rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA //CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

Boletín de convocatorias. Verán 2013

BOLSAS E PROXECTOS           

ESTATAIS           

IV Becas Hàbitat Artístic Castelló     NOVO   
Convoca: Ayuntamiento de Castellón de La Plana
Descrición: dúas bolsas estarán dirixidas a artistas españois (un residente en Castellón e o outro das demais provincias) e dúas dirixidas a estranxeiros con residencia fóra de España, para realizar un proxecto artístico de tema libre dentro dos parámetros da arte actual e en todas as súas disciplinas ou ben de carácter multidisiplinar. 
Dotación: estranxeiros: 9.600€ cada unha; españois: 6.900€ cada unha
Data fin: 21 de agosto de 2013
Máis información

II Ayudas a la Producción de Proyectos de Imagen Documental Fotopress La Caixa NOVO   

Convoca: Obra Social "La Caixa"
Descrición: axudas dirixidas a profesionais do sector da imaxe, a comunicación e a cultura, maiores de idade e españois ou residentes en España, que desexen realizar un proxecto de imaxe documental en calquera país do mundo e nun prazo máximo de seis meses. Buscan propostas creativas que utilicen a imaxe documental como medio para explorar conflitos e realidades contemporáneas dende unha perspectiva crítica e coa implicación dos colectivos que o protagonicen. 
Dotación: cinco axudas de 10.000€ cada unha 
Data fin: 16 de setembro de 2013
Máis información

Beca Mario Antolín de Ayuda a la Investigación Pictórica
  NOVO

Convoca: BMW, Madrid
Descrición: será concedida a un dos tres concursantes máis novos entre os pintores seleccionados para participar na exposición Premio BMW de Pintura, cuxa obra presentada sexa de mellor calidade artística e pictórica. Queda excluído desta bolsa o gañador do certame.
Dotación: 8.000€
Data fin: 30 de setembro de 2013
Máis información 

Solo Project/Collection. Convocatoria de Artistas Emergentes CASA//ARTE 2013     NOVO
Convoca: CASA//ARTE, Madrid
Descrición: poderán participar artistas plásticos maiores de 18 anos que non estean representados por ningunha galería ata o momento. Seleccionarase un máximo de catro artistas. Para participar hai que enviar un portfolio.
Dotación: participación na II edición de CASA//ARTE no Centro Cibeles Madrid onde poderán expoñer e vender as súas obras. 
Data fin: 5 de novembro de 2013
Máis información 

XIII Beca de Investigación Asociación Roosevelt: Arte y Discapacidad     NOVO   
Convoca: Asociación Roosevelt, Cuenca
Descrición: bolsa de investigación relacionada con persoas con discapacidade física onde os interesados investigarán sobre o tema proposto facendo un percorrido histórico ata os nosos días. 
Dotación: 1.800€
Data fin: 11 de novembro de 2013
Máis información

I Convocatoria de Beca de Investigación y Producción Artística  NOVO   

Convoca: Espai Rambleta, Valencia
Descrición: o obxecto da convocatoria é a concesión de distintas axudas materiais e económicas así como a prestación de servizos para a realización de proxectos artísticos.
Dotación: 6.000€ (3.500€ destinados a obra ou proxecto; 2.500€ destinados a gastos de edición, difusión, comunicación e publicación do catálogo) 
Data fin: 31 de decembro de 2013
Máis información 

Uso de los Espacios Expositivos del Cubo Espacio Joven, Pozuelo de Alarcón     NOVO   
Convoca: Ayuntamiento de Pozuelo de Alarcón
Descrición: poderán solicitar expoñer nos espazos do Cubo Espacio Joven, todas as persoas autoras de obras artísticas con idades comprendidas entre os 14 e 30 anos, españois ou estranxeiros, cuxa temática xire en torno á xuventude. A técnica e o formato serán libres. 
Dotación: non consta
Data fin: 31 de decembro de 2013
Máis información

CURSOS E OBRADOIROS

AUTONÓMICOS


Taller Detrás de la Cámara, hacia un proyecto personal, por Óscar Molina  
Convoca: Fotoxoguete
Descrición: este é un obradoiro dedicado a explorar a aventura que supón desenvolver o potencial creativo que todos temos. Dirixido a todas aquelas persoas que desexen explotar o seu lado creativo, independentemente da súa labor profesional. O obradoiro densevolverase en Paderne, unha aldea recóndita e privilexiada das montañas de Lugo.
Prezo: 560€ (inclúe matrícula, estadía e pensión completa)
Datas: 25-31 de agosto de 2013
Máis información 

