rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA //CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

Boletín de convocatorias. Xuño 2012

BOLSAS E PROXECTOS     

AUTONÓMICO

Bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego      NOVO
Convoca: Xunta de Galicia
Descrición: convocatoria de seis bolsas cunha duración de doce meses. Poderán solicitar as bolsas para a documentación de fondos de patrimonio moble: licenciados en historia da arte, historia e arqueoloxía e para as bolsas de restauración: diplomados en conservación e restauración de bens culturais ou equivalentes nas especialidades de arqueoloxía ou pintura e escultura. 
Dotación: 12.000€ ao ano como máximo
Data fin: 21 de xuño de 2012
Máis información


ESTATAIS   

Bolsas para artistas novos madrileños para ampliación de estudos no estranxeiro       NOVO
Convoca: Comunidad de Madrid
Descrición: convocatoria de dez bolsas dirixidas a artistas novos madrileños ou residentes en Madrid, no campo das artes escénicas, musicais, cinematográficas e plásticas. 
Dotación: 5.000€ cada bolsa
Data fin: 14 de xuño de 2012
Máis información


Proyectos Culturales de Impacto Social       NOVO

Convoca: Obra Social "la Caixa"
Descrición: convocatoria de axudas coa vontade de favorecer o uso da arte e da cultura como ferramenta de transformación social. Dirixida a entidades culturais e artistas, tanto individuais como colectivos, que presenten un proxecto coa finalidade de incidir en colectivos en risco de exclusión social, marxinalidade ou en persoas con discapacidade. 
Dotación: a dotación non poderá superar o 75% do custo total do proxecto, e esta cantidade non será superior a 15.000€
Data fin: 26 de xuño de 2012
Máis información


Convocatoria para recibir propostas para MEM 2012    

Convoca: MEM, Festival Internacional de Arte Experimental, Bilbao e Vitoria-Gasteiz
Descrición: recibiranse proxectos artísticos de calquera tipo, sexan expositivos, performativos, instalacións, proxectos multimedia, etc. Haberá dúas categorías: a) proxectos con orzamento menor de 300€ e b) proxectos con orzamento menor de 1.000€
Dotación: entre 300€ e 1.000€ 
Data fin: 29 de xuño de 2012
Máis información
   

Participación para ARCO 2013      
Convoca: ARCOMadrid, Madrid
Descrición: solicitude de participación nos diferentes espazos de ARCOMadrid: Opening, Solo Projects, galerías, presentación de ponencias en foros, etc. 
Dotación: non consta
Data fin: 3 de xullo de 2012
Máis información 

INTERNACIONAIS

Bolsa de Estudos no "Centre Pompidou"      NOVO
Convoca: Centre Pompidou, París
Descrición: tres bolsas para doutorados 
Dotación: 1.000€ cada unha
Data fin: 30 de setembro de 2012
Máis información

CURSOS E OBRADOIROS

AUTONÓMICOS

Animación cinematográfica "Stop Motion" con obxectos e plastilina    NOVO
Convoca: Universidad Internacional Menéndez Pelayo. Impartido no Museo Provincial de Pontevedra
Descrición: a animación "Stop Motion" é a técnica cinematográfica que engloba máis artes para a súa execución. Neste curso iniciarase aos destinatarios no concepto do proceso de rodaxe fotograma a fotograma. 
Prezo: 129€; alumnos de universidades galegas: 64,50€ 
Datas: 11-15 de xuño de 2012
Máis información  

En torno a Schoenberg      NOVO
Convoca: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Descrición: a figura de Arnold Schönberg dende dúas perspectivas. O Schönberg compositor visto a través dunha obra inspirada no mundo do cabaré berlinés e o Schönberg transcritor visto polo arranxo que fixo deste ciclo de cancións para voz e orquestra de Gustav Mahler. A voz será protagonista.
Prezo: 5,75€ 
Datas: 11 de xuño de 2012
Máis información 


II Encontro de Artistas Novos   NOVO
Convoca: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Descrición: os obxectivos do encontro son os seguintes: a convivencia entre artistas novos galegos e os procedentes doutros lugares, debater sobre a situación actual da arte contemporánea, proporcionar un espazo de encontro e intercambio de coñecementos e ideas entre artistas e outros axentes culturais (comisarios, críticos, etc.) e darlles a coñecer aos participantes as principais infraestruturas do territorio galego dedicadas á arte contemporánea.
Prezo: non consta
Datas: 9-14 de setembro de 2012. Inscricións ata o 29 de xuño de 2012
Máis información  


Ciudadanía, Ciudad, Cultura, Tiempo de Crisis   NOVO

Convoca: Universidad Internacional Menéndez Pelayo. Impartido no Centro Cultural de Ourense.
Descrición: o tema do curso está englobado no seu título. Outorga recoñecemento de créditos de libre elección.
Prezo: 129€; alumnos de universidades galegas: 64,50€ 
Datas: 3-6 de xullo de 2012
Máis información 


Utopía Pescadería. Utopía, realidad y juego en el barrio Pescadería      NOVO
Convoca: Museo de arte contemporáneo Gas Natural Fenosa, A Coruña
Descrición: o obradoiro pretende trascender as limitacións que impoñe a realidade e desde unha perspectiva utópica, utilizando o xogo como metodoloxía, reconceptualizar a paisaxe urbana, tomando como obxecto de reflexión e acción o barrio da Pescadería da Coruña. Obradoiro impartido por MID estudio e RS arquitectos.
Prezo: 30€
Datas: 9-11 de xullo de 2012
Máis información 


