rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Carlos Maciá. 249 litros, 2015. Foto: cortesía del artista
Carlos Maciá. 249 litros, 2015. Foto: cortesía del artista
Carlos Maciá. 249 litros, 2015. Foto: cortesía del artista
Carlos Maciá. 249 litros, 2015. Foto: cortesía del artista
Carlos Maciá. 249 litros, 2015. Foto: cortesía del artista
Carlos Maciá. 249 litros, 2015. Foto: cortesía del artista
Carlos Maciá. 249 litros, 2015. Foto: cortesía del artista
Carlos Maciá. 249 litros, 2015. Foto: cortesía del artista
Carlos Maciá. 249 litros, 2015. Foto: cortesía del artista
Carlos Maciá. 249 litros, 2015. Foto: cortesía MARCO/Iria F. Mouriz
Carlos Maciá. 249 litros, 2015. Foto: cortesía MARCO/Iria F. Mouriz
Carlos Maciá. 249 litros, 2015. Foto: cortesía MARCO/Iria F. Mouriz

CARLOS MACIÁ. 249 litros

Ficha

Datas: 
16 xaneiro 2015 - 5 abril 2015
Lugar: 
Anexo [vestíbulo principal]
Horario: 
Luns a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 21.00. Domingos, de 11.00 a 14.30
Produción: 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Comisariado: 
Ángel Calvo Ulloa

ANEXO
Nova sala de proxectos na antiga tenda-librería


A partir de xaneiro 2015, o lugar ata agora dedicado a tenda-librería no vestíbulo principal do MARCO convértese en sala de proxectos, retomando o espírito do Espazo Anexo na praza peonil posterior (2004-2011). Seguindo un dos signos distintivos do MARCO, esta nova liña de programación pon especial énfase na produción propia, tanto no que se refire ás obras en si —novas producións realizadas especificamente para este espazo— como ao comisariado —ciclos de exposicións por proposta dun mesmo comisario, con periodicidade anual.

A programación ábrese co ciclo Intertextual, comisariado por Ángel Calvo Ulloa, que estará en marcha durante todo un ano. O ciclo inaugúrase coa intervención titulada 249 litros, de Carlos Maciá.

Coincidindo coa xornada inaugural, o venres 16 de xaneiro ás 19.30, terá lugar no salón de actos un encontro aberto ao público no que participarán o artista Carlos Maciá, e o comisario, Ángel Calvo Ulloa.

PROGRAMACIÓN E CALENDARIO


INTERTEXTUAL
Ciclo de exposicións
Lugar: Anexo (vestíbulo principal)
Comisario: Ángel Calvo Ulloa
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo 

Á intervención de Carlos Maciá seguirán, ao longo de 2015, as de
Mauro Cerqueira, Juan López, Fernando García e June Crespo.

MAURO CERQUEIRA (Guimarães, Portugal, 1982)

  • 10 abril – 14 xuño 2015 

JUAN LÓPEZ (Cantabria, 1979)

  • 26 xuño – 25 outubro 2015 

FERNANDO GARCÍA (Madrid, 1975)

  • 13 novembro 2015 – 24 xaneiro 2016

JUNE CRESPO (Bilbao, 1982)

  • 5 febreiro 2016 – 17 abril 2016

Síntese do proxecto

 


INTERTEXTUAL


Ciclo de intervencións durante o ano 2015
Anexo

 

[A intertextualidade] “É unha noción que parece estar moi de moda. Pero eu non a entendo referida ao literario exclusivamente. A obra literaria ha de ser remitida a outros espazos estéticos. Aí existe un problema grave da crítica literaria, polo menos como se practica entre nós. A min influíume máis a estética musical de Anton Webern que as correntes literarias máis próximas. Tamén a pintura, e non só na súa contemplación, senón a lectura de textos teóricos, como é o caso de Kandinsky ou Klee. En xeral, a crítica literaria é absolutamente allea a este fenómeno”.

José Ángel Valente

A intertextualidade, segundo as palabras de José Ángel Valente, non se pode entender referida unicamente á relación entre creadores do campo da literatura. As influencias teñen que romper con esa serie de divisións invisibles e conectar dese modo as artes plásticas coa poesía, ou a música co pensamento filosófico, dando lugar a múltiples diálogos que deben ter como lugar común o día a día, o cotián.

Intertextual parte dunha selección de artistas pertencentes a unha mesma xeración, voceiros da realidade artística nacional e internacional dos últimos anos, que atopan nesa conexión de influencias un campo de traballo ideal. O espazo de tempo é un ano durante o que se levarán a cabo as cinco exposicións. A proposta nace da necesidade de configurar lugares para proxectos que ofrezan aos artistas a oportunidade de producir obras específicas, a partir da recreación e consolidación dun espazo como o Anexo do MARCO.

