rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA // CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

BOLETÍN DE CONVOCATORIAS :: SETEMBRO 2010

 

BOLSAS - AXUDAS 
 
ESTATAIS  

Beca Ciutat d´Olot de Proyectos de comisariado         NOVO 
Convoca: Institut de Cultura de la Ciutat d´Olot, Cataluña
Descrición: poderán participar os diplomados, licenciados ou estudantes de postgrao en Belas Artes, Historia da Arte, Filosofía e Estética, Humanidades ou Crítica. Deberán expoñer un proxecto de comisariado inédito.
Dotación: 4.500€
Data fin: 30 de setembro de 2010
Máis información   


Programa de Apoyo a Artistas Plásticos y Colectivos Artísticos   
 
Convoca: Caja de Burgos
Descrición: a convocatoria establece a concesión de axudas económicas para colaborar na produción de proxectos expositivos nas seguintes disciplinas: pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación, gravado e técnicas de estampación. 
Dotación: non consta
Data fin: 29 de outubro de 2010
Máis información   

I Certamen Internacional de Artes Plásticas AIBACC      
Convoca: Sala AIBACC, Girona
Descrición: realización dunha obra dentro do campo das artes plásticas, onde o tema, a técnica e o estilo sexan libres. Poden participar artistas e creadores de todo o mundo, sen límite de idade. Este certame posue unha cuota de inscrición de 25€.
Dotación: tres bolsas de distintas estadías dun mes na Residencia de Artistas-Centro de Creación e Investigación Artística en Girona, cunha duración.
Data fin: 30 de novembro de 2010
Máis información

CURSOS E OBRADOIROS 

AUTONÓMICOS  

Espazos sonoros: Obradoiro para facer dun xoguete un instrumento electrónico, por Olaf Ladousse       NOVO 
Convoca: Espazos Sonoros. Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura; Consellería de Cultura e Turismo
Lugar: MARCO, Museo de Arte Contemporáneo de Vigo
Descrición: o doorag (xoguete modificado) é un instrumento musical electrónico baseado no proceso chamado "circuit-bending", que consiste en alterar o circuíto electrónico de baixa voltaxe dun xoguete. É doado de realizar e non ten risco de electrocución xa que se traballa correntes de entre 6 e 9 voltios. Empréganse elementos de pequeno tamaño e un soldador de estaño faise imprescindible. Trátase de abrir, inspeccionar e fedellar con xoguetes para, a partir deles, construír intrumentos musicais de carácter único.
Prezo: de balde
Data: 28 de setembro de 2010. Inscripción ata 24 de setembro de 2010 en obradoiros@espazossonoros.org
Máis información

A fotografía: historia doutra mirada     NOVO 
Convoca: MARCO, Museo de Arte Contemporáneo de Vigo
Descrición: nesta tempada 2010-2011, o MARCO pon en marcha unha nova edición deste curso, impartido por Ana Pereira Molares, moi ampliado en calendario e contidos, que realiza un percorrido pola historia da fotografía, dende o seu nacemento ata as últimas tendencias.
Inscrición e matrícula a partir do 7 de setembro. O persoal de taquilla está á súa disposición para proporcionarlle as fichas de inscrición e calquera información complementaria, que tamén pode solicitar a través do correo-e pilar.souto@marcovigo.com ou no teléfono 986.11.39.00, en horario de luns a venres, de 9.30 a 15.00 e de 16.00 a 19.00
Horario de taquilla: martes a sábados, de 11.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 15.00

Prezo: 180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO), coa posibilidade de pago fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.
Datas: 6 de outubro de 2010-25 de maio de 2011 
Máis información

