión onde a arquitectura e a cidade funcionen como unha xustificación para discorrer sobre a realidade, a existencia e a arte.
Prezo: non consta
Datas: 30 de xuño-11 de xullo de 2014. Inscricións ata o 30 de abril de 2014
Máis información


PREMIOS

AUTONÓMICOS

IX Premio de Banda Deseñada "Castelao"
  
Convoca: Deputación da Coruña
Descrición: poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas cinco edicións anteriores, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio ou certame. 
Premio: 6.500€
Data fin: 4 de abril de 2014
Máis información

Concurso de Carteles "Festa da Istoria 2014" 
Convoca: Festa da Istoria, Ribadavia
Descrición: poderán participar todas as persoas que o desexen, cun máximo de 2 obras inéditas. O tema será a Festa da Istoria. A técnica será libre. Os carteis seleccionados formarán parte dunha exposición.
Premio: 500€
Data fin: 31 de maio de 2014
Máis información


XII Premio de Creación Audiovisual Universidade de Vigo   NOVO
Convoca: Universidade de Vigo
Descrición: poderá participar calquera membro da comunidade universitaria da Universidade de Vigo (PDI, estudantes e PAS). O tema será libre e haberá cinco modalidades: curta narrativa, documental, vídeo experimental, animación e vídeo publicitario. A duración non excederá dos 15 minutos.
Premios: 1º premio: 600€ para cada modalidade; 2º premio: 300€ para cada modalidade
Data fin: 20 de xuño de 2014
Máis información 

XI Certamen de Fotografía Universidade de Vigo   NOVO
Convoca: Universidade de Vigo
Descrición: poderá participar calquera membro da comunidade universitaria da Universidade de Vigo (PDI, estudantes e PAS). O tema será libre e haberá dúas modalidades: serie e fotografía única.
Premios: serie: 1º premio: 600€; 2º premio: 300€; fotografía única: 1º premio: 400€; 2º premio: 200€
Data fin: 20 de xuño de 2014
Máis información
 
XII Premio de Pintura Universidade de Vigo   NOVO
Convoca: Universidade de Vigo
Descrición: poderá participar calquera membro da comunidade universitaria da Universidade de Vigo (PDI, estudantes e PAS). A técnica utilizada será libre e o tamaño das obras non excederá de 150 cm. na maior das súas dimensións.
Premio: 1.500€
Data fin: 20 de xuño de 2014
Máis información

IX Premio de Arte Gráfico "Jesús Núñez"  
Convoca: Deputación da Coruña e CIEC, Betanzos
Descrición: poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas edicións anteriores.
Premios: 1º premio: 6.500€ + exposición no CIEC; dous accésits: bolsa no Master de Obra Gráfica impartido polo CIEC
Data fin: 27 de xuño de 2014
Máis información

ESTATAIS

XV Premio Nacional de Pintura Real Academia de Bellas Artes de San Carlos   
Convoca: Real Academia de Bellas Artes de San Carlos, Valencia
Descrición: poderán participar os pintores, maiores de idade, que non excedan os 45 anos, españois ou estranxeiros. Tanto o tema como a técnica a utilizar serán de libre elección.
Premios: 1º premio: 6.000€; dous accésits: 3.000€ cada un
Data fin: 11 de abril de 2014
Máis información

RKO Premio Europeo Fotografía Contemporánea   NOVO
Convoca: ARKO Promociones Culturales, Astillero (Cantabria)
Descrición: poderá participar calquera artista contemporáneo maior de 18 anos, sen límite de idade, de forma individual ou en grupo, cun máximo de 5 obras presentadas. A temática será libre. 
Premios: 1º premio: 1.000€ + exposición individual e colectiva; mencións especiais: exposición colectiva
Data fin: 17 de abril de 2014
Máis información 

Premio "Embarrat 2014"  NOVO
Convoca: Embarrat, Tárrega
Descrición: poderán participar artistas emerxentes, maiores de idade. Deben acollerse ao concepto "A gran máquina" e será benvida calquera disciplina artística, en especial, instalacións, videoarte, arte sonora, performances, fotografía, poesía visual, etc. A selección levarase a cabo a través do envío dun dossier. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo.
Premio: 2.000€ 
Data fin: 20 de abril de 2014
Máis información

IV Certamen de Fotografía CMU Santa María de Europa    
Convoca: Colegio Mayor Universitario Santa María de Europa, Madrid
Descrición: os participantes deberán atoparse realizando algún tipo de estudos universitarios ou superiores dentro do territorio nacional. As fotografías deberán ser propiedade do autor. Poderán enviarse ata un máximo de tres imaxes por participante. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio mellor fotografía a cor/branco e negro: 250€; 2º premio mellor fotografía a cor/branco e negro: 100€; premio especial á mellor fotografía colexial: 50€; premio especial do público: 50€
Data fin: 22 de abril de 2014
Máis información

