rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA // CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

BOLETÍN DE CONVOCATORIAS :: XULLO-AGOSTO 2010

 

 BOLSAS - AXUDAS 
 
 
ESTATAIS  

Exposición de proxectos no Almacén Sur    
Convoca: LABoral Centro de Arte y Creación Industrial, Xixón
Descrición: realización dun proxecto artístico para a súa exposición na sala Almacén Sur. O obxectivo é apoiar e difundir aos colectivos e asociacións artísticas.
Dotación: as facilidades proporcionadas pola sala para a exposición dun proxecto propio.
Data fin: 28 de xullo de 2010
Máis información

Becas de formación, experimentación y creación en los talleres de obra gráfica de Miró     
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: bolsas de formación para asistir aos obradoiros e cursos da propia Fundació Pilar i Joan Miró ou noutros centros, coma o "The School of Fine Arts. University Collage London" entre outros.
Dotación: entre 1.500€ e 3.000€ segundo a bolsa.
Data fin: 31 de agosto de 2010
Máis información

Programa de Apoyo a Artistas Plásticos y Colectivos Artísticos     
Convoca: Caja de Burgos
Descrición: a convocatoria establece a concesión de axudas económicas para colaborar na produción de proxectos expositivos nas seguintes disciplinas: pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación, gravado e técnicas de estampación.
Dotación: non consta
Data fin: 29 de outubro de 2010
Máis información   

I Certamen Internacional de Artes Plásticas AIBACC      

Convoca: Sala AIBACC, Girona
Descrición: realización dunha obra dentro do campo das artes plásticas, onde o tema, a técnica e o estilo sexan libres. Poden participar artistas e creadores de todo o mundo, sen límite de idade. Este certame posue unha cuota de inscrición de 25€.
Dotación: tres bolsas de distintas estadías dun mes na Residencia de Artistas-Centro de Creación e Investigación Artística en Girona, cunha duración.
Data fin: 30 de novembro de 2010
Máis información


 CURSOS E OBRADOIROS 

AUTONÓMICOS  

XXVI Cursos de Verano GRÁFICA 2010  
Convoca: Fundación CIEC, A Coruña.
Descrición: realización de cursos de distintas técnicas gráficas como xilografía, litografía, serigrafía..., de 50 horas cada un.
Prezo: 120€
Datas
: xullo-agosto de 2010
Máis información 
 

Deseño, creatividade e capacidades profesionais
        
Convoca: Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra
Descrición: o obxectivo do curso serán saber qué implican os conceptos deseño e creatividade para diferentes profesionais, contrastando dende os puntos de vista de enxeñeiros, licenciados en belas artes, publicistas, periodistas, psicoterapeutas, artistas ou deseñadores; observar a importancia da creatividade en todo proceso que implique deseño e a posibilidade de desenvolvela ou non en función das capacidades e comprender como no traballo ou actividade profesional interveñen todos os aspectos da personalidade.
Prezo: 88€
Datas: 16-23 de xullo de 2010

Máis información

Curso formativo de arqueoloxía práctica no complexo arqueolóxico do Neixón     NOVO       
 
Convoca: USC, Santiago de Comportela
Descrición: curso impartido no Centro Arqueolóxico do Barbanza, dirixido por Víctor Barbeito Pose.
Prezo: de balde
Datas: 26 de xullo-6 de agosto de 2010
Máis información

IV Seminario "obradoiro de historia moderna": poder, imaxes, opinión pública e propaganda na idade moderna    NOVO
Convoca: USC, Santiago de Compostela
Descrición: seminario impartido polo departamento de Historia Medieval e Moderna, da man de Roberto Javier Lopez Lopez.
Prezo: de balde
Datas: 28-29 de outubro de 2010
Máis información


