rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
‘Café Voltaire. O sabor das letras’. Gustavo Adolfo Garrido "O Gran Vigo en seis bocados”

‘Café Voltaire. O sabor das letras’. Gustavo Adolfo Garrido "O Gran Vigo en seis bocados”

Datas: 
22 maio 2014
Lugar: 
MARCO restaurante&café
Horario: 
20.45


xoves 22 de maio ás 20.45 terá lugar a cuarta reunión do Café Voltaire, coa participación de Gustavo Adolfo Garrido. O título da intervención deste mes é “O Gran Vigo en seis bocados”. Nela faremos unha viaxe con senllas paradas en momentos importantes no devir desta capital da ría. Dúas aldeas ribeiráns que van conformar o núcleo do futuro Gran Vigo e que teñen o mar como fonte de recursos e como vía de comunicación. Pola ría dos pescadores, os corsarios, os escritores, os comerciantes, os inventores e os soldados. As súas pegadas, e as súas vidas, están na cidade, como as capas dunha cebola, só hai que saber miralas. Démonos un paseo por ela.

[Reserva de praza chamando á oficina da Agrupación a partir do 25 de abril. Tel. 986 113900 Ext. 402, en horario de luns a xoves de 16.30 a 19.30 ou por correo electrónico: amigos.marco@marcovigo.com]