ESTATAIS

Proyecto-Proceso-Prototipos e Interfaces   NOVO   
Convoca: Laboral. Centro de Arte y Creación Industrial, Xixón
Descrición: o seminario aborda o establecemento de novos hábitos culturais a partir da revolución dixital e como estes modifican o acceso ás obras de arte. 
Prezo: 100€
Data fin: 2-5 de setembro de 2013. Inscricións ata o 26 de agosto de 2013
Máis información

Eulàlia Valldosera. "Desvelos". Taller vivencial y teórico sobre la fotografía    NOVO   

Convoca: Es Baluard, Palma de Mallorca
Descrición: "Desvelos" é un curso teórico-práctico sobre a natureza da luz diurna e expansiva versus a luz artificial ou proxectada, contractiva e arquetípica e o seu comportamento no espazo.
Prezo: 150€ (25% de desconto para Amics d'Es Baluard)
Data fin: 3-5 de outubro de 2013. Inscrición ata o 1 de setembro de 2013
Máis información

El constante bautizo de las cosas recién creadas. Taller con Raqs Media Collective    NOVO   

Convoca: CA2M, Móstoles
Descrición: dirixido a estudantes e profesionais relacionados co mundo da arte, arquitectura, deseño, urbanismo e calquera persoa interesada na creación contemporánea. 
A práctica da Raqs Media Collective toma o mundo tal e como é, non como un sino, senón como un punto de partida. Insisten na "creación" do mundo como unha práctica constante, diaria, onde arte e vida encóntranse. 
Prezo: non consta
Data fin: 17-19 de setembro de 2013. Inscrición ata o 10 de setembro
Máis información

El sentido de la Cultura    NOVO   
Convoca: CCCB, Barcelona
Descrición: importa a cultura?, para que serve?, que entendemos por cultura?, a quen lle tería que importar?, e sobre todo, por que? Estas cuestións encóntranse no transfondo do actual debate sobre o apoio público e privado ao sector cultural e serán sobre o que traten as conferencias.  
Prezo: non consta
Data fin: 18-19 de setembro de 2013
Máis información

Introducción al comisariado II. Tipologías curatoriales  NOVO
Convoca: CAAC, Sevilla
Descrición: as actividades comisariais presentan unha gran variedade posto que deben ter en conta a diversidade das manifestacións artísticas. A incorporación das vangardas aos circuítos institucionais da arte, como o museo, obligou a unha nova idea de exposición respecto á maneira de presentar as obras clásicas, e a relacionalas entre elas. Pero á súa vez, a presentación das obras modernas, as das vangardas históricas, tivo un efecto retroalimentador sobre os museos tradicionais, incitándolles, por exemplo, a evitar os restos da herencia das antigas Wunderkammern, que impulsaban a acumulación de obras, e propoñer obras seleccionadas e ordenadas de acordo a determinados criterios.
Prezo: 73€
Datas: 18-20 de setembro de 2013
Máis información

¿Por qué la escultura es aburrida? La reinvención de la escultura contemporánea    NOVO
Convoca: Amigos del MNCARS, Madrid
Descrición: preténdese non só dar unha explicación histórica dos principais fitos no proceso de transformación radical da escultura ao longo da nosa época, senón, ao chegar na actualidade a un insólito grao de apertura, analizar as diversas tipoloxías e modos con que hoxe se recrea esta arte ancestral, a partir de cuxa destrución permitiuse un exercicio incomparable de liberdade creadora. 
Prezo: 90€; Amigos do MNCARS: 70€
Datas: 3 de outubro-21 de novembro de 2013
Máis información

Taller de Pintura Coreana    NOVO
Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid
Descrición: o trazo artístico da liña e a beleza do espazo son os vehículos de expresión da pintura coreana. Trátase dun xénero pictórico vinculado á natureza e cargado de elegancia, no que se empregan como materiais papel, seda, pincel, tinta e colorantes naturais. 
Prezo: 150€; socios: 138€
Datas: 3 de outubro-21 de novembro de 2013. Xoves
Máis información 