Da pegada ao papel, impartido por Iván Araújo     NOVO

Convoca: Fundación CIEC, Betanzos
Descrición: no obradoiro traballarase o estudo e a experimentación no proceso de matrices de cobre e investigación de procesos e recursos de estampaxe calcográfica para a adquisición da imaxe. Cada artista aplicará estes recursos á súa obra para potenciar resultados tanto no traballo da prancha coma no seu posterior estampado. 
Prezo: 220€ 
Datas: 16-27 de xullo de 2012
Máis información 

Litografía. As posibilidades da pedra, impartido por Omar Kessel     NOVO
Convoca: Fundación CIEC, Betanzos
Descrición: no obradoiro introduciranse na litografía coa posibilidade de traballar sobre pedra para experimentar e comprender os diferentes procesos e os seus recursos. 
Prezo: 220€ 
Datas: 16-27 de xullo de 2012
Máis información 

Patrimonio Industrial y Turismo   NOVO
Convoca: Universidad Internacional Menéndez Pelayo. Impartido en Ferrol (lugar por determinar).
Descrición: o tema do curso está englobado no seu título. Outorga recoñecemento de créditos de libre elección.
Prezo: 129€; alumnos de universidades galegas: 64,50€ 
Datas: 18-20 de xullo de 2012
Máis información 


Informática e Gráfica, impartido por Gustavo Ros e Omar Kessel      NOVO

Convoca: Fundación CIEC, Betanzos
Descrición: este curso desenvolve de forma combinada a edición dixital de imaxes e a súa estampaxe e creación da obra gráfica, conxugando neste curso a parte teórica coa práctica no obradoiro. 
Prezo: 220€ 
Datas: 6-17 de agosto de 2012
Máis información 

Fotopolímero. Alternativa non tóxica, impartido por Carmen Navarro      NOVO
Convoca: Fundación CIEC, Betanzos
Descrición: ábrese un novo campo grazas ao filme fotopolímero que permite a incorporación de calquera tipo de imaxe: debuxo a liña, augada, fotocopia ou fotografía aos medios tradicionais da gráfica. A base deste curso é dar a cada participante unha atención personalizada, dende a preparación da imaxe de forma manual ou dixital, ata o seu procesado na matriz e a súa estampaxe, tendo comoresultado a incorporación deste método no proceso creativo de cada artista.
Prezo: 220€ 
Datas: 6-17 de agosto de 2012
Máis información

Serigrafía, impartido por Mariano Durante      NOVO
Convoca: Fundación CIEC, Betanzos
Descrición: no obradoiro traballarase a serigrafía por medio de tinta á auga e emulsións fotosensibles sendo o obxectivo do curso que o alumno aprenda a coñecer e controlar tanto os materiais como os procesos que interveñen na consecución da imaxe creada por eles mesmos.
Prezo: 280€ 
Datas: 20-31 de agosto de 2012
Máis información 


ESTATAIS

Taller  "Arte, Cine y Literatura"    
Convoca: FIArt, Madrid
Descrición: a idea deste obradoiro parte da primeira viaxe que impulsaron as vangardas artísticas pola exploración dos xéneros, para centrarse na relación entre arte, cine e literatura no traballo de dous dos grandes escritores do século XX: Samuel Beckett e Jean Genet. 
Prezo: 70€ 
Datas: 6, 13, 20, 27 de xuño de 2012
Máis información

Conferencia de Dean Spade. "Crítica y políticas trans"       NOVO
Convoca: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid
Descrición: última conferencia do ciclo "Somateca. Producción biopolítica, feminismos, prácticas queer y trans. Actividades públicas". 
Prezo: de balde
Data: 8 de xuño de 2012
Máis información


La contemporaneidad permanente. Reflexiones sobre el tiempo, la crisis y la pervivencia en la historia del arte      NOVO
Convoca: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid
Descrición: este simposio reúne a un grupo de historiadores da arte cuxo traballo destaca pola súa orientación interdisciplinar, innovación metodolóxica e pola súa relevancia para meditar sobre a forma na que a historia da arte é pensada, escrita e imaxinada na actualidade. 
Prezo: de balde
Data: 8 de xuño de 2012
Máis información


Foro Lugares de Tránsito, LDT. Fotografía, residencias artísticas y trabajo en cooperación. Otros modelos de producción  NOVO
Convoca: Casa de América, Madrid
Descrición: o público asistente poderá achegarse e compartir as experiencias levadas a cabo nas residencias artísticas comisariadas durante os anos 2010 e 2011 en América Latina. Un encontro aberto sobre prácticas na fotografía e creación contemporánea a través dos oitos proxectos de investigación e creación realizados na Habana, Santo Domingo, Maracaibo, Bogotá, Miami, Guatemala, Panamá e Quito.
Prezo: non consta
Data: 15 de xuño de 2012
Máis información


Taller El Paisaje Cercano, impartido por Carlos Cánovas     NOVO

Convoca: BilbaoArte
Descrición: o obradoiro trata de canalizar a realización dun proxecto fotográfico nun contorno urbano concreto e próximo, dende os orzamentos técnicos e conceptuais dos participantes. Despois de desenvolver o proxecto teoricamente, en setembro haberá unha exposición, defensa e revisión crítica dos mesmos. 
Prezo: 120€; estudantes e desempregados: 75€ 
Datas: 18-20 de xuño de 2012
Máis información 


