rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA //CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

Boletín de convocatorias. Maio 2014


BOLSAS E PROXECTOS  

ESTATAIS          

Becas Fundación Botín. Comisariado de Exposiciones y Gestión de Museos   
Convoca: Fundación Botín, Santander
Descrición: poderán participar diplomados, licenciados ou estudantes de postgrao en Belas Artes, Historia da Arte, Filosofía e Estética, Literatura, Humanidades ou Crítica da Arte. Tamén profesionais da Arte que non cumprindo os requisitos anteriores, puideran demostralo. Os participantes terán que ter a nacionalidade española ou residir en España dende hai cinco anos. A idade ten que ser comprendida entre os 23 e 40 anos.
Dotación: 18.000€ en concepto de viaxes, aloxamento, manutención, etc. + ata 12.000€ como abono para o pago da matrícula nun centro de formación escollido.
Data fin: 9 de maio de 2014
Máis información

Becas del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte/Fullbright para la ampliación de estudios artísticos y de gestión cultural en los EEUU, curso 2014-2015   NOVO
Convoca: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Descrición: a finalidade das bolsas é contribuír á formación dos españois que desexen ampliar estudos artísticos ou de xestión cultural en universidades e centros dos EUA e especializarse nos seguintes campos: artes audiovisuais, escénicas, plásticas e visuais, música e musicoloxía, museoloxía e conservación do patrimonio e xestión cultural.
Dotación: billete de ida e volta, compra de libros e outros materiais, gastos varios: $2.300, se o bolseiro vai a un curso preacadémico: $2.600; aloxamento, manuntención e gastos adicionais: entre $1.500 e $2.100 segundo universidade ou centro; gastos de matrícula e taxas obrigatorias da universidade: máximo 34.000€.
Data fin: 11 de maio de 2014
Máis información

Convocatoria para programación de la temporada 2014-2015 de Fabra i Coats - Centre d'Art Contemporani de Barcelona   NOVO
Convoca: Fabra i Coats, Centre d'Art Contemporani de Barcelona
Descrición: poderán presentarse á convocatoria todas as persoas que estean interesadas en presentar un proxecto de comisariado. O proxecto deberá incluír: un mínimo de tres exposicións, plan de actividades, plan de publicacións e proxecto educativo. 
Dotación: 25.000€ en concepto de honorarios + 175.000€ como orzamento para levar a cabo o proxecto de comisariado
Data fin: 22 de maio de 2014
Máis información

Emplea Cultura  
Convoca: Fundación Banco Santander, Madrid
Descrición: Emplea Cultura é un programa para crear emprego entre os novos interesados na cultura visual contemporánea e para favorecer ao mesmo tempo a profesionalización do sector. Para isto, Fundación Banco Santander vai seleccionar dez organizacións que queiran cubrir un posto de traballo e traballadores novos para cubrir dita convocatoria. 
Dotación: 23.000€ 
Data fin: 26 de maio de 2014
Máis información 

XXI Jornadas de Estudio de la Imagen: Composiciones Monstruosas. El dispositivo documental en acción NOVO
Convoca: CA2M, Móstoles
Descrición: convocatoría para a recepción de proxectos en teoría e práctica artística con dous temas: modernidade extraccionista e novas formas do dispositivo documental.
Dotación: non consta
Data fin: 30 de maio de 2014
Máis información 

CURSOS E OBRADOIROS

AUTONÓMICOS 


A copia do natural. Obradoiro de Debuxo  
Convoca: Museo de Belas Artes, A Coruña
Descrición: obradoiro de debuxo no que se fará unha aproximación a esta técnica, e traballaranse distintos aspectos desta como a liña de trazado, a definición do contorno, a función do claroscuro, os tipos de perspectiva, pasando pola composición, o estudo anatómico e a representación do movemento, para rematar cun exercicio de copia do natural. 
Prezo: 40€; amigos do museo: 30€
Datas: 16 de maio-4 de xullo de 2014
Máis información