Taller de Andrés Duque:  "El cine-ensayo (o la forma peligrosa de mezclar lo personal con el presente)    NOVO
Convoca: Hangar, Barcelona
Descrición: obradoiro dirixido a quen desexen traballar a forma de cine-ensaio como medio de expresión. Que fai o cine nestes tempos?, que queda da súa relación co real?, por que e para que acumulamos imaxes compulsivamente no ordenador?, que podemos facer con elas? Abordarán estas preguntas utilizando imaxes propias e alleas, outorgándolles un novo sentido e liberándoas dos ditames narrativos tradicionais, facendo valer o punto de vista de cada un sobre o mundo nun vídeo-ensaio que se realizará ao final. 
Prezo: 180€; AAVC: 150€
Datas: 7 de outubro-18 de novembro de 2013
Máis información

PREMIOS

AUTONÓMICOS

Certame Benito Losada de Banda Deseñada   

Convoca: Xornadas de Banda Deseñada de Ourense
Descrición: a modalidade serán historias en comic en galego de non máis de 8 páxinas e non menos de 5, con técnica e temas abertos. Poderán participar cidadáns ou colectivos con residencia en Galicia, menores de 35 anos.
Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 400€; categoría para menores de 17 anos: 400€
Data fin: 10 de setembro de 2013
Máis información 

I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea    NOVO   
Convoca: Festival Outono Fotográfico, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia
Descrición: poderá participar calquera autor ou autora que traballe coa fotografía con independencia da súa nacionalidade, tendo en conta que no fallo do xurado pesará de modo especial a súa inserción no discurso da fotografía contemporánea. O premio determinarase en base a un proxecto e o currículo do fotógrafo.
Premio: produción dunha exposición itinerante (durante 5 anos) e publicación dun libro (premios valorados en 16.000€)
Data fin: 4 de outubro de 2013
Máis información


ESTATAIS

XXXIV Premi Sant Bartomeu de Pintura 2013     
Convoca: Ajuntament de Ferreries
Descrición: poderá presentarse calquera persoa, tanto de nacionalidade española como estranxeira. O tema, os materiais e a técnica serán libres. Aos finalistas do premio se lles invitará a realizar unha exposición individual.
Premio: 1.000€
Data fin: 9 de agosto de 2013
Máis información

XVII Certamen Internacional de Pintura Ciudad de Alcázar   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Alcázar de San Juan, Cidade Real
Descrición: poderán participar todos os artitas que o soliciten con independencia da súa nacionalidade, orixe ou residencia. A técnica e o estilo serán libres. 
Premios: premio Ayuntamiento de Alcázar de San Juan: 6.000€; premio Diputación Provincial de Ciudad Real (para artistas de Cidade Real): 4.000€
Data fin: 14 de agosto de 2013
Máis información


Premio de Fotografía Mujeres Rurales 2013    
NOVO
Convoca: Universitat de Lleida
Descrición: o premio pretende dar visibilidade á realidade feminina no contorno rural, impulsar o coñecemento dos ámbitos rurais desde unha perspectiva de xénero e recoñecer a participación das mulleres no seu densenvolvemento.
Premio: 1.200€
Data fin: 15 de agosto de 2013
Máis información


X Certamen Internacional de Fotografía "Patrimonio Marítimo, Fluvial y Pesquero 2013" 

Convoca: Asociación de Arqueología Industrial "Máximo Fuertes Acevedo", Asturias
Descrición: a participación está aberta a todas as persoas con independencia da súa idade e nacionalidade. O tema será o patrimonio marítimo, fluvial e pesqueiro co obxectivo de difundir, valorar e proxectar as imaxes dun patrimonio industrial relacionado co mar, os ríos, os canais, as presas hidráulicas, os transportes marítimos, as técnicas de pesca, o patrimonio inmaterial e as súas actividades afíns, dende un punto de vista multidisciplinar. 
Premios: 1º premio: 600€; dous accésits: 400€ cada un
Data fin: 30 de agosto de 2013
Máis información


XXXVII Certamen Nacional de Pintura "Ciudad de Manzanares"    
Convoca: Ayuntamiento de Manzanares, Cidade Real
Descrición: poderán participar todos os artistas residentes en España que así o desexen. Cada autor poderá participar cunha soa obra, sendo libres o tema e a técnica. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premios: 1º premio: 7.000€; 2º premio: 3.500€
Data fin: 30 de agosto de 2013
Máis información


XVI Certamen de Pintura "Frida Kahlo" de Rivas    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Rivas Vaciamadrid
Descrición: poderán participar todos os artistas interesados. A obra terá que ser orixinal e inédita.
Premios: 1º premio: 2.000€; accésit: 700€
Data fin: 31 de agosto de 2013
Máis información


