rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CRTVE / TVE Galicia. Panorama de Galicia: “Manuel Colmeiro. Galicia ten un pintor” © Televisión Española en Galicia, 1999

CRTVE / TVE Galicia. Panorama de Galicia: “Manuel Colmeiro. Galicia ten un pintor” © Televisión Española en Galicia, 1999

Datas: 
1 maio 2020 - 6 setembro 2020

O MARCO presenta na súa web unha serie de entrevistas históricas ao artista Manuel Colmeiro, concibidas como actividade complementaria da exposición “MANUEL COLMEIRO. Espazos e encadramentos”.

Procedente dos arquivos de TVE en Galicia, foi realizada en 1999 e está dispoñible a partir deste domingo 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas. 

Para visualizar a entrevista, preme aquí: https://youtu.be/qCZgEzmTHbM

CRTVE / TVE Galicia
Panorama de Galicia: “Manuel Colmeiro. Galicia ten un pintor”, 1999
Entrevista a Colmeiro en San Fiz de Margaride (Silleda), acompañado da súa muller, Emilia González Colmeiro, e de Isaac Díaz Pardo
Guión: Manuel Pérez Bello
Imaxe: M. Midón, M. Villaverde.
Montaxe: M. Quintás. Presentado por: Paola Rodríguez. 
Duración: 23’ 20’’
© Televisión Española en Galicia, 1999

Durante todo o período da exposición “Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos”, está previsto un conxunto de actividades complementarias desta mostra, comisariada por Xosé Carlos López Bernárdez, que ten como obxectivo ofrecer unha nova ollada sobre a obra dun dos pintores chave na historia da arte galega. http://www.marcovigo.com/es/content/manuel-colmeiro-espacios-y-encuadram...

Entre elas, destacan varias entrevistas históricas a Manuel Colmeiro, procedentes dos arquivos de CRTVG e CRTVE, que comenzaron a publicarse na web do museo o 15 de abril. Grazas á esta especial colaboración, o público ten acceso á obra e pensamento de Colmeiro en primeira persoa.

O seu interese reside non só no seu valor como documento histórico, senón por achegar a perspectiva e reflexións do artista en tres momentos diferentes da súa traxectoria vital e artística. Os documentos do propio pintor insiren a súa obra na tradición política do realismo histórico e explican as motivacións sociais e estéticas das obras. O seu testemuño fai máis comprensibles as obras de claro matiz social ou a serie de tintas sobre a Guerra Civil.

As reflexións de Colmeiro explican tamén a súa procura dun novo clasicismo ligado ao cotián. O traballo do noso pintor, como el subliña, teima en presentar as cousas comúns, o milagre da existencia na súa imperturbada duración: as maternidades, as panadeiras, as tres grazas, as paisaxes, as naturezas mortas; temas que se presentan desde unha análise de enorme rigor que pode parecer inxenua porque evidencia as virtudes sinxelas ou os feitos típicos da vida local, pero que posúe unha forte carga analítica.