ESTATAIS 

Series en serio NOVO
Convoca: MACBA, Barcelona
Descrición: a través da análise dalgunhas das series paradigmáticas da última década, dos seus guións, tramas, esceas, así como dos seus contextos (globais) de produción, distribución e descodificación, este seminario propón unha lectura inédita das mitoloxías televisuais. 
Prezo: 20€
Datas: 6 de maio- 3 de xuño de 2014
Máis información

Activa tu mente  
NOVO

Convoca: Museo Guggenheim, Bilbao
Descrición: obradoiros en homenaxe a Yoko Ono. Cada acción inspírase nunha palabra clave para a artista.
Prezo: amigos do museo: 12€; público xeral: 15€
Datas: 8, 15 e 22 de maio de 2014
Máis información

Habitar la dispersión  NOVO
Convoca: MNCARS, Madrid
Descrición: este seminario forma parte dun proxecto trianual que explora as teatralidades expandidas en diferentes ámbitos: a esfera pública e a cidade, o fogar e as redes de afecto e as escolas e os ámbitos educativos. Este curso, dedícase á investigación das "redes de afecto" como espacio da teatralidade, buscando reubicar a idea de acción nos límites da sociedade posindustrial.
Prezo: de balde
Datas: 16-19 de maio de 2014
Máis información

Los Mutantes  NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: obradoiro impartido por Marina Núñez, de reflexión sobre as prácticas artísticas centradas na identidade.
Prezo: 30€
Datas: 19-21 de maio de 2014
Máis información 

El Greco  
NOVO
Convoca: Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid
Descrición: simposio internacional sobre a figura do Greco, a súa vida e a súa obra.
Prezo: estudantes: 80€; amigos do museo: 120€; público en xeral: 140€
Datas: 21-24 de maio de 2014
Máis información

El arte del Siglo XX en España. Problemas de teoría e historia  NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: nos últimos anos producíronse cambios substanciais no tratamento histórico, teórico e museográfico da arte de vangarda e en xeral, da arte do século XX. Neste debate, descorrerá en paralelo cunha importante transformación das infraestruturas artísticas españolas, cambios no mercado da arte, na súa crítica e difusión. 
Prezo: 10€
Datas: 22-23 de maio de 2014
Máis información 

Cultura Digital Libre   NOVO
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Mallorca
Descrición: os relatorios serán os seguintes: Paul Waelder: "Vivir inmersos na rede de datos"; Aram Bartholl: "Arte dixital e contorna urbana"; Aleli Mirelman e Carles Gispert: "A cultura contemporánea, implicación social e vida cotiá, AA: Tomic Lab"
Prezo: de balde
Datas: 24 de maio de 2014
Máis información 

Cutout Stop Motion NOVO
Convoca: MACBA, Barcelona
Descrición: o "cutout" é unha técnica de animación que utiliza personaxes planos (2D) ou con volume (3D), accesorios e fondos recortados de materiais como papel, cartón, tela ríxida ou incluso fotografías. Neste obradoiro estudiarase estas técnicas e o "software" específico do "cutout" e o "stop motion".
Prezo: non consta
Datas: 24-31 de maio de 2014 
Máis información 

Una cultura común   NOVO
Convoca: CCCB, Barcelona
Descrición: mesa redonda en relación coa idea de Europa e os seus valores culturais. 
Prezo: 3€
Datas: 26 de maio de 2014
Máis información 

Arquitecturas invisibles y el cuerpo como sensor (Interacciones con Arduino) NOVO

Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Mallorca
Descrición: Arduino é unha plataforma de electrónica aberta para a creación de prototipos baseada en "software" e "hardware" flexibles e sinxelos de usar. O obradoiro será unha introdución e práctica á aplicación.
Prezo: 175€
Datas: 26-30 de maio de 2014
Máis información

El artista en la web 2.0: la comunicación cultural en la era digital  NOVO
Convoca: Fundación FIArt, Madrid
Descrición: os asistentes coñecerán, co apoio de casos prácticos e exemplos en tempo real, o cambio paradigmático que supón para o artista e para a comunicación cultural a incorporación das tecnoloxías como ferramentas e como canal de difusión.
Prezo: 110€
Datas: 2-4 de xuño de 2014
Máis información