ESTATAIS

El ojo instantáneo      
Convoca: Espacio de las Artes, Tenerife
Descrición: taller que ten como obxectivo a experimentación coa fotografía. Está dirixido a aquelas persoas interesadas, sen importar a súa idade e nacionalidade.
Prezo: de balde
Datas: o primeiro sábado de xullo, agosto e setembro de 2010.
Máis información  

Curso de verano: Gestión de información y Políticas Culturales    NOVO       
 Convoca: Departamento de Ciencias de la Documentación e Historia de la Ciencia, Universidad de Zaragoza; Centro de Documentación Cultura y Empleo Infoculture, Huesca
Descrición: curso dirixido a profesionais, estudantes e investigadores relacionados co tratamento e difusión da información cultural en diferentes niveis (xestores culturais, bibliotecarios, documentalistas, persoas de museos, teatros, investigadores en políticas culturais). Os alumnos coñecerán de primeira man algúns dos sistemas, experiencias e procedementos para a xestión de información que resultan de utilidade no seu ámbito para o desenvolvemento de políticas culturais. O curso inclúe un obradoiro sobre redes sociais para a xestión de unidades de información cultural. O curso celebrarase en Jaca, Huesca.
Prezo: xeral: 165€; reducida (estudantes universitarios, desempregados, xubilados e persoal ao servizo da Universidade de Zaragoza): 110€. O prezo do aloxamento en media pensión na Residencia Universitaria de Jaca sería de 82,98€ durante todo o período que dura o curso.
Datas: 21-23 de xullo de 2010
Máis información 
 
SummerLAB 2010   
 
Convoca: LABoral Centro de Arte y Creación Industrial, Xixón
Descrición: trátase dun encontro de creadores e desenvolvedores dixitais para levar a cabo proxectos de forma colaborativa. Poden participar aquelas persoas interesadas sen importar a idade e nacionalidade.
Prezo: non consta
Datas: 22-31 de xullo de 2010
Máis información  



PREMIOS 
 

AUTONÓMICOS    

 Certame de Pintura        
Convoca: Concello de Vigo.
Descrición: o obxectivo do certame é dar a coñecer os novos valores tanto de Vigo como de fóra da cidade. Poderán participar as persoas de entre 16 e 35 anos. As obras poden levar calquera material agás o vidrio e ser de calquera técnica pictórica. O tema será libre. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 6.000€ e varios accésits con cuantía económica sen determinar.
Data fin: 13 de agosto de 2010
Máis información


I Concurso de fotografía de la ruta do viño do Ribeiro, "O RIBEIRO EN FOTO"        

Convoca: Asociación Ruta do Viño do Riberio, Ourense
Descrición: ten como obxectivo fomentar, premiar, e difundir a creatividade das artes da fotografía. Poden participar aquelas persoas interesadas, maiores de 18 anos, de calquera nacionalidade. O tema é plasmar a beleza da Comarca do Ribeiro.
Premios: 1º premio: 1.000€ + 6 botellas de viño do Ribeiro + Diploma; para os restantes premios consultar bases do concurso.
Data fin: 31 de agosto de 2010

Máis información

Festival Internacional de Curtametraxes "Curtopía"     NOVO
Convoca: Concellería de Xuventude, Vigo
Descrición:  festival adicado aos rapaces menores de 30 anos, de calquera nacionalidade. Débese realizar unha obra audiovisual tendo como escenario a cidade de Vigo.
Premios: mellor videoclip: 400€; mellor curtametraxe documental: 800€; mellor curtametraxe de ficción: 800€; mellor obra galega: 400€
Data fin: 15 de setembro de 2010
Máis información

Premios Provinciais á Investigación 2010 
Convoca: Deputación Provincial de Pontevedra
Descrición: a Deputación de Pontevedra ven dando preferencia especial a quen se adica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e benestar social. Premiaranse traballos de diferentes ámbitos como son: humanidades, cencias sociais, tecnoloxía, etc. entre os que se inclúen as teses e proxectos fin de carreira.
Premios: entre 1.800€ ata 3.000€ segundo a modalidade
Data fin: 13 de novembro de 2010

