rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CURSO CINE. Eutopías. A procura do “bo lugar” no cinema

CURSO CINE. Eutopías. A procura do “bo lugar” no cinema

Datas: 
22 outubro 2020 - 25 maio 2021
Horario: 
19.30 a 21.00
Lugar: 
Salón de actos

1ª QUENDA: do 22 outubro 2020 ao 25 marzo 2021
2ª QUENDA: do 9 marzo ao 25 maio 2021

Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: José Manuel López

Datas e horarios:

1ª QUENDA: do 22 outubro 2020 ao 25 marzo 2021
Xoves, de 19.30 a 21.00

2ª QUENDA: do 9 de marzo ao 25 maio 2021
Martes, de 19.30 a 21.00

Total número sesións: 12 por cada quenda

PRAZAS LIMITADAS a 34 participantes por cada quenda.

Inscrición e matrícula a partir do 8 de outubro en taquilla MARCO
recepcion.marco@gmail.com
986 113900 Ext. 100

Prezo matrícula: 125€ IVE incluído (100€ para membros da Agrupación de Amig@s do MARCO e para estudantes, previa acreditación).

RESUMO / PRESENTACIÓN

Adoita pensarse a utopía como unha quimera, como unha proxección irrealizable dende un presente escuro cara a algún futuro, mellor pero tamén inalcanzable. O termo foi acuñado por Tomás Moro en 1516 na súa obra homónima, a partir —nunha das interpretacións posibles— dos vocábulos gregos ou- (que expresa negación) e tópos (lugar): é dicir, “nowhere” na súa primeira tradución inglesa ou “non hai tal lugar” — como un século máis tarde Francisco de Quevedo o trasladou ao español. Pero outras interpretacións consideran que Moro fixo partir o seu neoloxismo de eu (que expresa bondade) e tópos, ou o que é o mesmo; un lugar bo ou feliz. E así llo fai dicir á propia illa de Utopía: “Non Utopía, senón mellor é o meu nome Eutopía, o País da Felicidade”.

Mouro constrúe a súa utopía, polo tanto, dende unha intencionada ambivalencia entre a necesidade do seu desexo e a imposibilidade da súa realización. Utopía é unha promesa, un “bo lugar” que non existe… aínda. Porque o desexo utópico, como toda imaxinación prospectiva, se proxecta cara á realización eutópica dese desexo: alguén que non está conforme coa súa realidade soña cun mundo mellor pero sempre, como defendía Herbert Marcuse, coa intención de que a utopía se converta en topía, nunha realidade que, finalmente, teña lugar.

A utopía deixa de ser así unha quimera ou conto fantasioso sen relación coa Historia: o seu desexo de facerse realidade convértea nun relato ancorado no seu tempo que, ademais, prolifera nos períodos de crise. E por iso, a utopía é, hoxe, tan necesaria como sempre. Pero as utopías sociais que tratan de construír “o mellor dos mundos” desembocan moitas veces no seu reverso: no discurso negro da anti-utopía ou distopía. Por iso neste curso tomaremos a tanxente íntima que nos afastará da “utopía social” e nos achegará á “utopía individual” (persoal, pero transferible). Porque quizais a única utopía posible, como defende Lewis Mumford, sexa a nosa propia vida —aquí e agora— levada ata os límites das súas posibilidades ideais.

AVANCE PROGRAMA / CALENDARIO
[No pdf. dispoñible para descarga]

Imaxe: Fotograma de Modern Times [Tempos Modernos], de Charles Chaplin