rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Ciclo TRABALLADORAS DA IMAXE / Carme Nogueira e Andreia Costas

Ciclo TRABALLADORAS DA IMAXE / Carme Nogueira e Andreia Costas

Datas: 
19 novembro 2019
Lugar: 
Salón de actos
Horario: 
19.15
Prezo: 
Entrada libre e gratuita ata completar aforo

Organiza: Agrupación de Amig@s del MARCO 

Fotógrafas, cineastas, videocreadoras, investigadoras, montadoras, produtoras, comisarias, artistas visuais

Trátase dun ciclo de charlas e proxeccións nas que mulleres procedentes de distintos ámbitos das artes nos achegarán a súa experiencia profesional. Son a moitas as artistas que no amplo campo do audiovisual están xerminando e non sempre son ben coñecidas ou valoradas. Por iso, a Agrupación de Amig@s do MARCO quere darlles unha maior visibilidade, mediante un formato de charlas e encontros, coa participación de dúas artistas en cada sesión, que terán lugar periodicamente no salón de actos do MARCO.

Sesión 2, con Carme Nogueira e Andreia Costas

Carme Nogueira (Vigo, 1970) traballa sobre os procesos de  subjetivización e a función normalizadora dos espazos a través da fotografía e a instalación. Nos seus últimos traballos esta problemática materialízase nunha serie de obxectos e accións para o espazo público que convocan ás veces unha memoria do traballo e das loitas obreiras, prácticas de emancipación feministas ou  anticoloniais. No seguinte link deixámosvos noticias sobre un dos seus últimos traballos:

https://numax.org/novas/detalle/carme-nogueira-inaugura-primeiro-episodio?locale=es

Andreia Costas (Stockach, 1979), é unha escritora e artista multidisciplinar e docente galego-alemá. Participou en diferentes festivais de curtas e multimédia: Linz, Oberhaunsen, Goethe Institut, Hannover, Berlín. Participa coa súa escrita e poesía en recitais, publicacións e premios: finalista do Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas en 2019. Segundo premio microrrelato “Alitera Clara”. Galardón coa publicación no volumen“IV Concurso Internacional Ellas”. Gañadora do accesit na sexta edición do Premio de relato "Vigo Histórico", Ed. Elvira.

Fotografía do cartaz: Iria Vázquez L.