Máis información

ESTATAIS  

III Certamen de Acuarela "Ciudad de Ceuta" Premio Manuel Rejano 
Convoca: Consejería de Cultura, Educación y Mujer Ciudad Autónoma de Ceuta
Descrición: poderán participar cun máximo de dúas obras por autor, todos os artistas que o desexen sen importar a súa nacionalidade. O tema da obra será libre e a técnica será a acuarela. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 3.000€ + diploma
Data fin: 15 de xullo de 2010
Máis información

XIII Festival de Cine "Ciudad de Astorga". Cortometrajes 
Convoca: Ayuntamiento de Astorga
Descrición: convocatoria aberta a todos os produtores e realizadores do cine español. Poderánse presentar ao certame películas de formato de 35 mm., mudas ou con son incorporado, de produción española e cunha duración máxima de 30 minutos. A organización reservase o dereito de exhibir as películas presentadas nos lugares públicos que considere oportunos.
Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 1.500€; 3º premio: 800€; mellor actriz, actor, fotografía, animación e guión: 300€ cada un; mellor banda sonora e mellor documental: un galardón cada un; premio especial do público: 800€; mellor curtametraxe realizada en Castela e León: 700€; premio especial sobre Alzheimer: 700€; premio especial sobre emprendedores empresariais: 700€.
Data fin: 15 de xullo de 2010
Máis información

II Certamen Internacional de Vídeo Digital 
Convoca: Festival de Cine de Astorga e Asociación de Amigos del Camino de Astorga
Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen sen importar a súa nacionalidade, con obras que como máximo duren 5 minutos. O tema do concurso será "o camiño máis curto... o máis curto do camiño", sobre aspectos referidos tanto ao Camiño de Santiago como aos camiñantes e as súas experiencias. Poderán presentarse traballos de distinto xénero: ficción, documental, experimental, video-clips, animación, agás os referidos a institucións ou publicitarios. Seleccionaranse vinte curtametraxes que poderán ser visualizadas na web do Festival.
Premios: 1º premio: 1.700€ + diploma; 2º premio: 500€ + diploma; 3º premio: 400€ + diploma; 4º premio ao fomento da solidariedade entre peregrinos: 600€ + diploma
Data fin: 15 de xullo de 2010
Máis información

Concurso Artístico Internacional "Las ánimas del Purgatorio"  
Convoca: Sociedad de Estudios San Gregorio Magno, Valladolid
Descrición: poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen importar a súa nacionalidade e idade. A técnica será libre: pintura, óleo, acuarela, rotuladores, etc. ou calquera outra modalidade: escultura, vídeo, infografía, etc. O motivo das obras deberá estar baseado e facer referencia ao tema "as ánimas do purgatorio". 
Premio: 1º premio: 4.000€ + diploma; 2º premio: 2.500€ + diploma; obras seleccionadas: diploma; premio para o centro ou mestre do concursante: ordenador portátil + diploma
Data fin: 16 de xullo de 2010
Máis información

71º Exposición Internacional de Artes Plásticas     
Convoca: Ayuntamiento de Valdepeñas, Ciudad Real
Descrición: admitiranse obras de pintura e escultura. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición da que se editará catálogo. Ademais deberán enviar unha diapositiva ou fotografía en cor da obra, unha copia do DNI e un currículo artístico.
Premio: fondo de adquisición de obra de 145.750€
Data fin: 16 de xullo de 2010
Máis información


XXVI Certamen de Artes Plásticas Ayuntamiento Ciudad Rodrigo 2010      
Convoca: Ayuntamiento de Ciudad Rodrigo, Salamanca
Descrición: poderán participar todos aqueles artistas que o desexen sen importar residencia ou nacionalidade. A modalidade será a pintura e tanto a técnica como o tema serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 3.000€ + diploma; dous accésits: 300€ cada un.
Data fin: 30 de xullo de 2010
Máis información
  