Concurso de Carteles "FacoElche 2014: De Primera"   
NOVO
Convoca: Fundación Dr. Soler, Alacante
Descrición: o obxecto do premio é recoñecer o mellor traballo para a difusión e coñecemento da XVI edición da reunión científica-médica Facoelche. 
Premios: 1º premio: 1.500€; accésit: 500€
Data fin: 2 de setembro de 2013
Máis información


Premio Ciudad de Alcalá de Fotografía    
NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Alcalá de Henares
Descrición: poderán participar todos os profesionais da fotografía que presenten fotografías orixinais e inéditas, de calquera tendencia e temática. As fotografías poderán ser en formato tradicional ou dixital. 
Premio: 3.000€
Data fin: 2 de setembro de 2013
Máis información


II Concurso Nacional de Cortos de La Carolina   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de La Carolina
Descrición: poderán participar realizadores e realizadoras de toda España, tanto de forma individual como colectiva. Con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos. O tema de concurso será "Cyberbullying, acoso nas redes sociais". 
Premios: premio á mellor curtametraxe: 1.500€+diploma; premio ao mellor guión: 500€+diploma; premio á mellor montaxe: 500€+diploma
Data fin: 3 de setembro de 2013
Máis información


Concurso de Creación "Árboles"    

Convoca: Grupo El Árbol y Museo de Arte Contemporáneo Esteban Vicente, Segovia
Descrición: poderá participar no concurso calquera persoa ou grupo de persoas residentes en España. As obras deberán referirse á temática da árbore e servirán como imaxe da empresa para o nadal de 2013. 
Premio: 3.000€
Data fin: 4 de setembro de 2013
Máis información


I Concurso de Cortometrajes Gin&Films  
 

Convoca: Mombasa Club Gin, Madrid
Descrición: os participantes terán total liberdade en canto a tema, xénero, época, se é imaxe real, animación... A única regra é que Mombasa Club Gin forme parte da historia que se conte. 25 curtas seleccionadas serán proxectadas en varias sesións e ao grande, no cine.
Premios: mellor curtametraxe: 10.000€ e outros premios
Data fin: 6 de setembro de 2013
Máis información


XXII Concurso de Pintura "Adour-Bidasoa" Irún 2013    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Irún
Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen, maiores de 18 anos, e sen limitación de vecindade ou nacionalidade. O tema e a técnica serán libres.
Premios: 1º premio: 2.500€; 2º premio: 500€; premio artista novo: 300€; diploma de finalistas
Data fin: 7 de setembro de 2013
Máis información


Concurso Cartel Anunciador "Festival de Cine y Vino Ciudad de La Solana 2013" NOVO   

Convoca: Patronato Municipal de Cine do Ayuntamiento de La Solana, Cidade Real
Descrición: poderán participar no concurso artistas e deseñadores interesados no mesmo, individualmente ou en equipo. O tema será o "Festival de Cine y Vídeo Ciudad de La Solana". As obras serán de concepción e técnicas libres, sempre que sexa posible a reprodución.  
Premio: 600€
Data fin: 13 de setembro de 2013
Máis información


Concurso de Pintura "Villa de Moriles"    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Moriles
Descrición: poderán participar todas as persoas que o desexen con tema, medidas e técnica libre, orixinais e non premiados noutro concurso. O accésit será só para residentes en Moriles. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 1.200€ + diploma; accésit: 150€
Data fin: 13 de setembro de 2013
Máis información


Premio Ibercaja de Pintura Joven 2013    NOVO
Convoca: Obra Social de Ibercaja
Descrición: poderán participar todos os artistas nados ou residentes en España, menores de 35 anos. O tema e a técnica serán libres. 
Premio: 1º premio: 5.500€; 2º premio: 2.000€
Data fin: 13 de setembro de 2013
Máis información


II Concurso Nacional de Escultura con materiales reciclados de la construcción
  
Convoca: Áridos y Transportes Alberto Gil, Segovia
Descrición: poderán participar persoas físicas, maiores de idade que residan en España. O tema é libre. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premios: 1º premio: 1.200€; 2º premio: 600€; 3º premio: 300€; dúas mencións honoríficas
Data fin: 15 de setembro de 2013
Máis información


