rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA //CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

Boletín de convocatorias. Outubro 2011

BOLSAS E PROXECTOS

ESTATAIS    

Convocatoria de Becas Universidad de Brown (Providence) 
Convoca: Fundación Botín, Santander

Descrición: bolsa de estudos na Universidad de Brown, Providence
Dotación: non consta.
Data fin: non consta.

Máis información

Convocatoria de Becas Universidad Wellesley (Massachusetts) 
Convoca: Fundación Botín, Santander

Descrición: bolsa de estudos na Universidad de 
Wellesley, Mass.
Dotación: non consta.
Data fin: non consta.

Máis información

Eremuak
Convoca:
Centro-Museo Artium de Álava, Vitoria-Gasteiz
Descrición: axudas co fin de fomentar a produción de contexto contemporáneo a través dun programa aberto. Por este motivo tanto a aceptación dos proxectos como as dotacións dependerán das decisións dunha comisión.

Dotación: non consta.
Data fin: convocatoria continua.

Máis información

Ayudas a la Investigación "Pensar el Paisaje 2011"  
Convoca: CDAN,
Centro de Arte y Naturaleza Fundación Beulas, Huesca
Descrición: bolsas dirixidas a investigadores da UE e países hispanoamericanos que teñen como obxectivo promover os estudos sobre a paisaxe entendida esta en todas as súas facetas: artística, estética, histórica, patrimonial, etc.
Dotación: 12.000€
Data fin: 3 de outubro de 2011

Máis información

Programa de ayudas a Artistas Plásticos y colectivos artísticos 2011   NOVO
Convoca: Obra Social y Cultural de Caja de Burgos, Burgos

Descrición: convocatoria de axudas económicas para a colaboración na produción de proxectos nas seguintes disciplinas artísticas: pintura, escultura, fotografía, videoarte, instalación, gravado e técnicas de estampación. Poderán concorrer artistas plásticos nados ou con domicilio en Burgos capital ou provincia.
Dotación: non consta.
Data fin: 31 de outubro de 2011

Máis información

IX Convocatoria Becas CAM Artes Plásticas 
Convoca: Obra Social CAM, Alicante

Descrición: outorgaranse seis bolsas dirixidas a artistas españois our residentes en España con idades comprendidas entre os 23 e os 40 anos en calquera das seguintes disciplinas de artes plásticas: pintura, escultura, debuxo, fotografía, vídeo e técnicas dixitais. Terá unha duración de 12 meses.
Dotación: 14.000€; con traslado a outro país: 24.000€
Data fin: 2 de decembro de 2011

Máis información

CURSOS E OBRADOIROS

AUTONÓMICOS

"Documento e identidade 2.0", por Joan Fontcuberta  NOVO
Convoca:
Agadic e Fundación Illa de San Simón, Redondela
Descrición: neste curso abordarase a vixencia do documental e os novos procesos de produción de identidade desde un enfoque eminentemente reflexivo.
Prezo: 230€ en réxime de pensión completa; 150€ sen aloxamento.
Datas:
1 - 2 de outubro de 2011
Máis información

"Unha aproximación á historia da arquitectura contemporánea", por Ana María Pereira  NOVO
Convoca:
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Vigo
Descrición: dentro do contexto de divulgación da arte contemporánea levada a cabo polo MARCO, este curso céntrase na análise específica da arte de construír, a través dun programa que abrangue os principais movementos e figuras da historia da arquitectura dos séculos XIX, XX e XXI. Ademais de levar a cabo unha aproximación ao coñecemento dos diferentes modelos, estilos e personalidades que conforman a realidade arquitectónica, outro contido fundamental do curso son os cambios experimentados pola sociedade nos aspectos demográficos, técnicos, ideolóxicos, etc., e a súa repercusión nos modos construtivos. Deste modo compréndese como a arquitectura, máis que ningunha outra actividade artística, está unida de modo indisoluble aos cambios e o devir do mundo do seu tempo.
Prezo: 180€ (desconto do 20% para membros da agrupación Amigos do MARCO e para estudantes da Universidade de Vigo, previa acreditación)
Datas:
19 de outubro de 2011 - 2 de maio de 2012
Máis información

