rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA //CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

Boletín de convocatorias. Xuño 2011

BOLSAS E PROXECTOS

AUTONÓMICOS

Becas de Creación Artística en el Extranjero Gas Natural Fenosa 2011  
Convoca: MACUF, A Coruña
Descrición: convocatoria de tres bolsas destinadas a artistas plásticos ou visuais nados ou residentes en Galicia, que non teñan cumpridos os 35 anos a 31 de decembro de 2011. A duración das bolsas será dun mínimo de 5 meses e un máximo de 18.
Dotación: 16.000 cada unha.
Data fin: 15 de xuño de 2011
Máis información

ESTATAIS  

Wikpolis. Cartografías y Construcciones Colectivas del Espacio Social  NOVO
Convoca: ACVic Centre d'Arts Contemporànies, Vic (Barcelona)
Descrición: convocatoria de selección de 6 proxectos para presentar no Foro da QUAM 2011, o cal xirará en torno a dúas temáticas: cartografías e representacións políticas do espazo, e construción colectiva no espazo social.
Dotación: aloxamento e dietas durante os días nos que se celebra o Foro (8 e 9 de xullo).
Data fin: 17 de xuño de 2011

Máis información


Ayudas a Proyectos Culturales de Impacto Social 2011  NOVO
Convoca: Obra Social "La Caixa", Barcelona
Descrición: bolsa que pretende proporcionar axuda a entidades culturais e a artistas plásticos, músicos, escritores, etc., para levar a cabo proxectos culturais que impliquen a participación activa de colectivos socialmente fráxiles priorizando a súa intervención no proceso creativo.
Dotación: non consta
Data fin: 26 de xuño de 2011

Máis información


III Convocatoria de Ayudas a la Investigación CIDG   NOVO
Convoca: Centro de Investigación y Documentación de Goya, Zaragoza
Descrición: bolsas destinadas a profesores, estudantes de doutoramento e investigadores que desexen presentarse de forma individual ou colectiva. Os proxectos de investigación deberán tratar temas acerca da traxectoria artística de Goya, dos seus mestres e dos artistas contemporáneos a él.
Dotación: unha axuda tipo A: 24.000€; tres axudas tipo B: 6.000€ cada unha.
Data fin: 15 de xullo de 2011

Máis información 


Programa de Residencias para Artistas en el Medio Rural Campo Adentro - arte, agriculturas y medio rural 
Convoca: Campo Adentro, Madrid
Descrición: convocatoria onde se invita e comisiona a artistas individuais ou colectivos, de diferentes disciplinas, para mergullarse en diversos lugares da península que representan casos paradigmáticos do medio rural nunha aposta por experimentar con diferentes fórmulas artísticas.
Dotación: non consta
Data fin: 30 de agosto de 2011

Máis información

Beca de Investigación María Sarrate 2011 
Convoca: CDAN,
Centro de Arte y Naturaleza Fundación Beulas, Huesca
Descrición: o obxectivo da bolsa é a realización de traballos de investigación e estudo crítico sobre a arte contemporánea, con especial atención ás coleccións do CDAN (Colección Beulas-Sarrate e Colección Arte y Naturaleza). A duración será de 9 meses.
Dotación: 5.000€
Data fin: 1 de setembro de 2011

Máis información


Ayudas a la Investigación "Pensar el Paisaje 2011"  

Convoca: CDAN,
Centro de Arte y Naturaleza Fundación Beulas, Huesca
Descrición: bolsas dirixidas a investigadores da UE e países hispanoamericanos que teñen como obxectivo promover os estudos sobre a paisaxe entendida esta en todas as súas facetas: artística, estética, histórica, patrimonial, etc.
Dotación: 12.000€
Data fin: 3 de outubro de 2011

Máis información

INTERNACIONAIS

III Convocatoria Bienal 100 Kubik 2011    
Convoca: 100 Kubik-Raum Führ Spanische Kunst, Colonia (Alemaña)
Descrición: o obxectivo da convocatoria é o de promocionar o traballo de artistas españois na modalidade de escultura en Alemaña. A finalidade é a de seleccionar un ou dous escultores para a realización dunha exposición no 100 Kubik no ano 2012. Poderán participar todos os artistas de nacionalidade española ou con residencia nos últimos 4 anos, ademais deberán haber realizado estudos en Belas Artes ou outras ensinanzas artísticas.
Dotación: non consta
Data fin: 30 de xuño de 2011
Máis información

CURSOS E OBRADOIROS

AUTONÓMICOS

Seminario sobre Bas Jan Ader 
Convoca: CGAC, Santiago de Compostela
Descrición: seminario dirixido a historiadores, artistas, biógrafos e todas aquelas persoas interesadas na figura e na obra de Bas Jan Ader, así como na escena artística dos anos sesenta e setenta.
Prezo: de balde
Datas: 1-3 de xuño de 2011
Máis información

Observatorio S8 2ª Mostra de Cine Periférico   NOVO
Convoca: MACUF, A Coruña
Descrición: encontro para profesionais do sector cultural desenvolvido no eido dos proxectos ao redor das diferentes formas de enfrontarse ao arquivo e ás novas tendencias para agrupar e clasificar documentación. Entre os poñentes estarán Nekane Aramburu ou Garbiñe Ortega. Encontro previo para instalar os programas de software libre, o xoves 2 de xuño de 11 a 14h.
Prezo: 20€
Datas: 3 de xuño de 2011
Máis información

Da estampa á serie   NOVO
Convoca: Museo de Belas Artes da Coruña
Descrición: obradoiro impartido pola pintora e gravadora Anne Heyvaert, no que se empregarán diferentes técnicas de estampación.
Prezo: 40€; amigos do museo: 30€
Datas: 4 de xuño-2 de xullo de 2011
Máis información

Master Class de José Luis Guerín  NOVO
Convoca: CGAI, A Coruña
Descrición: Master Class na que o director aborda a rodaxe do seu último filme, Guest, así como a súa laboriosa posprodución, proceso durante o que a película foi atopando a súa forma e o seu sentido. Ademais, recuperarase a película paralela a En la ciudad de Sylvia, Unas fotos en la ciudad de Sylvia.
Prezo: de balde
Datas: 24 de xuño de 2011
Máis información


ESTATAIS

Conversaciones con... Itziar Barrio  
Convoca: Artium, Vitoria-Gasteiz
Descrición: coloquio no que a artista bilbaína falará do seu proxecto enmarcado dentro do programa expositivo Praxis.
Prezo: de balde
Datas: 2 de xuño de 2011
Máis información

Caja de Curiosidades 
Convoca: La Central, Barcelona
Descrición: obradoiro dirixido por Julia Pelletier no que se propón unha incursión nos nosos 5 sentidos. Así estimularase o olfato a través da cor, o ouvido creando sons de papel ou a vista co debuxo. Exploraranse varias técnicas para poder expresar estes sentidos, atopando así novos camiños gráficos e recursos inesperados.
Prezo: 140€
Datas: 4, 11 e 18 de xuño de 2011
Máis información

