rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Construíndo o tempo ausente

Construíndo o tempo ausente

Datas: 
29 setembro 2009 - 16 outubro 2009
Horario: 
martes, mércores, xoves e venres ás 11.00, 12.30 e 17.00
Lugar: 
Espazo Anexo

Visitas e obradoiros para asociacións e grupos de adultos
[Actividade complementaria da exposición de CARLOS BUNGA]
Previa cita nos tel. 986 113900

Como novidade nesta tempada, o MARCO ofrece unha actividade específica de obradoiros para adultos, vinculada á exposición de CARLOS BUNGA, nos que se pode participar en grupo mediante cita previa. A actividade consiste nunha visita guiada e un taller no propio Espazo Anexo, relacionado cos contidos da exposición —a evolución urbanística de Vigo, a idea de cidade e de construción, o binomio que establece o artista entre arquitectura e comida— con propostas que se desenvolven de forma individual ou conxunta.