"Produción artística e cultural dende 1968 ata os nosos días", por Juan de Nieves NOVO
Convoca:
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Vigo
Descrición: dentro do contexto de divulgación da arte contemporánea levado a cabo polo MARCO, este curso ten como obxectivo analizar a arte producida nas últimas catro décadas. Sen deixar de percorrer as prácticas artísticas máis relevantes deste período, prestarase especial atención á nova orde sobre a que se acomodan ou contra a que se revolven: os profundos cambios da institución (o museo e as novas estruturas temporais de validación); o rol do espectador e a influencia crecente dos novos axentes artísticos (cuxo epítome será a figura do comisario); ou a esfera pública coma espazo de liberación.
O ton do curso moverase por diferentes intensidades, de maneira que cada sesión non perda a súa autonomía nin estea suxeita a cronoloxías nin aos lugares comúns establecidos pola historiografía oficial. En definitiva, irase construíndo un discurso subxectivo que abrangue fitos socio-culturais, prácticas artísticas localizadas nun espazo/tempo preciso, traxectorias persoais de especial relevancia, conexións e confluencias entre o que entendemos comunmente por arte e outras disciplinas.
Prezo: 180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e para estudantes da Universidade de Vigo, previa acreditación)
Datas:
27 de outubro de 2011 - 10 de maio de 2012
Máis información

ESTATAIS

La memoria en torno al MUSAC. Taller de realización audiovisual y archivo digital 
Convoca: MUSAC, León
Descrición: obradoiro impartido por 
Ismael Aveleira e Tomás García dirixido a persoas interesadas na gravación, edición e publicación de pezas audiovisuais en Internet.
Prezo: non consta.
Datas: 1- 7 de outubro de 2011
Máis información

Taller de creación con Gregor Schneider  NOVO
Convoca: Centro de Arte Dos de Mayo, Móstoles, Madrid
Descrición: obradoiro dirixido a estudantes de Belas Artes e artistas en activo. Este obradorio transcorrerá en paralelo á montaxe da instalación do artista Schneider na CA2M, o que permitirá aos asistentes coñecer en profundidade e compartir co artista os seus procesos creativos, de planificación, instalación e montaxe. Impartirase en inglés.

Prezo: de balde.
Datas: 17 - 26 de outubro de 2011. Inscrición ata o 2 de outubro.
Máis información

Jornadas sobre documentación gráfica del patrimonio-normalización
Convoca: Instituto de Patrimonio Cultural de España, Nájera
Descrición: xornadas que buscan achegar aos profesionais e directivos que traballan na restauración de patrimonio os métodos técnicos empregados na documentación do mesmo. Por outra banda buscarase normalizar os traballos e os métodos entre os diferentes centros.

Prezo: de balde.
Datas: 4-7 de outubro de 2011. Inscrición ata o 4 de outubro.
Máis información

Seminario Artescrituras 2: "Cruces contemporáneos entre arte y literatura" NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: seminario que volve animar o debate entre escritores e artistas contemporáneos interesados en estratexias compartidas e influencias mutuas.

Prezo: de balde.
Datas: 4 - 5 de outubro de 2011
Máis información

Memoria Viva del arte español actual. El testimonio de los artistas. NOVO
Convoca: Real Asociación de Amigos del Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid
Descrición: curso no que se darán cita artistas españois contemporáneos de diversas xeracións e correntes co fin de acadar unha visión ampla do que foi a arte española das últimas décadas.

Prezo: membros: 70€; público en xeral: 90€
Datas: 5 de outubro - 1 de decembro de 2011
Máis información

Seminario Miradas al Videoarte NOVO
Convoca: Puertas de Castilla, Murcia
Descrición: seminario destinado a artistas, estudantes, profesionais e persoas interesadas na videoarte. 