I Concurso de Fotografía "La diversidad cultural en imágenes"    
Concova: Ayuntamiento de Salamanca
Descrición: o obxecto da presente convocatoria é otorgar premios a aqueles traballos fotográficos no que o tema estea relacionado coa integración da poboación inmigrante e a diversidade cultural. Valoraranse que sexan imaxes da vida cotiá nas que aparezcan conxuntamente personas inmigrantes e poboación autóctona. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premio: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 900€; 3º premio: 500€; 4º premio: 300€
Data fin: 31 de xullo de 2010
Máis información
 
XIII Concurso Nacional de Cortometrajes "Ciudad de Antequera"    
Convoca: Ayuntamiento de Antequera, Málaga
Descrición: realización dunha curtametraxe de produción española. O tema é libre e calquera persoa interesada pode optar a participar.
Premio: 1º premio: 2.200€; 2º premio: 1.500€; 3º premio: 400€; premio do público: 400€
Data fin: 2 de agosto de 2010
Máis información

VIII Certamen Internacional de Artes Plásticas "Aires de Córdoba" 

Convoca: Asociación Cultural Aires de Córdoba
Descrición: poderán participar artistas plásticos de todo o mundo, sen límite de idade. Haberá dúas modalidades: pintura e gravado. Os temas, formatos, estilos e técnica son libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición na Sala Aires da que se editará catálogo e tamén serán publicadas na web oficial.  
Premios: premio de pintura: 1.500€ + placa + reportaxe crítico promocional na Revista Cultural Aires de Córdoba; cinco mencións de honra de pintura: diploma + certificado;  premio de gravado: 500€ + placa + reportaxe crítico promocional na Revista Cultural Aires de Córdoba; cinco mencións de honra de gravado: diploma + certificado; premio de honra: diploma + exposición individual na Sala Aires
Data fin: 13 de agosto de 2010
Máis información

Certamen de Artes Plásticas Ferias y Fiestas 2010      NOVO      
Convoca: Centro Cultural Casa de Medrano, Ciudad Real
Descrición: poderán participar con dúas obras pictóricas de tema libre, artistas de calquera idade e nacionalidade, residentes en España.
Premio: premio nacional de pintura: 3.000€ + placa; premio nacional de debuxo: 1.000 + placa; premio local de pintura: 1.000€ + placa; premio local de debuxo:500€ + placa
Data fin: 14 de agosto de 2010
Máis información

Concurso Internacional de Acuarela, "Gabriel Puig Roda"        
Convoca: Asociación Cultural Amics de Vinarós, Castellón
Descrición: realización dunha obra en acuarela de tema libre. Poden participar todas aquelas persoas interesadas de calquera nacionalidade.
Premio: 3.000€ + estatuilla original de José Córdoba
Data fin: 30 de agosto de 2010
Máis información

Premio a la experimentación en el ámbito de la obra seriada     
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: o obxectivo deste premio é o apoio e a axuda aos proxectos creativos relacionados coa promoción, a investigación e a experimentación de técnicas e procesos innovadores dentro do ámbito da gráfica e outras disciplinas seriadas. Premiarase o proxecto que destaque pola súa innovación, calidade e experimentación en técnicas de estampación e seriación.
Premio: 8.000€ (4.000€ como honorarios do artista e 4.000€ como gastos de produción).
Data fin: 31 de agosto de 2010
Máis información

Premio Pilar Juncosa para un Proyecto Educativo   
Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Palma de Maiorca
Descrición: a Fundación otorgará un premio para a realización dun proxecto educativo relacionado coas artes visuais, a realizar na Fundación Pilar i Joan Miró de Palma de Maiorca. Dito proxecto deberá promover e motivar o achegamento dun sector de público específico (nenos, adultos, personas maiores, etc.) á arte contemporánea.
Premio: 6.000€ (2.500€ en concepto de deseño do proxecto e 3.500€ para a realización do proxecto na Fundación, incluíndo bolsa de viaxe, dietas, aloxamento, produción no taller e dinamización do proxecto).
Data fin: 31 de agosto de 2010
Máis información

