rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Ciclo TRABALLADORAS DA IMAXE / Diana Toucedo e Renata Otero

Ciclo TRABALLADORAS DA IMAXE / Diana Toucedo e Renata Otero

Datas: 
27 decembro 2019
Lugar: 
Salón de actos
Horario: 
19.00
Prezo: 
de balde ata completar aforo

Organiza: Agrupación de Amig@s del MARCO 

Fotógrafas, cineastas, videocreadoras, investigadoras, montadoras, produtoras, comisarias, artistas visuais

Trátase dun ciclo de charlas e proxeccións nas que mulleres procedentes de distintos ámbitos das artes nos achegarán a súa experiencia profesional. Son a moitas as artistas que no amplo campo do audiovisual están xerminando e non sempre son ben coñecidas ou valoradas. Por iso, a Agrupación de Amig@s do MARCO quere darlles unha maior visibilidade, mediante un formato de charlas e encontros, coa participación de dúas artistas en cada sesión, que terán lugar periodicamente no salón de actos do MARCO.

Sesión 3, con Diana Toucedo e Renata Otero

Fotografía do cartaz: Iria Vázquez L.