Unha relectura das vangardas: da ilusión ao escepticismo     NOVO 
Convoca: MARCO, Museo de Arte Contemporáneo de Vigo
Descrición: nesta tempada 2010-2011, o MARCO organiza un novo curso impartido por Ana Pereira Molares, cun percorrido polas vangardas históricas do século XX.
Inscrición e matrícula a partir do 7 de setembro. O persoal de taquilla está á súa disposición para proporcionarlle as fichas de inscrición e calquera información complementaria, que tamén pode solicitar a través do correo-e pilar.souto@marcovigo.com ou no teléfono 986.11.39.00, en horario de luns a venres, de 9.30 a 15.00 e de 16.00 a 19.00
Horario de taquilla: martes a sábados, de 11.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 15.00
Prezo: 180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO), coa posibilidade de pago fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.
Datas: 6 de outubro de 2010-25 de maio de 2011 
Máis información

ARTE + GRANDES EVENTOS        NOVO
Convoca: Consello da Cultura Galega; Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela
Descrición: a través destas dúas xornadas de charlas e debate abordaránse diferentes perspectivas: desde a visión sociolóxica ata a crítica institucional ou as teorías da cultura e da espectacularización do feito artístico, pasando pola voz dos propios creadores, así como a opinión de directores de museos, centros de arte, bienais, feiras ou xestores de eventos.
Prezo: 10€
Datas: 6-7 de outubro de 2010
Máis información

IV Seminario "obradoiro de historia moderna": poder, imaxes, opinión pública e propaganda na idade moderna    
Convoca: USC, Santiago de Compostela
Descrición: seminario impartido polo departamento de Historia Medieval e Moderna, da man de Roberto Javier Lopez Lopez.
Prezo: de balde
Datas: 28-29 de outubro de 2010
Máis información

ESTATAIS 

Piensa Madrid 3      NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: debates específicos enfocados en aspectos vitais á emerxencia do urbano. Durante dúas xornadas de debate hablarase de dous aspectos centrais na construcción dos contextos urbanos democráticos. As infraestructuras da creatividade, a cultura e as tecnoloxías do público. Este obradoiro está dirixido a universitarios dos últimos cursos e profesionais de arquitectura, socioloxía, arte, etc. e persoas interesadas na cidade de Madrid.
Prezo: de balde, previa inscripción.
Datas: 22-23 de setembro de 2010
Máis información

Experimenta. Ruido generativo, con Roc Jiménez        NOVO 
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: unha introducción aos sistemas xenerativos aplicados ao arte e en especial á música. Un repaso histórico ao uso de algoritmos e regras para xenerar pezas, desde a antigüedade ata a era do ordenador. Roc Jiménez afondará nalgunhas prácticas xenerativas musicais da actualidade a partir de pezas propias e dos seus colaboradores habituais e invitará aos participantes a compartir as súas propias obras, experiencias ou inquedanzas no terreno da composición xenerativa. Está dirixido a artistas sonoros e audiovisuais, músicos, persoas interesadas na arte electrónica, etc.
Prezo: 15€
Datas: 30 de setembro-2 de outubro de 2010
Máis información

Instalación sonora colectiva, con Pablo Serret de Ena         NOVO 
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: realización dunha instalación colectiva na que a participación dos asistentes determinará a súa apariencia final e cualidades. A partir da súa creación estudiaranse as características que poidan definir a obra como intérprete, público, canal e espazo, e a difusas barreiras entre elas. Este obradoiro está dirixido a persoas con alto nivel de implicación, interesadas na experimentación e creación artística dentro do medio sonoro ou calqueira outra disciplina.
Prezo: 15€
Datas: 30 de setembro-2 de outubro de 2010
Máis información

La Línea de Parrasio. Estrategias de dibujo: experimentación, prácticas de taller e historia del arte    NOVO
Convoca: Fundación de Amigos del Museo del Prado, Madrid
Descrición: baixo a dirección de Salvatore Settis, eminente arqueólogo e historiador da arte e director da Scuola Normale Superiore de Pisa. A cátedra articularase a través de seis conferencias que xirarán entorno a historia do debuxo desde a Antigüedade ata os tempos de Carvaggio e Rubens, as súas distintas modalidades, o discurso teórico baseado nas fontes antigas e o uso do debuxo como procedemento e experimentación. Incripción antes do dia 30 de setembro.
Prezo: membros da Fundación Amigos del Museo del Prado: 180€; profesionais de museos, profesores universitarios e estudantes: 125€ 
Datas: novembro 2010 - abril 2011. Inscricións ata o 30 de setembro de 2010.
Máis información

