rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA //CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

Boletín de convocatorias. Maio 2011

BOLSAS E PROXECTOS

AUTONÓMICOS

Becas de Creación Artística en el Extranjero Gas Natural Fenosa 2011  NOVO
Convoca: MACUF, A Coruña
Descrición: convocatoria de tres bolsas destinadas a artistas plásticos ou visuais nados ou residentes en Galicia, que non teñan cumpridos os 35 anos a 31 de decembro de 2011. A duración das bolsas será dun mínimo de 5 meses e un máximo de 18.
Dotación: 16.000 cada unha.
Data fin: 15 de xuño de 2011
Máis información

ESTATAIS  

Beca Hangar Seoul Art Space Geumcheon. Convocatoria 2011  
Convoca: Hangar, Barcelona
Descrición: bolsa de intercambio na que poderán participar todos os artistas visuais de nacionalidade española ou estranxeiros que residan en España, con dominio da lingua inglesa. A duración da residencia no SASG será de 3 meses dende o 1 de setembro ata o 30 de novembro de 2011.
Dotación: 3.500€
Data fin: 2 de maio de 2011
Máis información

Beca Hangar Tokio Wonder Site. Convocatoria 2011  
Convoca: Hangar, Barcelona
Descrición: bolsa de intercambio na que poderán participar todos os artistas visuais de nacionalidade española ou estranxeiros que residan en España, con dominio da lingua inglesa. A duración da residencia en Toquio será de 3 meses dende o 15 de setembro ata o 15 de decembro de 2011.
Dotación: 3.500€
Data fin: 2 de maio de 2011
Máis información

Beca Hangar-ADM, México D.F. Convocatoria 2011  
Convoca: Hangar, Barcelona
Descrición: bolsa de intercambio na que poderán participar todos os artistas visuais de nacionalidade española ou estranxeiros que residan en España. Ao ser ADM un centro de produción especializado nas artes electrónicas, darase prioridade aos artistas que desenvolvan o seu traballo nas seguintes áreas: vídeo, arte sonoro, fotografía, netart, expanded cinema ou gráfica. A duración da residencia en México será de 3 meses dende o 15 de setembro ata o 15 de decembro de 2011.
Dotación: 3.000€
Data fin: 2 de maio de 2011
Máis información

Becas Fundación Botín de Artes Plásticas 2010-2012     
Convoca: Fundación Botín, Santander
Descrición: convocatoria de bolsas de artes plásticas para formación, investigación e realización de proxectos persoais no ámbito da creación artística. Poderán concorrer todas as persoas, de calquera nacionalidade, de 23 a 40 anos para as bolsas de formación e sen límite de idade para as de investigación. A duración da bolsa é de 9 meses, iniciándose antes do remate de 2011. 
Dotación: 16.000€ sen cambio de residencia; 24.000€ con traslado a outro país; 28.000€ con traslado a Estados Unidos.
Data fin: 6 de maio de 2011
Máis información

Becas Fundación Botín en comisariado de Exposiciones y Gestión de Museos 2011-2012 
Convoca: Fundación Botín, Santander
Descrición: convócanse dúas bolsas no estranxeiro destinadas a obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e organización de exposicións dunha maneira integral. O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea. Poderán concorrer todas as persoas con nacionalidade española ou residencia dende os 5 anos anteriores á solicitude. Ademais deberán ter entre 23 e 40 anos, dominar o idioma do país elixido e ser diplomados, licenciados ou estudantes de posgrao en Belas Artes, Historia da Arte, Filosofía e Estética, Literatura, Humanidades ou Crítica. A duración da bolsa será dun curso lectivo, iniciándose antes do remate de 2011.
Dotación: 18.000€ aos que se sumarán 12.000€ en concepto de abono da matrícula do centro de formación elexido.
Data fin: 6 de maio de 2011
Máis información

 
Beca de Investigación de la Fundación Alvargonzález  NOVO
Convoca:
Ministerio de Defensa, Madrid
Descrición: poderán optar á bolsa todos os españois sen límite de idade que acrediten experiencia, traballos ou certificados académicos relacionados coa presente convocatoria. O obxectivo é o de desenvolver traballos relacionados coas diversas coleccións e fondos do Museo Naval de Madrid.
Dotación: 4.000€
Data fin: 31 de maio de 2011

Máis información

XII Edición de las Becas Endesa para Artes Plásticas  NOVO
Convoca: Fundación Endesa e Diputación de Teruel

Descrición: convocatoria de 5 bolsas de dous anos de duración á que poderán optar todos os artistas españois ou residentes no Estado sen límite de idade.
Dotación: 24.000€ cada unha.
Data fin: 31 de maio de 2011

Máis información

Beca Creación Artística RCM Melilla  NOVO
Convoca: Real Club Marítimo de Melilla

Descrición: convocatoria dunha bolsa aberta a todos os artistas residentes no territorio nacional, cuxa idade non exceda os 35 anos no ano 2011. A bolsa, dun mes de duración, desenvolverase nas instalacións do RCM da cidade.
Dotación: 4.000€
Data fin: 15 de xullo de 2011

Máis información


Becas de Formación, Experimentación y Creación Pilar Juncosa en los Talleres de Obra Gráfica de Miró   
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Mallorca
Descrición: concesión de diferentes bolsas que ofrece a Fundación: 2 bolsas para participar nos obradoiros e cursos que a propia Fundación desenvolve anualmente en Maiorca; 3 bolsas de formación en colaboración con outras institucións artísticas (The Slade School of Fine Arts London, Casa de Velázquez de Madrid e un centro de libre elección) e 5 bolsas de participación no proxecto artístico "Suplantaciones" que se levará a cabo na Fundació Pilar e Joan Miró.
Dotación: 2 bolsas nos obradoiros da Fundación: 1.500€ cada unha; 3 bolsas de formación noutras institucións: 3.000€ cada unha; 5 bolsas de participación no proxecto artístico "Suplantaciones": 600€ cada unha.
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

