|
FESTA DIM. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2010 "MUSEOS PARA A ARMONÍA SOCIAL"
Datas: sábado 15 e domingo 16 de maio Entrada libre e gratuíta Horario: ininterrompidamente de 11.00 a 21.00 os dous días Programación:
Talleres didácticos e audicións musicais en colaboración coa Fundación IgualArte A Fundación IgualArte, creada en Vigo en 2002 e dirixida por Marcos Estévez e Cristina Lago, fomenta o desenvolvemento persoal e profesional de nenos e mozos con discapacidade a través de disciplinas artísticas. Dende o seu centro ocupacional, traballan con persoas con necesidades educativas especiais, baseándose no grande potencial da arte, nas súas distintas manifestacións - artes plásticas, música, danza, teatro, literatura - como ferramenta de integración social e de desenvolvemento persoal, e como fin en si mesmo.
Visitas guiadas ás exposicións temporais Ofrécense visitas guiadas á exposición de Candida Höfer nas salas da planta baixa, ademais da posibilidade de visitar a obra do artista Jose Dávila no Espazo Anexo.
TALLERES DE ARTISTA NO MARCO
Tania Bruguera. "Da casa ao museo" NOVO Convoca: MARCO, Vigo Descrición: Tania Bruguera (A Habana, Cuba, 1968) é unha artista interdisciplinar que traballa temas políticos, principalmente mediante a arte de conduta, a performance, a instalación e o vídeo. As obras de Bruguera céntranse na relación entre a arte, a política e a vida. O taller de Tania Bruguera no MARCO está destinado ao público en xeral. Das 15 plazas dispoñibles, 12 estáran reservadas para persoas non relacionadas profesionalmente co mundo da arte, e 3 para artistas ou estudantes de Belas Artes. Prezo: inscricións e matrícula (próxima convocatoria) Datas: 3-6 de xuño de 2010 Máis información: próximamente na web do MARCO (www.marcovigo.com)
Xoán Piñón. Fotografía dixital aplicada á artesanía NOVO Convoca: Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño, Consellería de Economía e Industria, Xunta de Galicia. Lugar: sala perimetral B1 do MARCO, Vigo Descrición: o taller inscríbese nas actividades de formación especializada para artesáns que organiza a Fundación co obxectivo de fomentar o desenvolvemento e profesionalización deste sector en Galicia. Datas: 27-28 de maio de 2010 Máis información e inscricións: 981.999.171 / www.artesaniadegalicia.org BOLSAS - AXUDAS
AUTONÓMICAS
Subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con contido artístico e cultural NOVO Convoca: AGADIC, Axencia Galega de Industrias Culturais, Santiago de Compostela Descrición: poderán optar as subvencións os seguintes proxectos: longametraxes cinematográficos con propósito cultural e artístico, operas primas guionizadas ou dirixidas por galegos ou residentes en Galicia cun custo de realización inferior a 1.500.000€, películas para televisión, documentais de creación e documentación de difusión cultural. Dotación: 4.980.000€ Data fin: 7 de xuño de 2010 Máis información
XV Bolsa Xesús Ferro Couselo 2010 NOVO Convoca: Concello de Valga, Pontevedra Descrición: bolsa de estudos para proxectos centrados en estudos históricos, etnográficos ou sobre persoeiros do Concello de Valga. Os participantes terán que presentar un guión razoado sobre os obxectivos do traballo, a metodoloxía que vai empregar e as fases do mesmo. Dotación: 3.000€ Data fin: 15 de xuño de 2010 Máis información
ESTATAIS
Beca Ramón Acín NOVO Convoca: Diputación de Huesca Descrición: poderán participar aqueles artistas visuais españois ou residentes en España, sen límite de idade, que cumpran as condicións da convocatoria. Poderanse participar proxectos sen importar a disciplina artística pero como condición imprescindible deberán estar relacionados co territorio da Provincia de Huesca. O disfrute da bolsa será durante un ano. Dotación: 15.000€ Data fin: 26 de xuño de 2010 Máis información
Beca de investigación María Sarrate 2010 NOVO Convoca: CDAN-Fundación Beulas, Huesca Descrición: o obxectivo é a realización de traballos de investigación e estudo crítico sobre a arte contemporánea, con espacial atención á Colección Beulas-Sarrate. A bolsa está dirixida a diplomados ou licenciados en Belas Artes, Humanidades, Historia da Arte, Biblioteconomía e Documentación e/ou investigadores destas disciplinas. A duración da bolsa será de 9 meses. Dotación: 6.000€ Data fin: 1 de xullo de 2010 Máis información
Becas de formación, experimentación y creación en los talleres de obra gráfica de Miró NOVO Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: bolsas de formación para asistir aos obradoiros e cursos da propia Fundació Pilar i Joan Miró ou noutros centros, coma o "The School of Fine Arts. University Collage London" entre outros. Dotación: entre 1.500€ e 3.000€ segundo a bolsa. Data fin: 31 de agosto de 2010 Máis información Programa de Apoyo a Artistas Plásticos y Colectivos Artísticos NOVO Convoca: Caja de Burgos Descrición: a convocatoria establece a concesión de axudas económicas para colaborar na produción de proxectos expositivos nas seguintes disciplinas: pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación, gravado e técnicas de estampación. Dotación: non consta Data fin: 29 de outubro de 2010 Máis información
CURSOS E OBRADOIROS
AUTONÓMICOS
Seminario de Luís Seoane NOVO Convoca: Casa das Campás, Pontevedra Descrición: no seminario analizarase o universo creativo e plástico do gran artista galego-arxentino, participarán investigadores, profesores, artistas e especialistas na súa obra. Prezo: non consta Datas: 20-21 de maio de 2010 Máis información