Iniciación a la Serigrafía  
Convoca: Arteleku, Donostia-San Sebastián
Descrición: curso impartido por Nerea López no que se introducirá aos participantes no coñecemento da técnica serigráfica, posibilitando a experimentación e desenvolvemento para a realización de proxectos artísticos.
Prezo: non consta
Datas: 6-10 de xuño de 2011
Máis información

Taller de Vídeo para performance e Instalaciones   NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: obradoiro impartido por Zoe Beloff no que se proporcionará unha introdución á imaxe en movemento para performances e instalacións. O seu planeamento será low tech e hi-concept, traballándose cunha gran gama de materiais.
Prezo: 50€
Datas: 6-10 de xuño de 2011
Máis información

La Construcción de la Mirada  
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: obradoiro no que se fará un achegamento á fotografía como un proceso no que o documental contribúe a definir unha linguaxe especificamente fotográfica, ata chegar á reportaxe como forma de construción na que se integra o narrativo co puramente visual.
Prezo: 150€
Datas: 13-17 de xuño de 2011
Máis información

Seminario con Gregory Sholette. Los Límites de la Esfera Artística   NOVO
Convoca: MNCARS, Madrid
Descrición: seminario no que Gregory Sholette, revisará algúns dos temas máis destacados na teoría e práctica artística recente en contra das asuncións xerais.
Prezo: de balde
Datas: 14-15 de xuño de 2011
Máis información

 XVIII Jornadas de Estudio de La Imagen 
Convoca: Ca2M, Madrid
Descrición: xornadas dirixidas por Aurora Fernández Polanco que constarán dun seminario internacional de artistas e teóricos aberto ao público, un foro de investigadores en teoría e práctica artística, que presentarán o seu traballo nas sesións críticas que se desenvolverán ao longo das xornadas, e dous obradoiros de artista. Entre os participantes confirmados atópanse Vincent Meessen, Rabih Mroué, Gerald Raunig, Suely Rolnik e Hito Steyerl.
Prezo: non consta
Datas: 20-24 de xuño de 2011
Máis información

Taller "Face to Face"   NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: obradoiro impartido por Thomas Bachler co obxectivo de estudar a fotografía estenopeica, consistente na utilización dunha caixa de cartón cun buraco que permite o rexistro da imaxe sobre o material fotosensible colocado no seu interior. Os participantes traballarán as posibilidades desta técnica aplicada ao retrato.
Prezo: 50€
Datas: 4-8 de xullo de 2011
Máis información

Taller de Paul Graham 
Convoca: Fundación Marcelino Botín, Santander
Descrición: obradoiro que se desenvolverá en inglés ata un máximo de 15 alumnos ao que poderán concorrer os candidatos que demostren o seu compromiso e experiencia no eido da fotografía.
Prezo: 80€ en concepto de reserva que se devolverá ao final do obradoiro.
Datas: 4-15 de xullo de 2011
Máis información

Rastros de Humo... El Arte al Rojo Vivo. Técnica Rakú para Artistas  
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: obradoiro que pretende achegar e facer asequible a técnica do Rakú (técnica oriental de cocción de cerámica) aos artistas e ceramistas que desexen introducir e experimentar directamente co lume nas súas obras, facéndoas máis creativas, experimentais e artísticas.
Prezo: 210€
Datas: 4-15 de xullo de 2011
Máis información

Fotograbado sobre Polímero. La Imagen Fotográfica en el Grabado Contemporáneo   
Convoca: Fundación Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: obradoiro impartido por Juan Lara Hierro que se presenta como un medio de experimentación coa imaxe, tanto dixital como analóxica, onde se sentarán as bases para a transferencia a unha matriz fotosensible que será procesada para a súa posterior estampación calcográfica.
Prezo: 210€
Datas: 25 de xullo-
4 de agosto de 2011
Máis información



PREMIOS

AUTONÓMICOS

Novos Valores 2011 
Convoca: Deputación de Pontevedra
Descrición: poderán participar todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, fotógrafos, videocreadores, etc.) susceptibles de seren considerados novos valores, naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. As obras deberán ser orixinais, aceptándose só unha obra por artista en cada especialidade. Todas as obras seleccionadas serán reproducidas no catálogo que se edite como complemento da exposición.
Premios: 6 premios de 6.000€ cada un para ampliación dos seus estudos artísticos.
Data fin: 9 de xuño de 2011
Máis información

IX Edición Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal     
Convoca: Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Santiago de Compostela
Descrición: poderá presentarse calquera película, longametraxe ou curtametraxe, documental ou de ficción, producida nun país árabe ou coproducida entre outros países e calquera país árabe, ou obras producidas en calquera parte do mundo que aborden temas relacionados co mundo árabe. Os traballos presentados deberán estar realizados entre os anos 2009-2011.
Premios: mellor longametraxe de ficción: 5.000€; mellor documental: 3.500€; mellor curta de ficción: 1.200€; mellor curta documental: 1.200€; mellor director: 4.000€; premio Amal do público: 1.500€
Data fin: 15 de xuño de 2011
Máis información

III Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro 
Convoca: Asociación Cultural entre Bambalinas, Cangas do Morrazo
Descrición: o obxectivo do certame é o de adaptar para banda deseñada a peza "Belicosario" de Manuel Lourenzo. Poderán participar todas as persoas que así o desexen co número de obras que queiran. O texto será en lingua galega, en formato DIN A-4 e cunha extensión mínima de 12 páxinas (cor ou branco e negro) máis portada en cor.
Premio: 1.000€
Data fin: 17 de xuño de 2011
Máis información

4º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu 
Convoca: FIC Bueu
Descrición: poderán concorrer todos os creadores, sen límite de obras, de calquera nacionalidade que así o desexen, con obras de calquera xénero agás o documental. As obras terán unha duración máxima de 30 minutos e poderán estar rodadas en calquera formato.
Premios: 1º premio: 2.000€ + trofeo; 2º premio: 1.000€ + trofeo; premio do público: 500€; mellor curtametraxe galega: 500€ + trofeo
Data fin: 25 de xuño de 2011
Máis información

IV Concurso Internacional de Fotografía "Rapa das Bestas 2011"  NOVO
Convoca: Concello da Estrada
Descrición: poderán optar ao premio os fotógrafos/as profesionais de calquera nacionalidade que acudan á Rapa das Bestas de Sabucedo 2011, se inscriban e sexan admitidos como participantes no mesmo. Todas as fotografías da serie serán realizadas durante o evento que terá lugar entre o 1 e o 4 de xullo de 2011.
Premio: 6.000€
Data fin: 30 de xuño de 2011
Máis información