Electricidad y cosas animadas     
NOVO 
Convoca: Arteleku, Guipuzkoa
Descrición: curso impartido por Gail Wigt sobre o arte cinético. Trátanse de obras cinéticas contemporáneas por ordenador. Este obradoiro vai ofrecer unha introducción a compoñentes básicos dos sistemas electrónicos empregados ao facer arte cinético: que fan, como interaccionan entre eles e como empregalos. Aprenderemos a contruir circuitos simples, con especial atención a interruptores e unha variedade de sensores. Aprenderemos a construir sensores patindo de obxetos cotiás, e a convertilos por medio do deseño en obras de arte e instalacións ambientais. Traballaremos tamén con algúns microcontroladores simples. Neste obradoiro farase especial hincapé no uso da electrónica para imitar comportamentos moi reais e o uso de sensores para responder a cousas animadas e a cambios medioambientais. Non é necesaria ningunha experiencia previa no campo da electrónica.
Prezo: non consta
Datas: 4-8 de outubro de 2010
Máis información

El arte como imagen. Un debate crucial para el arte contemporáneo          NOVO 
Convoca: Real Asociación Amigos del Museo Reina Sofía, Madrid
Descrición: co presente curso, trtaráse de abordar todas as cuestións e problemas que se nos plantexa hoxe as imaxes. Desde o punto de vista técnico. social. estético, antropolóxico e filosófico.
Prezo: non consta
Datas: 13 de outubro o 18 de novembro de 2010
Máis información

Artescrituras: Cruces contemporáneos entre arte y literatura        
NOVO
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: ante o "enfrentamento" entre a literatura e a arte, este obradoiro reunirá a escritores e artistas visuais que deixen atras a diferenciación estricta entre as dúas especies. Está dirixido a escritores, artistas e un público amplio e interesado pola cultura contemporánea, as súas novas voces e estratexias creativas.
Prezo: 45€
Datas: 20-22 de outubro de 2010
Máis información

Una lectura de "Histoire(s) du cinema", con Paulino Viota
        NOVO 
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: Historie(s) du cinéma de Godard convoca unha multitude de fragmentos emblemáticos e os amalgama con técnica segura e creatividade visionaria, para precipitar unha nova materia mixta e indisoluble, unha forma sen precedentes, que supoñe a culminación do inventado polos cineastas en estos primeros cen anos, e a primeira realización do que vislumbraba Octavio Paz cando dicía que a poesía do futuro será audiovisual ou non será. Neste obradoiro exporanse os procedementos que o cineasta inventou e explotou, facilitando a súa comprensión.
Prezo: 45€
Datas: 25-29 de outubro de 2010
Máis información

"Reciclaje de la exposición: Con los ojos abiertos, de Petra Blaisse", con Insideoutside y peSeta      NOVO 
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: neste obradoiro vaise reciclar a partir do material utilizado na exposición "Con los ojos abiertos" que a artista Petra Blaisse realizou no edificio de La Casa Encendida. Este obradoiro esta dirixiso a artistas, deseñadores e persoas interesadas nos procesos creativos en torno a reutilización de materiais.
Prezo: 45€
Datas: 10-14 de novembro de 2010
Máis información

Alegorías        NOVO 
Convoca: Arteleku, Guipuzkoa
Descrición: curso de fotografía impartido por Karen Knorr. "Ça a été!, é a frase coa que Roland Barthes resume, en La cámara lúcida, a esencia da fotografía." Iso existiu. Ante a imaxe, a miña primera reacción é constatar a existencia , nun momento dado da historia, de aquelo que se mostra". Barthes non negaba a posibilidade dunha retórica da imaxe, á que dedicou un dos seus primeros textos sobre a fotografía, pero para el, a constancia do real imponse por enriba das manipulacións do fotografo, e o curso debatirá este e outros temas relacionados.
Prezo: non consta
Datas: 15-18 de novembro de 2010
is información  