Una historia de marginalidad: ¿Dónde está la periferia? Creación, obsesión, subversión   NOVO
Convoca: CCCB, Barcelona
Descrición: debate con Dora García, Enrique Vila-Matas e Jordi Costa, artistas dunha imaxinación radical, posicionados á marxe dos discursos dominantes.
Prezo: 3€
Data: 4 de xuño de 2014
Máis información

Cómo hacer realidad tu proyecto: de la web a la web   NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: a través da súa propia experiencia, a xestora cultural Cristina Civale ensinará as chaves do "crowdfunding" ou financiación colectiva para poder facer realidade os proxectos culturais. 
Prezo: 50€
Datas: 7 de xuño-1 de xullo de 2014
Máis información 

Escuela de las Artes 14  NOVO
Convoca: Círculo de Bellas Artes e Universidad Carlos III de Madrid
Descrición: durante o verán, haberá cursos e obradoiros relacionados coa arte e as humanidades.
Prezo: cursos de 40 horas: tarifa normal: 275€; estudantes e desempregados: 200€; alumnos do UC3M e socios CBA: 135€; cursos e obradoiros de 20 horas: tarifa normal: 130€; estudantes e desempregados: 95€; alumnos UC3M e socios CBA: 70€
Datas: 23 de xuño de 2014-4 de xullo de 2014
Máis información

Taller de Cerámica: el molde y la obra seriada"    NOVO
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Mallorca
Descrición: curso de moldes orientado a profesionais e entusiastas do mundo da cerámica, interesados na experimentación de diferentes camiños creativos no ámbito da cerámica e da obra seriada.
Prezo: 210€
Datas: 30 de xuño-11 de xullo de 2014
Máis información 

"Mezzotinta" no tradicional en planchas de zinc; entintado a la "pouppè"  NOVO
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Mallorca
Descrición: os obxectivos do obradoiro son aprender o proceso da "mezzotinta" ou manera negra sen utilización do "berceau" como tradicionalmente se realiza, senón a través de augatintas en pranchas de zinc. Ademais afonda nas formas do entintado, como o proceso do entintado á "pouppè" con diferentes cores sobre a mesma prancha.
Prezo: 175€
Datas: 21-25 de xullo de 2014
Máis información

PREMIOS

AUTONÓMICOS

XXIII Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos 2014   NOVO
Convoca: Concello de Ferrol
Descrición:  o obxectivo do premio é dar testemuña do dinamismo e pluralidade da gráfica actual dende a perspectiva da arte contemporánea múltiple e seriada. Poderán participar artistas de calquera nacionalidade e país de residencia. O certame está aberto a calquera dos procesos gráficos tradicionais ou experimentais, incluídos os dixitais, con intervencións directas e/ou combinadas con calquera outro procedemento, instalación, sen condicións de tamaño. A preselección será mediante o envío dun dossier. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 7.000€
Data fin: 30 de maio de 2014
Máis información

Concurso de Carteles "Festa da Istoria 2014" 
Convoca: Festa da Istoria, Ribadavia
Descrición: poderán participar todas as persoas que o desexen, cun máximo de 2 obras inéditas. O tema será a Festa da Istoria. A técnica será libre. Os carteis seleccionados formarán parte dunha exposición.
Premio: 500€
Data fin: 31 de maio de 2014
Máis información


XII Premio de Creación Audiovisual Universidade de Vigo   
Convoca: Universidade de Vigo
Descrición: poderá participar calquera membro da comunidade universitaria da Universidade de Vigo (PDI, estudantes e PAS). O tema será libre e haberá cinco modalidades: curta narrativa, documental, vídeo experimental, animación e vídeo publicitario. A duración non excederá dos 15 minutos.
Premios: 1º premio: 600€ para cada modalidade; 2º premio: 300€ para cada modalidade
Data fin: 20 de xuño de 2014
Máis información 

XI Certamen de Fotografía Universidade de Vigo   
Convoca: Universidade de Vigo
Descrición: poderá participar calquera membro da comunidade universitaria da Universidade de Vigo (PDI, estudantes e PAS). O tema será libre e haberá dúas modalidades: serie e fotografía única.
Premios: serie: 1º premio: 600€; 2º premio: 300€; fotografía única: 1º premio: 400€; 2º premio: 200€
Data fin: 20 de xuño de 2014
Máis información
 
XII Premio de Pintura Universidade de Vigo   
Convoca: Universidade de Vigo
Descrición: poderá participar calquera membro da comunidade universitaria da Universidade de Vigo (PDI, estudantes e PAS). A técnica utilizada será libre e o tamaño das obras non excederá de 150 cm. na maior das súas dimensións.
Premio: 1.500€
Data fin: 20 de xuño de 2014
Máis información

IX Premio de Arte Gráfico "Jesús Núñez"  
Convoca: Deputación da Coruña e CIEC, Betanzos
Descrición: poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas edicións anteriores.
Premios: 1º premio: 6.500€ + exposición no CIEC; dous accésits: bolsa no Master de Obra Gráfica impartido polo CIEC
Data fin: 27 de xuño de 2014
Máis información  

II Premio de Arte Contemporáneo Campos Clinicae  NOVO
Convoca: Clínica Campos Clinicae, Vigo
Descrición: esta convocatoria pretende impulsar proxectos artísticos contemporáneos na sala de conferencias da Clínica Campos Clinicae. O obxectivo é complementar a oferta de espazos expositivos en Vigo e impulsar o traballo de artistas novos. A selección levarase a cabo tras a presentación dun proxecto para ocupar dito espazo.
Premio: 2.000€ como honorarios para o artista + 1.000€ para a produción de obra
Data fin: 15 de setembro de 2014
Máis información

ESTATAIS

XXIV Certamen de "Calamonte Joven 2014"  
Convoca: Ayuntamiento de Calamonte
Descrición: poderán participar todos aqueles rapaces de nacionalidade española ou residentes en España con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos. A temática e a técnica pictórica serán de libre interese por parte do autor. Con carácter bianual recolleranse nun catálogo todas as obras premiadas.
Premios: 1º premio: 1.470€ + placa; accésit: 840€ + placa; premio local: 170€ + placa
Data fin: 2 de maio de 2014
Máis información

VII Concurso de Pintura y Fotografía Ramón Muñoz Torres   
Convoca: Instituto de Enseñanza Secundaria "Luis Carrillo de Sotomayor", Baena
Descrición: poderá participar calquera persoa, sen límite de idade, cun máximo de dúas obras por autor, orixinais e inéditas. En pintura haberá dúas categorías, unha para participantes de todo o territorio e outra de carácter local. As temáticas serán libres.
Premios: 1º premio pintura: 3.000€; premio local de pintura: 600€; premio de fotografía: 400€
Data fin: 5 de maio de 2014 
Máis información  

VII Certamen Nacional de Pintura y Arte Digital Carsarte  
Convoca: Carsarte
Descrición: poderán participar artistas maiores de idade, españois ou estranxeiros, que residan en España. O tema das obras terá que ser "arte e tecnoloxía" tanto en pintura coma en arte dixital. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición itinerante durante ano e medio.
Premio: pintura: 1º premio: 3.600€; 2º premio: 2.400€; 3º premio: 1.800€; dous accésits: 600€ cada un; arte dixital: 1.200€
Data fin: 8 de maio de 2014
Máis información

LII Concurso Internacional de Dibujo 2014     
Convoca: Fundació Ynglada-Guillot, Barcelona
Descrición: poderán participar todos os artistas españois ou estranxeiros que o desexen.Os debuxos serán en branco e negro realizados con lapis, carbón, tinta chinesa, estilográfica ou tinta corrente. Non se admitirán "collages". 
Premio: 4.000€ + exposición individual
Data fin: 9 de maio de 2014
Máis información

XIX Premio de Fotografía Fundación AENA 2014   
Convoca: Fundación AENA, Madrid
Descrición: poderán participar todos os fotógrafos residentes en España, así como os que expuxeron en España durante o 2013. O tema será libre. 
Premios: 1º premio: 10.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 3.000€ 
Data fin: 16 de maio de 2014
Máis información

XXXIV Concurso de Carteles Anunciadores de la Festa Major en Honor a la Santíssima Sang   
Convoca: Ayuntamiento de Dénia
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, cun máximo de tres obras. O tema será sobre calquera motivo de Dénia ou as súas festas patronais. 
Premio: 1.000€
Data fin: 16 de maio de 2014
Máis información

VI Premio de Fotografía Ciudad de Las Palmas de Gran Canaria  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Las Palmas de Gran Canaria
Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade. As fotografías deberán ser orixinais e inéditas. A técnica e temática serán libres. 
Premios: 1º premio: 3.000€ + diploma; 2º premio: 1.500€ + diploma
Data fin: 22 de maio de 2014
Máis información

Vídeo/Talentos 2014. Reiterpreta el Arte  
Convoca: Fundación Banco Santander, Madrid
Descrición: concurso de vídeos para a comunidade universitaria co obxectivo de fomentar, recoñecer, difundir e premiar a creatividade e o talento entre este colectivo. O tema do concurso deberá estar relacionado co mundo da arte. 
Premios: premio do público: 5.000€; 1º premio do xurado: 5.000€; dous accésits do xurado: 2.500€ cada un
Data fin: 22 de maio de 2014
Máis información

Certamen de Pintura Sant Marçal 2014    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Marratxí
Descrición: o tema das obras, así como o material e as técnicas empregadas, son libres. O autor deberá presentar un dossier para a selección. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: non consta
Data fin: 23 de maio de 2014
Máis información

IV Concurso de Cortometrajes "Cátedra Miguel Hernández"   
Convoca: Universidad Miguel Hernández, Elche
Descrición: poderá participar calquera persoa sen distinción de nacionalidade nin residencia. O tema das curtametraxes versará sobre o poeta Miguel Hernández. 
Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 500€
Data fin: 23 de maio de 2014 
Máis información 

Convocatoria Biennal d'Art Ciutat d'Amposta 2014    NOVO
Convoca: Lo Pati, Amposta
Descrición: poderán participar todos os artistas con residencia no ámbito estatal. O tema e a técnica serán libres. 
Premio: 4.000€
Data fin: 24 de maio 2014
Máis información

IL Certamen Internacional de Artes Plásticas de Pollença 2014  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Pollença
Descrición: poderán participar todos os artistas de calquera nacionalidade ou residencia, sen límite de idade. O tema será "a paisaxe" e considérase libre a técnica ou soporte que se utilice. Haberá unha preselección pola recepción de dossieres e as obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 6.000€
Data fin: 30 de maio de 2014
Máis información

Concurso de Escultura "Monumento a las lavanderas"   
Convoca: Ayuntamiento de Colmenar Viejo, Madrid
Descrición: poderán participar todos os artistas, persoas físicas, autores da obra, sempre que acrediten ser residentes en calquera país da Unión Europea. As obras a concursar consistirán en esculturas/maquetas ampliables. Con técnica libre e de marcado carácter figurativo, tendo en conta que a escultura definitiva poderá ser realizada en bronce fundido. O conxunto escultórico terá que representar ás lavandeiras de Colmenar Viejo. 
Premio: 3.000€
Data fin: 30 de maio de 2014
Máis información

Fascurt 2014. Festival de Curtametratges del Masnou   NOVO
Convoca: Associació Akonga, El Masnou
Descrición: esta convocatoria é de caracter nacional e está dirixida a residentes en España ou realizadores españois residentes no estranxeiro. Haberá as seguintes seccións: ficción, undercurt e animación.
Premio: ficción: 1.200€; undercurt: 500€; animación: 600€; premio do público: 300€
Data fin: 31 de maio de 2014

Máis información 

Concurso Fotográfico Biblioteca Mercè Reboreda 2014 "Educando la mirada"    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Castell-Platja d'Aro, Girona
Descrición: poderán participar fotógrafos profesionais, de calquera nacionalidade ou residencia, e de forma individual ou colectiva. O tema é libre e a técnica ten como único requisito que as imaxes estean capturadas cun aparato fotográfico ou dispositivo con cámara. A selección realizarase por medio dun dossier.
Premios: proxecto gañador: 1.200€; dous accésits: 500€ cada un
Data fin: 31 de maio de 2014
Máis información