VII Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2011 
Convoca: Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
Descrición: poderán participar todos os artistas, individual ou colectivamente, nados ou residentes en Galicia e que sexan menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011. Cada artista poderá participar cunha soa obra, realizada en calquera tipo de técnica ou soporte (pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación, etc.) e que sexa orixinal e inédita. As obras seleccionadas serán obxecto dunha exposición que se inaugurará no ano 2011.
Premios: 1º premio: 6.500€; 4 accésits: 1.500€ cada un; premio do público: 1.200€
Data fin: 23 de setembro de 2011
Máis información

III Premio Atlante del Museo del Grabado a la Estampa Digital de Artes  NOVO
Convoca: Fundación Museo de las Artes del Grabado, Ribeira
Descrición: poderán participar todos os artistas nacionais ou estranxeiros que así o desexen. As obras, ata un máximo de dúas por autor, executaranse necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas tradicionais da arte gráfica (calcografía, xilografía, litografía ou serigrafía). Editarase unha carpeta cos 5 gravados premiados.
Premios: 4 premios de 2.500€ cada un e 1 premio de 1.400€ para un artista nado ou residente na península do Barbanza ou na Ría de Arousa.
Data fin: 30 de setembro de 2011
Máis información

ESTATAIS  

XII Certamen de Fotografía "Ciudad de Tomelloso"  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Tomelloso, Cidade Real
Descrición: poderán participar todos os artistas de calquera nacionalidade que así o desexen. Cada artista poderá presentar un máximo de dúas obras, en branco e negro ou cor, de técnica e temática libres. Coas obras adquiridas e seleccionadas editarase un catálogo e realizarase unha exposición que comezará o 30 de agosto de 2011.
Premio: 2.000€ para adquisición de fotografías.
Data fin: 6 de xuño de 2011
Máis información

Premios Virgen del Carmen 2011 de Fotografía
Convoca: Ministerio de Defensa, Madrid
Descrición: o obxectivo deste certame é o de fomentar o achegamento da Armada á sociedade a través da fotografía. Os participantes deberán ser os autores das fotografías, concorrendo cun máximo de 4 fotografías. 
Premio: 2.500€ + diploma
Data fin: 10 de xuño de 2011
Máis información

XV Certamen Internacional de Fotografía "Ciudad de Alcazar"   NOVO
Convoca: Patronato Municipal de Cultura de Alcazar de San Juan, Cidade Real
Descrición: poderán participar todas as persoas que o desexen independentemente da súa nacionalidade. Os traballos constarán de 3 fotografías, de técnica e formato libre, podéndose presentar en branco ou negro ou cor. As obras premiadas exporanse no Museo Municipal a partir do 1 de xullo de 2011.
Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 750€
Data fin: 14 de xuño de 2011
Máis información

Premios Virgen del Carmen 2011 de Pintura
Convoca: Ministerio de Defensa, Madrid
Descrición: o obxectivo deste certame é o de fomentar o achegamento da Armada á sociedade a través dunha creación pictórica que plasme a actividade naval en calquera dos seus aspectos. A técnica é libre e só se admitirá unha obre por autor.
Premio: 5.000€ + diploma
Data fin: 10 de xuño de 2011
Máis información

XII Premio de Pintura Área de Artes Plásticas Universidad de Murcia   
Convoca: Área de Artes Plásticas  de la Universidad de Murcia
Descrición: poderá participar calquera persoa que así o desexe cunha soa obra. A técnica e a temática serán libres e as medidas non poderán superar os 200 cm nin ser menores de 70 cm en calquera dos seus lados.
Premio: 8.000€
Data fin: 10 de xuño de 2011
Máis información

XIII Certamen de Artes Plásticas "José Lapayese Bruna"   
Convoca: Centro de Estudios del Jiloca, Teruel
Descrición: a participación está aberta para todos os artistas nacionais ou estranxeiros que presenten unha obra inédita e recente de pintura ou escultura. A temática e as medidas serán libres.
Premios: premio José Lapayese: 1.200€; premio "ARS": 1.000€
Data fin: 15 de xuño de 2011
Máis información

Concurso de Carteles 2011 Certamen Internacional de Cortos "Ciudad de Soria"   
Convoca: Ayuntamiento de Soria
Descrición: poderán participar cunha única obra, todos os autores de calquera nacionalidade que así o desexen. O tema estará relacionado co mundo do cine en formato curtametraxe e poderá ser de composición pictórica, fotográfica ou dixital. No cartel deberá figurar a lenda "CERTAMEN INTERNACIONAL DE CORTOS CIUDAD DE SORIA XIII EDICIÓN. DEL 14 AL 27 DE NOVIEMBRE DE 2011".
Premios: premio do xurado: 1.000€; premio do público: 300€
Data fin: 15 de xuño de 2011
Máis información

X Certamen Internacional de Fotografía Villa de Andorra   
Convoca: Ayuntamiento de Andorra, Teruel
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexe, independentemente da súa nacionalidade. Os concursantes presentarán unha única obra (ou serie de ata 4 fotografías tomada como obra única conxunta), de técnica e temática libres.
Premios: 1º premio: 1.200€; dous accésits de 300€ cada un.
Data fin: 15 de xuño de 2011
Máis información

XIV Premio Unicaja de Fotografía    NOVO
Convoca: Fundación Unicaja, Málaga
Descrición: certame no que se establecen dúas modalidades: certame de compra e bolsa para proxectos de fotografía. No primeiro caso, poderán participar todos os fotógrafos de calquera nacionalidade ou residencia cun máximo de 3 fotografías ou series de fotografías de temática libre. Para a bolsa, só poderán concorrer os autores residentes en España menores de 35 anos, podéndose presentar un proxecto en fase de realización.
Premios: certame de compra: 11.000€ para adquisición de obra; bolsa para proxecto de fotografía: 5.000€
Data fin: 15 de xuño de 2011
Máis información

Concurso Nacional Mejores Encuadernaciones Artísticas 2011 
Convoca: Dirección General del Libro, Archivos y Bibliotecas, Madrid
Descrición: poderán participar todas as persoas físicas dedicadas á encadernación, que presenten traballos artísticos e manuais que cumpran co establecido nas bases. Cada participante poderá concorrer cunha única obra encadernada.
Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 4.000€; 3º premio: 2.000€
Data fin: 20 de xuño de 2011
Máis información

XV Concurso de Escultura "Manuel Martínez Bragagnolo"   
Convoca: Ayuntamiento de Majadahonda, Madrid
Descrición: poderán participar todos os artistas españois ou estranxeiros que así o desexen cunha soa obra realizada no mesmo ano no que se convoca o premio. Tanto o tema como a técnica serán de carácter libre.
Premio: 7.000€
Data fin: 24 de xuño de 2011
Máis información

Concurso Anual de Artes Plásticas de Majadahonda 2011. Cerámica  
Convoca: Ayuntamiento de Majadahonda, Madrid
Descrición: poderán participar todos os artistas españois ou estranxeiros que así o desexen cunha soa obra realizada no mesmo ano no que se convoca o premio. Tanto o tema como a temática serán de carácter libre. As obras poderán estar realizadas en calquera clase de material cerámico, non admitíndose esmaltes nin pátinas non cerámicas.
Premio: 3.000€
Data fin: 24 de xuño de 2011
Máis información