Jornadas de producción cultural crítica en la práctica artística y educativa actual      NOVO 
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: quérese reflexionar sobre os procesos de traballo que activan aprendizaxes en todos os ámbitos da creación: no produto ou no proceso artístico, no traballo curatorial, expositivo e no contexto das comunidades e dos públicos. 
Prezo: 45€
Datas 26-28 de novembro de 2010
is información

Encuentro de profesionales de la Educación en museos y centros de Arte Contemporáneo     
NOVO 
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descricicón: trátase de fortalecer a comunicación de experiencias que nos axude a xenerar novos procesos entre as Pedagoxías Críticas e a Arte Contemporánea. O formato do encontro será a través de catro mesas de traballo que definiron e xestado no I Encuentro.
Prezo: 50€
Datas: 26-28 de novembro de 2010
is información

La isla de los otros, taller con Carles Congost       NOVO 
Convoca: La Casa Encendida, Madrid
Descrición: este obradoiro ofrece a posibilidade de xenerar discursos alternativos e inéditos que alteren  a convivencia dos personaxes da famosa serie de televisión "Lost" a partir da manipulación do material existente e de grabacións realizadas en croma polos alumnos. De carácter práctico, o obxetivo do obradoiro é aportar  "outros" alicientes e expectativas á isla. Está dirixido a estudantes e profesionais relacionados con calquera disciplina artística.
Prezo: 45€
Datas: 13-17 de decembro de 2010
 is información  



PREMIOS 
 

AUTONÓMICOS    

Festival Internacional de Curtametraxes "Curtopía"     
Convoca: Concellería de Xuventude, Vigo
Descrición:  festival adicado aos rapaces menores de 30 anos, de calquera nacionalidade. Débese realizar unha obra audiovisual tendo como escenario a cidade de Vigo.
Premios: mellor videoclip: 400€; mellor curtametraxe documental: 800€; mellor curtametraxe de ficción: 800€; mellor obra galega: 400€
Data fin: 15 de setembro de 2010
Máis información

Premios Provinciais á Investigación 2010 
Convoca: Deputación Provincial de Pontevedra
Descrición: a Deputación de Pontevedra ven dando preferencia especial a quen se adica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e benestar social. Premiaranse traballos de diferentes ámbitos como son: humanidades, cencias sociais, tecnoloxía, etc. entre os que se inclúen as teses e proxectos fin de carreira.
Premios: entre 1.800€ ata 3.000€ segundo a modalidade
Data fin: 13 de novembro de 2010

Máis información

PLAY-DOC        NOVO 
Convoca: Asoción Cultural ENFOQUES, Tui
Descrción: Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui é un evento cultural co obxetivo de crear un punto de encontro e a vez plataforma de exhibición para público, profesionais e realizadores de todo o mundo, asegurando a promoción das obras e dos seus autores. Están invitados a participar todos aqueles realizadores e/ou productoras que posuan dereitos de exhibición das obras que presenten.
Premio: trofeo + dotación económica por determinar
Data fin: 15 de novembro de 2010

Máis información

ESTATAIS  

X Bienal de pintura "Villa de Noreña" Principado de Asturias        
Convoca: Asociación Cultural Contigo-Noreña, Asturias.
Descrición: realización de dúas obras de tema e técnicas libres. Poderan participar artistas interesados de calquera idade e nacionalidade.
Premio: 3.000€ + certificado acreditativo
Data fin: 6 de setembro de 2010
Máis información

II Concurso de Fotografía "5 al día"        
Convoca: Asociación "5 al día", Madrid
Descrición: poderán participar aqueles fotógrafos afecionados ou profesionais residentes en España e maiores de 18 anos. O tema é "5 o día", dado a Asociación promove unha alimentación rica en frutas e hortalizas.
Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.000€; 3º premio: 1.000€
Data fin: 6 de setembro de 2010
Máis información