XXXV Certamen nacional de pintura "Ciudad de Manzanares"    
Convoca: Ayuntamiento de Manzanares, Ciudad Real
Descrición: realización dunha obra de tema e técnica libres, agás o debuxo e o gravado. Poderán participar persoas residentes en España que estean interesadas.
Premios: 1º premio: 7.200€; 2º premio: 3.750€; 3º premio:3.600€
Data fin: 31 de agosto de 2010
Máis información

Concurso Audiovisual "Instantes de Paisaje" 2010
 
Convoca: CDAN-Fundación Beulas, Huesca
Descrición: o obxecto da convocatoria é a selección dun máximo de dez proxectos co fin de fomentar a idea de paisaxe e creación audiovisual. O concurso está aberto a todos aqueles amantes das artes plásticas e poderán enviar un máximo de dúas pezas por participante. As pezas seleccionadas poderán ser exhibidas no marco das mostras realizadas polo CDAN na súa programación ou no contorno do Festival de Cine de Huesca.
Premios: 1º premio: 2.500€; 2º premio: 1.000€
Data fin: 1 de setembro de 2010
Máis información

IV Concurso Fotográfico Digital de ATCORE  
Convoca: ATCORE, Asociación de Enfermos y Transplantados de Corazón y Pulmón. Concurso en liña.
Descrición: o tema desta edición trata de poñer cara ao conxunto e contorno das persoas que viven directa ou indirectamente a realidade dos enfermos e transplantados. Familiares, amigos, etc. deberán ser retratados individual ou colectivamente e nos seus rostros deberán transmitir o que o autor busque: esperanza, futuro, alegría, etc. Os fotógrafos participantes so poderán ser afeccionados, non profesionais. A inscrición é de balde e poden enviarse como máximo dúas fotografías dixitais (branco e negro ou cor).
Premios: 1º premio: 1.000€; 2º premio: 600€; 3º premio: 300€
Data fin: 3 de setembro de 2010
Máis información

XI Consurso de Cortometrajes para jovenes realizadores "Ciudad de Castellón"     NOVO      
Convoca: Ayuntamiento de Castellón, Comunidad Valenciana
Descrición: poderán participar aquelas persoas nadas ou residentes en España. O tema da curtametraxe é libre.
Premios: 1º premio: 2.500€; 2º premio: 1.500€; 3º premio: 1.000€; premio especial á mellor curtametraxe realizada por cineástas novos de entre 14 e 18 anos: 1.000€; 1º premio mellor curta de animación: 1.000€; 2º premio mellor curta de animación: 500€; premio á igualdade de oportunidades: 1.000€
Data fin: 3 de setembro de 2010
Máis información

Concurso Nacional de Cine de Animación ANIMAINZÓN 2010 
Convoca: Ayuntamiento de Ainzón, Zaragoza
Descrición: poderán presentarse todos aqueles que o desexen, residentes en España e sen limitación de idade. So existe a categoría de animación. Os traballos seleccionados formarán parte do Festival no que o público votará o seu premio. O premio especial do xurado será para aquel traballo que máis se achegue ao mundo do viño e a súa cultura.
Premios: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 500€; premio do público: 600€; premio especial do xurado: 1.000€
Data fin: 4 de setembro de 2010
Máis información

X Bienal de pintura "Villa de Noreña" Principado de Asturias        
Convoca: Asociación Cultural Contigo-Noreña, Asturias.
Descrición: realización de dúas obras de tema e técnicas libres. Poderan participar artistas interesados de calquera idade e nacionalidade.
Premio: 3.000€ + certificado acreditativo
Data fin: 6 de setembro de 2010
Máis información