Concurso Anual de Artes Plásticas de Majadahonda 2011. Pintura  
Convoca: Ayuntamiento de Majadahonda, Madrid
Descrición: poderán participar todos os artistas españois ou estranxeiros que así o desexen cunha soa obra realizada no mesmo ano no que se convoca o premio. Tanto o tema como a temática serán de carácter libre.
Premio: 6.000€
Data fin: 24 de xuño de 2011
Máis información

XLIII Concurso-Exposición de  Pintura y Dibujo "Ciudad de Tomelloso"  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Tomelloso, Cidade Real
Descrición: poderán participar todos os artistas de calquera nacionalidade que así o desexen. Cada artista poderá presentar un máximo de dúas obras por modalidade, de técnica e temática libres. Coas obras adquiridas e seleccionadas editarase un catálogo e realizarase unha exposición que comezará o 30 de agosto de 2011.
Premios: fondo adquisición Antonio López García: 10.000€; fondo adquisición Francisco Carretero da Excma. Deputación de Cidade Real: 3.600€; fondo adquisición debuxo: 2.500€
Data fin: 24 de xuño de 2011
Máis información

II Concurso Internacional de Fotografía Sant Just Desvern  NOVO
Convoca: Agrupació Fotogràfica Sant Just Desvern, Barcelona
Descrición: poderán participar todos os afeccionados ou profesionais da fotografía que así o desexen, sen límite de nacionalidade ou residencia. A temática será a auga, e cada autor poderá presentar tres obras de técnica libre.
Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 750€; 3º premio: 300€
Data fin: 24 de xuño de 2011

Máis información

Art Nalón 2011 Corto 2011   NOVO
Convoca: Área de Juventud del Ayuntamiento de Langreo, Asturias
Descrición: poderán participar todos os novos creadores que non cumpliran os 36 anos a 1 de xaneiro de 2011. Cada autor poderá concorrer con dúas obras de temática libre que non superen os 20 minutos de duración. As curtas deberán ser posteriores ao 1 de xaneiro de 2009.
Premios: mellor curtametraxe: 1.000€; premio do público: 1.000€
Data fin: 24 de xuño de 2011
Máis información

XIV Premio de Pintura Fundación Mainel    NOVO
Convoca: Fundación Mainel, Valencia
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, nados despois do 31 de decembro de 1975, calquera que sexa a súa nacionalidade. Cada participante poderá presentar unha única obra de temática libre.
Premio: 3.000€
Data fin: 24 de xuño de 2011
Máis información

16 Certamen Audiovisual de Cabra   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Cabra, Córdoba
Descrición: poderán participar tanto profesionais como afeccionados, de manera individual ou colectiva, que teñan a nacionalidade ou residencia española. Cada autor poderá concorrer cun máximo de 3 obras, de tema libre e cunha duración máxima de 20 minutos.
Premios: 1º premio: 2.700€; premio RTVA á creación andaluza: 1.500€; mellor produción amateur: 900€; mellor obra menor de 5 minutos: 750€; mellor curtametraxe de animación: 500€
Data fin: 24 de xuño de 2011
Máis información

IV Certamen Internacional "Luis Molina" de Cómic
Convoca: Ayuntamiento de Blanca, Murcia
Descrición: poderán participar todos os debuxantes, preofesionais ou afeccionados, a nivel mundial, sen ningún tipo de distinción. a temática será libre e deberán estar escritos en castelán, inglés ou francés nun máximo de 8 páxinas.
Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 700€
Data fin: 30 de xuño de 2011
Máis información

37º Badalona Film Festival   
Convoca: Badalona Film Festival, Barcelona
Descrición: poderán participar todas as curtametraxes de calquera nacionalidade inéditas en dito festival. As obras poderán estar rodadas en calquera formato cinematográfico ou videográfico e deberán presentarse en formato DVD para a preselección cunha duración máxima de 30 minutos
Premios: mellor película: 3.000€; premio especial do xurado: 1.000€; premio do público: 1.000€; mellor ficción: 1.000€; mellor animación: 1.000€; mellor documental: 1.000€; mellor película experimental: 1.000€
Data fin: 30 de xuño de 2011
Máis información

VI Concurso de Diseño de Mobiliario Exterior Gandía Blasco    
Convoca: Gandía Blasco, Ontiyent (Valencia)
Descrición: concurso dirixido a estudantes ou novos profesionais menores de 35 anos. Nesta edición os traballos a realizar serán os de deseño de separadores e celosías para exterior. As propostas deben ser inéditas e reproducibles industrialmente.
Premios: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.000€
Data fin: 30 de xuño de 2011
Máis información

XVIII Festival Internacional de Jóvenes Realizadores de Granada   
Convoca: Filmfest Granada
Descrición: concurso de ámbito internacional, sen límite de idade, no que se poderán presentar tantas obras como se desexen, posteriores ao 1 de xaneiro de 2010 e que non excedan os 30 minutos de duración.
Premios: mellor curta acción real/ficción: 7.000€; mellor curta animación: 3.000€; mellor curta experimental/documental: 4.500€; mellor curta nacional: 3.000€; mellor curta andaluza: 1.500€
Data fin: 30 de xuño de 2011
Máis información

I Concurso de Fotografía Narrativa Camera Stylo   NOVO
Convoca: Kutxa Kultur, Donostia-San Sebastián
Descrición: poderá participar calquera persoa que o desexa, cunha única obra dun máximo de 8 fotografías. A técnica e a temática serán libres.
Premios: 1º premio: 900€; 2º premio: 400€; 3º premio: 200€
Data fin: 30 de xuño de 2011

Máis información

IX Premio "Cerdá y Rico" de Fotografía  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Cabra de Santo Cristo, Xaén
Descrición: poderán concorrer todos os fotógrafos profesionais ou afeccionados que así o desexen. O tema, técnica e tratamento das fotografías será libre, agás no terceiro premio ao que poderán optar unicamente as series realizadas en Sierra Mágina. Cada autor poderá presentar un máximo de dúas series de entre 3 e 5 fotografías. Realizarase un catálogo coas obras seleccionadas polo xurado.
Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.000€; 3º premio: 1.000€
Data fin: 30 de xuño de 2011

Máis información

Concurso de Piezas Audiovisuales "Instantes de Paisaje 2011"   
Convoca: Centro de Arte y Naturaleza Fundación Beulas, Huesca
Descrición: concurso en colaboración coa Fundación Festival de Cine de Huesca que ten como obxectivo a selección dun máximo de 10 proxectos co fin de fomentar a idea de paisaxe e creación audiovisual. Poderán participar todas as persoas que así o desexen cun máximo de dúas pezas en formato DVD (PAL), que non superen os 30 minutos de duración.
Premios: 1º premio: 2.000€; 2º premio: 1.000€
Data fin: 1 de xullo de 2011
Máis información