Programa de Residencias para Artistas en el Medio Rural Campo Adentro - arte, agriculturas y medio rural 
Convoca: Campo Adentro, Madrid
Descrición: convocatoria onde se invita e comisiona a artistas individuais ou colectivos, de diferentes disciplinas, para mergullarse en diversos lugares da península que representan casos paradigmáticos do medio rural nunha aposta por experimentar con diferentes fórmulas artísticas.
Dotación: non consta
Data fin: 30 de agosto de 2011

Máis información

Beca de Investigación María Sarrate 2011  NOVO
Convoca: CDAN,
Centro de Arte y Naturaleza Fundación Beulas, Huesca
Descrición: o obxectivo da bolsa é a realización de traballos de investigación e estudo crítico sobre a arte contemporánea, con especial atención ás coleccións do CDAN (Colección Beulas-Sarrate e Colección Arte y Naturaleza). A duración será de 9 meses.
Dotación: 5.000€
Data fin: 1 de setembro de 2011

Máis información


Ayudas a la Investigación "Pensar el Paisaje 2011"  
NOVO
Convoca: CDAN,
Centro de Arte y Naturaleza Fundación Beulas, Huesca
Descrición: bolsas dirixidas a investigadores da UE e países hispanoamericanos que teñen como obxectivo promover os estudos sobre a paisaxe entendida esta en todas as súas facetas: artística, estética, histórica, patrimonial, etc.
Dotación: 12.000€
Data fin: 3 de outubro de 2011

Máis información

INTERNACIONAIS

III Convocatoria Bienal 100 Kubik 2011    
Convoca: 100 Kubik-Raum Führ Spanische Kunst, Colonia (Alemaña)
Descrición: o obxectivo da convocatoria é o de promocionar o traballo de artistas españois na modalidade de escultura en Alemaña. A finalidade é a de seleccionar un ou dous escultores para a realización dunha exposición no 100 Kubik no ano 2012. Poderán participar todos os artistas de nacionalidade española ou con residencia nos últimos 4 anos, ademais deberán haber realizado estudos en Belas Artes ou outras ensinanzas artísticas.
Dotación: non consta
Data fin: 30 de xuño de 2011
Máis información

CURSOS E OBRADOIROS

AUTONÓMICOS

Seminario sobre Bas Jan Ader  NOVO
Convoca: CGAC, Santiago de Compostela
Descrición: seminario dirixido a historiadores, artistas, biógrafos e todas aquelas persoas interesadas na figura e na obra de Bas Jan Ader, así como na escena artística dos anos sesenta e setenta.
Prezo: de balde
Datas: 1-3 de xuño de 2011
Máis información

ESTATAIS

Ámbitos, Contextos, Recorridos: Video(S)torias   NOVO
Convoca: Artium, Vitoria-Gasteiz
Descrición: encontros organizados a propósito da exposición "Video(S)torias" que achega ao público os últimos 40 anos de videoarte en España, incidindo especialmente na última década. Así, durante catro sesións, profesionais e artistas do ámbito do vídeo manterça estas conferencias artelladas nas temáticas da exposición.
Prezo: de balde
Datas: 5, 12, 19 e 26 de maio de 2011
Máis información


Encuentro Leon Golub  NOVO
Convoca: MNCARS, Madrid
Descrición: encontro dirixido polo profesor Jon Bird, comisario da exposición de Leon Golub que se leva a cabo no Museo Reina Sofía, que contará coa participación de Samm Kunce e Satish Padayar, e que versará sobre a obra do artista norteamericano dende mediados dos anos 40.
Prezo: de balde
Datas: 6 de maio de 2011
Máis información

"El Espacio que Ocupa" Conversación con Rocío Arévalo   NOVO
Convoca: TEA, Tenerife
Descrición: encontro dirixido por Ángeles Alemán no que se falará coa artista da súa obra El Espacio que Ocupa e que se ofrece como unha reflexión sobre as medidas e os moldes que parece que creou a propia sociedade.
Prezo: de balde
Datas: 6 de maio de 2011
Máis información

Introducción a las Técnicas de Cámara e Iluminación en el Vídeo Digital  
Convoca: Hangar, barcelona
Descrición: o obxectivo do obradoiro é o de entender a importancia da luz como elemento expresivo fundamental en toda obra visual. No curso traballaranse os conceptos fundamentais en torno á iluminación e gravación de vídeo (materiais, técnicas ou recursos básicos).
Prezo: 60€; socios: 30€
Datas: 9-11 de maio de 2011
Máis información

Arte y Documento   NOVO
Convoca: Arteleku, Donostia-San Sebastián
Descrición: conferencias abertas coordinadas por Rosa Olivares nas que se tratará o factor documental na fotografía actual, centrando o tema na creación visual contemporánea, as súas correntes, influencias e tendencias, así como a evolución da fotografía documental e o fotoxornalismo na súa traxectoria menos realista e máis simbólica.
Prezo: de balde
Datas: 9-11 de maio de 2011
Máis información

Encuentro Yayoi Kusama  NOVO
Convoca: MNCARS, Madrid
Descrición: presentación da exposición da artista xaponesa que terá lugar no Museo Reina Sofía entre maio e setembro do 2011 por parte da comisaria Frances Morris. O encontro fará un percorrido pola obra da artista que se desenvolveu dende o deseño á composición musical, pasando pola instalación ou a novela.
Prezo: de balde
Datas: 11 de maio de 2011
Máis información

3 Foro de la Edición. Un Espacio para la Crítica del Arte y su Difusión: Revistas de España y Portugal  
Convoca: MUSAC, León
Descrición: foro no que participarán Rosa Olivares (directora de Exit, Exit Express e Exit Book), Jorge Tarazona (director Arte10.com) ou Paula Brito Medori (directora de L+arte), no que se debaterá en torno ás publicacións especializadas en arte contemporánea en España e Portugal.
Prezo: de balde
Datas: 14 de maio de 2011
Máis información