II Concurso de Fotografía "5 al día"     NOVO      
Convoca: Asociación "5 al día", Madrid
Descrición: poderán participar aqueles fotógrafos afecionados ou profesionais residentes en España e maiores de 18 anos. O tema é "5 o día", dado a Asociación promove unha alimentación rica en frutas e hortalizas.
Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.000€; 3º premio: 1.000€
Data fin: 6 de setembro de 2010
Máis información

VI Premio Internacional de Pintura Julio Quesada
 
Convoca: Museo Julio Quesada, Alicante
Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade cunha obra orixinal por autor/a que non fora premiada en ningún certame. O tema e a técnica serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 5.000€; 2º premio: 2.000€; mención de honra ao mellor artista local: 1.000€
Data fin: 10 de setembro de 2010
Máis información

II Concurso de Fotografía Solar     
Concova: www.solarweb.net
Descrición: o concurso está aberto a fotógrafos profesionais ou afeccionados, interesados en participar e aportar valor artístico á enerxía solar a través da fotografía. As categorías serán: enerxía solar fotovoltaica, enerxía solar térmica, enerxía solar termoeléctrica, integración arquitectónica da enerxía solar, enerxia solar e cooperación.
Premios: 1º premio: 1.000€; once accésits: 70€ cada un aos mellores de cada categoría; accésit especial: 100€
Data fin: 10 de setembro de 2010
Máis información

 Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña     NOVO  
Convoca: Médicos del Mundo, Madrid
Descrición: poderan participar fotógrafos afecionados e profesionais, maiores de idade e de calquera nacionalidade. As fotografías terán como tema a acción humanitaria, a cooperación internacional e a exclusión social, etc.
Premios: bolsa de traballo: 8.000€; dous accésit de 1.000€ cada un.
Data fin: 15 de setembro de 2010
Máis información
 
XXXI Certamen Artistico Villa de Amurrio  
Convoca: Ayuntamiento de Amurrio
Descrición: poderán participar aqueles artistas que o desexen de calquera nacionalidade ou residencia. A técnica e o tema serán libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición.
Premios: 1º premio: 4.000€ + escultura; 2º premio: 1.500€ + escultura; premio mellor artista local: 1.000€ + escultura
Data fin: 17 de setembro de 2010
Máis información

Premio Internacional de Pintura Focus-Abengoa 2010      NOVO  
Convoca: Fundación Focus-Abengoa, Sevilla
Descrición: poderán participar aquelas persoas interesadas de calquera nacionalidade e idade, cunha obra pictórica de tema e técnica libres.
Premios: 1º premio: 24.000€; dos accésit de 6.000€ cada un.
Data fin: 20 de setembro de 2010
Máis información

X Concurso Internacional de Diseño "Andreu World"  
Convoca: Andreu World S.A., Chiva-Valencia
Descrición: poderán participar estudantes de deseño ou deseñadores, sen limitación de idade. Valoraranse as aportacións innovadoras (mediante un estudio de viabilidade) que faciliten o aumento do nivel de calidade nos produtos. Analizaranse a relación cos seguintes aspectos: custo de produción, cumprimento das funcións previstas e de ergonomía. Os deseños deberán ser presentados para poder ser producidos de maneira mecanizada e en serie. O produto deberá ser orixinal, é dicir, que non fora realizado o seu deseño con anterioridade. Ademáis do premio pagaranse os "royalties" que correspondan.
Premios: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.000€
Data fin: 20 de setembro de 2010
Máis información

Concurso de pintura "Villa de Moriles"          
Convoca: Ayuntamiento de Moriles, Córdoba
Descrición: realización dunha obra pictórica de tema e técnica libres. Poderán participar aquelas persoas interesadas, de calquera idade e nacionalidade.
Premios: 1.200€ + Diploma; accésit (para os residentes en Moriles): 150€ + Diploma
Data fin: 20 de setembro de 2010
Máis información