Taller de "Statements" y escritura para artistas, por Mery Cuesta y Pilar Cruz   NOVO
Convoca: Fundación FIArt, Madrid
Descrición:  os obxectivos do obradoiro son: desenvolver o uso da palabra escrita e o texto como forma de comunicación do traballo artístico e facilitar a reflexión e a interpretación crítica do traballo artístico a partir do código escrito. O obxectivo final é que os artistas leven un "statement" novo ou refeito debaixo do brazo, asumir as pautas de produción discursiva e perder o temor á "pantalla en branco". 
Prezo: 125€
Datas: 19-21 de xuño de 2012
Máis información  


Arquitectura y catástrofe   
Convoca: CCCB, Barcelona
Descrición: de todas as artes plásticas seguramente a arquitectura é a máis exposta á impermanencia. Demasiados intereses e circunstancias xogan na súa contra: realidade social, clientes, tempo, accidentes naturais ou provocados, encárganse de arruinala cando a súa mensaxe rematou, cando é demasiado inapropiada para o sentir xeral ou cando a cultura dominante exixe outras propostas. 
Prezo: non consta
Datas: 25-27 de xuño de 2012
Máis información 

Filmar la música. Taller con Jacqueline Caux       NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: o primeiro obxectivo do curso será descubrir aqueles momentos de creación, de concentración, sensuais, momentos que non poden ser captados senón dende a proximidade máxima cos compositores, os directores de orquestra, os intérpretes ou os bailaríns. O segundo, buscarase "interpretar" a música con imaxes, igual que un músico pode facelo co instrumento.
Prezo: 50€
Datas: 25-29 de xuño de 2012
Máis información


Seminario Universo Lynch     NOVO
Convoca: BilbaoArte
Descrición: o obxectivo deste seminario apunta á análise da obra máis persoal do cineasta norteamericano.
Prezo: 40€; estudantes e desempregados: 25€ 
Datas: 25-29 de xuño de 2012
Máis información 


Taller "Naturaleza muerta o la construcción de una imagen", impartido por Tony Catany       NOVO

Convoca: Es Baluard, Palma de Mallorca
Descrición: o obradoiro está enfocado sobre todo á realización de naturezas mortas, pero tamén tocará outros xéneros clásicos como o retrato, o desnudo ou a paisaxe, a partir da experiencia do artista. 
Prezo: 180€; amigos de Es Baluard: 50% de desconto
Datas: 28-30 de xuño de 2012
Máis información


Seminario "De la fotografía al grabado"     NOVO
Convoca: BilbaoArte
Descrición: o curso preséntase coma un exercicio práctico de experimentación gráfica en relación á imaxe, á fotografía e o gravado calcográfico, pero abordando cuestións teóricas como reprodución e orixinal, estampación e reprodución mecánica, fotografía e imaxe dixital, creando así un debate que se aproxime á redefinición da gráfica actual.
Prezo: 150€
Datas: 3-20 de xullo de 2012
Máis información 


Taller de Fotografía. Impartido por Isabel Muñoz  

Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Mallorca
Descrición: o obradoiro preséntase como 
un espazo de reflexión, onde Isabel Muñoz, acostumada a traducir as súas emocións frente aos corpos e as arquitecturas, invita a tocar co ollo e co dedo, buscando coa fotografía materializar os seus desexos e emocións a través dese diálogo dos corpos e desa sensualidade sen límites. 
Prezo: 150€ 
Datas: 9-13 de xullo de 2012
Máis información 

Taller "Mano Negra". Impartido por Masataka Kuroyanagi   
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Mallorca
Descrición: a "mano negra" é unha técnica creada por Ludwig Von Siegen a mediados do século XVII para reproducir e difundir retratos pintados. Mastaka Kuroyanagi, artista xaponés que dirixirá o obradoiro, pretenderá que os asistentes coñezan a técnica. 
Prezo: 210€ 
Datas: 23 de xullo-3 de agosto de 2012
Máis información

Taller "Punto de Fuga. Prácticas gráficas de campo expandido". Impartido por Alicia Candani  
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Mallorca
Descrición: o obxectivo do obradoiro é cubrir varios aspectos teóricos e técnicos relativos á gráfica contemporánea utilizando as novas técnicas de fotolitografía en seco ("waterless") e a súa hibridación con imaxes impresas dixitalmente. 
Prezo: 210€ 
Datas: 20-31 de agosto de 2012
Máis información  

Encuentro Introducción al Comisariado de Exposiciones      NOVO
Convoca: Centro Andaluz de Arte Contemporáneo, Sevilla
Descrición: o curso responde á necesidade de darlle solución á falta de profeseonais no mundo do comisariado.
Prezo: non consta
Datas: 19-21 de setembro de 2012
Máis información  

Ilustrando desde el pre-cine     NOVO
Convoca: Arteleku, San Sebastián
Descrición: antes do cine, buscouse plasmar mediante unha serie de obxectos ópticos a sensación de movemento, insinuar o cambio ou suxerir tridimensionalidade para xerar no espectador a sensación de asombro. No obradoiro, volvemos a mirada a esas luces e sombras, transparencias e sobreposicións, pestanas e axexadoiro que nos somerxe no mundo da ilusión. Lanternas máxicas, diafanoramas, dioramas, zootropos, teatriños de papel, panoramas da profundidade... serán puntos de partida para levar a cabo diversos exercicios.
Prezo: non consta
Datas: 26-30 de novembro de 2012. Inscricións ata o 24 de agosto de 2012
Máis información 


