rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
DA TRADICIÓN Á MODERNIDADE. Unha aproximación crítica á historia dos temas, xéneros e soportes

DA TRADICIÓN Á MODERNIDADE. Unha aproximación crítica á historia dos temas, xéneros e soportes

Datas: 
24 outubro 2018 - 8 maio 2019
Horario: 
MÉRCORES, de 19.30 a 21.00
Lugar: 
salón de actos

Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: Ana Pereira Molares
Total número sesións: 22

PRAZAS LIMITADAS. Inscrición e matrícula a partir do 18 de setembro

Prezo: 190€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e para estudantes, previa acreditación), coa posibilidade de pagamento fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición. 

RESUMO / PRESENTACIÓN

Partindo da idea de que é imposible entender os comportamentos artísticos do presente sen coñecer a súa intrahistoria, este curso formula unha aproximación crítica aos grandes xéneros que serviron de soporte ás creacións artísticas dende a prehistoria ata a actualidade. Ao longo de vinte e dúas sesións iranse analizando temas e xéneros como o retrato, o espido, a paisaxe; non só dende unha perspectiva cronolóxica senón trazando vínculos transversais entre diferentes xéneros, correntes, movementos e tendencias estilísticas, tendo sempre en conta o seu contexto, que en definitiva se converte en elemento determinante do resultado estético. Abordaranse tamén dun modo especial cuestións como a desaparición da figuración, un aspecto revolucionario e esencial nas vangardas históricas, e a súa posterior recuperación dende perspectivas moi diferentes, como o surrealismo, o pop, ou a nova figuración.

Pódese consultar o programa no pdf. de descarga