XVI Premio Internacional de Fotografía Rafael Ramos García     NOVO
Convoca: Universidad de La Laguna, Santa Cruz de Tenerife
Descrición: poderán participar todos os fotógrafos, con independencia da súa nacionalidade ou residencia, que así o desexen. Poderán concorrer cunha ou máis fotografías ou series fotográficas (4 fotografías con unidad temática) en branco e negro ou cor. Durante o ano 2012 editarase un catálogo coas obras seleccionadas polo xurado.
Premios: fotografía individual: 700€; serie fotográfica: 1.800€
Data fin: 1 de xullo de 2011
Máis información

XV Premio Nacional de Pintura Enrique Lite   NOVO
Convoca: Universidad de La Laguna, Santa Cruz de Tenerife
Descrición: poderán participar todos os artistas residentes en España que presenten unha ou máis obras pictóricas. Durante o ano 2012 realizarase unha exposición coas obras seleccionadas polo xurado.
Premios: 1º premio: 1.800€; 2º premio: 1.000€; 3º premio: 800€
Data fin: 1 de xullo de 2011
Máis información

IX Premio Internacional de Cortometrajes de la Universidad de La Laguna   NOVO
Convoca: Universidad de La Laguna, Santa Cruz de Tenerife
Descrición: poderán participar todos os autores ou colectivos co número de obras que desexen, independentemente da súa nacionalidade ou residencia. Os traballos serán de técnica e tema libres, e non deberán superar os 30 minutos de duración.
Premios: 1.300€; premio linguaxe cinematográfica máis innovadora: 600€
Data fin: 1 de xullo de 2011
Máis información

II Premio Solé Tura para Obras Audiovisuales sobre Alzheimer y otras Patologías Neurodegenerativas   
Convoca: Fundación Uszheimer, Barcelona
Descrición: o obxectivo do premio é o de fomentar e mellorar a sensibilización e conciencia social de enfermidades coma o Alzheimer, Parkinson e outras patoloxías neurodexenerativas vencelladas ao envellecemento, mediante a creación audiovisual documental ou de ficción dentro do devandito campo. Poderán participar todas as persoas que así o desexen, de xeito individual ou colectivo, cun traballo en formato DVD cuxa duración sexa de entre 5 e 52 minutos.
Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 1.500€; 3º premio: 500€
Data fin: 2 de xullo de 2011
Máis información

Concurso para el Cartel del V Premio Literario Volkswagen-Qué Leer    NOVO
Convoca: Volkswagen España, Revista Arte y Diseño e Revista Que Leer
Descrición: poderán participar todos os deseñadores/artistas españois ou estranxeiros residentes en España maiores de 18 anos. Non existe límite de obras por persoa.
Premio: 1.500€ + premios
Data fin: 3 de xullo de 2011
Máis información

Festival Punto y Raya 2011  
Convoca: puntoyrayafestival.com
Descrición: o festival pretende explorar a síntese máxima da dualidade forma-movemento en diversas esferas artísticas. O seu obxectivo é a simplicidade e a abstracción dirixidas a obras audiovisuais construídas netamente a través de puntos e raias. A participación está aberta a calquera persoa do mundo de calquera idade e formación. Os filmes deberán estar realizados unicamente con puntos e raias, evadindo a representación. Cada autor poderá presentar o número de obras que desexe, realizadas en calquera data e que non superen os 9 minutos de duración. 
Premio: non consta
Data fin: 4 de xullo de 2011
Máis información

IV Concurso de Fotografía Contra el Abuso de las Drogas  
Convoca: Ayuntamiento de Almería
Descrición: poderán participar todos os fotógrafos afeccionados ou profesionais, maiores de 16 anos e de calquera nacionalidade que así o desexen. O tema será "as consecuencias do consumo de drogas" e poderase participar cun máximo de 3 fotografías. O Concello de Almería levará a cabo unha exposición con todas as fotografías presentadas entre os meses de xuño e xullo de 2011. 
Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 700€; 3º premio: 300€
Data fin: 10 de xullo de 2011
Máis información

XXXIV Concurso Nacional de Pintura "Casimiro Sanz"   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Reinosa, Cantabria
Descrición: poderán participar todos os artistas españois e estranxeiros residentes en España que así o desexen. Os artistas poderán concorrer cunha única obra de tema e técnica libres, e que non supere os 200 cm por calquera dos seus lados. As obras seleccionadas polo xurado formarán parte dunha exposición que se realizará entre o 15 e o 30 de setembro de 2011.
Premio: 3.500€
Data fin: 10 de xullo de 2011
Máis información

XXXIX Concurso Nacional de Pintura Villa de Fuente Álamo 2011  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Fuente Álamo, Murcia
Descrición: poderán participar, cunha única obra, todos os artistas de nacionalidade española ou comunitaria que así o desexen. O tema e a técnica serán de libre elección e as medidas da obra limitaranse a un máximo de 200 cm e un mínimo de 50 cm. As obras premiadas e seleccionadas polo xurado exporanse na Casa da Cultura de Fuente Álamo do 20 de agosto ao 4 de setembro de 2011.
Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 4.000€
Data fin: 15 de xullo de 2011
Máis información

IX Edición del Certamen Creativo "Un Dedo de Espuma Dos de Frente"   NOVO
Convoca: Cerveceros de España, Madrid
Descrición: certame aberto a todos os rapaces de entre 18 e 30 anos, que ten como obxectivo concienciar sobre o consumo responsable e moderado de cervexa. Existen 3 categorías: audiovisual (produción dun spot/película de 20 segundos que será difundido a través de internet), gráfica (será adaptada e distribuída en formato postal) e microrrelato (que se publicará no reverso da postal gañadora).
Premios: categoría audiovisual: 3.000€; categoría gráfica: 2.000€; categoría microrrelato: 1.000€
Data fin: 15 de xullo de 2011
Máis información

LXVIII Concurso y Exposición Internacional de Arte "José Camarón"   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Segorbe, Castellón
Descrición: poderán participar todos os artistas nacionais e estranxeiros, cunha única obra, de escultura e pintura. A técnica, estilo e tema serán de carácter libre. O xurado preseleccionará as obras que formarán parte da exposición que se levará a cabo no Centro Cultural de Segorbe a partir do 28 de agosto de 2011.
Premios: premio Camarón: 2.500€; premio Ribalta: 2.000€; premio Fundación Bancaja Segorbe: 1.200€
Data fin: 15 de xullo de 2011
Máis información

Certamen Cortometrajes de Ficción del XIV Festival de Cine de Astorga  NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Astorga, León
Descrición: participación aberta a todos os produtores e realizadores do cine español. Cada autor poderá presentar o número de obras que desexe, posteriores ao 1 de xaneiro de 2010 e que non superen os 30 minutos de duración.
Premios: 1º premio: 2.500€; 2º premio: 1.000€; 3º premio: 800€; premio do público: 500€; premio Jean León á mellor comedia: 1.000€
Data fin: 15 de xullo de 2011