(S8) I Mostra de Cinema Periférico NOVO Convoca: S8cinema, A Coruña Descrición: a mostra alberga varios ciclos e retrospectivas, ademais de mesas redondas e debates ao redor de distintas temáticas relacionadas co "mundofilme". O programa compleméntase cunha ampla variedades de actividades: instalacións interactivas e exposicións audiovisuais, obradoiros e "master-class", ciclo performativo para a creación audiovisual en tempo real, seccións paralelas e eventos na cidade. Prezo: non consta Datas: 3-6 de xuño de 2010 Máis información
ESTATAIS
Konrad Fischer: un contexto, una actitud NOVO Convoca: MACBA, Barcelona Descrición: ciclo de conferencias que pretender afondar na figura de Konrad Fischer (1939-1996), artista, galerista e comisario de exposicións, e tamén contribuir á comprensión da súa importancia no contexto da escena artística-alemana e internacional do seu tempo. Prezo: de balde Datas: 17 de maio-14 de xuño de 2010 Máis información
Conversación con Bruce High Quality Foundation NOVO Convoca: Cendeac, Murcia Descrición: conversación entre Bruce High Quality Foundation, Cuauhtémoc Medina e Juan Antonio Suárez como actividades paralelas do PAC 2010. Prezo: xeral: 5€; estudantes, desempregados e xubilados: 2,5€; amigos do Cendeac: de balde Data: 18 de maio de 2010 Máis información
La red "underground" internacional y el "mundo real" como entornos para la creación sonora, por Francisco López NOVO Convoca: Arteleku, Donostia Descrición: exposición sobre os grandes contornos de influencia e inspiración para a creación sonora que conformou o traballo de Francisco López durante os últimos trinta anos: a rede internacional de creadores sonores independentes e os ambientes sonoros do "mundo real". Prezo: non consta Data: 18 de maio de 2010 Máis información Arte televisado. Jef Cornelis NOVO Convoca: MACBA, Barcelona Descrición: Jef Cornelis conversa con Chus Martínez sobre a súa extensa obra para a televisión. Cornelis é para todo aquel interesado na arte, videoarte, medios, televisión, cine documental, historia moderna é un mito pioneiro das novas fómulas de crear e comunicar. Prezo: de balde Data: 22 de maio de 2010 Máis información
Taller de serigrafía: experimentación y realización de proyectos NOVO Convoca: Arteleku, Donostia Descrición: o obxectivo é ofrecer un lugar onde os artistas teñan os medios, o apoio e asesoramento que necesiten para levar a cabo os seus proxectos. Impartido por Nerea López. Prezo: 60€ Datas: 1-30 de xuño de 2010. Inscricións ata: 22 de maio de 2010 Máis información
Cualidades básicas y uso del sonido y la vibración en el espacio NOVO Convoca: La Casa Encendida, Madrid Descrición: o obradoiro divídese nun bloque teórico relacionado co son, diferentes usos do mesmo, etc. e outro bloque práctico, xa que os participantes realizarán medicións sobre a resonancia do mesmo e emplearán técnicas de vibración co uso de baixas frecuencias. Prezo: 45€ Datas: 24-28 de maio de 2010 Máis información Pump Down The Volume, con Xabier Erkizia NOVO Convoca: La Casa Encendida, Madrid Descrición: o obradoiro pretende incidir nas formas e ideas relacionadas co ámbito da creación e a escoita musical. Utilizando a improvisación libre, intentarase afondar nalgúns aspectos relacionais da música co obxectivo de realizar un exercicio de crítica útil que permita pensar novas estratexias creativas. Prezo: 45€ Datas: 24-28 de maio de 2010 Máis información
Mapa#01. Cine raro NOVO Convoca: Arteleku, Donostia Descrición: o colectivo MAPA presenta unha panorámica do audiovisual dos nosos días: primeiro encontro para coñecer o funcionamento de colectivos audiovisuais, ver produción periférica e charlar cos seus creadores: do cine individual ao cine en grupo pasando polos programadores, festivais e novas plataformas de difusión. O "poñerse a facer", o experimentar sen importar os límites da produción, nin os finais perfectos. Prezo: non consta Datas: 7-11 de xuño de 2010. Inscricións ata: 24 de maio de 2010 Máis información Juan Antonio Suárez. El underground: sexualidad, materialidad, cine NOVO Convoca: Cendeac, Murcia Descrición: durante o seminario por un lado búscase unha historia complexa e transmediática do "underground", prestando atención aos seus autores máis descoñecidos e as súas conexións menos exploradas e por outro lado estudia a peculiar sexualidade que alimenta este cine. Prezo: xeral: 30€; estudantes, desempregados e xubilados: 15€; amigos do Cendeac: de balde Datas: 25-26 de maio de 2010 Máis información
Taller "Tanto cuanto canto" NOVO Convoca: Arteleku, Donostia Descrición: o obradoiro propón unha situación creativa, aberta e colaborativa entre artistas co obxectivo de xerar un espazo de creación para persoas con discapacidade. Prezo: non consta Datas: 31 de maio-4 de xuño de 2010. Inscricións ata: 25 de maio de 2010 Máis información
Ciclo de conferencias. Asamblea plenaria, cuestiones y proyectos en tono a la construcción del saber NOVO Convoca: MUSAC, León e Museo de León Descrición: o ciclo articúlase como unha especie de asamblea plenaria que busca ser simplemente unha primeira aproximación ás realidades e condicións que conforman e sobre as que descansan as diversas culturas e manifestacións socio-políticas do noso tempo presente. Prezo: non consta Data: 29 de maio de 2010 Máis información Taller de Graciela Iturbide NOVO Convoca: Al-liquindoi.com e Es Baluard, Palma de Maiorca Descrición: obradoiro dirixido pola fotógrafa mexicana Graciela Iturbide no que os fotográfos recibirán en horario de mañá seminarios, críticas e sesións de edición e polas tardes sairán as rúas a fotografiar. Para participar terán que enviar unha descripción da súa experiencia coa fotografía e unha selección de 10 das súas mellores fotografías. Prezo: 230€ Datas: 19-23 de xuño de 2010. Inscricións ata: 30 de maio de 2010 Máis información
