rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Ciclo HISTORIA DO CINEMA no MARCO. Proxeccións e sesións comentadas de grandes clásicos da historia do cinema

Ciclo HISTORIA DO CINEMA no MARCO. Proxeccións e sesións comentadas de grandes clásicos da historia do cinema

Datas: 
4 outubro 2019 - 15 decembro 2020
Horario: 
VENRES, de 18.00 a 21.00 / do 4 outubro 2019 ao 26 xuño 2020 (10 sesións)
Lugar: 
salón de actos
Prezo: 
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo en cada sesión.

Debido á crise sanitaria derivada da Covid-19, as sesións Cineclub Sunset interrumpíronse a partir do 13 de marzo, alterando as datas previstas no calendario inicial. As sesións pendentes terán lugar a partir do 27 de outubro (ver programa calendario pp. seguintes).

A partir do 4 de outubro, o MARCO inicia unha nova actividade da man do cineclube Sunset Boulevard. Un ciclo de proxeccións de grandes clásicos da historia do cinema, unha vez ao mes, cun total de dez sesións repartidas entre outubro de 2019 e xuño de 2020. En cada sesión, a proxección do filme (VOSE) está precedida dunha presentación, e seguida dunha análise e coloquio durante o que se tratarán e debatirán os aspectos máis relevantes das obras, procurando un tono divulgativo e didáctico.

Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, en colaboración con @cineclubsunset
Dirección, selección películas e charlas-coloquio: Alexandre Escariz Covelo, Jaime Fernández Gutiérrez, Álvaro Martín Gallego