Prezo: 20€
Datas: 6 de outubro - 17 de novembro de 2011
Máis información

Fotografiar como un profesional NOVO
Convoca: Puertas de Castilla, Murcia
Descrición: curso dirixido a estudantes, artistas, profesionais e, en xeral, persoas interesadas na fotografía.

Prezo: 20€
Datas: 10 - 14 de outubro de 2011
Máis información

Diseño de ropa reciclada NOVO
Convoca: Puertas de Castilla, Murcia
Descrición: obradoiro enfocado a introducir aos asistentes o concepto de consumo responsable en xeral e en particular centrarase nas pautas de adquisición da roupa nos países occidentais, propoñendo como alternativa o deseño creativo a partires de roupa usada.

Prezo: de balde.
Datas: 11 de outubro - 1 de novembro de 2011
Máis información

Montaje y producción de proyectos dirigidos a la videocreación  NOVO
Convoca: Puertas de Castilla, Murcia
Descrición: dirixido a estudantes, profesionais e, en xeral, a todas aquelas persoas interesadas na videocreación, este curso promoverá a creación de pequenas animacións, montaxe con elementos musicais e maquetación para rotulacións de curtas e películas.

Prezo: 20€
Datas: 17 - 21 de outubro de 2011
Máis información

Taller de danza improvisación, con Camille Hanson NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: os participantes neste obradoiro traballarán con exercicios para aumentar a súa resistencia e flexibilidade, e aprenderán a apoiarse na improvisación. Dirixido a persoas que traballen na danza ou noutras disciplinas artísticas que empreguen o corpo como referencia.

Prezo: 50€
Datas: 17 - 22 de outubro de 2011
Máis información

Curso de apreciación del arte contemporáneo. El arte  en su destierro global. NOVO
Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid
Descrición: ciclo de conferencias que xiran en torno á arte contemporánea e a súa filiación cultural.

Prezo: tarifa xeral: 115€; tarifa reducida: 100€ (socios CBA, alumnos UCM, alumnos Escuela de las Artes)
Datas: 26 de outubro - 14 de decembro de 2011
Máis información

Seminario Carlos Spottorno NOVO
Convoca: Puertas de Castilla, Murcia
Descrición: o programa baséase nun modelo semipresencial no que os doce participantes seleccionados desenvolverán un proxecto fotográfico de forma autónoma supervisados polos titores. Seminario dirixido a estudantes, artistas, profesionais, e en xeral a persoas interesadas na fotografía.

Prezo: de balde.
Datas: 27 de outubro 2011
Máis información

Recursos digitales para la creación de cortometrajes NOVO
Convoca: Puertas de Castilla, Murcia
Descrición: obradoiro dirixido a estudantes, artistas, profesionais e, en xeral, persoas interesadas na creación de curtametraxes e cinema. A proposta consiste en mostrar e traballar coas posibilidades que hoxe en día ofrecen os avances informáticos e a súa aplicación no guión, story board, escenografía ou utilización de cámaras.

Prezo: 20€
Datas: 31 de outubro - 4 de novembro 2011
Máis información

Narrativas espaciales NOVO
Convoca: LABoral, Centro de Arte y Creación Industrial, Xixón 
Descrición: obradorio de audio xeolocalizado reunindo escritores, desenvolvedores e artistas sonoros co fin de aprender a empregar diferentes recursos técnicos.

Prezo: de balde.
Datas: 1 - 6 de novembro de 2011
Máis información

Encuentro Internacional de Escultura Scupture Network NOVO
Convoca: Museo Guggenheim, Bilbao
Descrición: neste encontro abordarase o tema "A escultura hoxe; un espazo para a investigación - experiencia recodificada" nunha mesa redonda composta por expertos e artistas internacionais.