VI Premio Internacional de Pintura Julio Quesada
 
Convoca: Museo Julio Quesada, Alicante
Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade cunha obra orixinal por autor/a que non fora premiada en ningún certame. O tema e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 5.000€; 2º premio: 2.000€; mención de honra ao mellor artista local: 1.000€
Data fin: 10 de setembro de 2010
Máis información

II Concurso de Fotografía Solar     
Concova: www.solarweb.net
Descrición: o concurso está aberto a fotógrafos profesionais ou afeccionados, interesados en participar e aportar valor artístico á enerxía solar a través da fotografía. As categorías serán: enerxía solar fotovoltaica, enerxía solar térmica, enerxía solar termoeléctrica, integración arquitectónica da enerxía solar, enerxia solar e cooperación.
Premios: 1º premio: 1.000€; once accésits: 70€ cada un aos mellores de cada categoría; accésit especial: 100€
Data fin: 10 de setembro de 2010
Máis información

Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña    
Convoca: Médicos del Mundo, Madrid
Descrición: poderan participar fotógrafos afecionados e profesionais, maiores de idade e de calquera nacionalidade. As fotografías terán como tema a acción humanitaria, a cooperación internacional e a exclusión social, etc.
Premios: bolsa de traballo: 8.000€; dous accésit de 1.000€ cada un.
Data fin: 15 de setembro de 2010
Máis información

I Concurso Internacional de Artes Plásticas para Jóvenes Creadores       NOVO 
Convoca: Centro Comercial La Maquinista, Barcelona
Descrición: este concurso ten como obxetivo promover a arte contemporánea, favorecer a creación e abrir novas canles para os artistas novos. Poderan participar creadores de calquera disciplina, nacionalidade e país de residencia de entre 18 e 40 anos, individualmente ou en equipo.
Premios: dous premios de 5.000€ cada un.
Data fin: 15 de setembro de 2010
Máis información
 

XXXI Certamen Artistico Villa de Amurrio  
Convoca: Ayuntamiento de Amurrio
Descrición: poderán participar aqueles artistas que o desexen de calquera nacionalidade ou residencia. A técnica e o tema serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 4.000€ + escultura; 2º premio: 1.500€ + escultura; premio mellor artista local: 1.000€ + escultura
Data fin: 17 de setembro de 2010
Máis información

Premio Internacional de Pintura Focus-Abengoa 2010        
Convoca: Fundación Focus-Abengoa, Sevilla
Descrición: poderán participar aquelas persoas interesadas de calquera nacionalidade e idade, cunha obra pictórica de tema e técnica libres.
Premios: 1º premio: 24.000€; dos accésit de 6.000€ cada un.
Data fin: 20 de setembro de 2010
Máis información

X Concurso Internacional de Diseño "Andreu World"  
Convoca: Andreu World S.A., Chiva-Valencia
Descrición: poderán participar estudantes de deseño ou deseñadores, sen limitación de idade. Valoraranse as aportacións innovadoras (mediante un estudio de viabilidade) que faciliten o aumento do nivel de calidade nos produtos. Analizaranse a relación cos seguintes aspectos: custo de produción, cumprimento das funcións previstas e de ergonomía. Os deseños deberán ser presentados para poder ser producidos de maneira mecanizada e en serie. O produto deberá ser orixinal, é dicir, que non fora realizado o seu deseño con anterioridade. Ademáis do premio pagaranse os "royalties" que correspondan.
Premios: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.000€
Data fin: 20 de setembro de 2010
Máis información

Concurso de pintura "Villa de Moriles"          
Convoca: Ayuntamiento de Moriles, Córdoba
Descrición: realización dunha obra pictórica de tema e técnica libres. Poderán participar aquelas persoas interesadas, de calquera idade e nacionalidade.
Premios: 1.200€ + Diploma; accésit (para os residentes en Moriles): 150€ + Diploma
Data fin: 20 de setembro de 2010