PREMIOS

AUTONÓMICOS

Concurso de Carteis da "Festa da Istoria" 2012    
Convoca: Fundación Festa da Istoria, Ribadavia
Descrición: poderán participar todos aqueles que o desexen, agás os membros da Coordinadora e da Fundación e os seus familiares en primeiro grao. Pódense presentar un máximo de dúas obras cuxo tema será a Festa da Istoria. Os carteis seleccionados formarán parte dunha exposición.
Premio: 500€ 
Data fin: 8 de xuño de 2012
Máis información  

X Premio de Creación Audiovisual Universidade de Vigo     NOVO
Convoca: Universidade de Vigo
Descrición: poderán participar membros da comunidade universitaria de Vigo (PDI, estudantes, PAS). O tema será libre e haberá cinco modalidades: curta narrativa, documental, vídeo experimental, animación e vídeo publicitario. 
Premios: 900€ por cada modalidade
Data fin: 22 de xuño de 2012
Máis información


IX Certame de Fotografía Universidade de Vigo     NOVO
Convoca: Universidade de Vigo
Descrición: poderán participar membros da comunidade universitaria de Vigo (PDI, estudantes, PAS). A técnica será libre.
Premio: 1.500€
Data fin: 22 de xuño de 2012
Máis información


Premio de Ilustración Hércules 2012     NOVO
Convoca: Hércules de Ediciones, A Coruña
Descrición: consiste en ilustrar dúas páxinas da maqueta dun libro infantil, con técnica libre, tendo en conta que irá dirixido a menores de dez anos. O gañador realizará as nove páxinas restantes e máis a cuberta, que serán publicadas.
Premio: 1.000€ 
Data fin: 30 de xuño de 2012
Máis información


XI Certamen de Artes Plásticas Deputación de Ourense     

Convoca: Deputación de Ourense
Descrición: as modalidades nas que se poderá participar son: pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc.). Poderán participar artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. A temática será libre, admitíndose todo tipo de tendencia estética. Poderase utilizar para a realización da obra calquera técnica e material. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premio: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 4.000€; 3º premio: 2.000€; dous accésits: 1.000€ cada un
Data fin: 30 de xuño de 2012
Máis información

Concurso de Curtas Tripomant na cidade 2.0     
Convoca: K2c Arquitecturas, Tripomant, Santiago de Compostela
Descrición: o obxecto do concurso é a selección dunha curta na que se conte a experiencia urbana. Pode ser documental, de ficción ou de animación. Como máximo ten que ter 10 minutos e debe reflectir  dalgunha maneira a empresa tripomant (produtos, características, utilización). As curtas seleccionadas serán proxectadas en Santiago de Compostela.
Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 1.000€; premio do público: 500€
Data fin: 31 de xullo de 2012
Máis información

I Premio de Fotografía Proyecto Mandeo     NOVO
Convoca: Deputación da Coruña
Descrición: poderán participar persoas maiores de 18 anos non profesionais. A temática do concurso é o río Mandeo en calquera das súas vertentes: natureza, cultura, etnografía, turismo, medio ambiente, etc. 
Premios: 1º premio: 800€; 2º premio: 400€; 3º premio: 200€; 23 mencións de honra
Data fin: 17 de agosto de 2012
Máis información


X Premio de Creación Fotográfica "Luis Ksado"     

Convoca: Deputación Provincial da Coruña
Descrición: poderán participar aqueles maiores de idade, interesados na fotografía que o desexen. As fotografías deberán ser unha serie de mínimo seis fotografías e máximo de doce.
Premio: 6.500€
Data fin: 31 de agosto de 2012

Máis información 

Concurso de Fotografía "Viviendo en la Comunidad" 2012     NOVO
Convoca: Asociación Ambar, A Coruña
Descrición: o tema será "persoas con diversidade funcional vivindo na comunidade". Poderán participar fotógrafos tanto afeccionados como profesionais, maiores de idade. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premios: 1º premio: 900€+diploma; 2º premio: 400€+diploma; mención especial: 400€+diploma
Data fin: 1 de setembro de 2012
Máis información


ESTATAIS

XIII Certámenes Artísticos "Ciudad de Tomelloso 2012"    
Convoca: Ayuntamiento de Tomelloso
Descrición: poderán participar artistas residentes en España ou non. Cada autor poderá presentar tres obras por modalidade. As modalidades son: Pintura, Debuxo e Fotografía. A temática e a técnica serán libres. Coas obras adquiridas e seleccionadas editarase un catálogo e realizarase unha exposición.
Premios: fotografía: fondo de aquisición: 2.000€; debuxo e pintura: fondo adquisición Antonio López García: 9.000€; fondo adquisición Francisco Carretero: queda supeditado á convocatoria de axudas a certames da Diputación de Ciudad Real.
Data fin: fotografía: 6 de xuño de 2012; debuxo e pintura: 20 de xuño de 2012
Máis información