Prezo: Amigos do Museo Guggenheim e membros de Sculpture Network: 180€ (programa completo), 100€ (só unha xornada). Non membros: 230€ (programa completo), 125€ (só unha xornada). Estudantes: 50€
Datas: 10 - 12 de novembro de 2011. Inscrición ata o 4 de novembro.
Máis información

Taller de gravado NOVO
Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid
Descrición: obradorio que se presenta como unha iniciación ás técnicas de gravado e está dirixido a artistas e afeccionados interesados nesta disciplina.

Prezo: 158€; socios: 138€
Datas: 5 - 17 de novembro de 2011
Máis información

Taller "Cloud Chamber: Subatomic Aesthetics", con Dmitry Gelfand e Evelina Domnitch NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: obradorio dirixido a persoas interesadas na relación entre arte e ciencia no que se levarán a cabo unha serie de experimentos prácticos con acelerador de partículas. Os participantes aprenderán a percibir e interactuar coa danza perpetua curvilínea do baleiro subatómico e unha variedade de fenómenos cuánticos habitualmente indetectables.

Prezo: 50€
Datas: 14 - 16 de novembro de 2011
Máis información

Archivos y mediatecas  NOVO
Convoca: LABoral, Centro de Arte y Creación Industrial, Gijón 
Descrición: obradorio sobre prácticas alternativas de documentación, arquivo e acceso a proxectos artísticos baseados en tecnoloxías inestables. Un proxecto de Gabriel Vanegas, Jo Ana Morfin e Vanina Hofman. Dirixido a institucións culturais, profesionais da documentación, distribución, comisarios, desenvolvedores de software e público interesado na converxencia entre a arte, ciencia e tecnoloxía e arquivística.

Prezo: non consta.
Datas: 11 - 12 de novembro de 2011
Máis información

Recursos softwares de diseño enfocados a la ilustración  NOVO
Convoca: Puertas de Castilla, Murcia
Descrición: obradoiro que busca dar a coñecer e poñer en práctica os novos efectos para a ilustración co emprego dun software vectorial. Dirixido a estudantes, profesionais, artistas e, en xeral, a persoas interesadas na ilustración dixital.

Prezo: 20€
Datas: 14 - 18 de novembro de 2011
Máis información

Taller "Tiempo muerto", con Julio Falgán NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: obradoiro dirixido a persoas con inquietudes relacionadas coas Belas Artes no que se abordará o tema das cousas que non se empregan e como sacar partido ao que se dá por perdido.

Prezo: 50€
Datas: 21 - 25 de novembro de 2011
Máis información

Bocetación de personajes y escenas para un proyecto de animación NOVO
Convoca: Puertas de Castilla, Murcia
Descrición: obradoiro dirixido á elaboración de personaxes de animación para a creación de proxectos dirixidos ao cómic, a ilustración e a animación de vídeo. Enfocado a estudantes, artistas, profesionais e, en xeral, a persoas interesadas no cómic, a ilustración e a animación de vídeo.

Prezo: 20€
Datas: 21 - 25 de novembro de 2011
Máis información

Taller "En busca de una mirada propia" NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: obradorio dirixido a persoas que se cuestionen sobre a búsqueda dunha miraxe persoal sobre o real a través do cine/vídeo documental.

Prezo: 50€
Datas: 28 de novembro - 2 de decembro de 2011
Máis información

Nociones básicas para la creación de un cómic  NOVO
Convoca: Puertas de Castilla, Murcia
Descrición: obradorio dirixido profesionais, artistas e a persoas interesadas na creación do cómic.