Introducción a la producción de cine, con Elena Manrique NOVO Convoca: La Casa Encendida, Madrid Descrición: ao longo do curso explicarase o proceso de produción de longametraxes desde o punto de vista do produtor, observando a estrutura e contido das distintas fases que abarca a realización dun proxecto. As clases combinarán exposicións teóricas con exemplos prácticos de visionados de longametraxes, análisis de documentos, etc. Prezo: 45€ Datas: 31 de maio-4 de xuño de 2010 Máis información John Roberts. "Trabajo, emancipación y crítica de las habilidades artesanales" NOVO Convoca: Cendeac, Murcia Descrición: en que consiste o traballo do artista?, tratase dun traballo priviliexado, menos alineado?, pode servir de modelo para pensar novas formas de traballo a un nivel máis xeral?. John Roberts, apoiándose no fértil debate que abarca un campo que vai desde a historia da arte e a socioloxía á estética e a filosofía política, plantexará éstas e outras cuestións. Prezo: xeral: 30€; estudantes, desempregados e xubilados: 15€; amigos do Cendeac: de balde Datas: 2-3 de xuño de 2010. Máis información
Taller Arte-Foto-Moda. Blommers/Schumm NOVO Convoca: Arteleku, Donostia Descrición: o obradoiro impartido por Blommers e Schumm afonda nas prácticas fotográficas nas que interactúan a expresión artística e a publicidade de moda. Prezo: non consta Datas: 15-18 de xuño de 2010. Inscricións ata: 2 de xuño de 2010 Máis información
Talleres de obra gráfica de Fundació Pilar i Joan Miró NOVO Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: para participar nos obradoiros é necesario enviar un currículo vitae e de 6 a 10 fotográfias de obra recente. Os obradoiros son os seguintes: a) Clemente Bernad. "As imaxes coma ferramentas", do 7 ao 11 de xuño; b) Democracia. "Contra o público", do 21 ao 26 de xuño; c) Jordi Rosés, Pilar Llorent e Vicenç Altaió. "Libros de artista", do 19 ao 30 de xullo; d) Masataka Kuroyanagi. "Manera negra", do 2 ao 13 de agosto; e) Manuel Gordillo. "Serigrafía e estampa dixital. A técnica ao servizo da imaxe", do 23 de agosto ao 3 de setembro. Prezo: non consta Datas: 7 de xuño-3 de setembro de 2010 Máis información Encuentro de arte sonoro en España NOVO Convoca: La Casa Encendida, Madrid Descrición: foro aberto onde os artistas, investigadores e demáis profesionais relacionados coa arte sonora en España poidan poñer en común e manifestar as súas experiencias, percepcións e expectativas. Prezo: de balde Datas: 8-10 de xuño de 2010 Máis información
Taller de litografía NOVO Convoca: Arteleku, Donostia Descrición: introdución ás técnicas litográficas, onde o artista realiza o proceso de estampación desde o principio: preparación do papel, limpeza e montaxe do estudio, tratamento químico da matriz e estampación baixo a dirección e supervisión do maestro estampador, Don Herbert. Prezo: non consta Datas: 1-30 de xullo de 2010. Inscricións ata: 10 de xuño de 2010 Máis información
Taller de serigrafía: e-libros de artista NOVO Convoca: Arteleku, Donostia Descrición: obradoiro impartido por Enrique Tomás que se centra na investigación, difusión e produción de e-libros de astista, un campo de creación que plantea a hibridación entre o libro de artista e a media art. Prezo: non consta Datas: 19-24 de xullo de 2010. Inscricións ata: 10 de xuño de 2010 Máis información
Ovni Archive. Definiendo métodos. Creando ideas NOVO Convoca: La Casa Encendida, Madrid Descrición: de carácter teórico-práctico, céntrase nas ferramentas e metodoloxías cuxa finalidade é a creación dun proxecto artístico, o seu desenvolvemento e presentación, etc. O obxectivo do curso é ofrecer unha visión dos chamados centros de recursos para artistas, onde os creadores poden contar con estruturas axeitadas e necesarias para a visualización e materialización dun proxecto. Prezo: 45€ Datas: 14-18 de xuño de 2010 Máis información XVII Jornadas de Estudio de la Imagen. El susurro de las imágenes NOVO Convoca: Ca2m, Madrid Descrición: as xornadas estarán compostas por: un seminario internacional de artistas e teóricos aberto ao público; un forum de investigadores en teoría e práctica artística que presentarán o seu traballo nas sesións críticas das xornadas; e dous obradoiros de artista para un grupo reducido de participantes (os aspirantes deberán presentar un portfolio de traballo) Prezo: non consta Datas: 21-25 de xuño de 2010. Data fin de envío de portfolios: 21 de maio de 2010 Máis información Pensar el paisaje 05. Paisaje y Patrimonio NOVO Convoca: CDAN-Fundación Beulas, Huesca Descrición: nesta quinta e última edición da serie monográfica do paisaxe estudiaranse as relacións do paisaxe co patrimonio, é dicir, plantexaranse temas relacionados coa interpretación patrimonial da paisaxe, os criterios de conservación e as posibilidades de evolución, intentando facer coincidir en Huesca a representantes das diferentes tendencias que na materia patrimonial e paisaxística estanse a desenvolver na actualidade. Prezo: 250€ Datas: 21-25 de xuño de 2010 Máis información
Taller de animación "Raimund Krumme" NOVO Convoca: Arteleku, Donostia Descrición: o obradoiro está dirixido a artistas ou realizadores que desexen levar a cabo un traballo utilizando a técnica da animación. Un requisito para levar a cabo este obradoiro é ter un proxecto en fase de produción. Os participantes deberán presentar ao longo do proceso o desenvolvemento do seu proxecto: treatment, storyboard, visualización de conceptos, animatic, etc. e debatirlos en grupo, aportando unha crítica constructiva. O obxectivo do obradoiro é ampliar a idea de animación, e aludir a temas como a instalación, a performance e a posta en escena, centrándose na relación dramaturxia que ten o movemento espazo-tempo. Prezo: non consta Datas: 26 de xullo-20 de agosto de 2010. Inscricións ata: 30 de xuño de 2010 Máis información