Máis información


XXIV Premio de Pintura Emilio Ollero   
Convoca: Diputación Provincial de Jaén
Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade, sendo o terceiro premio reservado a artistas andaluces menores de 35 anos. O tema será libre. Os criterios de valoración serán os seguintes: calidade artística en consonancia co seu tempo, con aceptación de todas as tendencias, 10%; valoración, especialmente, da personalidade creativa, 80%; contribución importante ao mundo da arte, 10%.
Premios: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 4.000€
Data fin: 30 de setembro de 2010
Máis información

V Certamen Bienal Internacional de Pintura y Fotografía de Zafra        
Convoca: Centro de Iniciativas Turísticas de Zafra, Badajoz
Descrición: realización de dúas obras pictóricas ou fotográficas de tema libre. Poderan participar aquelas persoas interesadas de calquera idade e nacionalidade.
Premios: os premios oscilan desde 600€ ata 3.500€ segundo a disciplina.
Data fin: 30 de setembro de 2010
Máis información

Concurso Internacional de Creación Contemporánea
sobre la memoria de Andalucía Imagenera 2010              
Convoca: Fundación Pública Andaluza Centro de Estudios Andaluces, Sevilla
Descrición: nesta covocatoria levaránse a cabo duas disciplinas: creación documental e artes plásticas. Realizarase unha obra que represente a Memoria Andaluza.
Premios: 1º premio: 7.000€ + Estrella de Plata; dous accésit: 3.500€ cada un.
Data Fin: 30 de setembro de 2010

Máis información
 

La excelencia en fotografía de naturaleza CAM      NOVO 
Convoca: CAM, Obras Sociales, Alicante
Descrición: concurso fotográfico onde aquelas persoas , afecionadas ou profesionais, españolas ou estranxeiras, sempre que sexan autores das imaxes, poden participar. O tema é a natureza, en nove categorías distintas.
Premios: 1º premio: 6.000€; 2º premio: 1.500€; 3º premio: 500€
Data fin: 30 de setembro de 2010
Máis información 

XXV Premio BMW de Pintura       NOVO 
Convoca: BMV, Barcelona
Descrición: poderán concurrir os pintores españois ou estranxeiros residentes en España. O tema e a técnica son de libre elección.
Premio:  25.000€
Data fin: 30 de setembro de 2010
Máis información 

8º Concurso Nacional de Fotografía "Huevos Pitas" 2010         NOVO 
Convoca: www.huevospitas.es
Descrición: poderán participar aqueles fotógrafos, afecionados ou profesionais residentes no territorio español. Entregarase unha soa obra tendo como tema principal o ovo.
Premio: 1º premio: 900€ + diploma; 2º premio: 400€ + diploma; 3º premio: 200€ + diploma
Data fin: 30 de setembro de 2010
Máis información 

11º Festival de Cine "OPERA PRIMA" Ciudad de Tudela       NOVO 
Convoca: Castel Ruiz, Tudela
Descrición: Ditas longametraxes serán de nacionalidade española e deberán estar producidos despois do 1 de novembro de 2009 e estreados comercialmente a partir desa data.
Premios: 1º premio: 12.000€; 2º premio: 9.000€; 3º premio: 6.000€; 4º premio: 2.400€
Data fin: 5 de outubro de 2010
Máis información 

I Concurso de Pintura para Artistas Jóvenes       
Convoca: Sociedad Española de Neurología (SEN), Barcelona
Descrición: relización dunha obra pictórica centrada no tema da neuroloxía e o cerebro. A técnica é libre. Poderán particidar persoas de calquera nacionalidade menores de 35 anos.
Premio: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.500€; 3º premio: 2.000€; premio do socio: 1.500€
Data fin: 8 de octubro de 2010
Máis información

VI Bienal de Arte Riudebitlles sobre papel        NOVO 
Convoca: Ayuntament de Sant Pere de Riudebitlles, Cataluña
Descrición: este certame ten como propósito o achegamento á arte contemporánea e a creatividade artística aos riudebitlenses e os visitantes do municipio en xeral. Deben ser obras en soporte de papel ou que utilicen o papel como materia prima, sexa a disciplina que sexa. As técnicas á utilizar son libres.
Premio: 1º premio: 2.500€; dous accésit: 600€ cada un
Data fin: 8 de outubro de 2010
Máis información