Batalla de Pantallas   NOVO
Convoca: Artium, Vitoria-Gasteiz
Descrición: coloquio no que participarán Félix Pérez Hita, Jorge Luís Marzo e Fito Rodríguez que se presenta como un experimento que propón unha réplica e contrarréplica, un cruce de miradas, unha interacción coa audiencia e unhas búsquedas a través da proxección múltiple de contidos da web.
Prezo: de balde
Datas: 14 de maio de 2011
Máis información

Ribera, entre Roma y Nápoles   NOVO
Convoca: Museo del Prado, Madrid
Descrición: co motivo da exposición El joven Ribera, a Área de Educación do museo, organiza un curso monográfico que pretende afondar na actividade do pintor durante a súa estadía en Roma e os anos seguintes ao seu establecemento na cidade.
Prezo: 90€; Amigos do Museo: 70€; profesionais e investigadores: 60€; estudantes: 45€
Datas: 23-24 de maio de 2011. Inscricións ata o 18 de maio
Máis información

Conversaciones con... Itziar Barrio   NOVO
Convoca: Artium, Vitoria-Gasteiz
Descrición: coloquio no que a artista bilbaína falará do seu proxecto enmarcado dentro do programa expositivo Praxis.
Prezo: de balde
Datas: 2 de xuño de 2011
Máis información

Caja de Curiosidades  NOVO
Convoca: La Central, Barcelona
Descrición: obradoiro dirixido por Julia Pelletier no que se propón unha incursión nos nosos 5 sentidos. Así estimularase o olfato a través da cor, o ouvido creando sons de papel ou a vista co debuxo. Exploraranse varias técnicas para poder expresar estes sentidos, atopando así novos camiños gráficos e recursos inesperados.
Prezo: 140€
Datas: 4, 11 e 18 de xuño de 2011
Máis información

Iniciación a la Serigrafía  
Convoca: Arteleku, Donostia-San Sebastián
Descrición: curso impartido por Nerea López no que se introducirá aos participantes no coñecemento da técnica serigráfica, posibilitando a experimentación e desenvolvemento para a realización de proxectos artísticos.
Prezo: non consta
Datas: 6-10 de xuño de 2011
Máis información

La Construcción de la Mirada  
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: obradoiro no que se fará un achegamento á fotografía como un proceso no que o documental contribúe a definir unha linguaxe especificamente fotográfica, ata chegar á reportaxe como forma de construción na que se integra o narrativo co puramente visual.
Prezo: 150€
Datas: 13-17 de xuño de 2011
Máis información
 
XVIII Jornadas de Estudio de La Imagen 
Convoca: Ca2M, Madrid
Descrición: xornadas dirixidas por Aurora Fernández Polanco que constarán dun seminario internacional de artistas e teóricos aberto ao público, un foro de investigadores en teoría e práctica artística, que presentarán o seu traballo nas sesións críticas que se desenvolverán ao longo das xornadas, e dous obradoiros de artista. Entre os participantes confirmados atópanse Vincent Meessen, Rabih Mroué, Gerald Raunig, Suely Rolnik e Hito Steyerl.
Prezo: non consta
Datas: 20-24 de xuño de 2011
Máis información

Taller de Paul Graham 
Convoca: Fundación Marcelino Botín, Santander
Descrición: obradoiro que se desenvolverá en inglés ata un máximo de 15 alumnos ao que poderán concorrer os candidatos que demostren o seu compromiso e experiencia no eido da fotografía.
Prezo: 80€ en concepto de reserva que se devolverá ao final do obradoiro.
Datas: 4-15 de xullo de 2011
Máis información

Rastros de Humo... El Arte al Rojo Vivo. Técnica Rakú para Artistas  
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: obradoiro que pretende achegar e facer asequible a técnica do Rakú (técnica oriental de cocción de cerámica) aos artistas e ceramistas que desexen introducir e experimentar directamente co lume nas súas obras, facéndoas máis creativas, experimentais e artísticas.
Prezo: 210€
Datas: 4-15 de xullo de 2011
Máis información

Fotograbado sobre Polímero. La Imagen Fotográfica en el Grabado Contemporáneo   
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: obradoiro impartido por Juan Lara Hierro que se presenta como un medio de experimentación coa imaxe, tanto dixital como analóxica, onde se sentarán as bases para a transferencia a unha matriz fotosensible que será procesada para a súa posterior estampación calcográfica.
Prezo: 210€
Datas: 25 de xullo-
4 de agosto de 2011

Máis información



PREMIOS

AUTONÓMICOS

XVI Certame de Pintura e Escultura Iltmo. Concello de Cangas Frigoríficos do Morrazo  NOVO
Convoca: Concello de Cangas do Morrazo
Descrición: poderán participar todos os artistas de calquera nacionalidade que así o desexen, cun máximo de dúas obras por modalidade.
Premio: 12.000€ para adquisición das catro obras seleccionadas.
Data fin: 9 de maio de 2011
Máis información

XXI Concurso de Pintura "Bello Piñeiro" "Piñeiro Pose"  
Convoca: Concello de Mugardos, A Coruña
Descrición: poderán concorrer todos os maiores de 18 anos que o desexen. Poderá presentarse un máximo dunha obra, única e orixinal de técnica libre que teña como tema a paisaxe galega e que non supere os 150 x 150 cm.
Premio: 1.800€
Data fin: 10 de maio de 2011
Máis información

IX Certame de Fotografía Ambiental   NOVO
Convoca: Concello de Arteixo
Descrición: poderán participar todas aquelas persoas que así o desexen presentando unha única fotografía. O obxectivo do certame será a realización de fotografías con contidos que ilustren aspectos ambientais do Concello de Arteixo. A técnica é libre (analóxica ou dixital) e a modalidade branco e negro ou cor.
Premios: 1º premio: 800€; 2º premio: 600€; 3º premio: 400€
Data fin: 25 de maio de 2011
Máis información

