rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CONVOCATORIA MARCO_ESCENA

CONVOCATORIA MARCO_ESCENA

Datas: 
9 maio 2015 - 17 maio 2015
Horario: 
Do sábado 9 ao xoves 14 de maio de 16.30 a 20.00; domingo 10: de 11.00 a 14.30.
Lugar: 
SALÓN DE ACTOS
O MARCO BUSCA ADOLESCENTES DE ENTRE 15 E 18 ANOS PARA PROTAGONIZAR O NOVO ESPECTÁCULO DE ANA BORRALHO E JOÃO GALANTE "SÓ HÁ UMA VIDA E NELA QUERO TER TEMPO PARA CONSTRUIR-ME E DESTRUIR-ME"

A actividade encádrase no programa de pezas escénicas que organiza o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, coincidindo coa fin de semana do Día Internacional do Museo (DIM), o sábado 16 e domingo 17 de maio de 2015. O programa, que inclúe varias actuacións en distintas salas do Museo, está comisariado por Pablo Fidalgo Lareo.

Características e condicións de participación: 

Idades: entre os 15 e os 18 anos.

Máximo de 15/20 participantes.

Calendario/Plan de traballo:

Obradoiro/Ensaios do grupo cos autores e directores da obra:

Ana Borralho & João Galante

Do sábado 9 ao xoves 14 de maio de 16.30 a 20.00; domingo 10: de 11.00 a 14.30.

Ensaio xeral

Venres 15 de maio ás 20.00

[Os participantes deberán estar no MARCO a partir das 17.30]

Imaxe cortesía Ana Borralho & João Galante (plano xeral e detalle)

Actuación/presentación aberta ao público

Sábado 16 e domingo 17 de maio, ás 20.00

Lugar: MARCO, salón de actos