PREMIOS
AUTONÓMICOS
Concurso de deseño gráfico "Fotocinematográfico Fonmiñá" NOVO Convoca: Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Lugo Descrición: os deseñadores presentarán un máximo de tres deseños para o cartel que anunciará a XXXII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Os carteis seleccionados formarán parte dunha exposición. Premio: 1.000€ Data fin: 29 de maio de 2010 Máis información
XI Mostra Internacional Gas Natural Fenosa NOVO Convoca: Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, A Coruña Descrición: poderán tomar parte nesta Mostra, cunha soa obra, calquera persoa física sen máis limitación que as impostas pola lexislación vixente. Haberá unha preselección por medio dun dossier con fotografías da obra, currículo do artista e dossier artístico doutras obras. Admitiránse tódalas técnicas e procedementos, así como tendencias ou correntes artísticas. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. Premios: 1º premio: 18.000€; 2º premio: 12.000€; 3º premio: 8.000€ Data fin: 30 de maio de 2010 Máis información
II Premio de Grabado Atlante NOVO Convoca: Fundación Museo de las Artes del Grabado, Riveira-A Coruña Descrición: poderán participar todos os artistas que o desexen sen importar a súa nacionalidade. As obras deberán de estar executadas en calquera dos sistemas e técnicas tradicionais da arte gráfica (calcografía, xilografía, litografía ou serigrafía) que poden combinarse con aquelas outras técnicas gráficas, incluídos os procedementos dixitais e electrográficos. A Fundación editará unha carpeta cos seis traballos premiados. Os gañadores responsabilizaranse de estampar, numerar e firmar os 25 exemplares, máis as dúas probas de artista. Os traballos seleccionados formarán parte dunha exposición. Premios: 5 premios: 2.500€ cada un; premio especial: 1.400€ para artista residente na Península de Barbanza (A Coruña). Data fin: 30 de maio de 2010 Máis información
IX Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense NOVO Convoca: Deputación de Ourense Descrición: poderán participar artistas con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos. A temática, a tendencia estética, a técnica e os materiais serán libres. Os traballos seleccionados formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 4.000€; 3º premio: 2.000€; dous accésits: 1.000€ Data fin: 31 de maio de 2010 Máis información
IV Revela, Foro Internacional Fotorreportaxe e Sociedade Oleiros 2010 NOVO Convoca: Concello de Oleiros Descrición: o tema poderá ser libre pero terá que xirar en contorno ao foro, é dicir, que sirvan para denunciar situacións de violencia, desigualdade, marxinalidade, perigo, dano económico ou calquera situación de inxustiza no mundo. Presentarase o proxecto e o gañador terá dez meses para levalo a cabo. Premios: 1º premio: 12.000€ + estatuilla e diploma; dous finalistas: estatuilla e diploma cada un. Data fin: 10 de xuño de 2010 Máis información
Concurso de carteis Festa da Istoria NOVO Convoca: Fundación Festa da Istoria, Ribadavia Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen. A técnica será libre. Os carteis selecccionados formarán parte dunha exposición. Os premios poderán ser recoñecidos segundo sexan traballos dixitais ou manuais. Premios: 1º premio: 500€ + diploma; 2º premio: 300€ + diploma Data fin: 11 de xuño de 2010 Máis información
Certame de Artes Plásticas Novos Valores 2010 NOVO Convoca: Deputación Provincial de Pontevedra Descrición: poderán participar neste certame, sen límite de idade, todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, etc.) susceptibles de seren considerados novos valores, naturais ou residentes en Galicia. Só se aceptará unha obra por artista en cada especialidade. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. Premios: seis premios de 6.000€ cada un. Data fin: 11 de xuño de 2010 Máis información
Festival Internacional de cine euroárabe AMAL 2010 NOVO Convoca: Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Santiago de Compostela Descrición: as obras seleccionadas, tanto as que opten ao concurso como as que non son participantes, serán proxectadas nas sedes do Festival. Os traballos terán que ser producidos ou coproducidos con países árabes ou de calquera lugar do mundo cuxa temática xire en contorno ao mundo árabe. As curtametraxes, tanto documentais coma de ficción, poderán verse na web do Festival. Haberá unha preselección co envío de: formulario de inscricición, dous fotogramas da película, currículo e foto do director, acreditación dos dereitos da obra, copia do guión, sipnose e "preview copy" da obra en DVD. Unha vez seleccionada, terá que enviarse no formato final antes do 15 de agosto de 2010. Premios: mellor longametraxe de ficción: 5.000€; mellor documental: 3.500€; mellor curtametraxe de ficción: 1.200€; mellor curtametraxe documental: 1.200€; mellor director: 4.000€; premio mellor actriz: trofeo; premio mellor actor: trofeo Data fin: 15 de xuño de 2010 Máis información
III Certamen de pintura RSD Hípica de A Coruña NOVO Convoca: Sociedad Deportiva Hípica da Coruña Descrición: poderán participar artistas maiores de idade, de nacionalidade española ou estranxeira. Cada artista poderá presentar un máximo de dúas obras. A temática estará relacionada coa equitación ou co RSD Hípica. A técnica será libre. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 1.500€ Data fin: 15 de xuño de 2010 Máis información