XXIV Premio de Pintura Emilio Ollero   
Convoca: Diputación Provincial de Jaén
Descrición: poderán participar artistas de calquera nacionalidade, sendo o terceiro premio reservado a artistas andaluces menores de 35 anos. O tema será libre. Os criterios de valoración serán os seguintes: calidade artística en consonancia co seu tempo, con aceptación de todas as tendencias, 10%; valoración, especialmente, da personalidade creativa, 80%; contribución importante ao mundo da arte, 10%.
Premios: 1º premio: 9.000€; 2º premio: 6.000€; 3º premio: 4.000€
Data fin: 30 de setembro de 2010
Máis información

V Certamen Bienal Internacional de Pintura y Fotografía de Zafra        
Convoca: Centro de Iniciativas Turísticas de Zafra, Badajoz
Descrición: realización de dúas obras pictóricas ou fotográficas de tema libre. Poderan participar aquelas persoas interesadas de calquera idade e nacionalidade.
Premios: os premios oscilan desde 600€ ata 3.500€ segundo a disciplina.
Data fin: 30 de setembro de 2010
Máis información

Concurso Internacional de Creación Contemporánea
sobre la memoria de Andalucía Imagenera 2010              
Convoca: Fundación Pública Andaluza Centro de Estudios Andaluces, Sevilla
Descrición: nesta covocatoria levaránse a cabo duas disciplinas: creación documental e artes plásticas. Realizarase unha obra que represente a Memoria Andaluza.
Premio: 1º premio: 7.000€ + Estrella de Plata; dous accésit: 3.500€ cada un.
Data Fin: 30 de setembro de 2010
Máis información
 

I Concurso de Pintura para Artistas Jóvenes       
Convoca: Sociedad Española de Neurología (SEN), Barcelona
Descrición: relización dunha obra pictórica centrada no tema da neuroloxía e o cerebro. A técnica é libre. Poderán particidar persoas de calquera nacionalidade menores de 35 anos.
Premio: 1º premio: 4.000€; 2º premio: 2.500€; 3º premio: 2.000€; premio do socio: 1.500€
Data fin: 8 de octubro de 2010
Máis información

IX Certamen Nacional de acuarela "Málaga"     
Concova: Asociación de Acuarelistas, Málaga
Descrición: realización dunha obra en acuarela de tema libre. Poderán participar aquelas persoas interesadas e residentes en España que o desexen.
Premio: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 2.250€; 3º premio: 2.000€
Data fin: 26 de octubro de 2010
Máis información


Broadcasting Art       
Convoca: Radio 3 - Programa Fluido Rosa; Céntro Párraga, Murcia
Descrición: convocatoria a concurso de tres pezas de arte sonoro na súa versión máis aberta e contemporánea entendendo que existan referencias a todos aqueles aspectos estéticos, narrativos e técnicos xerados a partir das novas tecnoloxías, tanto analóxicas coma dixitais.
Premios: tres premios de 4.500€ cada un.
Data fin: 30 de outubro de 2010
Máis información

4º Concurso Internacional de Pintura Emilio Nadal de Alfara de la Baronia    NOVO  
Convoca: Ayuntamiento de Alfara, Valencia
Descrición: Poderán participar aqueles artistas interesados, nacionais e internacionais, de calquera idade presentando unha
obra pictórica de tema e técnica libres.
Premios: 1º premio: 1.000€; accésit: 300€; premio local a artistas novos: 200€
Data fin: 20 de decembre de 2010
Máis información

 INTERNACIONAL

III Concurso Internacional de Diseño "EL COBRE Y LA CASA"    

Convoca: Instituto Europeo del Cobre, Bruselas-Bélxica
Descrición: realizaranse obras en cobre de obxectos cotiás dentro dunha casa, mellorando a funcionalidade do obxecto e inventando novos usos. Poderán participar persoas afins as artes e o deseño.
Premios: os premios estan comprendidos entre 1.500€ ata 4.000€
Data fin: 30 de novembro de 2010
Máis información

   


 

 

 


 

 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

 

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.