rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CLUB SINSAL. Sinsal X

CLUB SINSAL. Sinsal X

Datas: 
14 abril 2012 - 15 abril 2012
Horario: 
Sábado de 18.00 a 22.00 e Domingo as 13.00
Lugar: 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

CLUB SINSAL

Sinsal X

Chega Sinsal X inaugurando o CLUB SINSAL, un novo modelo de festival máis participativo, aberto ao público e a outras disciplinas alén da música. Nesta primeira edición do CLUB SINSAL no MARCO de Vigo contaremos co Espazo Súper8, grupos locais e proxección de Súper8 caseiros cedidos por veciños da cidade, o Espazo Laboratorio, revelado fotográfico e diferentes propostas entre a electrónica e a experimentación sonora, e, por suposto, o Salón Sinsal no auditorio con Phaedra e Montgolfier Brothers.

A estes espazos no MARCO poderase acceder co abono ou con entrada por concerto, pero haberá tamén outras propostas gratuítas, tal é o caso da Escola, música e son explicados para os nenos, o Escritorio, onde atoparemos literatura, conversa e ritmo, e as Performances e o Showroom dos alumnos de Belas Artes e de ESDEMGA. O domingo, como colofón, teremos sesión vermú con Blues Control & Laraaji & Arji.

Atentos aos horarios e prezos e a novas sorpresas. Os próximos días 14 e 15 de abril Sinsal tomará o MARCO para comezar a celebrar os seus 10 anos de música.

Sábado 14 de Abril

ESPAZO SALÓN:

PHAEDRA: (con Victor Herrero) 19.00 horas

MONTGOLFIER BROTHERS: 21.00 horas

ESPAZO ESCRITORIO*

PARTICIPARÁN: M. XOSÉ QUEIZÁN, REXINA VEGA, FRAN ALONSO E A. FERNÁNDEZ PAZ

ESPAZO SUPER8*

ORQUESTA METAMOVIDA: 18.00-18.30 horas

IGNORANTES: 19.00-19.30 horas

MCOM (Microcolectivoorugamachine): 20.00-20.30 horas

FANTASMAGE: 21.00-21.30 horas

ESPAZO LABORATORIO*

RECOJO CHATARRA: 18.00-18.30 horas

CARLOS SUAREZ: 19.00-19.30 horas

DRAEN: 20.00-20.30 horas

UCRANIAN BRIDE: 21.00- 21.30 horas


Domingo 15 de abril

SESIÓN VERMÚ

BLUES CONTROL & LARAAJI & ARJI: 13.00 horas

*Aforo limitado

COMPRAR ENTRADAS PARA O FESTIVAL

BONO SÁBADO (TODAS AS ACTIVIDADES)

ENTRADAS PARA O SÁBADO (SÓ SALÓN DE ACTOS)

ENTRADAS PARA O DOMINGO