55 Concurso Nacional de Fotografía ABEJA DE ORO       NOVO 
Convoca: Agrupación Fotográfica de Guadalajara, Castilla-La Mancha
Descrición: poderán participar aquelas persoas interesadas, maiores de idade residentes en España, na realización de seis fotografías de unidade temática e inéditas.
Premio: 4.600€ (1.000€ en efectivo e 3.600€ nun catálogo para o gañador)
Data fin: 8 de outubro de 2010
Máis información

Premio Ciutat de Palma "Antoni Gelabert" de Artes Visuales 2010      NOVO
Convoca: Casal Solleric, Palma de Maiorca
Descrición: os artistas interesados en participar deberán presentar un dossier no que debe constar: un curriculo académico e profesional, unha proposta concreta dun máximo de cinco obras ca ficha técnica correspondente, fotografías das obras realizadas ao longo dos últimos anos coa ficha ténica correspondente.
Premio: 18.000€
Data fin: 15 de outubro de 2010
Máis información

77 Salón de Otoño Cien Años de la Asociación Española de Pintores y Escultores     NOVO 
Convoca: Asociación Española de Pintores y Escultores, Madrid
Descrición: poderán optar ao premio tódo os artistas de nacionalidade española ou estranxeiros residentes en España. Neste certame existen as seguintes seccións: pintura, escultura, debuxo, gravado, acuarela e fotografía. As obras deberán non haber sido presentadas noutro certame. O tema é libre e cada autor so pode presentar unha obra. Deberán abonar a cantidade de 5€  os asociados e 15€ os non asociados.
Premio: 1º premio: 12.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 6.000€
Data fin: 18 de outubro de 2010
Máis información

III Premio Europeo de Cine "Universidad de Sevilla"        NOVO 
Convoca: Universidad de Sevilla
Descrión: poderán participar neste certame os alumnos matriculados no curso 2009-2010 nalgunha das universidades europeas nos estudos conducentes a un título universitario oficial e todas aquelas persoas que concluíron ditos estudos no curso 2001-2002 ou posteriores en calquera universidade europea. O tema será "a integración".
Premios: dous premios de 2.500€ cada un para cada modalidade.
Data fin: 15 de outubro de 2010
Máis información

IX Certamen Nacional de acuarela "Málaga"     
Concova: Asociación de Acuarelistas, Málaga
Descrición: realización dunha obra en acuarela de tema libre. Poderán participar aquelas persoas interesadas e residentes en España que o desexen.
Premio: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.250€; 3º premio: 2.000€
Data fin: 26 de octubro de 2010
Máis información


Broadcasting Art       
Convoca: Radio 3 - Programa Fluido Rosa; Céntro Párraga, Murcia
Descrición: convocatoria a concurso de tres pezas de arte sonoro na súa versión máis aberta e contemporánea entendendo que existan referencias a todos aqueles aspectos estéticos, narrativos e técnicos xerados a partir das novas tecnoloxías, tanto analóxicas coma dixitais.
Premios: tres premios de 4.500€ cada un.
Data fin: 30 de outubro de 2010
Máis información

I Concurso de Fotografía en corto FOTOGENIA       NOVO
Convoca: CORTOGENIA 2010
Descrición: concurso en liña no que os profesionais e afecionados da fotografía poden prenstar a súa visión do mundo grazas a unha instantánea. O tema é libre. Cada participante poderá presentar un máximo de 5 fotografías.
Premio: 500€
Data fin: 1 de novembro de 2010
Máis información

XI Certamen Nacional de Acuarela Villa de Caudete      NOVO 
Convoca: Ayuntamiento de Caudete, Albacete
Descrición: realización dunha soa obra por autor de tema libre. Poderán participar aquelas persoas interesadas de calquera nacionalidade.
Premios: 1º premio: 4.500€ + placa; 2º premio: 3.000€ + placa; 3º premio: 1.800€ + placa; 2 accésit de 1.200€ cada un
Data fin: 5 de novembro de 2010
Máis información