VIII Concurso Fotográfico Nacional "Gijón... está de foto"   
Convoca: Grupo Fotográfico Zona 5, Xixón
Descrición: poderán participar todos os fotógrafos afeccionados ou profesionais residentes en España. A temática será libre. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 400€+trofeo; 2º premio: 300€+trofeo; 3º premio: 200€+trofeo
Data fin: 15 de setembro de 2013
Máis información


Art Nalón 2013  NOVO   
Convoca: Ayuntamiento de Langreo
Descrición: poderán concorrer a esta convocatoria todos os artistas nados ou residentes en España, menores de 36 anos. As modalidades admitidas serán: pintura, escultura e gravados. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo.
Premios: 1º premio: 2.000€ + exposición individual; accésit (residentes): 1.500€ + exposición individual 
Data fin: 20 de setembro de 2013
Máis información


Premio de Pintura Focus-Abengoa 2013  NOVO   
Convoca: Fundación Fondo de Cultura de Sevilla
Descrición: poderán participar artistas maiores de 18 anos. Tanto o tema como a técnica serán de libre elección. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 24.000€; dous accésits: 6.000€ cada un
Data fin: 20 de setembro de 2013
Máis información


XXV Concurso Nacional de Artes Plásticas "Miguel González Sandoval"   
Convoca: Ayuntamiento de Lora del Río, Sevilla
Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen, residentes en España. Haberá dúas modalidades: pintura e escultura. Os autores terán completa liberdade de tema, material, técnica e tendencia estética. 
Premios: escultura: 1.000€; pintura: 1.000€ 
Data fin: 21 de setembro de 2013
Máis información


I Biennal d'Art Contemporani Exportart-Importart-Port de Tarragona 2013  NOVO   
Convoca: Port de Tarragona
Descrición:  poderán participar todos os artistas que sexan maiores de idade, de calquera nacionalidade. A temática será o porto, o mar e os valores económicos, sociais, culturais e ecolóxicos das cidades abertas ao mar.
Premios: 1º premio: 4.500€; accésit: 1.000€
Data fin: 25 de setembro de 2013
Máis información


V Concurso Fotográfico La Energía Eléctrica Mueve el Mundo    
NOVO
Convoca: Fundación de la Cooperativa Eléctrica San Francisco de Asís e Asociación Fotográfica Grupo Zona 4, Alacant
Descrición: poderán participar todos aqueles fotógrafos afeccionados ou profesionais de calquera nacionalidade. O tema do concurso estará relacionado coa enerxía eléctrica e todos os aspectos que poden estar relacionados con ela. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 600€; 3º premio: 350€; 4º premio: 200€; 5º premio: 150€; premio local: 150€
Data fin: 25 de setembro de 2013
Máis información


XXIV Certamen de Fotografía Santa Lucía 2013    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Santa Lucía
Descrición: poderá participar calquera fotógrafo profesional ou afeccionado na modalidade clásica ou dixital. O tema será libre. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. 
Premios: premio Víctor Jara (sen manipulación): 650€; mellor serie: 650€ por modalidade; 1º premio: 450€ por modalidade; 2º premio: 200€ por modalidade; 3º premio: 125€ por modalidade
Data fin: 27 de setembro de 2013
Máis información


Parla en Corto 2013  
Convoca: Ayuntamiento de Parla
Descrición: poderán participar curtametraxes cunha duración non superior a 25 minutos, realizadas en España durante os anos 2012 e 2013. Non existe limitación temática. 
Premios: premio á mellor curtametraxe: 1.800€ + trofeo; premio do público: 900€ + trofeo
Data fin: 29 de setembro de 2013
Máis información

Concurso Internacional de Acuarela "Gabriel Puig Roda"  NOVO   
Convoca: Asociación Cultural Amics de Vinarós
Descrición: poderán participar pintores de calquera nacionalidade. O tema será libre e orixinal. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premio: 2.500€ + figura orixinal de José Cordoba
Data fin: 30 de setembro de 2013
Máis información


VI Concurso de Pintura Libre La Rural   NOVO   

Convoca: Fundación Caja Rural de Jaén
Descrición: poderán concorrer os pintores españois ou estranxeiros residentes en España. O tema e a técnica serán libres. 
Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 4.000€; premio-adquisición: 2.000€
Data fin: 30 de setembro de 2013
Máis información


