rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Conferencia de Eva Mendoza

Conferencia de Eva Mendoza

Datas: 
3 xullo 2012
Horario: 
20.00
Lugar: 
Salón de Actos
Prezo: 
de balde


Eva Mendoza, comisaria de "REGION 0. The Latino Video Art Festival of New York",  ofrecerá unha charla aberta ao público no salón de actos.

REGION 0. The Latino Video Art Festival of New York é un Festival de Videoarte Latino que se celebrou no mes de marzo de 2011 no Centro Rey Juan Carlos I da Universidade de Nova York. Tras a súa itinerancia por distintas sedes, preséntase no MARCO de Vigo, onde se exhibirá ata o 1 de setembro. Unha selección de vídeos monocanle, representativa das tendencias actuais na área da creación audiovisual, e que é resultado de múltiples enfoques conceptuais e procesuais dos seus creadores, dentro dunha ampla mostra na que teñen cabida diversas formas de expresión.