Concurso Internacional Arte y Vida Artificial      NOVO
Convoca: Fundación Telefónica, Madrid
Descrición: VIDA 13.0 premia proxectos artísticos de vida artificial desenvolvidos con posterioridade a setembro de 2008. Cada participante presentará un único proxecto, poden tratarse de proxectos que se basen en sistemas que emulan, imitan ou especulan sobre a noción da vida a través das investigacións e as tecnoloxías actuales. Estes sistemas poden presentar atributos de axencia e autonomía, que mostren un comportamento propio, que sexan dinámicos, reaccionen ao seu contorno e evolucionen, que cuestionen as fronteiras entre o vivo e o non vivo, entre a vida sintética e a vida orgánica.
Premios: 1º premio: 18.000€; 2º premio: 14.000€; 3º premio: 8.000€
Data fin: 6 de novembro de 2010
Máis información

I Certamen Internacional de Fotografía en blanco y negro       NOVO 
Convoca: Galería Berlín, Centro de Servicios Artísticos Alternativos, Palma de Maiorca
Descrición: realización dunhas fotografías en branco e negro que darán forma, entre todas, a finais do ano a unha instalación sonoro-visual a modo de "segunda pel" do cen por cen do espazo expositivo. Poden participar os fotógrafos afecionados e profesionais. A obra é de tema libre.
Premios: 1º premio: 1.500€ + diploma á mellor fotografía; 2º premio: 1.000€ + diploma; 3º premio: 500€ + diploma.
Data fin: 19 de novembro de 2010
Máis información

Premio de Pintura 2010      NOVO 
Convoca: Fundación Fondo de Cultura, Sevilla
Descrición: poderá optar o premio calquera artista maior de 18 anos que non fora premiado en convocatorias anteriores. O tema é libre e poderá empregarse calquera técnica pictórica. Cada pintor presentará unha soa obra que sexa orixinal e realizada durante os anos 2009 e 2010.
Premios: 1º premio: 24.000€; dous accésit de 6.000€ cada un
Data fin: 23 de novembro de 2010
Máis información

4º Concurso Internacional de Pintura Emilio Nadal de Alfara de la Baronia   
Convoca: Ayuntamiento de Alfara, Valencia
Descrición: Poderán participar aqueles artistas interesados, nacionais e internacionais, de calquera idade presentando unha
obra pictórica de tema e técnica libres.
Premios: 1º premio: 1.000€; accésit: 300€; premio local a artistas novos: 200€
Data fin: 20 de decembre de 2010
Máis información

INTERNACIONAL

Convocatoria V edición Premio Internacional Arte Laguna: Pintura, Fotografía, Escultura, Video Arte y Performance            NOVO
Convoca: Asociación Cultural MOCA y Laguna Arte, Mogliano (Italia)
Descrición: concurso artístico con varias seccions (pintura, fotografía, videoarte e performing art). Este concurso está aberto a todos os artistas artistas, sen ningunha limitación. O tema é libre. Posúe unha cuota de inscripción de 50€ por unha obra e 90 por duas obras, e para os menosres de 25 anos a cuota será de 45€ unha obra e 80€ duas obras.
Premio: 5.000€ cada modalidade
Data fin: 16 de novembro de 2010
Máis información

III Concurso Internacional de Diseño "EL COBRE Y LA CASA"    

Convoca: Instituto Europeo del Cobre, Bruselas-Bélxica
Descrición: realizaranse obras en cobre de obxectos cotiás dentro dunha casa, mellorando a funcionalidade do obxecto e inventando novos usos. Poderán participar persoas afins as artes e o deseño.
Premios: os premios estan comprendidos entre 1.500€ ata 4.000€
Data fin: 30 de novembro de 2010
Máis información



 

 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

 

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.