Concurso Fotográfico Cazadores con Arco (Iris)  NOVO
Convoca: MACUF, A Coruña
Descrición: poderán participar todas as persoas que dispoñan dunha cámara fotográfica dixital, sen importar a idade ou experiencia nesta materia. O obxectivo é o de afondar no tema visual directamente relacionado co contido da exposición Frecuencias, que se levará a cabo no Museo.
Premio: exposición no MACUF
Data fin: 29 de maio de 2011
Máis información

Novos Valores 2011 
Convoca: Deputación de Pontevedra
Descrición: poderán participar todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, fotógrafos, videocreadores, etc.) susceptibles de seren considerados novos valores, naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. As obras deberán ser orixinais, aceptándose só unha obra por artista en cada especialidade. Todas as obras seleccionadas serán reproducidas no catálogo que se edite como complemento da exposición.
Premios: 6 premios de 6.000€ cada un para ampliación dos seus estudos artísticos.
Data fin: 9 de xuño de 2011
Máis información

IX Edición Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal     
Convoca: Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Santiago de Compostela
Descrición: poderá presentarse calquera película, longametraxe ou curtametraxe, documental ou de ficción, producida nun país árabe ou coproducida entre outros países e calquera país árabe, ou obras producidas en calquera parte do mundo que aborden temas relacionados co mundo árabe. Os traballos presentados deberán estar realizados entre os anos 2009-2011.
Premios: mellor longametraxe de ficción: 5.000€; mellor documental: 3.500€; mellor curta de ficción: 1.200€; mellor curta documental: 1.200€; mellor director: 4.000€; premio Amal do público: 1.500€
Data fin: 15 de xuño de 2011
Máis información

III Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro 
Convoca: Asociación Cultural entre Bambalinas, Cangas do Morrazo
Descrición: o obxectivo do certame é o de adaptar para banda deseñada a peza "Belicosario" de Manuel Lourenzo. Poderán participar todas as persoas que así o desexen co número de obras que queiran. O texto será en lingua galega, en formato DIN A-4 e cunha extensión mínima de 12 páxinas (cor ou branco e negro) máis portada en cor.
Premio: 1.000€
Data fin: 17 de xuño de 2011
Máis información

4º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu  NOVO
Convoca: FIC Bueu
Descrición: poderán concorrer todos os creadores, sen límite de obras, de calquera nacionalidade que así o desexen, con obras de calquera xénero agás o documental. As obras terán unha duración máxima de 30 minutos e poderán estar rodadas en calquera formato.
Premios: 1º premio: 2.000€ + trofeo; 2º premio: 1.000€ + trofeo; premio do público: 500€; mellor curtametraxe galega: 500€ + trofeo
Data fin: 25 de xuño de 2011
Máis información

VII Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2011 
Convoca: Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
Descrición: poderán participar todos os artistas, individual ou colectivamente, nados ou residentes en Galicia e que sexan menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011. Cada artista poderá participar cunha soa obra, realizada en calquera tipo de técnica ou soporte (pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación, etc.) e que sexa orixinal e inédita. As obras seleccionadas serán obxecto dunha exposición que se inaugurará no ano 2011.
Premios: 1º premio: 6.500€; 4 accésits: 1.500€ cada un; premio do público: 1.200€
Data fin: 23 de setembro de 2011
Máis información

ESTATAIS  

XXXIX Edición del Premio Internacional de Grabado Carmen Arozena  NOVO
Convoca: Cabildo Insular de La Palma
Descrición: poderán participar todos os artistas de calquera nacionalidade que así o desexen. Cada artista presentará unha única obra gráfica orixinal e non exhibida con anterioridade.
Premio: 4.000€
Data fin: 4 de maio de 2011
Máis información

Premio de Pintura "Ciudad de Tudela 2011"      
Convoca: Ayuntamiento de Tudela, Navarra 
Descrición: poderán participar todas as persoas de calquera país do mundo que así o desexen. A técnica e a temática serán libres e as medidas non serán inferiores a 100cm, nin superiores a 200cm en ningún dos seus lados. Poderase concorrer cunha única obra.
Premios: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 4.000€
Data fin: 5 de maio de 2011
Máis información

XXVIII Concurso Nacional de Fotografía "Libre Expresión"  
Convoca: Club Fotográfico 76 "Juan Rivera", Puerto Real (Cádiz)
Descrición: poderán presentarse todas as persoas que o desexen. A temática e a técnica serán libres e cada autor poderá presentar ata un máximo de 3 coleccións compostas de 3 a 5 fotografías inéditas cada unha, con ou sen unidade temática.
Premios: 1º premio: 700€ + placa; 2º premio: 400€ + placa; 3º premio: 300€ + placa
Data fin: 6 de maio de 2011
Máis información

Certamen Nacional de Pintura Cruzcampo-Ciudad de Calahorra 
Convoca: Fundación Cruzcampo e Ayuntamiento de Calahorra, La Rioja
Descrición: poderán concorrer todos os artistas que o desexen cun máximo de dúas obras por autor. A temática xirará en torno ó ámbito da hostelería en calquera dos seus aspectos e a técnica será libre.
Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 3.000€
Data fin: 13 de maio de 2011
Máis información

XXXII Concurso Fotográfico "Villa de Amurrio 2011"  
Convoca: Ayuntamiento de Amurrio, Álava
Descrición: certame no que cada autor poderá concorrer con dúas coleccións de tres fotografías inéditas por modalidade (temática libre ou sobre Amurrio).
Premios: modalidade libre: 1º premio: 600 + trofeo; 2º premio: 200€ + trofeo; modalidade Amurrio: 1º premio: 600€ + trofeo; 2º premio: 200€ + trofeo.
Data fin: 13 de maio de 2011
Máis información