O antigo Espazo Anexo do MARCO, situado na praza peonil posterior, funcionou durante oito anos como sala de proxectos na que se invitaba a artistas a desenvolver obras in situ. Entre 2004 e 2011 leváronse a cabo vinte exposicións, nunha iniciativa que nalgúns casos supuxo a súa primeira mostra individual nun contorno museístico. A partir de agora, coa estrea do ciclo Intertextual, o lugar da antiga tenda-librería no vestíbulo principal ofrece un lugar privilexiado, tanto polas súas dimensións e características coma polo tránsito continuo de visitantes, para a visibilidade das propostas.

Á intervención de Carlos Maciá seguirán, ao longo de 2015, outros catro proxectos de Mauro Cerqueira (Guimarães, Portugal, 1982), Juan López (Cantabria, 1979), June Crespo (Bilbao, 1982), e Fernando García (Madrid, 1975)

CARLOS MACIÁ. 249 litros


249 litros
, como mostra inaugural deste espazo, establece unha mirada cómplice coa exposición de Angela de la Cruz que en 2004 abriu o antigo Espazo Anexo. A intervención de Maciá realizada en 2013 no Pavillon Suisse de Le Corbusier en París, ou a recente 15 litros en Madrid, supuxeron dous bancos de probas para unha obra que supera os límites do abarcable e que representa para o artista un desafío a todos os niveis.

A obra de Carlos Maciá mantén un estreito vínculo coa arquitectura. Proveniente do campo da pintura, o seu traballo pasa en ocasións a desenvolverse sobre os muros do espazo expositivo, superando así o soporte bidimensional e establecendo un diálogo coa arquitectura, que envolve o espectador. A entrada de luz modifica o ámbito e capta eses momentos precisos nos que algo máxico parece estar a acontecer, como unha escusa perfecta para deterse e esperar.

Carlos Maciá volve ao MARCO nove anos despois da súa participación na exposición Urbanitas, ocupando un espazo sobre o que xa traballara entón e, aínda que inmerso nun proceso que inevitablemente se adscribe ao campo da escultura, cun traballo puramente pictórico.

Artistas

Carlos Maciá


Licenciado en Belas Artes pola Universidad Politécnica de Valencia, Carlos Maciá (Lugo, 1977) vive e traballa en
Madrid. Ten participado, entre outras, nas seguintes mostras colectivas: Hospitalidad. Obras en la colección del
CGAC, comisariada por Miguel von Hafe— (Centro Galego de Arte Contemporánea, 2014); On Painting (CAAM,
Las Palmas de Gran Canaria, 2013); Sin motivo aparente, comisariada por Javier Hontoria (CA2M, Móstoles,
2013); Urbanitas (MARCO, Vigo, 2006); Spain on the Edge. Fragments of a Narrative Conflict (Instituto Cervantes,
Chicago, 2010); Look Up! Natural Porto Art Show, proxecto de intervencións na cidade do Porto, 2010; Ingràvid.
Festival de Cultura Contemporánea do Ampordà (Figueres, Girona, 2010); Melodías prohibidas, proxecto de
intervencións artísticas do Festival SOS 4.8 comisariado por David Barro (Murcia, 2011); ou Festival Artec
Primavera 2012 (Centro Ágora, A Coruña). Entre as súas exposicións individuais destacan ¡Ten cuidado, no vayas
a matar a alguien! (A Chocolataría, Santiago de Compostela, 2006); La leyenda del tiempo (MACUF, A Coruña,
2008); ST. Provisória (Espazo Carpe Diem: Arte e Pesquisa, Lisboa, 2011); e Pavillon Suisse na Fundación Suíza da
Cité Internationale Universitaire de París. Maciá ten acadado importantes premios e bolsas como a da Fundación
Pollock-Krasner de Nova York (2012), a Bolsa CAM de Artes Plásticas (Xapón, 2009); Generaciones 2007 de Caja
Madrid, ou a Bolsa de Creación Artística no Estranxeiro de Unión Fenosa (Nova York, 2006). Exemplos do seu
traballo atópanse en importantes coleccións privadas e de institucións como o CGAC, CAM, MACUF, Caja Madrid,
Caixanova, Cajastur ou Fundación María José Jove.
www.carlosmacia.com
Licenciado en Belas Artes pola Universidad Politécnica de Valencia, Carlos Maciá (Lugo, 1977) vive e traballa enMadrid. Ten participado, entre outras, nas seguintes mostras colectivas: Hospitalidad. Obras en la colección delCGAC, comisariada por Miguel von Hafe— (Centro Galego de Arte Contemporánea, 2014); On Painting (CAAM,Las Palmas de Gran Canaria, 2013); Sin motivo aparente, comisariada por Javier Hontoria (CA2M, Móstoles,2013); Urbanitas (MARCO, Vigo, 2006); Spain on the Edge. Fragments of a Narrative Conflict (Instituto Cervantes,Chicago, 2010); Look Up! Natural Porto Art Show, proxecto de intervencións na cidade do Porto, 2010; Ingràvid.Festival de Cultura Contemporánea do Ampordà (Figueres, Girona, 2010); Melodías prohibidas, proxecto deintervencións artísticas do Festival SOS 4.8 comisariado por David Barro (Murcia, 2011); ou Festival ArtecPrimavera 2012 (Centro Ágora, A Coruña). Entre as súas exposicións individuais destacan ¡Ten cuidado, no vayasa matar a alguien! (A Chocolataría, Santiago de Compostela, 2006); La leyenda del tiempo (MACUF, A Coruña,2008); ST. Provisória (Espazo Carpe Diem: Arte e Pesquisa, Lisboa, 2011); e Pavillon Suisse na Fundación Suíza daCité Internationale Universitaire de París. Maciá ten acadado importantes premios e bolsas como a da FundaciónPollock-Krasner de Nova York (2012), a Bolsa CAM de Artes Plásticas (Xapón, 2009); Generaciones 2007 de CajaMadrid, ou a Bolsa de Creación Artística no Estranxeiro de Unión Fenosa (Nova York, 2006). Exemplos do seutraballo atópanse en importantes coleccións privadas e de institucións como o CGAC, CAM, MACUF, Caja Madrid,Caixanova, Cajastur ou Fundación María José Jove.
www.carlosmacia.com

