rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CHAMALLE X. PERFORMANCE DE MALGOSIA BUTTERWICK

CHAMALLE X. PERFORMANCE DE MALGOSIA BUTTERWICK

Datas: 
20 novembro 2010
Horario: 
20.30
Lugar: 
Panóptico


As miñas performances están baseadas na interacción entre a práctica e a teoría (expresada por escrito). Tento perseguir un estado de conciencia artística (utópica?), na cal a idea nunca precede totalmente á acción, e a acción nunca é unha ilustración completa da idea. Se a performance é dalgún xeito "realmente" —o que eu entendo como sentido lacaniano do Real—, unha dimensión que transforma o que resulta imposible de expresar...

Polo tanto, considero que a performance é unha tarefa autoimposta para seguir na procura do xeito propio e individual de se ocupar dun momento extraído de receitas habituais de realidade, coa presenza/ausencia de cada quen dentro dela, co fin de aprender a estar totalmente consigo mesma" durante ese momento... para renderse a un proceso constante de acción e cognición, que pode ser emocionante e, se cadra ... , aterrador.

Nunca sei se serei quen de facer performances outra vez...

www.malgosiab.net