XV Premios á Investigación Xesús Ferro Couselo 2010 NOVO Convoca: Concello de Valga, Pontevedra Descrición: o tema do traballo serán investigacións de ámbito galego, dentro da especialidade de etnografía, paleografía, numismática, arqueoloxía, historia e historia da arte. Poderán participar autores de calquera nacionalidade, cunha ou máis obras, escritas sempre en lingua galega, inéditas e sen premios anteriores. A extensión será dun mínimo de 50 folios e un máximo de 300. Premio: 4.000€ Data fin: 15 de xuño de 2010 Máis información
XI Bienal Internacional de Gravado Caixanova 2010 NOVO Convoca: Caixanova, Ourense Descrición: poderán presentarse un máximo de dúas obras inéditas e orixinais, en calquera das técnicas gráficas tradicionais: augaforte, augatinta, punta seca, barniz brando, manera negra, linóleo, etc. Quedando excluída a litografía, serigrafía, offset e calquera outro tipo de procedemento e estampación mecánica. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. Premios: 1º premio: 9.000€ + medalla; 2º premio: 3.000€ + medalla; 3º premio: 1.500€ + medalla; cinco mencións honoríficas: 600€ cada unha Data fin: 30 de xuño de 2010 Máis información
Premios Provinciais á Investigación 2010 NOVO Convoca: Deputación Provincial de Pontevedra Descrición: a Deputación de Pontevedra ven dando preferencia especial a quen se adica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e benestar social. Premiaranse traballos de diferentes ámbitos como son: humanidades, cencias sociais, tecnoloxía, etc. entre os que se inclúen as teses e proxectos fin de carreira. Premios: entre 1.800€ ata 3.000€ segundo a modalidade Data fin: 13 de novembro de 2010 Máis información
ESTATAIS
IV Certamen Nacional de Pintura "Acisclo Antonio Palomino" NOVO Convoca: Ayuntamiento de Bujalance, Córdoba Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade, maiores de 16 anos. A técnica e o tema serán libres. Premios: 1º premio: 3.000€; premio local: 1.000€ Data fin: 28 de maio de 2010 Máis información
VII Festival Internacional de Cine Social de Castilla-La Mancha. Concurso de Cortometrajes y Documentales 2010 NOVO Convoca: Asociación Cine Social, Torrijos-Toledo Descrición: a participación está aberta a todos aqueles realizadores maiores de 16 anos que o desexen, de calquera nacionalidade ou residencia. As curtametraxes seleccionadas (16 curtas e 6 documentais) compartirán a proxección cos longametraxes na mostra. A temática terá que ser social: xenofobia, conflicto xeracional, explotación infantil, violencia de xénero, roles sociais, ecoloxía, etc. Premios: 1º premio: 3.000€ + escultura; 2º premio ou premio ao director novo menor de 30 anos: 2.000€ + escultura; premio solidaridade cuxa temática xira en contorno á muller e á infancia: 2.000€ + escultura; premio documenta: a determinar cuantía + escultura; premio xurado novo e de interpretacións: esculturas Data fin: 28 de maio de 2010 Máis información
Concurso Art Plas NOVO Convoca: Intituto Tecnológico del Plástico-AIMPLAS, Valencia Descrición: poderán participar nas tres modalidades: pintura, escultura ou instalación. A temática e a técnica serán libres pero o material terá que ser o plástico en calquera das súas formas, texturas e cores. As obras seleccionadas serán cedidas por un ano a AIMPLAS que se compromete a promocionar as mesmas durante este tempo e que sexan devoltas aos seus propietarios tras este período. Premio: 3.000€ Data fin: 31 de maio de 2010 Máis información
Festival de Cortometrajes "Vivir de cine" 2010 NOVO Convoca: Asociación "Vivir de Cine", Buñol-Valencia Descrición: a participación está aberta a todos os produtores e realizadores nados ou residentes en España. Haberá distintas modalidades: ficción 35mm e BSO, documental, vídeo, animación e videoclip. Premios: entre 500 a 1.000€ segundo a modalidade. Data fin: 1 de xuño de 2010 Máis información
VIII Bienal Internacional de Grabado Ciudad de Borja 2010 NOVO Convoca: Ayuntamiento de Ciudad de Borja, Zaragoza Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade. A técnica empregada debe ser necesariamente sobre plancha de material ríxido (metal, madeira negra, barniz, etc.) tamén poden empregarse técnicas litográficas ou serigráficas e calquera outro recurso gráfico aditivo que o artista considere necesario. As obras seleccionadas formarán parte da Bienal da que se editará catálogo. Premios: 1º premio: 1.803,04€ + exposición individual; 2º premio: 901,52€; accésit: 700€ Data fin: 4 de xuño de 2010 Máis información
Certamen "Ciudad de Tomelloso 2010" NOVO Convoca: Ayuntamiento de Tomelloso e Diputación de Ciudad Real Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen sen importar a súa nacionalidade. As obras adquiridas e seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. Premios: fondo-adquisición de pintura Antonio López García: 10.000€; fondo-aquisición de pintura Francisco Carretero: 3.600€; fondo adquisición de debuxo: 2.500€; fondo adquisición de fotografía: 2.000€ Data fin: 4 de xuño de 2010 Máis información
Concurso de carteles "Fiestas patronales de Sangüesa/Zangoza" 2010 NOVO Convoca: Ayuntamiento de Sangüesa/Zangoza, Navarra Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen coa condición de que os seus traballos sexan orixinais e inéditos. Os carteis selecccionados formarán parte dunha exposición. Premio: 600€; accésit de categoría infantil-xuvenil: 100€ Data fin: 11 de xuño de 2010 Máis información