Premios Injuve para la Creación Joven 2012 (Cómic)     NOVO
Convoca: Instituto de la Juventud, Madrid
Descrición: poden participar, de forma individual ou colectiva, persoas con nacionalidade española ou residentes en España que non superen os 30 anos de idade. A documentación a entregar será: un currículo artístico, un dossier cun mínimo de tres historietas e unha sinopse do traballo.
Premios: dous primeiros premios: 3.000€ cada un; tres accésits de 1.000€ cada un por modalidade
Data fin: 8 de xuño de 2012
Máis información


Premios Injuve para la Creación Joven 2012 (Diseño)     NOVO
Convoca: Instituto de la Juventud, Madrid
Descrición: poden participar, de forma individual ou colectiva, persoas con nacionalidade española ou residentes en España que non superen os 30 anos de idade. Admitiranse todo tipo de traballos de deseño: gráfico, industrial, de interiores, moda, ou calquera outro. A documentación a entregar será: un currículo artístico, un dossier cun mínimo de tres historietas e unha sinopse do traballo.
Premios: obra realizada: tres primeiros premios: 4.000€ cada un; tres accésits de 2.000€; selección de catro participantes para unha exposición; proxectos: tres primeiros premios: 2.000€ para axuda a produción
Data fin: 8 de xuño de 2012
Máis información


IV Premios de Cortos Cinematográficos "Young Values Short Film Festival"   

Convoca: Asociación CinemaNET, Barcelona
Descrición: as seccións ás que se poden presentar as curtas son: 1) Sección Internacional de Valores Sociais: poderán participar artistas de calquera nacionalidade e residencia, ata 35 anos de idade. 2) Sección Miquel Porter i Moix: poderanse presentar traballos realizados e producidos nas escolas e universidades catalanas. 3) Sección Barcelona-Valors: poderán participar barceloneses ou residentes en Barcelona con temas relacionados cos valores sociales en Barcelona. 4) Sección Documentais: poderán participar persoas de calquera nacionalidade e lugar de residencia, ata os 35 anos de idade.  
Premios: entre mencións de honra ata 1.000€ 
Data fin: 10 de xuño de 2012
Máis información

XX Edición Huétor Vega Fotografía 2012    

Convoca: Ayuntamiento de Huétor Vega, Granada
Descrición: poderán participar fotógrafos profesionais ou afeccionados de calquera nacionalidade. O tema é libre. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premios: 1º premio: 600€; 2º premio: 350€; 3º premio: 200€ 
Data fin: 12 de xuño de 2012
Máis información

XII Premio de Pintura Universidad de Murcia   

Convoca: Universidad de Murcia
Descrición: poderán participar todo o que o desexe. O tema e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 8.000€+diploma 
Data fin: 12 de xuño de 2012
Máis información

XXXV Festival Internacional de Cine Independiente de Elche     NOVO
Convoca: Festival Internacional de Cine Independiente de Elche
Descrición: poderán participar maiores de 18 anos sen importar a súa nacionalidade. A presentación das obras ao concurso é exclusivamente en liña. Os seleccionados formarán parte do Festival. 
Premios: premio Caja Mediterráneo á mellor curtametraxe: 6.000€+trofeo DAMA; premio Ayuntamiento de Elche á mellor curtametraxe de ficción: 2.000€+trofeo DAMA; premio á mellor curtametraxe de animación: 2.000€+trofeo DAMA; premio á mellor curtametraxe documental: 2.000€+trofeo DAMA; premio "supercortos Camon": 500€+trofeo DAMA; premio do público: 1.000€+trofeo DAMA 
Data fin: 15 de xuño de 2012
Máis información


IV Concurso Internacional de Ilustraciones Científicas de Dinosaurios 2012     NOVO
Convoca: Fundación para el Estudio de los Dinosaurios en Castilla y León, Burgos
Descrición: o tema do concurso serán as ilustracións de dinosaurios. AS imaxes poden representar reconstruccións dos animais en vida, no seu medio ou dos fósiles orixinais. As obras serán seleccionadas polo seu rigor científico, a súa calidade e as técnicas empregadas. 
Premios: 1º premio: 600€+diploma; 2º premio: 450€+diploma; 3º premio: 300€+diploma
Data fin: 15 de xuño de 2012
Máis información


Concurso de Carteis "Aste Nagusia" 2012     

Convoca: Ayuntamiento de Bilbao
Descrición: poderanse presentar como máximo dous carteis orixinais, con técnica e color libres. 
Premio: 2.500€
Data fin: 15 de xuño de 2012
Máis información

V Certamen "Ladrús" de Grabado Iberoamericano   

Convoca: Universidad de Huelva, Fundación Caja Rural del Sur, Ladrús
Descrición: poderán participar todos aqueles artistas de nacionalidade española, portuguesa ou de países iberoamericanos. O tema será libre. Poderá estar realizado en todas as técnicas gráficas tradicionais, pero non se aceptarán traballos realizados por ordenador. 
Premio: 3.000€ 
Data fin: 15 de xuño de 2012
Máis información

Concurso de ideas para el diseño de motivos para los vidrios de los lucernarios del Mercado de la Cebada en Madrid     NOVO
Convoca: COMECE, Cooperativa del Mercado de la Cebada, Madrid
Descrición: poderá participar calquera persoa maior de 18 anos, residente en España. Os concursantes deberán aportar documentación gráfica e textual de todos os aspectos que consideren importantes para a comprensión da proposta. Admitiranse debuxos, fotografías de maquetas, planos, fotomontaxes, infografías, etc. 
Premio: 1.200€ 
Data fin: 20 de xuño de 2012
Máis información