XI premio de Fotografía Área de Artes Plásticas Universidad de Murcia 
Convoca: Área de Artes Plásticas de la Universidad de Murcia
Descrición: poderá participar calquera persoa residente no Estado con independencia da súa nacionalidade. O autor poderá presentar ata un máximo de 5 fotografías en branco e negro ou cor, de temática libre.
Premio: 1.800€
Data fin: 13 de maio de 2011
Máis información

XIX Edición Huétor Vega de Fotografía 2011  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Huétor Vega, Granada
Descrición: poderán participar todos os fotógrafos afeccionados ou profesionais de calquera nacionalidade que así o desexen. A técnica e tema son libres, aceptándose copias tanto en branco ou negro como en cor.
Premios: 1º premio: 600€; 2º premio: 350€; 3º premio: 200€
Data fin: 13 de maio de 2011
Máis información

Concurso Internacional de Dibujo 2011  NOVO
Convoca: Fundació Ynglada-Guillot, Barcelona
Descrición: certame aberto a todos os artistas de calquera nacionalidade que así o desexen. A obra a presentar serán debuxos en branco e negro, realizados en lápis, tinta chinesa, estilográfica ou tinta corrente. Poderanse presentar dúas obras por participante.
Premio: 4.000€
Data fin: 13 de maio de 2011
Máis información

VIII Certamen Nacional de Pintura "El Pincel Verde"  
Convoca: Delegaciones de Cultura y Medio Ambiente del Ayuntamiento de Leganés, Madrid
Descrición: o obxectivo do certame é o de difundir os valores ecolóxicos e o coñecemento e conservación do medio ambiente. Poderán participar todos os artistas españois ou estranxeiros que así o desexen. Cada autor poderá presentar unha única obra de técnica libre e coa temática "La naturaleza y la conservación del medio ambiente".
Premios: 1º premio: 5.000€; 2º premio: 2.500€; premio El Zoco Autor Joven: 1.200€ (nados a partir do 1-1-1983).
Data fin: 18 de maio de 2011
Máis información

Certamen Nacional de Arte Joven Pancho Cossio 2011 NOVO
Convoca: Gobierno de Cantabria
Descrición: poderán participar todas as persoas novas de nacionalidade española, así como estranxeiros residentes no Estado, nados entre o 1 de xaneiro de 1976 e o 31 de decembro de 1995. Establécense 5 modalidades artísticas: pintura, ilustracion-debuxo-cómic, escultura-instalación, fotografía e videocreación, e só se poderá participar nunha das modalidades.
Premios: 2.000€ para cada modalidade.
Data fin: 20 de maio de 2011
Máis información

Escultòric de Torrelavit 2011  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Torrelavit, Barcelona
Descrición: poderán participar todos os artistas que así o desexen cunha única obra. A técnica será libre e a proposta terá que supoñer unha aportación á mellora da paisaxe urbana da vila.
Premio: 9.000€
Data fin: 27 de maio de 2011
Máis información


IV Concurso de Carteles "San Silvestre Salmantina 2011"

Convoca: Club Deportivo Padre Basabe, Salamanca
Descrición: poderán concorrer todas as personas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade ou residencia. Nos carteis deberá figurar o texto: "XXVIII VUELTA POPULAR SAN SILVESTRE SALMANTINA. 31 DE DICIEMBRE DE 2011" e o seu logo oficial.
Premio: 2.000€
Data fin: 31 de maio de 2011
Máis información

VI Concurso de Pintura y Escultura Figurativas de la Fundación de las Artes y los Artistas 
Convoca: Fundació de les Arts i els Artistes, Barcelona
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen cunha soa obra por autor podendo participar nas dúas modalidades. A técnica e o tema da obra serán libres, pero sempre na modalidade de arte figurativa.
Premios: modalidade pintura: 36.000€; modalidade escultura: 44.000€; 120.000€ para adquisición de obra.
Data fin: 31 de maio de 2011
Máis información


Premios Virgen del Carmen 2011 de Fotografía
Convoca: Ministerio de Defensa, Madrid
Descrición: o obxectivo deste certame é o de fomentar o achegamento da Armada á sociedade a través da fotografía. Os participantes deberán ser os autores das fotografías, concorrendo cun máximo de 4 fotografías. 
Premio: 2.500€ + diploma
Data fin: 10 de xuño de 2011
Máis información

Premios Virgen del Carmen 2011 de Pintura
Convoca: Ministerio de Defensa, Madrid
Descrición: o obxectivo deste certame é o de fomentar o achegamento da Armada á sociedade a través dunha creación pictórica que plasme a actividade naval en calquera dos seus aspectos. A técnica é libre e só se admitirá unha obre por autor.
Premio: 5.000€ + diploma
Data fin: 10 de xuño de 2011
Máis información

XII Premio de Pintura Área de Artes Plásticas Universidad de Murcia   
Convoca: Área de Artes Plásticas  de la Universidad de Murcia
Descrición: poderá participar calquera persoa que así o desexe cunha soa obra. A técnica e a temática serán libres e as medidas non poderán superar os 200 cm nin ser menores de 70 cm en calquera dos seus lados.
Premio: 8.000€
Data fin: 10 de xuño de 2011
Máis información

XIII Certamen de Artes Plásticas "José Lapayese Bruna"   
Convoca: Centro de Estudios del Jiloca, Teruel
Descrición: a participación está aberta para todos os artistas nacionais ou estranxeiros que presenten unha obra inédita e recente de pintura ou escultura. A temática e as medidas serán libres.
Premios: premio José Lapayese: 1.200€; premio "ARS": 1.000€
Data fin: 15 de xuño de 2011
Máis información

Concurso de Carteles 2011 Certamen Internacional de Cortos "Ciudad de Soria"   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Soria
Descrición: poderán participar cunha única obra, todos os autores de calquera nacionalidade que así o desexen. O tema estará relacionado co mundo do cine en formato curtametraxe e poderá ser de composición pictórica, fotográfica ou dixital. No cartel deberá figurar a lenda "CERTAMEN INTERNACIONAL DE CORTOS CIUDAD DE SORIA XIII EDICIÓN. DEL 14 AL 27 DE NOVIEMBRE DE 2011".
Premios: premio do xurado: 1.000€; premio do público: 300€
Data fin: 15 de xuño de 2011
Máis información

