rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Candida Höfer

Foto: 

Candida Höfer estudou na Kunstakademie Düsseldorf, primeiro Cinema con Ole John, e despois Fotografía con Bernd Becher. A súa obra exhibiuse en museos como Kunsthalle Basel, Kunsthalle Bern, Portikus de Frankfurt am Main, e Hamburg Kunsthalle. A artista participou en mostras colectivas no Museum of Modern Art de Nova York, o Power Plant de Toronto, o Kunsthaus Bregenz e o Museum Ludwig de Colonia. En 2002 Candida Höfer participou en Documenta 11, e en 2003 representou a Alemaña na Bienal de Venecia (xunto a Martin Kippenberger). A artista vive en Colonia.