Máis información


VII Premio "Escritos sobre Arte" de la Fundación Arte y Derecho  NOVO
Convoca: Fundación Arte y Derecho, Madrid
Descrición: poderá presentar os escritos calquera persoa física, individual ou colectivamente, que así o desexe. As obras serán orixinais e inéditas, e versarán sobre arte contemporánea en relación coa creación visual. A extensión non deberá ser inferior a 50 follas nin superior a 100.
Premio: 6.000€
Data fin: 22 de xullo de 2011

Máis información

Vida 13.2 Concurso Internacional Arte y Vida Artificial   NOVO
Convoca: Fundación Telefónica, Madrid
Descrición: o obxectivo do concurso é o de premiar proxectos artísticos desenvolvidos con medios tecnolóxicos que ofrecen planeamentos innovadores á investigación da vida artificial. Existen dúas modalidades para participar, a de proxectos rematados (con posterioridade a 2009) e a de incentivos á produción (destinado a creadores de España, Portugal e Iberoamérica).
Premios: proxectos rematados: 1º premio: 18.000€; 2º premio: 14.000€; 3º premio: 8.000€; incentivos a produción: 40.000€ a repartir entre os proxectos seleccionados.
Data fin: 27 de xullo de 2011
Máis información

Participación en el Festival de Cine de San Sebastián 
Convoca: Festival de Cine de San Sebastián
Descrición: aberto o prazo de inscrición no Festival completando o formulario dispoñible na páxina web. As películas inscritas optarán a ser seleccionadas na "Sección Oficial", "Zabaltegi", "Horizontes Latinos" ou "Made in Spain", cada unha delas coas súas propias bases.
Premios: Sección Oficial: Cuncha de Ouro á mellor película, Cuncha de Prata ao mellor director, etc.; premio Kutxa-Novos Directores: 90.000€; "Zabaltegi": 70.000€; premio do público na sección "Zabaltegi": 105.000€ repartido en dúas categorías; premio "Horizontes Latinos": 35.000€
Data fin: 30 de xullo de 2011
Máis información

Premio Pilar Juncosa i Sotheby's   
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: convocatoria de carácter bienal que premiará a produción dunha intervención artística nos seus xardíns. Cada candidato presentará un proxecto artístico adecuado para os espazos exteriores.
Premio: 30.000€
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

Premio Pilar Juncosa de Investigación sobre Miró y su Contexto Artístico-Cultural  
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: premio bienal de investigación centrado na figura de Joan Miró e/ou o seu contexto artístico-cultural. As propostas deben ser inéditas e o xurado valorará especialmente os proxectos cuxo obxectivo sexa o estudo de aspectos ou períodos pouco coñecidos de Joan Miró.
Premio: 6.000€
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

Premio Pilar Juncosa para un Proyecto Educativo 
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: premio para a realización dun proxecto educativo no eido das artes visuais que ten como obxectivo achegar o exemplo creativo de Joan Miró e da arte contemporánea en xeral a todos os sectores cidadáns (profesorado, nenos, persoas maiores, discapacitados, etc.). Os proxectos educativos poden estar relacionados co fondo documental e artístico da Fundación ou con calquera outro aspecto de creación contemporánea.
Premio: 6.000€
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

Premio Pilar Juncosa a un Proyecto de Experimentación en el Ámbito de la Obra Seriada    
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: o obxectivo do premio é o de apoiar e axudar os proxectos creativos relacionados coa promoción, investigación e experimentación de técnicas e procesos innovadores dentro do ámbito da gráfica e outras disciplinas seriadas. Así, a Fundación premiará a innovación e calidade nas técnicas de estampación e seriación.
Premio: 8.000€
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

Bartcelona.org Design Edition 2011    
Convoca: Centro Comercial Glòries, Barcelona
Descrición: poderán participar todas as persoas de calquera nacionalidade entre 18 e 40 anos que así o desexen. O concurso terá tres categorías, cada unha delas dedicada a aspectos distintos do deseño para centros comerciais: "Design" (obxectos, espazos, gráfica e sinalética), "Show" (elementos e instalacións para crear unha experiencia visual) e "Dream" (aberta a novas ideas).
Premios: 1º premio: 5.000€; 2º premio: 3.000€; 3º premio: 2.000€
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

XIII Certamen Internacional de Cortos "Ciudad de Soria"    
Convoca: Ayuntamiento de Soria
Descrición: o certame está aberto a realizadores de todo o mundo. Os traballos poderán estar realizados en calquera sistema de rodaxe, e deberán estar producidos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2010. A duración non superará os 30 minutos, incluídos os créditos.
Premios: mellor curta: 3.500€; mellor guión: 1.500€; mellor curta de animación: 2.000€; mellor curta documental: 2.000€; premio Especial do Xurado: 2.000€; achega artística: 1.500€; premio do público: 1.000€; premio á mellor curta de compromiso social: 1.000€; mellor actor: 1.000€; mellor actriz: 1.000€; mellor curta nacional: 3.500€; mellor curta de Castela e León: 2.000€
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

XIV Festival Internacional de Cortometrajes "La Boca del Lobo"  
Convoca: Espacio de Cultura "La Boca", Madrid
Descrición: festival aberto a realizadores de todo o mundo. Os traballos poderán estar realizados en calquera sistema de rodaxe e ser producidos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2010. A duración máxima non superará os 25 minutos, créditos incluidos.
Premios: mellor curta nacional: 1.000€; mellor guión nacional: 1.000€; mellor curta de animación nacional: 1.000€; mellor curta estranxeira: 1.000€; mellor curta estranxeira de animación: 1.000€; mellor "cortito" (máx. 5 minutos): 500€; mellor BSO: 500€; premio "Distribución Elypse: distribución por 75 festivais.
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

XXVI Premio Hispanoamericano de Pintura "Diego de Losada"  NOVO
Convoca: Asociación Cultural Diego de Losada, Rionegro del Puente (Zamora)
Descrición: poderán participar todos os artistas españois e hispanoamericanos de calquera idade que así o desexen. Poderán presentar unha ou dúas obras de técnica e tema libres que non superen os 130 cm nin sexan inferiores aos 50 cm. O xurado fará unha selección das obras que formarán parte dunha exposición durante o mes de agosto de 2011.
Premios: 1º premio: 2.200€ + trofeo; accésit: 1.000€
Data fin: 31 de xullo de 2011
Máis información

XV Certamen Internacional de Pintura "Ciudad de Alcazar"   NOVO
Convoca: Patronato Municipal de Cultura de Alcazar de San Juan, Cidade Real
Descrición: poderán participar todos os artistas que o soliciten, con independencia da súa nacionalidade, orixe ou residencia. Presentarase unha única obra, de técnica e temática libres.
Premios: 1º premio: 12.000€; 2º premio: 5.000€ (para artistas vinculados á provincia de Cidade Real); 3º premio: 2.000€ (para autores de Castela A Mancha menores de 30 anos)
Data fin: 11 de agosto de 2011
Máis información