XI Premio de Pintura Artes Plásticas Universidad de Murcia NOVO Convoca: Universidad de Murcia Descrición: poderán participar toda aquel que o desexe. A técnica e o tema serán libres e so pode enviarse unha obra por autor. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 8.000€ Data fin: 11 de xuño de 2010 Máis información
VI Premio "Escritos sobre arte" NOVO Convoca: Fundación Arte y Derecho, Madrid Descrición: poderán optar ao premio aqueles escritos orixinais e inéditos que versen sobre arte e que estean relacionados coa creación visual. Deixase plena liberdade formal aos textos (ensaio, entrevista, diario de artista, etc.). A extensión non poderá ser inferior a 50 folios nin superior a 100 folios mecanografiados a doble espazo e por unha soa cara. Premio: 6.000€ Data fin: 15 de xuño de 2010 Máis información
IX Certamen Internacional de Fotografía Villa de Andorra NOVO Convoca: Patronato Municipal de Cultura e Centro de Estudios Locales de Andorra, Teruel Descrición: poderán participar aqueles artistas que o desexen sen importar a súa nacionalidade. A tema, a técnica e o estilo son libres, así como o uso do branco e negro ou a cor. Premios: 1º premio: 1.200€; dous accésits: 300€ cada un. Data fin: 15 de xuño de 2010 Máis información
III Concurso Nacional de Pintura "Ciudad de Frías y Parque Natural Montes Obarenes San Zadornil" NOVO Convoca: Asociación Amigos de Frías, Burgos Descrición: poderan participar artistas nados ou residentes en España, cun máximo de dúas obras. A temática será libre para a primeira obra presentada é sobre o folklore, costumes, monumentos e paisaxes da cidade de Frías si presentan dúas. O procedemento pode ser calquera forma de expresión na que se utilice óleo, acuarela, acrílicos ou técnicas mixtas. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 6.000€ + trofeo; 2º premio: 3.000€ + trofeo; mencións de honra Data fin: 21 de xuño de 2010 Máis información
XI Premio de Grabado "San Lorenzo del Escorial" NOVO Convoca: Ayuntamiento de San Lorenzo del Escorial, Madrid Descrición: poderán participar artistas residentes en España e en Saint-Quentin, cidade francesa irmanada con San Lorenzo del Escorial. Admitiránse os seguintes procedementos de arte gráfico: gravado calcográfico, gravado en madeira, litografía e serigrafía. Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 700€ Data fin: 22 de xuño de 2010 Máis información
XII Premio de Pintura "Fundación Mainel" 2010 NOVO Convoca: Fundación Mainel, Valencia Descrición: poderán participar todos aqueles artistas nados despois do 31 de decembro de 1974, sen importar a súa nacionalidade. O tema será libre, así coma os soportes e materiais empregados. Premios: 1º premio: 3.000€; dez mencións honoríficas Data fin: 25 de xuño de 2010 Máis información
XV Certamen Nacional de Creación Audiovisual de Cabra NOVO Convoca: Ayuntamiento de Cabra, Córdoba Descrición: poderán participar artistas nados ou residentes en España con obras inéditas, orixinais e en castelán (non subtituladas) e realizadas con posterioridade a xaneiro 2009. O premio equivale á adquisición de dereitos de proxeción por parte de RTVA. Premios: 1º premio: 2.700€ + placa; premio RTVA á creación andaluza: 1.500€; premio á mellor produción amateur: 900€ + placa; premio 5' á mellor obra de menos de cinco minutos: 750€ + placa; premio "recreation" ao mellor curtametraxe de animación: 500€ + placa Data fin: 25 de xuño de 2010 Máis información
X Premio Bancaja de proyectos para cortometrajes NOVO Convoca: Bancaja Descrición: a convocatoria está aberta a todo o mundo de fala hispana e as candidaturas e proxectos poden enviarse a través de formato electrónico. Premiaranse propostas de curtametraxes ou proxectos cinematográficos. Premios: 1º premio: 30.000€; dous mencións de honra: 6.000€ cada unha Data fin: 30 de xuño de 2010 Máis información
Premio Biennal de Arte Ciutat d´Amposta NOVO Convoca: Ajuntament de Amposta Descrición: participación aberta a todos aqueles artistas de ámbito estatal que participen con obras orixinais e inéditas, sen ningún tipo de restricción de tema, técnica ou dimensións. Premios: 1º premio: 4.000€; dous premios-adquisición: 1.200€ cada un. Data fin: 30 de xuño de 2010 Máis información
XXI Circuitos de Artes Plásticas Comunidad de Madrid NOVO Convoca: Vicepresidencia, Consejería de Cultura y Deporte, Comunidad de Madrid Descrición: a través desta convocatoria seleccionaranse dez artistas plásticos, residentes na comunidade de Madrid e menores de 35 anos. O tema, a técnica e os materiais a utilizar serán libres. Cada un recibirán unha axuda económica e participará na exposición colectiva que organizará a Dirección General de Archivos, Museos y Bibliotecas. Premios: como máximo 3.000€ por proxecto, a cuantía total destinada a premiar aos artistas é de 15.000€. Data fin: 30 de xuño de 2010 Máis información
VI Cortomenar 2010 NOVO Convoca: Ayuntamiento de Colmenar Viejo, Madrid Descrición: establécense dúas categorías para as curtametraxes: a) mellor curtametraxe; b) mellor curtametraxe menos longa. A temática é aberta: documental, ficción, animación, experimental, etc. As curtametraxes seleccionadas formarán parte do festival que se celebrará no Auditorio "Villa de Colmenar Viejo" do 24 ao 27 de novembro de 2010. Premios: a) mellor curtametraxe: 1.100€; b) mellor curtametraxe menos longa: 600€; premio do xurado á mellor interpretación: 500€; mellor son e mellor fotografía: mencións de honra Data fin: 30 de xuño de 2010 Máis información
