rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
COMUNICADO

COMUNICADO

Datas: 
13 marzo 2020 - 11 abril 2020


Por mor das circunstancias excepcionais relacionadas coa alerta sanitaria orixinada polo COVID-19, dende o MARCO, como espazo público e como parte da Rede de Museos Municipal, seguiranse as disposicións e medidas preventivas postas en marcha dende o Concello de Vigo e as autoridades competentes en materia sanitaria.

En consecuencia, os espazos do Museo quedarán pechados ao público a partir de hoxe venres, 13 de marzo, ata novo aviso.

Lamentamos as molestias que esta situación poida ocasionar, tendo moi presente que se trata dunha decisión guiada pola prudencia e pola responsabilidade individual e colectiva, e seguimos á súa disposición para calquera dúbida, consulta ou información complementaria, a través dos correos-e que figuran na web www.marcovigo.com