Art Nalón 2011 Artes Plásticas  
NOVO
Convoca: Área de Juventud del Ayuntamiento de Langreo, Asturias
Descrición: poderán participar todos os novos creadores nados ou residentes no Estado, que non cumpliran os 36 anos a 1 de xaneiro de 2011. As modalidades a concurso serán as de pintura, escultura e gravado.
Premio: 2.000€ + exposición
Data fin: 2 de setembro de 2011
Máis información

Animainzón 2011
Convoca: Ayuntamiento de Ainzón, Zaragoza
Descrición: concurso de carácter nacional no que poderán participar todas as persoas que así o desexen sen límite de idade. A técnica de animación pode ser en 2D ou 3D. Deberá estar realizado con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 e non superar os 5 minutos de duración, créditos incluídos. 
Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 500€; premio do público: 600€; premio especial do xurado: 1.000€ 
Data fin: 3 de setembro de 2011
Máis información

Convocatoria Transfera TV & Muestra de Arte Audiovisual MADATAC 03   
Convoca: La Central Digital/Canal Autor, Madrid
Descrición: poderán participar todos os autores que o desexen, independentemente da súa nacionalidade ou residencia. O obxectivo da convocatoria é o de dar a coñecer ao gran público a videoartistas consolidados, así como aqueles novos valores que aporten propostas renovadoras afastadas da narrativa visual convencional.
Premios: premios MADATAC: 5 premios para varias categorías, que consistirán nunha obra de arte vangardista realizada pola artista plástica Silvia Rosende e o deseñador en 3D Javier de Andrés; premios Metrópolis: selección dun total de 27 minutos en dereitos de emisión; premios Transfera: selección de 3 obras para subasta pública; premios Samsung: produtos de dita marca.
Data fin: 5 de setembro de 2011
Máis información

XIII Premio de Fotografía "Cuenca y su Arquitectura"   
Convoca: Demarcación en Cuenca del Colegio de Arquitectos de Castilla La Mancha
Descrición: poderán participar todas as persoas naturais ou residentes no Estado cun máximo de tres fotografías inéditas (en branco e negro ou cor) e non premiadas en concursos anteriores. A temática versará obrigatoriamente sobre a arquitectura de Cuenca e a súa provincia.
Premios: 1º premio: 1.000€ + diploma; 2 accésits de 500€ cada un + diploma; premio "Lorenzo Castellanos Olmedilla": 500€ (reservado para arquitectos colexiados).
Data fin: 9 de setembro de 2011
Máis información

Cortos FICC/40   NOVO
Convoca: Festival Internacional de Cine de Cartagena, Murcia
Descrición: poderán participar tanto realizadores nacionais como estranxeiros cuxa curta sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2010. Só se aceptarán curtametraxes de ficción de temática libre e que non superen os 25 minutos de duración.
Premio: 3.000€
Data fin: 10 de setembro de 2011
Máis información

I Premio de Diseño y Creación de un Mueble "Josep Ros"   NOVO
Convoca: Muebles Ros, Artesa de Segre (Lleida)
Descrición: o obxectivo do concurso é a promoción do deseño do moble de melamina e fortalecer o achegamento entre deseñadores e empresarios. Poderán concorrer nel todos aqueles estudantes de deseño a nivel estatal, establecéndose unha soa categoría: moble xuvenil e infantil.
Premios: premio Josep Ros: 4.000€ + diploma; premio do Público: 2.000€ + diploma.
Data fin: 11 de setembro de 2011
Máis información

Concurso Alternatif - XII Festival de Cine de Pamplona - Iruñeko XII Zinemaldia 
Convoca: Festival de Cine de Pamplona
Descrición: poderán participar (sen límite de obras presentadas polo autor/es) curtametraxes de ficción, de tema libre e de produción e/ou dirección española. As obras, realizadas a partir do 1 de xaneiro de 2010,  poderán estar en formato 35mm ou DVD PAL e non durarán máis de 30 minutos.
Premios: premio ALTERNATIF: 5.000€; mellor interpretación feminina: 2.000€; mellor interpretación masculina: 2.000€; premio do público-Ateneo navarro: 1.000€; mellor curtametraxe navarra: 1.000€
Data fin: 15 de setembro de 2011
Máis información

XLII Premio Ciudad de Alcalá de Pintura 2011  
Convoca: Ayuntamiento de Alcalá de Henares, Madrid
Descrición: poderán participar todos os artistas plásticos que o desexen, presentando unha única obra orixinal e inédita con temática e técnica libres.
Premio: 6.600€
Data fin: 15 de setembro de 2011
Máis información

XXXII Certamen Artístico "Villa de Amurrio 2011" 
Convoca: Ayuntamiento de Amurrio, Álava
Descrición: poderán participar todas as persoas que así o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade ou residencia. Cada artista poderá presentar dúas obras orixinais en calquera das modalidades do certame (pintura, escultura ou obra de arte dixital) con técnica e temática libres.
Premios: 1º premio: 4.000€ + escultura conmemorativa; 2º premio: 1.500€ + escultura conmemorativa; premio local: 1.000€
Data fin: 16 de setembro de 2011
Máis información

Concurso de Creación Contemporánea sobre la Memoria de Andalucía "IMAGINERA"  NOVO
Convoca: Centro de Estudios Andaluces, Sevilla
Descrición: o obxectivo do certame é o de recuperar os recordos, emocións e reflexións ligados a Andalucía como medio para preservarlos e compartilos. Existen dúas modalidades, Creación Documental e Artes Plásticas. Na primeira, poderán concorrer todas as produtoras que teñan a titularidade sobre os documentais que presenten a concurso, cunha única obra en soporte DVD. Para a modalidade de Artes Plásticas, poderán participar todos os creadores maiores de 18 anos de calquera nacionalidade. A técnica será libre, axustándoa a calquera das modalidades das artes plásticas: pintura, debuxo, fotografía, vídeo, gravado, etc.
Premios: modalidade Creación Documental: 1º premio: 7.000€ + Estrella de Plata; accésit: 3.000€ + Estrella de Plata; modalidade Artes Plásticas: 1º premio: 7.000€ + Estrella de Plata; accésit: 3.000€ + Estrella de Plata.
Data fin: 20 de setembro de 2011
Máis información

Premio de Pintura "Emilio Ollero" 2011  
Convoca: Instituto de Estudios Giennenses, Xaén
Descrición: poderán participar todos os artistas nacionais ou estranxeiros que así o desexen (optarán ao 1º e 2º premio) cunha única obra de temática libre.
Premio: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 4.000€ (para novos valores da pintura andaluza).
Data fin: 30 de setembro de 2011
Máis información