XV Premio de Pintura Fundación Mainel 2012   

Convoca: Fundación Mainel, Valencia
Descrición: poderán participar artistas nados despois do 31 de decembro de 1976 sexa cal sexa a súa nacionalidade. O tema, os soportes e o material empregado serán de libre elección. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 3.000€; dez mencións de honra
Data fin: 22 de xuño de 2012
Máis información

XIII Premio de Grabado "San Lorenzo del Escorial"     NOVO
Convoca: Ayuntamiento de San Lorenzo del Escorial
Descrición: poderán participar nesta convocatoria todos aqueles residentes en España ou en Saint-Quentin, cidade francesa irmá de San Lorenzo del Escorial. Admitiranse os seguintes procedementos de arte gráfica: gravado calcográfico, gravado en relevo, litografía e serigrafía. Non se poderá participar con traballos de reprodución dixital. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 500€ 
Data fin: 23 de xuño de 2012
Máis información


XXIV Concurso de Carteles de la Fiesta de la Mare de Déu de la Salut 2012      NOVO

Convoca: Ayuntamiento de Algemesí, Valencia
Descrición: concurso de carteis para anunciar as "Festas de la Mare de Déu de la Salut". Poderá participar todo aquel que o desexe. A téncica poderá ser en calquera modalidade agás pintura ao óleo. 
Premio: 1.500€
Data fin: 24 de xuño de 2012
Máis información


Concurso de Carteles      NOVO

Convoca: Ayuntamiento de Segorbe, Valencia
Descrición: concurso de carteis para anunciar a entrada de touros e cabalos, festa de interese turístico internacional. Os traballos serán libres pero deben figurar os protagonistas da festa (cabalos, touros e xinetes). Os carteis seleccionados formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 1.000€; accésit: 700€; premio local: 800€
Data fin: 29 de xuño de 2012
Máis información


X Premio Internacional de Cortometrajes de la Universidad de La Laguna     NOVO
Convoca: Universidad de La Laguna, Tenerife
Descrición: poderán participar autores e colectivos que presenten unha ou máis curtametraxes con independencia da súa nacionalidade ou residencia. A técnica e a temática serán libres. 
Premios: 1º premio: 1.300€+figura de bronce de San Fernando do escultor Juan Carlos Albaladejo+diploma; premio á linguaxe cinematográfica máis innovadora: 600€+diploma; mencións especiais sen dotación económica á mellor dirección, mellor interpretación e mellor curta de animación.
Data fin: 29 de xuño de 2012
Máis información

 
X Premio Internacional de Fotografía Rafael Ramos García de la Universidad de La Laguna     NOVO
Convoca: Universidad de La Laguna, Tenerife
Descrición: poderán participar fotógrafos que presente unha ou máis fotografías ou series fotográficas con independencia da súa nacionalidade ou residencia. A técnica e a temática serán libres. Editarase un catálogo cos traballos premiados.
Premios: 1º premio á mellor fotografía individual: 700€+figura de bronce de San Fernando do escultor Juan Carlos Albaladejo+diploma; primeiro premio á mellor serie fotográfica: 1.800€+figura de bronce de San Fernando do escultor Juan Carlos Albaladejo+diploma
Data fin: 29 de xuño de 2012
Máis información


X Premio Nacional de Pintura Enrique Lite de la Universidad de La Laguna     NOVO
Convoca: Universidad de La Laguna, Tenerife
Descrición: poderán participar artistas residentes en España. Existen dúas fases no concurso: 1ª fase: presentación de propostas e selección de obras; 2º parte: só participan os seleccionados na primeira parte que enviarán as obras. 
Premios: 1º premio: 1.800€+estatuilla de bronce de San Fernando do escultor Juan Carlos Albaladejo+diploma; 2º premio: 1.000€+diploma; 3º premio: 800€+diploma
Data fin: 29 de xuño de 2012
Máis información


XIV Certamen de Artes Plásticas "José Lapayese" (Pintura y Escultura)    

Convoca: Centro de Estudios del Jiloca
Descrición: poden optar ao premio artistas nacionais ou estranxeiros, cunha soa obra inédita e recente de pintura ou escultura, de temática e medidas libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición itinerante durante os meses de verán.
Premios: premio José Lapayase 2012: 1.200+posibilidade de facer unha exposición monográficado autor; premio "Ars": 1.000€ 
Data fin: 30 de xuño de 2012
Máis información 

II Concurso Fotográfico Nacional "Casto Helguero Martínez"   
Convoca: Fundación Martínez Ruiz de Irús, Madrid
Descrición: poderán participar todo o que o desexe, maiores de idade e residentes en España. A temática será a terceira idade, deben de facer referencia a escenas cotiás da vida dos maiores. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: premio á mellor fotografía en cor: 1.000€+diploma; premio á mellor fotografía en branco e negro: 1.000€+diploma; premio á mellor fotografía en branco e negro ou cor feita por un fotógrafo con discapacidade: 1.000€+diploma 
Data fin: 30 de xuño de 2012
Máis información


