rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Día do Libro no MARCO [Info e exposición virtual obradoiros]

23 abril 2021 - 31 maio 2021

O MARCO celebra o Día do Libro cunha sesión especial de obradoiro para público infantil, e unha nova edición da experiencia de Bookcrossing en rede, en colaboración con outros museos e centros de arte.

#DíadoLibro #DíadoLibro2021 #BiblioMARCO

4 HISTORIAS / 4 VIAXES

Obradoiro conducido por María Xosé Martínez
Para participantes de 6 a 10 anos
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (versión presencial e virtual)
Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO con motivo do Día do Libro

Colabora: 

Data: venres 23 de abril e sábado 24 de abril 
Horarios:
Sesións presenciais: venres ás 17.00, ás 18.15 e ás 19.30  / sábado ás 11.00 e ás 12.15
Lugar: exterior. Praza peonil posterior xunto a Espazo Anexo (traslado a interior en caso de choiva)
Sesión virtual (Zoom): ás 17.00
Listas abertas para cada sesión ata completar capacidade (máximo 4 participantes en cada sesión presencial, e 12 participantes na sesión virtual)

Inscricións a partir do martes 20 de abril ás 11.00

Por teléfono, email ou persoalmente en taquilla MARCO
recepcion.marco@gmail.com
Tel. 986 113900 ext. 100
Horario taquilla: martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30

Normas de acceso e medidas sanitarias (sesións presenciais):

  • Uso obrigatorio de máscara
  • Distancia mínima interpersoal
  • Desinfección de materiais e uso de xel hidroalcohólico
  • Prohibición de consumir alimentos e bebidas durante a actividade

Maria Xosé Martínez, membro do equipo de didáctica do MARCO e autora con ampla experiencia en actividades educativas para público infantil e familiar, ofrécenos en primicia este obradoiro, cuxo título xoga co da exposición “4 Proxectos”, recentemente inaugurada nas salas da planta baixa.

Utilizando cartón, papel e outros materiais básicos, crearemos o noso propio mini-libro tridimensional que contén catro historias relacionadas con aqueles lugares aos que nos gustaría viaxar, nestes tempos nos que a viaxe supón un sono. A nosa imaxinación sen límites é a vía para chegar a calquera lugar, e o texto e as imaxes, as nosas ferramentas para o camiño.

Deixemos voar a nosa creatividade durante unha divertida sesión, cuxos resultados se publicarán na sección Biblioteca da web do MARCO www.marcovigo.com a xeito de exposición virtual que dará máis visibilidade aos traballos realizados.

BOOKCROSSING 2021

Este ano na rede!

En colaboración con 39 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura

#Bookcrossing2021

Un ano máis —e xa van 15— o MARCO súmase á experiencia de Bookcrossing promovida dende o ARTIUM de Vitoria-Gasteiz, na que en cada edición participan numerosos museos e centros de arte, e que debido ás medidas preventivas, neste 2021 se conduce a través da rede. Mediante un vídeo conxunto en Vimeo, os centros participantes comparten de xeito virtual as súas publicacións, seleccionando libros que forman parte da súa colección, e uníndose nesta campaña de fomento da lectura e de difusión da cultura contemporánea.

No caso do MARCO, estará presente coas súas publicacións máis recentes: os catálogos das exposicións de Yolanda Herranz e Celeste Garrido, o libro Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos, e o exemplar Cadernos/Cuadernos do artista Jorge Martins.

AdxuntoTamaño
NP_MARCO_Día do Libro 2021_gal_ampliación horarios.pdf762 KB