Prezo: 20€
Datas: 28 de novembro - 2 de decembro de 2011
Máis información



PREMIOS

AUTONÓMICOS

XVI Premio Elías Valiña NOVO
Convoca: Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia.
Descrición: poderán participar nesta convocatoria as asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro cunha traxectoria de polo menos cinco anos que acrediten a súa labor na protección, revitalización, promoción e fomento do coñecemento e dos valores propios dos camiños de Santiago e que desenvolvan a súa actividade, tanto dentro como fóra do territorio de Galicia.
Premios: importe máximo de 10.000€
Data fin: 3 de outubro de 2011
Máis información

I concurso "O xardín das ideas"  NOVO
Convoca: Deputación de Lugo
Descrición: concurso de ideas para unha actuación paisaxística no primitivo claustro do convento de San Francisco, na cidade de Lugo.
Premios: 1º premio: 3.000€; 3 diplomas acreditativos.
Data fin: 15 de outubro de 2011
Máis información

V Certame de Pintura Arte Nova Galega  NOVO
Convoca: El Corte Inglés S. A.
Descrición: certame de pintura de temática libre ao que poderán participar artistas maiores de idade galegos ou residentes en Galicia.
Premios: 1º premio: 4.000€ + certificado; 2º premio: 2.000€ + certificado; 2 accésits; tarxeta regalo de El Corte Inglés con 600€ + certificado.
Data fin: 11 de novembro de 2011
Máis información

ESTATAIS

IV Premio de Pintura Ciudad de Badajoz 2011  
Convoca: Ayuntamiento de Badajoz
Descrición: poderán participar todos os artistas que así o desexen independentemente da súa nacionalidade ou lugar de residencia. Cada participante poderá concorrer cunha única obra de técnica e temática libres.
Premios: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 4.000€
Data fin: 3 de outubro de 2011
Máis información

III Premio Internacional de Novela Gráfica "Dibujando entre Culturas"  
Convoca: Fundación Tres Culturas, Sevilla
Descrición: poderán participar todos os autores que o desexen, independentemente da súa nacionalidade ou residencia. Poderase presentar unha obra por autor/es en proposta cómic de 96 a 124 páxinas en branco e negro ou cor, escritas en castelán, inglés ou francés e que estean ambientadas no Mediterráneo no seu presente, futuro ou na súa historia.   
Premio: 1.000€ + contrato de publicación por valor de 6.500€
Data fin: 5 de outubro de 2011
Máis información

Concurso de Fotografía Photo OutColor 
Convoca: blipoint.es
Descrición: certame de fotografía no que se pretende plasmar a través das imaxes a maxia e a arte que se pode atopar nas imaxes en branco e negro. Para poder concorrer a este certame hai que ser membro premium de Blipoint.
Premios: 1º premio: 2.000€; 2º premio: 15 gañadores recibirán como premio a realización e produción dun libro de fotografía por autor; 3º premio: exposición coas 18 imaxes gañadoras na galería da Agrupació fotografica de Catalunya do 25 de novembro ao 9 de decembro; 4º premio: un equipo de luces LASH ORION 400; 5º premio: unha maleta para fotógrafos profesionais HPRC2700 de Ultralight.
Data fin: 7 de outubro de 2011
Máis información

XII Certamen Nacional de Pintura y Escultura "Ciudad de Melilla 2011"    
Convoca: Consejería de Cultura de la Ciudad Autónoma de Melilla
Descrición: certame de temática e técnica libre en calquera das dúas modalidades. As pinturas non deberán ser inferiores a 30 cm nin superiores a 100, e dun máximo de 100 cm para as esculturas. As obras seleccionadas polo xurado formarán parte dunha exposición que comezará o 3 de novembro de 2011.
Premios: pintura: 1º premio: 4.500€; 2º premio: 3.500€; escultura: 1º premio: 4.500€; 2º premio: 3.500€
Data fin: 11 de outubro de 2011
Máis información

VIII Concurso Fotográfico "Camino del Cid" 2011 
Convoca: Consorcio Camino del Cid, Burgos
Descrición: este certame busca plasmar a riqueza e diversidade histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Camiño do Cid a través da oito provincias polas que discorre. Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías inéditas, a color e que non fosen premiadas noutros certames.
Premios: 1º premio: 600€; 2º premio: 450€; 3º premio: 300€; 4º premio: 150€; 8 accésits: 100€ cada un.
Data fin: 14 de outubro de 2011
Máis información