I Festival Internacional de Cine en Corto Ciudad de Consuegra 2014   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Consuegra
Descrición: a participación está aberta a todos os realizadores maiores de 16 anos, con nacionalidade e residencia na Unión Europea. O tema será libre e admitirase ficción, animación e documentais. A duración da curta non poderá sobrepasar os 30 minutos.
Premios: premio do xurado: 1.500€; premio do público: 400€; premio local: 400€
Data fin: 25 de abril de 2014
Máis información

XXXVII Certamen Nacional de Pintura Fiesta del Olivo 2014    
Convoca: Comisión Organizadora de la Fiesta del Olivo, Toledo
Descrición: poderán participar todos os pintores españois ou estranxeiros, residentes en España, que o desexen. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: premio Ayuntamiento de Mora: 3.000€; premio local: 800€ + exposición individual
Data fin: 26 de abril de 2014
Máis información

XX Concurso Nacional de Fotografía "El lobo y el Madroño"     
Convoca: Agrupación Fotográfica San Sebastián de los Reyes, Madrid
Descrición: poderán participar todos os afeccionados ou profesionais da fotografía residentes en España que o desexen. O tema será libre. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premios: 1º premio: 600€; 2º premio: 400€; premio local: 200€
Data fin: 30 de abril de 2014
Máis información

XIV Concurso Nacional de Cortometrajes del Festival de Cine de Sant Joan D'Alacant 
Convoca: Ayuntamiento de Sant Joan d'Alacant
Descrición: poderán participar autores resdientes en España con obras realizadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2013. As obras seleccionadas serán proxectadas. 
Premios: entre 500€ e 1.200€ 
Data fin: 30 de abril de 2014
Máis información

XXXVIII Certamen Nacional de Pintura Vila de Pego  
Convoca: Ayuntamiento de Pego
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, de calquera nacionalidade, maiores de idade e residentes en España. O tema, materia e técnica serán libres. 
Premio: 3.000€
Data fin: 30 de abril de 2014 
Máis información 

XXIV Certamen de "Calamonte Joven 2014"  NOVO

Convoca: Ayuntamiento de Calamonte
Descrición: poderán participar todos aqueles rapaces de nacionalidade española ou residentes en España con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos. A temática e a técnica pictórica serán de libre interese por parte do autor. Con carácter bianual recolleranse nun catálogo todas as obras premiadas.
Premios: 1º premio: 1.470€ + placa; accésit: 840€ + placa; premio local: 170€ + placa
Data fin: 2 de maio de 2014
Máis información

VII Concurso de Pintura y Fotografía Ramón Muñoz Torres   
Convoca: Instituto de Enseñanza Secundaria "Luis Carrillo de Sotomayor", Baena
Descrición: poderá participar calquera persoa, sen límite de idade, cun máximo de dúas obras por autor, orixinais e inéditas. En pintura haberá dúas categorías, unha para participantes de todo o territorio e outra de carácter local. As temáticas serán libres.
Premios: 1º premio pintura: 3.000€; premio local de pintura: 600€; premio de fotografía: 400€
Data fin: 5 de maio de 2014 
Máis información  

VII Certamen Nacional de Pintura y Arte Digital Carsarte  
Convoca: Carsarte
Descrición: poderán participar artistas maiores de idade, españois ou estranxeiros, que residan en España. O tema das obras terá que ser "arte e tecnoloxía" tanto en pintura coma en arte dixital. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición itinerante durante ano e medio.
Premio: pintura: 1º premio: 3.600€; 2º premio: 2.400€; 3º premio: 1.800€; dous accésits: 600€ cada un; arte dixital: 1.200€
Data fin: 8 de maio de 2014
Máis información

LII Concurso Internacional de Dibujo 2014     
Convoca: Fundació Ynglada-Guillot, Barcelona
Descrición: poderán participar todos os artistas españois ou estranxeiros que o desexen.Os debuxos serán en branco e negro realizados con lapis, carbón, tinta chinesa, estilográfica ou tinta corrente. Non se admitirán "collages". 
Premio: 4.000€ + exposición individual
Data fin: 9 de maio de 2014
Máis información

XIX Premio de Fotografía Fundación AENA 2014   
Convoca: Fundación AENA, Madrid
Descrición: poderán participar todos os fotógrafos residentes en España, así como os que expuxeron en España durante o 2013. O tema será libre. 
Premios: 1º premio: 10.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 3.000€ 
Data fin: 16 de maio de 2014
Máis información