Fancine. XXII Festival de Cine Fantástico Universidad de Málaga   
Convoca: Universidad de Málaga
Descrición: o festival ten como obxectivo presentar unha selección da mellor produción cinematográfica mundial do xénero fantástico en todas as súas variantes (fantasía, cencia-ficción, terror, etc.), tanto en longametraxes como en curtametraxes. 
Premio: entre 3.000€ e 9.000€
Data fin: curtametraxes e curtas en liña: 5 de xullo de 2012; longametraxes: 16 de xullo de 2012
Máis información

Concurso de carteis "Facoelche 2013"    
Convoca: FacoElche, Alacant
Descrición: o título desta edición é "La niña de mis ojos". Por un lado ten un significado anatómico, en canto a que así se denomina á pupila do ollo e por outro lado, fai referencia a un ben persoal moi prezado ao que se ten como algo fráxil e querido que merece toda a nosa atención e afecto. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición virtual e pública. 
Premio: 1º premio: 1.500€; accésit: 500€
Data fin: 10 de xullo de 2012
Máis información

XXXV Concurso Nacional de Pintura Casimiro Sainz    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Reinosa, Cantabria
Descrición: poderán participar artistas residentes en España sen importar a súa nacionalidade. O tema e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premio: 3.500€ 
Data fin: 10 de xullo de 2012
Máis información


XL Concurso Nacional de Pintura Villa de Fuente Álamo 2012    NOVO

Convoca: Ayuntamiento de Fuente Álamo, Murcia
Descrición: poderán participar artistas que o desexen, sen distinción de nacionalidade nin límite de idade, residentes en España. O tema e a técnica serán libres. 
Premios: 1º premio: 5.000€; 2º premio (artista murciano): 3.000€ 
Data fin: 13 de xullo de 2012
Máis información


LXIX Concurso y Exposición Internacional de Arte "José Camarón"    

Convoca: Ayuntamiento de Segorbe, Castelló
Descrición: poderán participar aquel artista que o desexe, sen importar a súa nacionalidade, en calquera das manifestacións artísticas de pintura e escultura. A técnica, o estilo e o tema serán libres. 
Premio: 1º premio: 2.300€; 2º premio: 2.000€; 3º premio: 1.200€; 1º premio comarcal: 700€; 2º premio comarcal: 600€ 
Data fin: 13 de xullo de 2012
Máis información 

Octubre Corto 2012   
Convoca: Octubre Corto, Amedo (A Rioxa)
Descrición: poderán participar todos aqueles produtores e realizadores de curtametraxes que o desexen. É obrigatorio que a curtametraxe teña o depósito legal da súa provincia. A duración máxima será de 30 minutos. 
Premios: de 500€ e 2.000€ 
Data fin: 15 de xullo de 2012
Máis información  

XXIV Concurso de Pintura Zumarraga y Urretxu 2012    

Convoca: Ayuntamiento de Zumarraga e Ayuntamiento de Urretxu, Guipúzcoa
Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen. O tema da obra e o procedemento a realizar serán de libre elección do autor/a. Os traballos seleccionados formarán parte dunha exposición. 
Premio: 1º premio: 1.200€; 2º premio: 900€; 3º premio: 400€ 
Data fin: 20 de xullo de 2012
Máis información  

I Concurso Cortometrajes Sala López "La Mirada Tabú"      NOVO
Convoca: Sala López, Zaragoza
Descrición: certame de ámbito nacional que enfoca o obxectivo cinematográfico cara ao desexo e todo o que o rodea, completa ou limita. Os traballos serán de 30 min. como máximo e poderán ser de ficción, animación, documental, vídeo clip, vídeo danza ou vídeoarte. 
Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 700€; premio "Miradas desde el Puente": 300€; premio "Tu mirada musical": 300€ 
Data fin: 31 de xullo de 2012
Máis información


V Certamen de Pintura Pedro Aibar Jiménez     

Convoca: Asociación Cultural y Deportiva Vaguena, Báguena-Teruel
Descrición: poderán participar todas as persoas, independientemente da súa nacionalidade ou residencia, que o desexen. A temática é libre pero deberá estar relacionada co ambito local ou comarcal. A técnica e medidas tamén serán libres. 
Premio: 1.100€
Data fin: 3 de agosto de 2012
Máis información  

Premio Ciudad de Alcalá de Fotografía 2012     
NOVO

Convoca: Ayuntamiento de Alcalá de Henares
Descrición: poderán ser candidatos a este galardón todos os profesionais da fotografía que presenten fotografías orixinais e inéditas, quedando aberta a iniciativa a calquera tendencia e temática. 
Premio: 2.500€
Data fin: 3 de setembro de 2012
Máis información


XXVI Concurso de Pintura y Escultura SanVicens     NOVO

Convoca: Ajuntament de Sitges
Descrición: poderán participar artistas plásticos, pintores e escultores sen importar a súa nacionalidade. Tanto para a pintura como para a escultura o tema e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: de pintura: premio Sanvisens: 2.000€; un accésit: 1.500€; un accésit: 1.000€;  de escultura: premio Pere Jou: 2.000€; un accésit: 1.500€
Data fin: 7 de setembro de 2012
Máis información


XI Bienal de Pintura "Villa de Noreña"     NOVO

Convoca: Asociación Cultural Contigo, Noreña (Asturias)
Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen, cun máximo de dúas obras, técnica libre. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premio: 2.000€ 
Data fin: 9 de setembro de 2012
Máis información