XXVIII Premio BMW de Pintura    NOVO
Convoca: BMW, Madrid
Descrición: poderán participar pintores de calquera nacionalidade, residentes en España. Tanto o tema, como a técnica a utilizar serán de libre elección, sempre que non fagan alusión a ningunha marca comercial e que de ningún modo o contido sexa ofensivo. As suxerencias de tema serán as seguintes: "Ecoloxía e Medio Ambiente", "Natureza e Mundo Animal", "Cultura e Convivencia", "Arte e Historia do Home na Terra", "Estética e Tecnoloxía", "Creatividade do Home no tempo ao longo das civilizacións". As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 25.000€
Data fin: 30 de setembro de 2013
Máis información


XXII Certamen de Jóvenes Creadores   

Convoca: Ayuntamiento de Madrid
Descrición: poderán participar todos os artistas novos españois ou estranxeiros residentes en España, que durante o prazo de presentación das obras teñan idades comprendidas entre os 14 os 30 anos. Haberá varias modalidades de creación. 
Premios: entre 500€ e 2.000€ segundo modalidade
Data fin: 30 de setembro de 2013
Máis información


Concurso Internacional de Fotografía Digital "La mina y la mar 2013"   
Convoca: Sociedad de Festejos y Cultura San Pedro de la Felguera, Asturias
Descrición: poderán participar todas as persoas maiores de idade, afeccionados ou profesionais de calquera nacionalidade. O tema será a mina e a mar. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 700€; 2º premio: 400€; 3º premio: 200€
Data fin: 30 de setembro de 2013
Máis información


XLVI Certamen de Pintura "Vila de Sant Joan D'Alacant"    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Sant Joan D'Alacant
Descrición: poderán concorrer a este concurso artistas de todo o territorio estatal. Cada concursante poderá presentar un máximo de dúas obras. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premios: premio "Vila de Sant Joan": 3.000€; premio artista novo (menores de 25 anos): 500€ + placa
Data fin: 2 de outubro de 2013
Máis información


XIV Festival de Cine Ópera Prima Ciudad de Tudela  NOVO  
Convoca: Ayuntamiento de Tudela
Descrición:  poderán participar neste festival todas as longametraxes que constitúan un primeiro traballo de dirección. As longametraxes serán de nacionalidade española. 
Premios: premio á mellor película: 6.000€; premio á mellor dirección: 3.000€; premio especial do xurado: 2.000€; premio para alumnado de secundaria da cidade de Tudela: 1.000€
Data fin: 4 de outubro de 2013
Máis información


VII Premio de Escultura Figurativa de Badajoz 2013  
NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Badajoz
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, sen importar a súa nacionalidade ou residencia. Cada artista poderá presentar unha obra, de temática libre pero sempre na modalidade de arte figurativa.  As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. 
Premio: 9.000€; mención honorífica: 400€; catro mencións de honra
Data fin: 9 de outubro de 2013
Máis información


VI Premio de Pintura Ciudad de Badajoz   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Badajoz
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, sen importar a súa nacionalidade ou residencia. Cada artista poderá presentar unha obra, de temática, soporte e técnica pictórica libres.  As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premio: bolsa-adquisición de 12.000€
Data fin: 9 de outubro de 2013
Máis información


Festival de Cine y Vino "Ciudad de La Solana"  NOVO   
Convoca: Patronato Municipal de Cine do Ayuntamiento de La Solana, Cidade Real
Descrición:  poderán participar  realizadores maiores de 18 anos, tanto de forma individual como colectiva, sempre que a súa nacionalidade ou residencia estean na Unión Europea. O tema da curtametraxe é libre e admitiranse ficción e animación, pero non documentais.
Premios: premio AIREN á mellor curtametraxe: 1.800€ + galardón; premio do público: 700€ + galardón; accésit á mellor curtametraxe sobre a viña ou o viño: 300€
Data fin: 11 de outubro de 2013
Máis información


XIV Certamen Nacional de Pintura y Escultura "Ciudad de Melilla"   NOVO   

Convoca: Ciudad de Melilla
Descrición:  poderán participar todos os artistas con residencia en territorio nacional. Tanto a temática como a técnica serán libres. 
Premios: pintura: 1º premio: 4.500€; 2º premio: 3.500€; escultura: 1º premio: 4.500€; 2º premio: 3.500€
Data fin: 11 de outubro de 2013
Máis información


I Concurso Internacional IlustraMaxima "Agua"   NOVO  
Convoca: IlustraMaxima
Descrición:  o tema do concurso será "a auga". Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. O concurso é en liña.
Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 1.000€; 3º premio: 700€; 4º premio: 500€; 5º premio: 300€ 
Data fin: 12 de outubro de 2013
Máis información