X Certamen Internacional de Fotografía Villa de Andorra   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Andorra, Teruel
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexe, independentemente da súa nacionalidade. Os concursantes presentarán unha única obra (ou serie de ata 4 fotografías tomada como obra única conxunta), de técnica e temática libres.
Premios: 1º premio: 1.200€; dous accésits de 300€ cada un.
Data fin: 15 de xuño de 2011
Máis información

Concurso Nacional Mejores Encuadernaciones Artísticas 2011   NOVO
Convoca: Dirección General del Libro, Archivos y Bibliotecas, Madrid
Descrición: poderán participar todas as persoas físicas dedicadas á encadernación, que presenten traballos artísticos e manuais que cumpran co establecido nas bases. Cada participante poderá concorrer cunha única obra encadernada.
Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 4.000€; 3º premio: 2.000€
Data fin: 20 de xuño de 2011
Máis información

XV Concurso de Escultura "Manuel Martínez Bragagnolo"   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Majadahonda, Madrid
Descrición: poderán participar todos os artistas españois ou estranxeiros que así o desexen cunha soa obra realizada no mesmo ano no que se convoca o premio. Tanto o tema como a técnica serán de carácter libre.
Premio: 7.000€
Data fin: 24 de xuño de 2011
Máis información

Concurso Anual de Artes Plásticas de Majadahonda 2011. Cerámica  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Majadahonda, Madrid
Descrición: poderán participar todos os artistas españois ou estranxeiros que así o desexen cunha soa obra realizada no mesmo ano no que se convoca o premio. Tanto o tema como a temática serán de carácter libre. As obras poderán estar realizadas en calquera clase de material cerámico, non admitíndose esmaltes nin pátinas non cerámicas.
Premio: 3.000€
Data fin: 24 de xuño de 2011
Máis información

Concurso Anual de Artes Plásticas de Majadahonda 2011. Pintura  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Majadahonda, Madrid
Descrición: poderán participar todos os artistas españois ou estranxeiros que así o desexen cunha soa obra realizada no mesmo ano no que se convoca o premio. Tanto o tema como a temática serán de carácter libre.
Premio: 6.000€
Data fin: 24 de xuño de 2011
Máis información

IV Certamen Internacional "Luis Molina" de Cómic
Convoca: Ayuntamiento de Blanca, Murcia
Descrición: poderán participar todos os debuxantes, preofesionais ou afeccionados, a nivel mundial, sen ningún tipo de distinción. a temática será libre e deberán estar escritos en castelán, inglés ou francés nun máximo de 8 páxinas.
Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 700€
Data fin: 30 de xuño de 2011
Máis información

37º Badalona Film Festival   
Convoca: Badalona Film Festival, Barcelona
Descrición: poderán participar todas as curtametraxes de calquera nacionalidade inéditas en dito festival. As obras poderán estar rodadas en calquera formato cinematográfico ou videográfico e deberán presentarse en formato DVD para a preselección cunha duración máxima de 30 minutos
Premios: mellor película: 3.000€; premio especial do xurado: 1.000€; premio do público: 1.000€; mellor ficción: 1.000€; mellor animación: 1.000€; mellor documental: 1.000€; mellor película experimental: 1.000€
Data fin: 30 de xuño de 2011
Máis información

VI Concurso de Diseño de Mobiliario Exterior Gandía Blasco    NOVO
Convoca: Gandía Blasco, Ontiyent (Valencia)
Descrición: concurso dirixido a estudantes ou novos profesionais menores de 35 anos. Nesta edición os traballos a realizar serán os de deseño de separadores e celosías para exterior. As propostas deben ser inéditas e reproducibles industrialmente.
Premios: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.000€
Data fin: 30 de xuño de 2011
Máis información

XVIII Festival Internacional de Jóvenes Realizadores de Granada   NOVO
Convoca: Filmfest Granada
Descrición: concurso de ámbito internacional, sen límite de idade, no que se poderán presentar tantas obras como se desexen, posteriores ao 1 de xaneiro de 2010 e que non excedan os 30 minutos de duración.
Premios: mellor curta acción real/ficción: 7.000€; mellor curta animación: 3.000€; mellor curta experimental/documental: 4.500€; mellor curta nacional: 3.000€; mellor curta andaluza: 1.500€
Data fin: 30 de xuño de 2011
Máis información

Concurso de Piezas Audiovisuales "Instantes de Paisaje 2011"   
Convoca: Centro de Arte y Naturaleza Fundación Beulas, Huesca
Descrición: concurso en colaboración coa Fundación Festival de Cine de Huesca que ten como obxectivo a selección dun máximo de 10 proxectos co fin de fomentar a idea de paisaxe e creación audiovisual. Poderán participar todas as persoas que así o desexen cun máximo de dúas pezas en formato DVD (PAL), que non superen os 30 minutos de duración.
Premios: 1º premio: 2.000€; 2º premio: 1.000€
Data fin: 1 de xullo de 2011
Máis información

II Premio Solé Tura para Obras Audiovisuales sobre Alzheimer y otras Patologías Neurodegenerativas   
Convoca: Fundación Uszheimer, Barcelona
Descrición: o obxectivo do premio é o de fomentar e mellorar a sensibilización e conciencia social de enfermidades coma o Alzheimer, Parkinson e outras patoloxías neurodexenerativas vencelladas ao envellecemento, mediante a creación audiovisual documental ou de ficción dentro do devandito campo. Poderán participar todas as persoas que así o desexen, de xeito individual ou colectivo, cun traballo en formato DVD cuxa duración sexa de entre 5 e 52 minutos.
Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 1.500€; 3º premio: 500€
Data fin: 2 de xullo de 2011
Máis información

