rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CURSOS DE ARTE

CURSOS DE ARTE

Datas: 
7 outubro 2009 - 2 xuño 2010
Horario: 
mércores
Lugar: 
Salón de actos

Ademais da repetición do curso ‘DE PICASSO A HIRST. 30 figuras da arte contemporánea’, ofrécense dous cursos cuadrimestrais, nos que se pode matricular de forma independente ou conxunta: ‘O PROTAGONISMO FEMININO NA ARTE CONTEMPORÁNEA’ (outubro 2009-febreiro 2010) e ‘A FOTOGRAFÍA. Historia doutra mirada’ (febreiro-xuño 2010).

CURSO
‘De Picasso a Hirst: 30 figuras da arte contemporánea’
Docente: Ana Pereira Molares
Datas: do 7 outubro 2009 ao 2 xuño 2010
Lugar: salón de actos
Horario: mércores, de 18.00 a 19.15
Prezo de matrícula: 180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO), coa posibilidade de pago fraccionado, nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.

CURSOS CUADRIMESTRAIS
‘O protagonismo feminino na arte contemporánea’
Docente: Ana Pereira Molares
Datas: do 7 outubro 2009 ao 10 febreiro 2010

‘A fotografía. Historia doutra mirada’
Docente: Ana Pereira Molares
Datas: do 24 febreiro ao 2 xuño 2010

Lugar: salón de actos
Horario: mércores, de 19.30 a 20.45
Prezo de matrícula: 100€ cada curso. No caso de matricularse nos dous cursos cuadrimestrais, o prezo conxunto é de 180€, coa posibilidade de pago fraccionado, nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición. (En ámbolos dous casos é aplicable o desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO).

Tanto o programa detallado dos cursos como as fichas de inscrición están dispoñibles na taquilla do MARCO dende o 9 de setembro, así como na web www.marcovigo.com. A cumprimentación das fichas é imprescindible para a elaboración da lista de participantes, que está limitada a 100 persoas por curso.

O persoal de taquilla e oficinas está á súa disposición para calquera consulta ou información. Tel: 986 113900/113911; correo-e pilar.souto@marcovigo.com. Horario taquilla: martes a sábados, de 11.00 a 21.00; Domingos de 11.00 a 15.00.