XXXII Certamen Nacional de Pintura y Escultura "Villa de Parla" 2013     
Convoca: Ayuntamiento de Parla
Descrición: poderán participar todos os artistas residentes en España. As obras son de tema e técnica libre. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 6.000€ + escultura orixinal de Paco Lara; dous accésit 
Data fin: 13 de outubro de 2013
 Máis información

II Premio Internacional de Grabado FIG Bilbao 2013    
 Convoca: FIG Bilbao
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, sen límite de idade e nacionalidade. O obxectivo do premio é dar un gran impulso ao gravado contemporáneo nas súas diversas formas e dar actualidade á tradición das artes do gravado, unha disciplina experimental, innovadora, técnica e sobre todo conceptual. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo.
Premio: 18.000€; entre os artistas preseleccionados Casa Falconieri adxudicará dúas bolsas para investigación de dez días de duración no seu centro de Cerdeña. 
Data fin: 14 de outubro de 2013
 Máis información  

XVIII Certamen de Jóvenes Pintores Fundación Gaceta Regional de Salamanca   NOVO
Convoca: Fundación Gaceta Regional de Salamanca
Descrición: poderán participar pintores de calquera nacionalidade, menores de 34 anos. A temática, o procedemento e as técnicas empregadas serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premios: 1º premio: 6.000€ + exposición individual; 2º premio: 3.000€; 3º premio: 2.000€; dous accésits: 1.000€ cada un
Data fin: 15 de outubro de 2013
Máis información


Premio de Pintura Joven de Gijón 2013   
NOVO
Convoca: Fundación Municipal de Cultura, Educación y Universidad Popular de Gijón
Descrición: dirixido a artistas españois ou residentes en España, con idade comprendida entre os 18 e os 35 anos de idade. A selección previa será por medio da presentación dun dossier. 
Premio: 5.000€ 
Data fin: 17 de outubro de 2013
Máis información


VI Concurso de Pintura Aguas de Barbastro  NOVO
Convoca: Aguas de Barbastro, Huesca
Descrición: poderán participar todos os artistas plásticos que o desexen. A técnica e o tema serán de libre elección. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 3.000€ + placa conmemorativa
Data fin: 18 de outubro de 2013
Máis información  

VII Premio Bienal Internacional de Fotografía Contemporánea Pilar Citoler 2013    NOVO
Convoca: Universidad de Córdoba
Descrición: poderá participar calquera artista visual contemporáneo, con independencia da súa nacionalidade, considerando que o premio será outorgado prestando especial atención á traxectoria artística e á súa inserción no discurso da fotografía contemporánea. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 15.000€ + exposición individual + edición dunha monografía 
Data fin: 20 de outubro de 2013
Máis información


Concurso Cartel de Carnaval Cartagena 2014  NOVO   
Convoca: Federación de Carnaval de Cartagena
Descrición:  poderán participar no concurso todos os creadores españois ou estranxeiros que así o desexen. Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres traballos orixinais. O tema será de libre elección e interpretación do autor pero terá que recoller o espírito do entroido, así como un elemento notorio da cidade de Cartaxena.
Premio: 1.000€
Data fin: 25 de outubro de 2013
Máis información


XVII Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña   NOVO   

Convoca: Médicos del Mundo
Descrición:  poderán participar fotógrafos profesionais ou afeccionados, maiores de idade de calquera nacionalidade. Os fotógrafos deberán abordar calquera destes temas: a acción humanitaria, a cooperación internacional, a exclusión social, a vulneración dos dereitos humáns, os conflitos armados, os desastres naturais, as poblacións refuxiadas, as poboacións inmigrantes, os colectivos excluídos, etc. 
Premio: bolsa de traballo de 6.000€ para realizar un proxecto fotográfico que terá como contido temáticas relacionadas con Médicos del Mundo e o seu contexto de traballo.
Data fin: 31 de outubro de 2013
Máis información


XXXIV Concurso de Fotografía Vila D'Ibi 2013  NOVO
Convoca: Centro Cultural de la Villa de Ibi, Alacant
Descrición: poderán participar  todas as persoas residentes en España. Poderánse presentar imaxes en branco e negro ou a cor. Os premios ás coleccións non exisirá unidade temática e estarán compostas por 5 fotografías. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. 
Premios: premio de honra á mellor colección: 1.500€; 1º premio á mellor colección: 800€; tres primeiros premios individuais: 300€ cada un; premio local: 300€
Data fin: 31 de outubro de 2013
Máis información