XIX Edición Premio Mezquita   
Convoca: Ayuntamiento de Córdoba
Descrición: poderán participar todos os residentes no Estado, sen restrición de ningún tipo. Establécense dúas temáticas: libre e Córdoba, podéndose presentar un máximo de dúas coleccións de tres fotografías por autor e tema. Nos primeiros meses de 2012 levarase a cabo unha exposición das obras premiadas e a publicación dun catálogo.
Premios: 1º premio: 4.500€; 5 finalistas: 1.500€ cada un.
Data fin: 15 de outubro de 2011
Máis información

XVI Certamen Jóvenes Pintores   
Convoca: Fundación Gaceta Regional, Salamanca
Descrición: poderán participar pintores de calquera nacionalidade, que non cumpriran os 34 anos na data de recepción da obra. Poderán concorrer cun máximo de dúas obras de técnica e tema libres.
Premios: 1º premio: 6.000€ + exposición individual do artista; 2º premio: 3.000€; 3º premio: 2.000€; 2 accésits: 1.000€ cada un.
Data fin: 15 de outubro de 2011
Máis información

III Certamen Internacional de fotografía ASISA NOVO
Convoca: ASISA, Málaga
Descrición: concurso fotográfico con tres modalidades: maternidade e infancia, natureza e temática libre. Poderán participar fotógrafos profesionales ou afeccionados residentes na Comunidade Económica Europea.
Premios: premio honra tema libre: 5.000€ + medalla de ouro da CEF; 10 premios de 300€; premio honra tema "maternidade e infancia": 5.000€ + medalla de ouro da CEF; 6 premios de 300€; Premio honra tema "naturaleza": 5.000€ + medalla de ouro da CEF; 6 premios de 300€
Data fin: 15 de outubro de 2011
Máis información

VIII Concurso de Fotografía Julio G. de la Puente NOVO
Convoca: Ayto. de Reinosa, Cantabria
Descrición: poderán participar fotógrafos profesionais e afeccionados residentes en España cun máximo de dúas fotografías. A técnica e a temática son libres.
Premios: 1º premio: 400€ +  diploma; 2º premio: 300€ + diploma; 3º premio: 200€ + diploma.
Data fin: 15 de outubro de 2011
Máis información

XXXI Certamen Nacional de Pintura y Escultura "Villa de Parla 2011"    
Convoca: Ayuntamiento de Parla, Madrid
Descrición: poderán participar todos os artistas residentes no Estado cunha única obra por autor. As obras serán de temática e técnica libres e o xurado fará unha selección das obras para ser expostas a partir do 22 de outubro na Casa da Cultura do Concello.
Premio: pintura: 1º premio: 6.000€ + escultura orixinal de Paco Lara; escultura: 1º premio: 6.000€ + escultura orixinal de Paco Lara
Data fin: 16 de outubro de 2011
Máis información

V Concurso de pintura Aguas de Barbastro  
Convoca: Aguas de Barbastro Electricidad, S.A., Huesca
Descrición: certame de pintura de carácter bianual no que poderán participar todos os artistas plásticos que o desexen. A técnica e o tema serán de libre elección.
Premios: 3.000€ + placa conmemorativa
Data fin: 19 de outubro de 2011
Máis información

Premio "Provincia de Guadalajara" de Dibujo 2011 
Convoca: Diputación de Guadalajara
Descrición: certame destinado a artistas residentes no Estado no que se admitirán unicamente obras realizadas de xeito monocromo. Cada autor poderá presentar un máximo de 2 obras de formato e tema libres. Coas obras seleccionadas polo xurado se editará un catálogo.
Premios: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.000€
Data fin: 28 de outubro de 2011
Máis información