VII Concurso de Carteles "San Silvestre Salmantina"   
Convoca: Club Deportivo Padre Basabe, Salamanca
Descrición: poderán concursar todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade ou residencia. A técnica e as cores a empregar serán libres. 
Premio: 2.000€
Data fin: 31 de maio de 2014
Máis información  

Arte Propuestas   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Alacant
Descrición: poderán participar todos os artistas novos, nados ou residentes en España con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. A selección realizarase conforme a un dossier. As obras seleccionadas formarán parte da exposición que estarán á venda.
Premio: sería a venda das obras cuxo valor máximo non poderá exceder os 9.000€
Data fin: 2 de xuño 2014
Máis información

XVII Premio de Pintura Fundación Mainel 2014   NOVO
Convoca: Fundación Mainel, Valencia
Descrición: poderán participar todos aqueles artistas nados despois do 31 de decembro de 1978 de calquera nacionalidade. O tema será de libre elección, así como os soportes e materiais empregados. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo.
Premio: 3.000€
Data fin: 2 de xuño de 2014
Máis información

XLIV Concurso Internacional de Pintura Rafael Zabaleta Quesada   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Quesada, Xaén
Descrición: poderán participar neste concurso todos os artistas que o desexen, sen importar a súa nacionalidade. O tema e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 6.000€ + placa; 2º premio: 3.000€ + placa; 3º premio: 2.000€ + placa
Data fin: 4 de xuño de 2014
Máis información 

VIII Premi Salou de Recerca Pictòrica 2014 - Memorial José Luis Rubio Sáez   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Salou
Descrición: poderán participar todos os artistas, maiores de 18 anos de calquera nacionalidade pero residentes en España. Admitiranse todo tipo de técnicas e as súas mezclas sempre que sexa evidente algún trazo de especificidade pictórica. A selección realizarase por medio dun dossier e as obras elixidas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo.
Premios: 1º premio: 6.000€; 1º accésit: 1.500€; 2º accésit: 800€
Data fin: 5 de xuño de 2014
Máis información 

XXIII Certamen Jóvenes Creadores  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Madrid
Descrición: poderán participar artistas novos, de calquera nacionalidade, residentes en España. As modalidades para participar serán: curtametraxe, fotografía, obra plástica (debuxo, gravado, pintura e técnicas mixtas, agás a fotografía e a escultura), proxecto de innovación empresarial e outras.
Premios: curtametraxe: 1º premio: 2.000€; 2º premio: 1.000€; fotografía, obra plástica e proxecto de innovación empresarial: 1º premio: 1.400€; 2º premio: 700€; novísimo talento (artista con idade igual ou menor de 20 anos): 500€
Data fin: 6 de xuño de 2014
Máis información

XV Certamen "Ciudad de Tomelloso"  
Convoca: Ayuntamiento de Tomelloso
Descrición: poderán tomar parte todos os artistas, tanto españois como estranxeiros, que o desexen. Cada autor poderá presentar un máximo de tres obras por modalidade: pintura, debuxo e fotografía. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo.
Premios: pintura e debuxo: fondo adquisición: 9.000€; fondo adquisición para obras de artistas locais: 3.600€; fotografía: fondo-adquisición de 2.000€
Data fin: fotografía: 6 de xuño de 2014 / pintura e debuxo: 20 de xuño de 2014
Máis información 

III Concurso de Fotografía Centro Médico Alejo Leal  NOVO
Convoca: Centro Médico Alejo Leal, Cáceres
Descrición: poderá participar neste concurso calquera persoa que o desexe, tanto profesionais como afeccionados, nacionais e estranxeiros. O tema do concurso será "a fauna ibérica", vertebrados e invertebrados. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: dende estadías en hoteis e rutas ata os 1.000€ do 1º premio
Data fin: 9 de xuño de 2014
Máis información