EXTREMA´doc 2011   NOVO
Convoca: Asociación DOCUS Extremadura, Cáceres
Descrición: festival que se centra exclusivamente no documental de autor ou de creación. Poderán concorrer todos os documentais producidos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, de temática e duración libres.
Premio: non consta
Data fin: 30 de setembro de 2011
Máis información

IV Premio de Pintura Ciudad de Badajoz 2011  
Convoca: Ayuntamiento de Badajoz
Descrición: poderán participar todos os artistas que así o desexen independentemente da súa nacionalidade ou lugar de residencia. Cada participante poderá concorrer cunha única obra de técnica e temática libres.
Premios: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 4.000€
Data fin: 3 de outubro de 2011
Máis información

III Premio Internacional de Novela Gráfica "Dibujando entre Culturas"  
Convoca: Fundación Tres Culturas, Sevilla
Descrición: poderán participar todos os autores que o desexen, independentemente da súa nacionalidade ou residencia. Poderase presentar unha obra por autor/es en proposta cómic de 96 a 124 páxinas en branco e negro ou cor, escritas en castelán, inglés ou francés e que estean ambientadas no Mediterráneo no seu presente, futuro ou na súa historia.   
Premio: 1.000€ + contrato de publicación por valor de 6.500€
Data fin: 5 de outubro de 2011
Máis información

XII Certamen Nacional de Pintura y Escultura "Ciudad de Melilla 2011"    NOVO
Convoca: Consejería de Cultura de la Ciudad Autónoma de Melilla
Descrición: certame de temática e técnica libre en calquera das dúas modalidades. As pinturas non deberán ser inferiores a 30 cm nin superiores a 100, e dun máximo de 100 cm para as esculturas. As obras seleccionadas polo xurado formarán parte dunha exposición que comezará o 3 de novembro de 2011.
Premios: pintura: 1º premio: 4.500€; 2º premio: 3.500€; escultura: 1º premio: 4.500€; 2º premio: 3.500€
Data fin: 11 de outubro de 2011
Máis información


XIX Edición Premio Mezquita   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Córdoba
Descrición: poderán participar todos os residentes no Estado, sen restrición de ningún tipo. Establécense dúas temáticas: libre e Córdoba, podéndose presentar un máximo de dúas coleccións de tres fotografías por autor e tema. Nos primeiros meses de 2012 levarase a cabo unha exposición das obras premiadas e a publicación dun catálogo.
Premios: 1º premio: 4.500€; 5 finalistas: 1.500€ cada un.
Data fin: 15 de outubro de 2011
Máis información

XVI Certamen Jóvenes Pintores   NOVO
Convoca: Fundación Gaceta Regional, Salamanca
Descrición: poderán participar pintores de calquera nacionalidade, que non cumpriran os 34 anos na data de recepción da obra. Poderán concorrer cun máximo de dúas obras de técnica e tema libres.
Premios: 1º premio: 6.000€ + exposición individual do artista; 2º premio: 3.000€; 3º premio: 2.000€; 2 accésits: 1.000€ cada un.
Data fin: 15 de outubro de 2011
Máis información


XXXI Certamen Nacional de Pintura y Escultura "Villa de Parla 2011"    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Parla, Madrid
Descrición: poderán participar todos os artistas residentes no Estado cunha única obra por autor. As obras serán de temática e técnica libres e o xurado fará unha selección das obras para ser expostas a partir do 22 de outubro na Casa da Cultura do Concello.
Premio: pintura: 1º premio: 6.000€ + escultura orixinal de Paco Lara; escultura: 1º premio: 6.000€ + escultura orixinal de Paco Lara
Data fin: 16 de outubro de 2011
Máis información

Premio "Provincia de Guadalajara" de Dibujo 2011  NOVO
Convoca: Diputación de Guadalajara
Descrición: certame destinado a artistas residentes no Estado no que se admitirán unicamente obras realizadas de xeito monocromo. Cada autor poderá presentar un máximo de 2 obras de formato e tema libres. Coas obras seleccionadas polo xurado se editará un catálogo.
Premios: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.000€
Data fin: 28 de outubro de 2011
Máis información

Premio "Provincia de Guadalajara" de Fotografía 2011  NOVO
Convoca: Diputación de Guadalajara
Descrición: poderán participar todos os fotógrafos profesionais ou afeccionados residentes no Estado. As fotografías, tres por concursante, serán de procedemento e temática libres. Coas obras seleccionadas polo xurado realizarase unha exposición e editarase un catálogo.
Premios: 1º premio: 2.000€; 2º premio: 1.000€ (cuxo tema sexa a provincia de Guadalaxara).
Data fin: 28 de outubro de 2011
Máis información

VIII Premio de Artes Visuales Fundación Arena   NOVO
Convoca: Fundación Arena, Barcelona
Descrición: o obxectivo do concurso é o de divulgar a través das artes a realidade das persoas de orientación sexual gai e lésbica a efecto de erradicar calquera forma de discriminación contra as mesmas. As modalidades do certame serán pintura e fotografía. O tema e a técnica das obras será libre. As obras seleccionadas serán expostas na Galería Alonso Vidal de Barcelona a partir de decembro de 2011.
Premios: pintura: 3.000€; fotografía: 3.000€
Data fin: 3 de decembro de 2011
Máis información


INTERNACIONAL


Taylor Wessing Photographic Portrait Prize 2011    NOVO
Convoca: National Portrait Gallery, Londres (Gran Bretaña)
Descrición: certame internacional aberto tanto a fotógrafos profesionais como afeccionados con talento, maiores de 18 anos. As fotografías, ata un máximo de 6, serán posteriores ao 1 de xaneiro de 2010 e poderán ser en branco e negro ou cor. Coas fotografías seleccionadas polo xurado levarase a cabo unha exposición na National Portrait Gallery de Londres. 
Premio: 12.000 libras
Data fin: 7 de xullo de 2011
Máis información

6º Concurso Internacional de Diseño James Dyson    

Convoca: James Dyson Foundation, Londres (Gran Bretaña)
Descrición: concurso aberto a estudantes de deseño de produto, deseño industrial e enxeñería (ou graduados dentro dos catro anos seguintes ao seu final de estudos) de 18 países, entre eles España, que premia a creatividade dos participantes dentro do obxectivo do concurso que é o de "deseñar algo que solucione un problema".
Premio: gañador internacional: 20.000 libras (a repartir entre os estudante/es e o departamento da universidade); dous subcampionatos internacionais: 2.000 libras cada un.
Data fin: 2 de agosto de 2011
Máis información

IV Concurso Internacional de Creación Musical y VideoArt  
Convoca: InNova Música, Andorra
Descrición: convocatoria aberta tanto a músicos afeccionados como profesionais sen ningunha restrición de idade ou nacionalidade. Todas as obras enviadas deberán ser orixinais e non editadas ou publicadas. O concurso consta de 3 categorías: Música Moderna, Música Académica e VideoArt Musical.
Premios: 2.000€ para cada categoría.
Data fin: 31 de outubro de 2011
Máis información


 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.