VII Certamen Internacional de Fotografía Cerdá y Rico NOVO Convoca: Ayuntamiento Cabra del Santo Cristo, Xaén Descrición: poderán participar todos aqueles fotógrafos profesionais ou afeccionados que o desexen. O tema, a técnica e o tratamento serán libres para o primeiro e segundo premio. Para o terceiro premio o tema xirará en contorno a Sierra Mágina e comarca. Os traballos terán que ser series de tres a cinco fotografías. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. Premios: 1º premio: 3.000€ + diploma e medalla; 2º premio: 2.000€ + diploma e medalla; 3º premio: 1.000€ + diploma e medalla. As medallas de bronce están valoradas en 1.000€. Data fin: 30 de xuño de 2010 Máis información
VII Certamen Nacional de Esculturas Flotantes NOVO Convoca: Ayuntamiento de Laguna de Duero, Valladolid Descrición: poderán participar aqueles artistas que o desexen sen importar nacionalidade nin residencia. O tema será libre. As esculturas poderán ser "definitivas", coa axuda dunha plataforma propiedade do concello ou ben "autoflotante". O material ten que ser apto para a ornamentación pública á intemperie, non se admitirán esculturas feitas con materiais fráxiles. A selección levarase a cabo primeiramente por medio de bosquexos. Premios: 1º premio: 9.000€; catro accésits: 300€ cada un. Data fin: 2 de xullo de 2010 Máis información
Concurso de carteles "Jazz de Tortosa" NOVO Convoca: Jazz Tortosa Descrición: a técnica para realizar o cartel será libre pero necesariamente deberá poder reproducirse en cuatriconomía mediante impresión offset. Os carteis seleccionados formarán parte dunha exposición. Premio: 700€ Data fin: 4 de xullo de 2010 Máis información
XXXIII Concurso Nacional de Pintura Casimiro Sainz NOVO Convoca: Ayuntamiento de Reinosa, Cantabria Descrición: poderán participar todos os artistas nados ou residentes en España. O tema e a técnica serán libres. A selección levarase a cabo previamente ao envío a través dun dossier. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 3.500€ Data fin: 10 de xullo de 2010 Máis información
III Certamen de Acuarela "Ciudad de Ceuta" Premio Manuel Rejano NOVO Convoca: Consejería de Cultura, Educación y Mujer Ciudad Autónoma de Ceuta Descrición: poderán participar cun máximo de dúas obras por autor, todos os artistas que o desexen sen importar a súa nacionalidade. O tema da obra será libre e a técnica será a acuarela. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 3.000€ + diploma Data fin: 15 de xullo de 2010 Máis información
XIII Festival de Cine "Ciudad de Astorga". Cortometrajes NOVO Convoca: Ayuntamiento de Astorga Descrición: convocatoria aberta a todos os produtores e realizadores do cine español. Poderánse presentar ao certame películas de formato de 35 mm., mudas ou con son incorporado, de produción española e cunha duración máxima de 30 minutos. A organización reservase o dereito de exhibir as películas presentadas nos lugares públicos que considere oportunos. Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 1.500€; 3º premio: 800€; mellor actriz, actor, fotografía, animación e guión: 300€ cada un; mellor banda sonora e mellor documental: un galardón cada un; premio especial do público: 800€; mellor curtametraxe realizada en Castela e León: 700€; premio especial sobre Alzheimer: 700€; premio especial sobre emprendedores empresariais: 700€. Data fin: 15 de xullo de 2010 Máis información
II Certamen Internacional de Vídeo Digital NOVO Convoca: Festival de Cine de Astorga e Asociación de Amigos del Camino de Astorga Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen sen importar a súa nacionalidade, con obras que como máximo duren 5 minutos. O tema do concurso será "o camiño máis curto... o máis curto do camiño", sobre aspectos referidos tanto ao Camiño de Santiago como aos camiñantes e as súas experiencias. Poderán presentarse traballos de distinto xénero: ficción, documental, experimental, video-clips, animación, agás os referidos a institucións ou publicitarios. Seleccionaranse vinte curtametraxes que poderán ser visualizadas na web do Festival. Premios: 1º premio: 1.700€ + diploma; 2º premio: 500€ + diploma; 3º premio: 400€ + diploma; 4º premio ao fomento da solidariedade entre peregrinos: 600€ + diploma Data fin: 15 de xullo de 2010 Máis información
Concurso Artístico Internacional "Las ánimas del Purgatorio" NOVO Convoca: Sociedad de Estudios San Gregorio Magno, Valladolid Descrición: poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen importar a súa nacionalidade e idade. A técnica será libre: pintura, óleo, acuarela, rotuladores, etc. ou calquera outra modalidade: escultura, vídeo, infografía, etc. O motivo das obras deberá estar baseado e facer referencia ao tema "as ánimas do purgatorio". Premio: 1º premio: 4.000€ + diploma; 2º premio: 2.500€ + diploma; obras seleccionadas: diploma; premio para o centro ou mestre do concursante: ordenador portátil + diploma Data fin: 16 de xullo de 2010 Máis información
VIII Certamen Internacional de Artes Plásticas "Aires de Córdoba" NOVO Convoca: Asociación Cultural Aires de Córdoba Descrición: poderán participar artistas plásticos de todo o mundo, sen límite de idade. Haberá dúas modalidades: pintura e gravado. Os temas, formatos, estilos e técnica son libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición na Sala Aires da que se editará catálogo e tamén serán publicadas na web oficial. Premios: premio de pintura: 1.500€ + placa + reportaxe crítico promocional na Revista Cultural Aires de Córdoba; cinco mencións de honra de pintura: diploma + certificado; premio de gravado: 500€ + placa + reportaxe crítico promocional na Revista Cultural Aires de Córdoba; cinco mencións de honra de gravado: diploma + certificado; premio de honra: diploma + exposición individual na Sala Aires Data fin: 13 de agosto de 2010 Máis información
