Ciclo de encontros/conferencias “Á procura da arte contemporánea”.
Datas:
9 outubro 2018
Lugar:
Salón de actos
Horario:
19.30
Prezo:
de balde
O vindeiro martes 9 de outubro, ás 19.30, no salón de actos, a AAM comeza o ciclo de encontros/conferencias “Á procura da arte contemporánea”.
Nesta ocasión, o crítico e comisario de arte Carlos L. Bernárdez falará sobre Giacometti, Joana Vasconcelos, e a Colección Tannhauser, con imaxes de obras e artistas incluídos na próxima visita ao Guggenheim Bilbao, servindo así como charla preparatoria da Viaxe ao Norte organizada dende a AAM.
O acto está aberto a calquera persoa interesada.
Crédito da fotografía: Thomas Hawk Flickr via Compfight cc