rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CLUBE DE LECTURA #BiblioMARCO 2020/2021

CLUBE DE LECTURA #BiblioMARCO 2020/2021

22 setembro 2020 - 25 xuño 2021

A Biblioteca-Centro de documentación do MARCO reanuda a actividade do Clube de Lectura #BiblioMARCO con tres novos grupos.

O xoves 1 de outubro abrirase o prazo de inscrición, gratuíta e con prazas limitadas a 9 participantes por grupo.

A Biblioteca-Centro de documentación continúa accesible na rede, e presencialmente só para persoal investigador, mediante cita previa.

A partir do mes de outubro, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO reiniciará as actividades do seu Clube de Lectura, con tres novos grupos, e con prazas limitadas a 9 participantes por cada sesión, que terán lugar unha vez ao mes, cumprindo co protocolo anti-Covid e todas as normas de hixiene e seguridade.

O prazo de inscrición abrirase o xoves 1 de outubro, e a primeira sesión do Grupo 1 será o venres 23 de outubro, na xornada máis próxima ao Día das Bibliotecas (24 outubro).

O Clube #BiblioMARCO é unha actividade gratuíta, concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas nas artes en xeral. Os eixes argumentais das novelas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións, e cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, alén da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, o que converte o clube #BiblioMARCO nunha experiencia diferente que axuda a afondar nos contidos da creación contemporánea.

Reinicio sesións CLUBE DE LECTURA #BiblioMARCO
OUTUBRO 2020-XUÑO 2021

Aberta inscrición a partir do 1 de outubro
[PRAZAS ESGOTADAS]

Lugar: Biblioteca–Centro de documentación do MARCO (1º andar)
Horario: de 19.00 a 20.30
Datas:

Grupo 1 =
3º venres de cada mes
Presentación - 1º sesión GRUPO 1: venres, 23 de outubro ás 19.00 (véspera do Día das Bibliotecas) ás 19.00

Grupo 2 
= 4º mércores de cada mes
Presentación - 1º sesión GRUPO 2: mércores, 28 de outubro ás 19.00

Grupo 3 =
4º venres de cada mes
Presentación - 1º sesión GRUPO 3: venres, 30 de outubro ás 19.00 

Máximo 9 participantes por grupo (reserva 20% para membros da AAM)

GRATUÍTO, previa inscrición a través do correo electrónico centro.documentacion@marcovigo.com.
[Máximo 1 solicitude de alta por cada correo electrónico recibido]

LIBROS COMENTADOS 

Enrique Vila-Matas. Kassel no invita a la lógica / Tatiana Tibuleac. El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes / Honoré de Balzac. La obra maestra desconocida / Rosa Montero. La loca de la casa / Cristina Morales. Los combatientes / Mark Oliver Everett. Cosas que los nietos deberían saber / Julian Barnes. El ruido del tiempo / Elvira Lindo. 30 maneras de quitarse el sombrero

ACTIVIDADES PARALELAS


Conversación entre Arantza Portabales (escritora) e Celeste Garrido (artista)
A sesión foi gravada en vídeo e emitida posteriormente no canal Youtube do MARCO
https://www.youtube.com/watch?v=fx9TEdJI6Mo
https://www.marcovigo.com/gl/content/conversa-arantza-portabalesceleste-...

Proxección do documental “Las Sinsombrero” / Emitido en “Imprescindibles” de RTVE
https://www.marcovigo.com/content/proxecci-n-documental-las-sinsombrero

A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO, inaugurada en 2004 e sita no 1º andar do Museo, é un servizo totalmente gratuito que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea.

O fondo bibliográfico ascende a 6.750 publicacións que abranguen áreas como teoría da arte, filosofía, historia, pedagoxía, museoloxía, movementos artísticos ou coleccións. O corpo principal da Biblioteca son monografías, catálogos de artistas e catálogos colectivos, ademais dunha hemeroteca de revistas especializadas.

HORARIO: na actualidade, e ata novo aviso, a Biblioteca está aberta presencialmente só para investigadoresmediante cita previa e cumprindo todas as medidas de hixiene e seguridade. 

AdxuntoTamaño
NP_nova tempada Clube Lectura BiblioMARCO_gal.pdf798.11 KB