Festival Punto y Raya 2011  
Convoca: puntoyrayafestival.com
Descrición: o festival pretende explorar a síntese máxima da dualidade forma-movemento en diversas esferas artísticas. O seu obxectivo é a simplicidade e a abstracción dirixidas a obras audiovisuais construídas netamente a través de puntos e raias. A participación está aberta a calquera persoa do mundo de calquera idade e formación. Os filmes deberán estar realizados unicamente con puntos e raias, evadindo a representación. Cada autor poderá presentar o número de obras que desexe, realizadas en calquera data e que non superen os 9 minutos de duración. 
Premio: non consta
Data fin: 4 de xullo de 2011
Máis información

IV Concurso de Fotografía Contra el Abuso de las Drogas  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Almería
Descrición: poderán participar todos os fotógrafos afeccionados ou profesionais, maiores de 16 anos e de calquera nacionalidade que así o desexen. O tema será "as consecuencias do consumo de drogas" e poderase participar cun máximo de 3 fotografías. O Concello de Almería levará a cabo unha exposición con todas as fotografías presentadas entre os meses de xuño e xullo de 2011. 
Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 700€; 3º premio: 300€
Data fin: 10 de xullo de 2011
Máis información

Participación en el Festival de Cine de San Sebastián  NOVO
Convoca: Festival de Cine de San Sebastián
Descrición: aberto o prazo de inscrición no Festival completando o formulario dispoñible na páxina web. As películas inscritas optarán a ser seleccionadas na "Sección Oficial", "Zabaltegi", "Horizontes Latinos" ou "Made in Spain", cada unha delas coas súas propias bases.
Premios: Sección Oficial: Cuncha de Ouro á mellor película, Cuncha de Prata ao mellor director, etc.; premio Kutxa-Novos Directores: 90.000€; "Zabaltegi": 70.000€; premio do público na sección "Zabaltegi": 105.000€ repartido en dúas categorías; premio "Horizontes Latinos": 35.000€
Data fin: 30 de xullo de 2011
Máis información

Premio Pilar Juncosa i Sotheby's   
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: convocatoria de carácter bienal que premiará a produción dunha intervención artística nos seus xardíns. Cada candidato presentará un proxecto artístico adecuado para os espazos exteriores.
Premio: 30.000€
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

Premio Pilar Juncosa de Investigación sobre Miró y su Contexto Artístico-Cultural  
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: premio bienal de investigación centrado na figura de Joan Miró e/ou o seu contexto artístico-cultural. As propostas deben ser inéditas e o xurado valorará especialmente os proxectos cuxo obxectivo sexa o estudo de aspectos ou períodos pouco coñecidos de Joan Miró.
Premio: 6.000€
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

Premio Pilar Juncosa para un Proyecto Educativo 
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: premio para a realización dun proxecto educativo no eido das artes visuais que ten como obxectivo achegar o exemplo creativo de Joan Miró e da arte contemporánea en xeral a todos os sectores cidadáns (profesorado, nenos, persoas maiores, discapacitados, etc.). Os proxectos educativos poden estar relacionados co fondo documental e artístico da Fundación ou con calquera outro aspecto de creación contemporánea.
Premio: 6.000€
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

Premio Pilar Juncosa a un Proyecto de Experimentación en el Ámbito de la Obra Seriada    
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: o obxectivo do premio é o de apoiar e axudar os proxectos creativos relacionados coa promoción, investigación e experimentación de técnicas e procesos innovadores dentro do ámbito da gráfica e outras disciplinas seriadas. Así, a Fundación premiará a innovación e calidade nas técnicas de estampación e seriación.
Premio: 8.000€
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

Bartcelona.org Design Edition 2011    NOVO
Convoca: Centro Comercial Glòries, Barcelona
Descrición: poderán participar todas as persoas de calquera nacionalidade entre 18 e 40 anos que así o desexen. O concurso terá tres categorías, cada unha delas dedicada a aspectos distintos do deseño para centros comerciais: "Design" (obxectos, espazos, gráfica e sinalética), "Show" (elementos e instalacións para crear unha experiencia visual) e "Dream" (aberta a novas ideas).
Premios: 1º premio: 5.000€; 2º premio: 3.000€; 3º premio: 2.000€
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

XIII Certamen Internacional de Cortos "Ciudad de Soria"    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Soria
Descrición: o certame está aberto a realizadores de todo o mundo. Os traballos poderán estar realizados en calquera sistema de rodaxe, e deberán estar producidos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2010. A duración non superará os 30 minutos, incluídos os créditos.
Premios: mellor curta: 3.500€; mellor guión: 1.500€; mellor curta de animación: 2.000€; mellor curta documental: 2.000€; premio Especial do Xurado: 2.000€; achega artística: 1.500€; premio do público: 1.000€; premio á mellor curta de compromiso social: 1.000€; mellor actor: 1.000€; mellor actriz: 1.000€; mellor curta nacional: 3.500€; mellor curta de Castela e León: 2.000€
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

XIV Festival Internacional de Cortometrajes "La Boca del Lobo"   NOVO
Convoca: Espacio de Cultura "La Boca", Madrid
Descrición: festival aberto a realizadores de todo o mundo. Os traballos poderán estar realizados en calquera sistema de rodaxe e ser producidos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2010. A duración máxima non superará os 25 minutos, créditos incluidos.
Premios: mellor curta nacional: 1.000€; mellor guión nacional: 1.000€; mellor curta de animación nacional: 1.000€; mellor curta estranxeira: 1.000€; mellor curta estranxeira de animación: 1.000€; mellor "cortito" (máx. 5 minutos): 500€; mellor BSO: 500€; premio "Distribución Elypse: distribución por 75 festivais.
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

Animainzón 2011  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Ainzón, Zaragoza
Descrición: concurso de carácter nacional no que poderán participar todas as persoas que así o desexen sen límite de idade. A técnica de animación pode ser en 2D ou 3D. Deberá estar realizado con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 e non superar os 5 minutos de duración, créditos incluídos. 
Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 500€; premio do público: 600€; premio especial do xurado: 1.000€ 
Data fin: 3 de setembro de 2011
Máis información