Comisariado

Ángel Calvo Ulloa


Ángel Calvo Ulloa (Lalín, 1984) vive e traballa entre Madrid e Santiago de Compostela.

Desenvolveu o proxecto de intervencións públicas Un disparo de advertencia (Lalín, Pontevedra) en 2011, Natureza! Estás soa? de Álvaro Negro en PALEXCO (A Coruña) en 2011; Welcome to my loft no Centro Torrente Ballester de Ferrol en 2012; Wily Forza Ingobernable no FAC (Santiago de Compostela) en 2013; Sssh! del silencio un lenguaje na Galería Nuble (Santander) en 2013; ou o proxecto Diálogos Improbables no Espazo NonLugar (Lalín, Pontevedra) en 2012-13. Durante 2014 e 2015 comisariou Crise de Identidade na Fundación Granell (Santiago de Compostela); En el coche de San Fernando en SALÓN (Madrid); Sobre el muro na Galería L21 (Madrid) dentro do programa Jugada a 3 Bandas; Ende der party en Tokonoma Apartment (Kasel); C O M E R C U L E B R A en 1er Escalón (Murcia); Fugir para lado algum dentro do programa Expediçao no espazo Maus Hábitos (Porto) e Del rombo al hexágono hay dos líneas, xunto con Tania Pardo, para a Galería Rosa Santos (Valencia). Actualmente desenvolve INTERTEXTUAL, o ciclo de intervencións para o MARCO, e prepara, xunto con Alfredo Aracil, Tener que sentir, coa colección Los Bragales, para o Antiguo Instituto Jovellanos (Xixón). Foi premiado dentro do programa Inéditos 2014 por La Casa Encendida, onde realizou a exposición Aprender a caer. Recentemente foi premiado dentro da convocatoria de artes visuais de Can Felipa (Barcelona) para realizar o proxecto Incluso un paisaje tranquilo… Participou en proxectos virtuais como They've left us alone para The Naked, A Haia (2014) ou Numismática con río Miño al fondo con Fermín Jiménez Landa para Curatorial Clube (2014). É membro do colectivo OsTres co que elabora o programa expositivo do Espazo Miramemira (Santiago de Compostela).

www.angelcalvoulloa.com

 

Crítico de arte e comisario independente, Ángel Calvo Ulloa (Lalín, Pontevedra, 1984) é redactor xefe de Dardo
Magazine e redactor de A*Desk. Como comisario desenvolveu o proxecto de intervencións públicas Un disparo
de advertencia (Lalín, 2011); a exposición Natureza! Estás soa? de Álvaro Negro (PALEXCO, A Coruña, 2011); a
colectiva Welcome to my Loft (Centro Torrente Ballester, Ferrol, 2012); Wily Forza Ingobernable (FAC, Santiago
de Compostela, 2013); Agora!, proxecto de intervencións no espazo das Bodegas Martín Códax (Cambados,
Pontevedra, 2013); Sssh! Del silencio un lenguaje (Galería Nuble, Santander, 2013); Crise de identidade
(Fundación Granell, Santiago de Compostela), En el coche de San Fernando (SALÓN (Madrid); Sobre el muro
(Galería L21, Madrid), dentro do programa Jugada a 3 Bandas (2014); Aprender a caer (Programa Inéditos 2014,
La Casa Encendida, Madrid), e Aún un paisaje tranquilo... (Barcelona, Convocatoria 2014 Can Felipa de Arts
Visuals). Dentro do programa TOKONOMADRID, foi convidado a participar como comisario na residencia do
Tokonoma Apartment de Kassel. Ángel Calvo Ulloa é membro do colectivo OsTres, que elabora o programa
expositivo do Espacio Miramemira, en Santiago de Compostela.
www.angelcalvoulloa.co