XV Premio de Pintura Artes Plásticas Universidad de Murcia  NOVO
Convoca: Universidad de Murcia
Descrición: poderá participar calquera persoa. O tema e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 5.000€
Data fin: 13 de xuño de 2014
Máis información

Concurso de Carteles "Fiestas Patronales de San Cosme y San Damián 2014"  
Convoca: Ayuntamiento de Arnedo
Descrición: poderán participar todas as persoas que o desexen, presentando cun máximo de tres obras. Os carteis seleccionados formarán parte dunha exposición. 
Premio: 750€
Data fin: 13 de xuño de 2014
Máis información

II Premio de Pintura Camarote Madrid  NOVO

Convoca: Camarote Madrid
Descrición: premiarase unha obra pictórica realizada por un artista español ou residente en España. A temática será libre e as obras poderán ser executadas en calquera técnica de artes visuais sobre soporte plano.
Premios: 1º premio: 1.500€; dous premios-adquisición: 500€ cada un
Data fin: 15 de xuño de 2014
Máis información

XI Bienal de Artes Plásticas Ciudad de Albacete   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Albacete
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, sen importar a súa nacionalidade nin residencia. O tema e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte da bienal.
Premios: 1º premio: 10.000€; fondo-adquisición: 10.000€ 
Data fin: 18 de xuño de 2014
Máis información

Certamen de Pintura de Primavera - VIII Premio Eduardo Ruiz-Golluri   NOVO
Convoca: Academia de Bellas Artes Santa Cecilia, Cádiz
Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen. O tema será libre e as técnicas a empregar serán óleo ou acrílico. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 1.400€; 2º premio: 700€; dous accésits
Data fin: 30 de xuño de 2014
Máis información

XLII Certamen de Pintura Ciudad de Martos   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Martos, Xaén
Descrición: poderán participar todos os autores que o desexen, sempre que sexan nados ou residentes na Unión Europea. Os artistas terán total liberdade de técnica e tendencias estéticas. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 2.500€ + diploma
Data fin: 3 de xullo de 2014
Máis información

XIV Bienal de Escultura Peña de Martos  
Convoca: Ayuntamiento de Martos, Xaén
Descrición: poderán participar todos os autores que o desexen, sempre que sexan nados ou residentes na Unión Europea. Os artistas terán completa liberdade de tema, material, técnica e tendencias estéticas. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premio: 1.000€ + diploma
Data fin: 3 de xullo de 2014
Máis información

Concurso de Carteles "Facoelche 2015: entre dos aguas"  
Convoca: Fundación Dr. Soler, Alacant
Descrición: o obxecto da convocatoria é premiar o mellor traballo para a difusión e coñecemento da XVII edición da reunión científico-médica FACOELCHE, do campo da oftalmoloxía. Poderán participar cantos artistas e deseñadores estean interesados. 
Premios: 1º premio: 1.500€; accésit: 500€ para un cartel feito a man (óleo, acuarela, pastel, collage, etc.)
Data fin: 4 de xullo de 2014
Máis información

III Concurso Internacional de Cortos de Terror del Festival de Cine de Terror en el Castillo   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Arroyo de la Luz, Cáceres
Descrición: poderán presentarse curtametraxes de terror de todo o mundo producidas con posterioridade a xaneiro de 2012. 
Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 500€; 3º premio: 200€
Data fin: 10 de xullo de 2014
Máis información

Concurso de Arte Ideaborn 2014  
Convoca: Ideaborn
Descrición: Ideaborn organiza este concurso para seleccionar e mercar unha imaxe para a súa tarxeta de felicitación do ano. Busca artistas no que o seu traballo mostre a realidade económica, social e cultural dun país en desenvolvemento.
Premio: 1.000€
Data fin: 15 de xullo de 2014
Máis información 

XXXV Premi Sant Bartomeu de Pintura 2014   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Ferreries
Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade. O tema das obras, os materiais e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición, e as finalistas, terán a posibilidade de montar unha exposición individual.
Premio: 1.000€
Data fin: 8 de agosto de 2014
Máis información

 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.