II Premio Josep Ros. Diseño y creación de un mueble    NOVO
Convoca: ROS1, Lleida
Descrición: o concurso consiste en deseñar un berce ou cama xuvenil. Poderán presentarse todos aqueles profesionais do deseño a nivel nacional, menores de 40 anos. Haberá dúas fases: unha selección de proxectos e a construción dos prototipos e exposición dos seleccionados.
Premio: 3.000€+diploma
Data fin: 11 de setembro de 2012
Máis información


Premio Ciudad de Alcalá de Pintura 2012     
NOVO

Convoca: Ayuntamiento de Alcalá de Henares
Descrición: poderán presentarse á convocatoria, artistas plásticos que non foran premiados nos certames anteriores, cunha única obra orixinal e inédita, sendo de libre elección, tanto a temática como a técnica empregada. 
Premio: 6.600€ 
Data fin: 15 de setembro de 2012
Máis información


III "Grafikconcert" Concurso Internacional de Diseño en T-Shirt Ciudad de Barcelona     NOVO
Convoca: Tantopiacere, Barcelona
Descrición: concurso dirixido a deseñadores nacionais e internacionais, profesionais e afeccionados, maiores de 18 anos. O tema é "Comunic@arte", o T-Shirt como medio de comunicación global, unha forma de transmitir as propias emocións.
Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.000€; 3º premio: 1.000€
Data fin: 15 de setembro de 2012
Máis información


XXIV Concurso de Artes Plásticas "Miguel González Sandoval"    NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Lora del Río, Sevilla
Descrición: poderán participar todos aqueles residentes en España que o desexen. Haberá dúas modalidades: pintura e escultura. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: pintura: 1.000€; escultura: 1.000€ 
Data fin: 22 de setembro de 2012
Máis información


XXIV Bienal de Pintura "Eusebio Sempere"     
NOVO

Convoca: Ayuntamiento de Onil
Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen, maiores de idade e sen importar a súa nacionalidade. A temática e o procedemento a empregar serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. 
Premio: 2.500€
Data fin: 28 de setembro de 2012
Máis información 

Certamen Fotográfico Medio Ambiente Colmenar Viejo 2012   NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Colmenar Viejo, Madrid
Descrición: poderán concorrer a este concurso todas as persoas que o desexen, profesionais ou non. O tema será o Medio Ambiente en xeral nas súas múltiples facetas e entendido libremente polos autores. Haberá tres modalidades: foto única, reportaxe e a aventura do ser humano (a condición é que os protagonistas sexan seres humanos)
Premios: foto única: 1º premio (tema libre): 1.000€; 2º premio (tema "Fauna e Flora Ibérica"): 800€; reportaxe: 1.500€; a aventura do ser humano: 800€; premio local: 800€; premio Luz Murube-Zoea (temática da auga nas distintas manifestacións naturais): 800€
Data fin: 28 de setembro de 2012
Máis información 


XXVI Certamen de Pintura "Emilio Ollero"     NOVO

Convoca: Instituto de Estudios Giennenses, Xaén
Descrición: poderán optar ao primeiro e segundo premio todos aqueles artistas nacionais ou estranxeiros que o desexen; o terceiro premio estará destinado a un artista andaluz menor de 35 anos. Valorarase a calidade artística das obras en consonancia co seu tempo, a personalidade creativa e a contribución ao mundo da arte.
Premios: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 4.000€
Data fin: 28 de setembro de 2012
Máis información


Premio Arte Digital Jaume Graells 2012     NOVO
Convoca: Ayuntamiento de Igualada e CEINA, Barcelona
Descrición: o premio está dirixido a escolas de arte, escolas de deseño, deseñadores amateurs e afeccionados ao deseño gráfico, para potenciar e premiar o esforzo artístico e o uso das novas tecnoloxías. Permítese a participación tanto individual como colectiva, de calquera procedencia xeográfica.
Premio: galardón "Ciutat d'Igualada"+licencia orixinal Corel+2.000€
Data fin: 28 de setembro de 2012
Máis información


XVIII Concurso Internacional de Diseño Industrial del Mueble CETEM     
NOVO

Convoca: CETEM, Centro Tecnológico del Mueble y la Madera de la Región de Murcia
Descrición: haberá dúas categorías diferenciadas para profesionais e estudantes. O tema será a innovación dentro do hábitat. O premio será en base a proxectos.
Premios: categoría profesional: 1º premio: 3.000€+rexistro industrial do produto+informe de ensaios técnicos de calidade; 2º premio: 1.200€+informe de ensaios técnicos de calidade; 3º premio: 750€+informe de ensaios técnicos de calidade; categoría estudantes: 450€ 
Data fin: categoría profesionais: proxectos: 1 de novembro de 2012; prototipos: 15 de febreiro de 2013; categoría estudantes: proxectos: 15 de xaneiro de 2013
Máis información


INTERNACIONAL

IV Concurso Anual Internacional de Artes Plásticas Revista Crepúsculo   
Convoca: Revista Crepúsculo, Moreno (Arxentina)
Descrición: poderán participar neste concurso persoas de calquera nacionalidade. Os temas serán os seguintes: a) educación, b) paixón. A técnica proposta será o debuxo. 
Premios: dous 1º premios: $1.000 cada un; dous 2º premios: $500 cada un; tres mencións de honra
Data fin: tema educación: 22 de xuño de 2012; tema paixón: 20 de xullo de 2012
Máis información

 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.