Premio "Provincia de Guadalajara" de Fotografía 2011 
Convoca: Diputación de Guadalajara
Descrición: poderán participar todos os fotógrafos profesionais ou afeccionados residentes no Estado. As fotografías, tres por concursante, serán de procedemento e temática libres. Coas obras seleccionadas polo xurado realizarase unha exposición e editarase un catálogo.
Premios: 1º premio: 2.000€; 2º premio: 1.000€ (cuxo tema sexa a provincia de Guadalaxara).
Data fin: 28 de outubro de 2011
Máis información

II edición Nuevos comisarios: el espacio reinventado NOVO
Convoca: Centro de Arte La Regenta, Las Palmas de Gran Canaria
Descrición: a finalidade deste concurso é promover e ofrecer oportunidades aos rapaces que están comezando a súa traxectoria artística neste ámbito e que aínda non exercen a actividade a nivel profesional. O programa ten por obxecto dar apoio aos comisarios noveis, promovendo a xestión de comisariados.
Premios: 4000€ en honorarios.
Data fin: 28 de outubro de 2011
Máis información

 XXVI Concurso fotográfico Caminos de Hierro 
Convoca: Fundación de los Ferrocarriles Españoles, Madrid
Descrición: este concurso pretende fomentar a creatividade no ámbito do ferrocarril en todos os seus aspectos (viaxeiros, estacións, trens, etc.) Cada concursante poderá presentar un máximo de tres obras individuais ou unha serie fotográfica. As obras deberán ser inéditas e non presentadas en convocatorias anteriores ou noutros certames.
Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 3.000€; premio Autor Joven: 1.800€
Data fin: 11 de novembro de 2011
Máis información

VIII Premio de Artes Visuales Fundación Arena  
Convoca: Fundación Arena, Barcelona
Descrición: o obxectivo do concurso é o de divulgar a través das artes a realidade das persoas de orientación sexual gai e lésbica a efecto de erradicar calquera forma de discriminación contra as mesmas. As modalidades do certame serán pintura e fotografía. O tema e a técnica das obras será libre. As obras seleccionadas serán expostas na Galería Alonso Vidal de Barcelona a partir de decembro de 2011.
Premios: pintura: 3.000€; fotografía: 3.000€
Data fin: 3 de decembro de 2011
Máis información

INTERNACIONAL

IV Concurso Internacional de Creación Musical y VideoArt  
Convoca: InNova Música, Andorra
Descrición: convocatoria aberta tanto a músicos afeccionados como profesionais sen ningunha restrición de idade ou nacionalidade. Todas as obras enviadas deberán ser orixinais e non editadas ou publicadas. O concurso consta de 3 categorías: Música Moderna, Música Académica e VideoArt Musical.
Premios: 2.000€ para cada categoría.
Data fin: 31 de outubro de 2011
Máis información

VI Edición Premio Internacional Arte Laguna: pintura, escultura, fotografía, videoarte e performance  
Convoca: Ministerio Italiano de los Asuntos Extranjeros, Regione Veneto e IED, Venecia, Italia
Descrición: concurso organizado para a realización dunha exposición colectiva en Venecia con artistas de calquera nacionalidade e idade que traballen nas disciplinas citadas no título. O premio inclúe exposicións, residencias para artistasm, premios en metálico e a publicación dun catálogo. Os artistas poderán participar cun máximo de dúas obras de temática libre en máis dunha sección.
Premios: premio de pintura: 7.000€; premio de escultura: 7.000€; premio arte fotográfico: 7.000€; premio de vídeoarte e performance: 7.000€; premio arte virtual: 7.000€
Data fin: 11 de novembro de 2011
Máis información

Unsolicited Proposal Program 
Convoca: APEXART, Nova York
Descrición: concurso para a instalación dunha obra nun espazo cunhas medidas dadas na cidade de Nova York.
Premios: 2.000$ + 5.000$ para traslado da peza e do artista.
Data fin: 17 de febreiro de 2012
Máis información

 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.