XXXIV Concurso de Carteles Anunciadores de la Festa Major en Honor a la Santíssima Sang   
Convoca: Ayuntamiento de Dénia
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, cun máximo de tres obras. O tema será sobre calquera motivo de Dénia ou as súas festas patronais. 
Premio: 1.000€
Data fin: 16 de maio de 2014
Máis información

Vídeo/Talentos 2014. Reiterpreta el Arte  NOVO
Convoca: Fundación Banco Santander, Madrid
Descrición: concurso de vídeos para a comunidade universitaria co obxectivo de fomentar, recoñecer, difundir e premiar a creatividade e o talento entre este colectivo. O tema do concurso deberá estar relacionado co mundo da arte. 
Premios: premio do público: 5.000€; 1º premio do xurado: 5.000€; dous accésits do xurado: 2.500€ cada un
Data fin: 22 de maio de 2014
Máis información

IV Concurso de Cortometrajes "Cátedra Miguel Hernández"   
Convoca: Universidad Miguel Hernández, Elche
Descrición: poderá participar calquera persoa sen distinción de nacionalidade nin residencia. O tema das curtametraxes versará sobre o poeta Miguel Hernández. 
Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 500€
Data fin: 23 de maio de 2014 
Máis información 

Concurso de Escultura "Monumento a las lavanderas"   
Convoca: Ayuntamiento de Colmenar Viejo, Madrid
Descrición: poderán participar todos os artistas, persoas físicas, autores da obra, sempre que acrediten ser residentes en calquera país da Unión Europea. As obras a concursar consistirán en esculturas/maquetas ampliables. Con técnica libre e de marcado carácter figurativo, tendo en conta que a escultura definitiva poderá ser realizada en bronce fundido. O conxunto escultórico terá que representar ás lavandeiras de Colmenar Viejo. 
Premio: 3.000€
Data fin: 30 de maio de 2014
Máis información

VII Concurso de Carteles "San Silvestre Salmantina"   
Convoca: Club Deportivo Padre Basabe, Salamanca
Descrición: poderán concursar todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade ou residencia. A técnica e as cores a empregar serán libres. 
Premio: 2.000€
Data fin: 31 de maio de 2014
Máis información  

XV Certamen "Ciudad de Tomelloso"  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Tomelloso
Descrición: poderán tomar parte todos os artistas, tanto españois como estranxeiros, que o desexen. Cada autor poderá presentar un máximo de tres obras por modalidade: pintura, debuxo e fotografía. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo.
Premios: pintura e debuxo: fondo adquisición: 9.000€; fondo adquisición para obras de artistas locais: 3.600€; fotografía: fondo-adquisición de 2.000€
Data fin: fotografía: 6 de xuño de 2014 / pintura e debuxo: 20 de xuño de 2014
Máis información 

Concurso de Carteles "Fiestas Patronales de San Cosme y San Damián 2014"  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Arnedo
Descrición: poderán participar todas as persoas que o desexen, presentando cun máximo de tres obras. Os carteis seleccionados formarán parte dunha exposición. 
Premio: 750€
Data fin: 13 de xuño de 2014
Máis información

XIV Bienal de Escultura Peña de Martos  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Martos, Xaén
Descrición: poderán participar todos os autores que o desexen, sempre que sexan nados ou residentes na Unión Europea. Os artistas terán completa liberdade de tema, material, técnica e tendencias estéticas. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premio: 1.000€ + diploma
Data fin: 3 de xullo de 2014
Máis información

Concurso de Carteles "Facoelche 2015: entre dos aguas"  NOVO
Convoca: Fundación Dr. Soler, Alacant
Descrición: o obxecto da convocatoria é premiar o mellor traballo para a difusión e coñecemento da XVII edición da reunión científico-médica FACOELCHE, do campo da oftalmoloxía. Poderán participar cantos artistas e deseñadores estean interesados. 
Premios: 1º premio: 1.500€; accésit: 500€ para un cartel feito a man (óleo, acuarela, pastel, collage, etc.)
Data fin: 4 de xullo de 2014
Máis información

Concurso de Arte Ideaborn 2014  NOVO
Convoca: Ideaborn
Descrición: Ideaborn organiza este concurso para seleccionar e mercar unha imaxe para a súa tarxeta de felicitación do ano. Busca artistas no que o seu traballo mostre a realidade económica, social e cultural dun país en desenvolvemento.
Premio: 1.000€
Data fin: 15 de xullo de 2014
Máis información

 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.