Convocatoria Transfera TV & Muestra de Arte Audiovisual MADATAC 03   
Convoca: La Central Digital/Canal Autor, Madrid
Descrición: poderán participar todos os autores que o desexen, independentemente da súa nacionalidade ou residencia. O obxectivo da convocatoria é o de dar a coñecer ao gran público a videoartistas consolidados, así como aqueles novos valores que aporten propostas renovadoras afastadas da narrativa visual convencional.
Premios: premios MADATAC: 5 premios para varias categorías, que consistirán nunha obra de arte vangardista realizada pola artista plástica Silvia Rosende e o deseñador en 3D Javier de Andrés; premios Metrópolis: selección dun total de 27 minutos en dereitos de emisión; premios Transfera: selección de 3 obras para subasta pública; premios Samsung: produtos de dita marca.
Data fin: 5 de setembro de 2011
Máis información

XIII Premio de Fotografía "Cuenca y su Arquitectura"   
Convoca: Demarcación en Cuenca del Colegio de Arquitectos de Castilla La Mancha
Descrición: poderán participar todas as persoas naturais ou residentes no Estado cun máximo de tres fotografías inéditas (en branco e negro ou cor) e non premiadas en concursos anteriores. A temática versará obrigatoriamente sobre a arquitectura de Cuenca e a súa provincia.
Premios: 1º premio: 1.000€ + diploma; 2 accésits de 500€ cada un + diploma; premio "Lorenzo Castellanos Olmedilla": 500€ (reservado para arquitectos colexiados).
Data fin: 9 de setembro de 2011
Máis información

Concurso Alternatif - XII Festival de Cine de Pamplona - Iruñeko XII Zinemaldia 
Convoca: Festival de Cine de Pamplona
Descrición: poderán participar (sen límite de obras presentadas polo autor/es) curtametraxes de ficción, de tema libre e de produción e/ou dirección española. As obras, realizadas a partir do 1 de xaneiro de 2010,  poderán estar en formato 35mm ou DVD PAL e non durarán máis de 30 minutos.
Premios: premio ALTERNATIF: 5.000€; mellor interpretación feminina: 2.000€; mellor interpretación masculina: 2.000€; premio do público-Ateneo navarro: 1.000€; mellor curtametraxe navarra: 1.000€
Data fin: 15 de setembro de 2011
Máis información

XLII Premio Ciudad de Alcalá de Pintura 2011  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Alcalá de Henares, Madrid
Descrición: poderán participar todos os artistas plásticos que o desexen, presentando unha única obra orixinal e inédita con temática e técnica libres.
Premio: 6.600€
Data fin: 15 de setembro de 2011
Máis información

XXXII Certamen Artístico "Villa de Amurrio 2011" 
Convoca: Ayuntamiento de Amurrio, Álava
Descrición: poderán participar todas as persoas que así o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade ou residencia. Cada artista poderá presentar dúas obras orixinais en calquera das modalidades do certame (pintura, escultura ou obra de arte dixital) con técnica e temática libres.
Premios: 1º premio: 4.000€ + escultura conmemorativa; 2º premio: 1.500€ + escultura conmemorativa; premio local: 1.000€
Data fin: 16 de setembro de 2011
Máis información

Premio de Pintura "Emilio Ollero" 2011  NOVO
Convoca: Instituto de Estudios Giennenses, Xaén
Descrición: poderán participar todos os artistas nacionais ou estranxeiros que así o desexen (optarán ao 1º e 2º premio) cunha única obra de temática libre.
Premio: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 4.000€ (para novos valores da pintura andaluza).
Data fin: 30 de setembro de 2011
Máis información

IV Premio de Pintura Ciudad de Badajoz 2011  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Badajoz
Descrición: poderán participar todos os artistas que así o desexen independentemente da súa nacionalidade ou lugar de residencia. Cada participante poderá concorrer cunha única obra de técnica e temática libres.
Premio: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 4.000€
Data fin: 3 de outubro de 2011
Máis información

III Premio Internacional de Novela Gráfica "Dibujando entre Culturas"  
Convoca: Fundación Tres Culturas, Sevilla
Descrición: poderán participar todos os autores que o desexen, independentemente da súa nacionalidade ou residencia. Poderase presentar unha obra por autor/es en proposta cómic de 96 a 124 páxinas en branco e negro ou cor, escritas en castelán, inglés ou francés e que estean ambientadas no Mediterráneo no seu presente, futuro ou na súa historia.   
Premio: 1.000€ + contrato de publicación por valor de 6.500€
Data fin: 5 de outubro de 2011
Máis información

INTERNACIONAL

6º Concurso Internacional de Diseño James Dyson    NOVO
Convoca: James Dyson Foundation, Londres (Gran Bretaña)
Descrición: concurso aberto a estudantes de deseño de produto, deseño industrial e enxeñería (ou graduados dentro dos catro anos seguintes ao seu final de estudos) de 18 países, entre eles España, que premia a creatividade dos participantes dentro do obxectivo do concurso que é o de "deseñar algo que solucione un problema".
Premio: gañador internacional: 20.000 libras (a repartir entre os estudante/es e o departamento da universidade); dous subcampionatos internacionais: 2.000 libras cada un.
Data fin: 2 de agosto de 2011
Máis información

IV Concurso Internacional de Creación Musical y VideoArt  NOVO
Convoca: InNova Música, Andorra
Descrición: convocatoria aberta tanto a músicos afeccionados como profesionais sen ningunha restrición de idade ou nacionalidade. Todas as obras enviadas deberán ser orixinais e non editadas ou publicadas. O concurso consta de 3 categorías: Música Moderna, Música Académica e VideoArt Musical.
Premios: 2.000€ para cada categoría.
Data fin: 31 de outubro de 2011
Máis información


 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.