Premio a la experimentación en el ámbito de la obra seriada NOVO Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: o obxectivo deste premio é o apoio e a axuda aos proxectos creativos relacionados coa promoción, a investigación e a experimentación de técnicas e procesos innovadores dentro do ámbito da gráfica e outras disciplinas seriadas. Premiarase o proxecto que destaque pola súa innovación, calidade e experimentación en técnicas de estampación e seriación. Premio: 8.000€ (4.000€ como honorarios do artista e 4.000€ como gastos de produción). Data fin: 31 de agosto de 2010 Máis información
Premio Pilar Juncosa para un Proyecto Educativo NOVO Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca Descrición: a Fundación otorgará un premio para a realización dun proxecto educativo relacionado coas artes visuais, a realizar na Fundación Pilar i Joan Miró de Palma de Maiorca. Dito proxecto deberá promover e motivar o achegamento dun sector de público específico (nenos, adultos, personas maiores, etc.) á arte contemporánea. Premio: 6.000€ (2.500€ en concepto de deseño do proxecto e 3.500€ para a realización do proxecto na Fundación, incluíndo bolsa de viaxe, dietas, aloxamento, produción no taller e dinamización do proxecto). Data fin: 31 de agosto de 2010 Máis información
Concurso Audiovisual "Instantes de Paisaje" 2010 NOVO Convoca: CDAN-Fundación Beulas, Huesca Descrición: o obxecto da convocatoria é a selección dun máximo de dez proxectos co fin de fomentar a idea de paisaxe e creación audiovisual. O concurso está aberto a todos aqueles amantes das artes plásticas e poderán enviar un máximo de dúas pezas por participante. As pezas seleccionadas poderán ser exhibidas no marco das mostras realizadas polo CDAN na súa programación ou no contorno do Festival de Cine de Huesca. Premios: 1º premio: 2.500€; 2º premio: 1.000€ Data fin: 1 de setembro de 2010 Máis información
IV Concurso Fotográfico Digital de ATCORE NOVO Convoca: ATCORE, Asociación de Enfermos y Transplantados de Corazón y Pulmón. Concurso en liña. Descrición: o tema desta edición trata de poñer cara ao conxunto e contorno das persoas que viven directa ou indirectamente a realidade dos enfermos e transplantados. Familiares, amigos, etc. deberán ser retratados individual ou colectivamente e nos seus rostros deberán transmitir o que o autor busque: esperanza, futuro, alegría, etc. Os fotógrafos participantes so poderán ser afeccionados, non profesionais. A inscrición é de balde e poden enviarse como máximo dúas fotografías dixitais (branco e negro ou cor). Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 600€; 3º premio: 300€ Data fin: 3 de setembro de 2010 Máis información
Concurso Nacional de Cine de Animación ANIMAINZÓN 2010 NOVO Convoca: Ayuntamiento de Ainzón, Zaragoza Descrición: poderán presentarse todos aqueles que o desexen, residentes en España e sen limitación de idade. So existe a categoría de animación. Os traballos seleccionados formarán parte do Festival no que o público votará o seu premio. O premio especial do xurado será para aquel traballo que máis se achegue ao mundo do viño e a súa cultura. Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 500€; premio do público: 600€; premio especial do xurado: 1.000€ Data fin: 4 de setembro de 2010 Máis información
VI Premio Internacional de Pintura Julio Quesada NOVO Convoca: Museo Julio Quesada, Alicante Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade cunha obra orixinal por autor/a que non fora premiada en ningún certame. O tema e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 5.000€; 2º premio: 2.000€; mención de honra ao mellor artista local: 1.000€ Data fin: 10 de setembro de 2010 Máis información
XXXI Certamen Artístico Villa de Amurrio 2010 NOVO Convoca: Ayuntamiento de Amurrio Descrición: poderán participar aqueles artistas que o desexen de calquera nacionalidade ou residencia. A técnica e o tema serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio: 4.000€ + escultura; 2º premio: 1.500€ + escultura; premio mellor artista local: 1.000€ + escultura Data fin: 17 de setembro de 2010 Máis información
X Concurso Internacional de Diseño "Andreu World" NOVO Convoca: Andreu World S.A., Chiva-Valencia Descrición: poderán participar estudantes de deseño ou deseñadores, sen limitación de idade. Valoraranse as aportacións innovadoras (mediante un estudio de viabilidade) que faciliten o aumento do nivel de calidade nos produtos. Analizaranse a relación cos seguintes aspectos: custo de produción, cumprimento das funcións previstas e de ergonomía. Os deseños deberán ser presentados para poder ser producidos de maneira mecanizada e en serie. O produto deberá ser orixinal, é dicir, que non fora realizado o seu deseño con anterioridade. Ademáis do premio pagaranse os "royalties" que correspondan. Premios: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.000€ Data fin: 20 de setembro de 2010 Máis información
XXIV Premio de Pintura Emilio Ollero NOVO Convoca: Diputación Provincial de Jaén Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade, sendo o terceiro premio reservado a artistas andaluces menores de 35 anos. O tema será libre. Os criterios de valoración serán os seguintes: calidade artística en consonancia co seu tempo, con aceptación de todas as tendencias, 10%; valoración, especialmente, da personalidade creativa, 80%; contribución importante ao mundo da arte, 10%. Premios: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 4.000€ Data fin: 30 de setembro de 2010 Máis información
|