Premio "Tomás Camarillo" de Fotografía 2013  NOVO
Convoca: Diputación de Guadalajara
Descrición: poderán participar  todos os fotógrafos afeccionados ou profesionais que o desexen, residentes en España. O tema e a técnica serán libres.
Premios: 1º premio: 1.500€; premio local: 750€ 
Data fin: 31 de outubro de 2013
Máis información


Premio "Antonio del Rincón" de Dibujo 2013    NOVO
Convoca: Diputación Provincial de Guadalajara
Descrición: poderán participar artistas residentes en España. O tema será libre. Admitiranse obras realizadas unicamente dunha maneira monocroma. 
Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 1.500€
Data fin: 31 de outubro de 2013
Máis información 


XI Concurso de Fotografía Digital del Inicio 2013   NOVO   
Convoca: INICIO, Salamanca
Descrición:  poderán participar fotógrafos de calquera nacionalidade, maiores de idade. Poderán presentar un máximo de tres fotografías. Os traballos deberán axustarse ao tema proposto "as persoas con discapacidade na vida cotiá". 
Premios: 1º premio: 2.000€ + trofeo Fundación Grupo Norte + Diploma + 2 libros conmemorativos do concurso; 2º premio: 1.000€ + Diploma + 2 libros conmemorativos do concurso; 3º premio: 500€ + Diploma + 2 libros conmemorativos do concurso
Data fin: 3 de novembro de 2013
Máis información


XXVII Concurso Fotográfico "Caminos de Hierro"   NOVO   
Convoca: Fundación de los Ferrocarriles Españoles, Madrid
Descrición: cada concursante poderá presentar un máximo de tres fotografías individuais ou unha serie fotográfica. As obras estarán relacionadas co mundo do ferrocarril, nun amplo sentido. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo.
Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 3.000€; 3º premio: 1.800€; dez accésits: 400€ cada un
Data fin: 8 de novembro de 2013
Máis información


LVIII Salón de Fotografía "Ciutat de Xátiva"   NOVO   
Convoca: Agrupación Fotográfica Setabense de Aficionados "AFSA", Xátiva
Descrición: poderán participar todos os residentes en España. O tema e a técnica serán libres. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 1.000€ + medalla dourada C.E.F; 2º premio: 400€ + medalla prateada C.E.F.; 3º premio: 400€ + medalla bronceada C.E.F.; premio á mellor colección: 350€; premio á mellor colección finalista: 300€
Data fin: 14  de novembro de 2013
Máis información


VIII Premio Iberoamericano de Creación Artística Contemporánea "Juan Luis Vasallo" Cortes de Cádiz  NOVO   
Convoca: Ayuntamiento de Cádiz
Descrición:  poderán concorrer todas aquelas persoas maiores de idade que teñan nacionalidade ou residencia legal nalgún dos países iberoamericanos, incluído España. Os traballos poderán axustarse a todas as linguaxes da creación: soporte pictórico, escultura, instalación, obra gráfica, fotografía, videoarte, debuxo, etc. Tanto o tema como o estilo de cada traballo é libre. 
Premio: 12.000€
Data fin: 29 de novembro de 2013
Máis información


VIII Premio Iberoamericano de Diseño Cortes de Cádiz  NOVO   
Convoca: Ayuntamiento de Cádiz
Descrición: poderán concorrer ao premio as empresas e deseñadores ou equipos de deseñadores que teñan domicilio en España ou en calquera outro país de Iberoamérica. As modalidades que abarca o concurso son tres: deseño industrial, deseño gráfico e deseño de moda. 
Premios: 12.000€  (ou 4.000€ por categoría)
Data fin: 29 de novembro de 2013
Máis información


II Concurso Cartel Anunciador de la Romería de Ntra. Sra. La Virgen de la Cabeza de Andújar 2014  NOVO   
Convoca: Ayuntamiento de Andújar, Xaén
Descrición: poderán concorrer cantas persoas o desexen. Os orixinais deben ser inéditos e os concursantes deberán escoller o tema e composición, tendo en conta o carácter da festividade. 
Premios: 1º premio: 2.000€; 2º premio: 1.000€
Data fin: 1 de decembro de 2013
Máis información

 

 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.