rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Foto: Manuel G. Vicente
Foto: Manuel G. Vicente
Foto: Ana Borralho & João Galante
Foto: RE.AL Fío condutor
Foto: Branca Novoneyra

DÍA INTERNACIONAL DO MUSEO 2015. Programación especial no MARCO

Datas: 
15 maio 2015 - 17 maio 2015
Horario: 
venres a domingo de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00.
Lugar: 
Todos os espazos do MARCO
Prezo: 
Entrada libre e gratuíta

Unha vez máis, o MARCO súmase a esta celebración e ofrece unha programación especial na fin de semana do 16 e 17 de maio, con actividades para públicos de todas as idades, xunto coas exposicións que nesas datas se exhiben en salas.

Na programación da fin de semana DIM destaca o ciclo MARCO Escena, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, ademais doutras actividades específicas —obradoiro de scrapbooking na Biblioteca-Centro de documentación, programación do Laboratorio das Artes, visitas guiadas— para público infantil e adulto.

Descarga: