rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Francisco Bores. Le marin, 1932. Colección Telefónica. Foto: cortesía Fundación Telefónica ©Fernando Maquieira
Eduardo Chillida. Dibujo, 1986. Colección Telefónica. Foto: cortesía Fundación Telefónica ©Fernando Maquieira
Paul Delvaux. L’appel, 1944. Colección Telefónica. Foto: cortesía Fundación Telefónica ©Fernando Maquieira
René Magritte.La Belle Société, 1965-1966. Colección Telefónica. Foto: cortesía Fundación Telefónica ©Fernando Maquieira
Daniel Vázquez Díaz. Paisaje de la Rábida, 1930. Colecc. Telefónica. Foto: cortesía Fundación Telefónica ©Fernando Maquieira
Menchu Lamas. Sen título, 1991. Colección Telefónica. Foto: cortesía Fundación Telefónica ©Fernando Maquieira

DESTACADOS. Colección Telefónica

Ficha

Datas: 
16 maio 2019 - 15 setembro 2019
Lugar: 
MARCO, salas de exposición da planta baixa
Horario: 
martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30

COLECCIÓN TELEFÓNICA

Produción: Fundación Telefónica
Comisariado: Laura Fernández Orgaz

Eduardo Arroyo, Elena Asins, Eduardo Chillida, Francisco Bores, Paul Delvaux, Óscar Domínguez, Luis Feito, Luis Fernández, Ismael González de la Serna, Luis Gordillo, Eugenio Granell, Juan Gris, Menchu Lamas, René Magritte, Louis Marcoussis, Roberto Matta, Godofredo Ortega Muñoz, Guillermo Pérez Villalta, Pablo Picasso, Antonio Saura, Soledad Sevilla, Antoni Tàpies, Darío Villalba, Daniel Vázquez Díaz, Hernando Viñes

COLECCIÓNS CONCELLO DE VIGO

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Comisariado: Miguel Fernández-Cid / Pilar Souto Soto

Castelao, Manuel Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Tino Grandío, Mario F. Granell, Laxeiro, Gloria de Llano, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Luis Seoane, Arturo Souto, Manuel Torres


UNHA EXPOSICIÓN DE 

PRESENTACIÓN


A exposición DESTACADOS. Colección Telefónica poderá visitarse dende o 16 de maio e ata o 15 de setembro no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

Destacados. Colección Telefónica comprende unha selección de pintura, escultura e obra en papel das pezas máis significativas e icónicas da colección, non só polo estilo artístico que representan, senón tamén pola importancia e a transcendencia dos seus autores. As pezas reunidas para esta ocasión no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, sen seguir un estrito percorrido cronolóxico, permiten trazar unha breve panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da historia da arte do século XX.

Ademais, como valor engadido da mostra en Vigo, xunto ás obras da Colección Telefónica, a exposición permite establecer vínculos e diálogos con creadores galegos renovadores, que deron paso á modernidade en Galicia, a través dunha selección de obras procedentes de Coleccións de Museos do Concello de Vigo.

Información e visitas guiadas

O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

  • Todos os días ás 18.00
  • Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900

Síntese do proxecto


A Colección Telefónica: exemplo de coleccionismo corporativo


A Colección Telefónica componse dun conxunto de máis de 1.000 obras entre pintura, escultura, fotografía e obra en papel. A creación deste fondo iníciase nos anos 80 coa intención de promover o recoñecemento dunha serie de artistas españois pouco representados nos museos estatais do momento. Adquiríronse entón obras de Juan Gris, Tàpies, Chillida, Picasso e Luis Fernández e ao longo das dúas décadas seguintes, e con obxectivos moi distintos ao inicial, a Colección vaise ampliando e abrindo outros camiños artísticos.

Froito desta evolución a Colección Telefónica foi cualificada como “colección de coleccións”, ao poder agruparse en varios bloques temáticos e por conter artistas magnificamente ben representados tanto en cantidade coma na calidade das súas obras. Con presenza nacional e internacional de autores máis e menos visibles, o contido da colección é diverso en canto a disciplinas e correntes estéticas se refire.

Nunca tivo unha vocación enciclopédica; non obstante, observada no seu conxunto permite testemuñar algúns dos movementos máis significativos do século XX: dende o cubismo, o surrealismo, o informalismo, a abstracción ou as diferentes tendencias da pintura figurativa. Sen esquecer o fondo de fotografía contemporánea, outro capítulo de grande interese, que reúne algúns dos autores máis relevantes desta disciplina.

PERCORRIDO POLA EXPOSICIÓN

Ecos das vangardas / O signo e a forma / Cara a outros camiños

A mostra divídese en tres ámbitos diferenciados: “Ecos das vangardas”, “O signo e a forma” e “Cara a outros camiños”.

ECOS DAS VANGARDAS representa, a través dunha selección de obras adquiridas nas últimas décadas, algúns dos movementos máis importantes das vangardas de principios do século XX: dende o cubismo de Juan Gris, ou Louis Marcoussis, á obra de Luis Fernández, o surrealismo de René Magritte e Paul Delvaux, pasando pola desbordante creatividade de Pablo Picasso, con catro obras de distintas técnicas e etapas.

Despois da Segunda Guerra Mundial, a arte atravesa un período marcado por un estado de malestar e transcendencia. O centro mundial das artes trasládase de París a Nova York. Ten lugar o desenvolvemento dun estilo complexo e diverso denominado informalismo que se estenderá por Europa e Estados Unidos, e no que a materia, o xesto, a ausencia de forma ou o abstracto xerará numerosas e interesantes variantes. Así, na sección O SIGNO E A FORMA, o visitante mergullarase de xeito monográfico na obra de tres grandes da arte española máis internacional e que se fixeron eco deste estilo: Tàpies, Chillida e Saura.

CARA A OUTROS CAMIÑOS inclúe unha selección de obras que viron a luz a partir da creación dunha importante revista de pensamento, tecnoloxía e sociedade —a revista Telos que aínda hoxe edita Fundación Telefónica. Dende 1984 e durante máis de quince anos, a publicación contiña un pequeno caderno central no que se reproducían as series orixinais realizadas polos artistas convidados. Máis de corenta artistas de diferentes xeracións, e con estilos e linguaxes totalmente diferentes, pasaron polas páxinas da revista Telos, chegando a crear un interesante fondo de máis de 400 obras. Exhíbense series de Eduardo Arroyo, Soledad Sevilla, Menchu Lamas, Guillermo Pérez Villalta, entre outros artistas destacados.

DESTACADOS. Colecciones Concello de Vigo

En diálogo con la exposición Destacados. Colección Telefónica, el MARCO muestra una selección de obras pertenecientes a los fondos del Ayuntamiento de Vigo, procedentes de la Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego, de la Fundación Laxeiro y del Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León”.

La selección se centra en los artistas que vincularon su trabajo en la búsqueda de un sentido distintivo y propio para el arte gallego, poniendo especial hincapié en quienes estuvieron en contacto con las propuestas innovadoras del momento.

Todos los artistas reunidos fueron parte activa del debate estético vivido en Galicia en las décadas primeras y centrales del siglo XX. De algunos se muestran obras muy características que —como el caso de Luis Seoane o Laxeiro— permiten ver dos momentos distintos e intensos, el de la definición de una propuesta propia y la evolución posterior. Creemos que obras como la de Isaac Díaz Pardo o las del primer Colmeiro indican por dónde debería ir la revisión crítica de su obra. Llamamos la atención sobre artistas de mundos muy personales, por el modo como saben conjugar iconografía y recursos plásticos —caso de Lugrís, Mario Granell o Tino Grandío— o todavía poco conocidos, como Gloria de Llano.

De manera intencional, la presencia de Souto, Castelao, Maside y Manuel Torres se centra en la obra sobre papel, como medio en el que se apuntan ideas y soluciones compositivas —en el caso de Souto—, pero también con claras connotaciones de acción, de incidencia social, como en los dibujos comentados de Castelao, que enlazan con la defensa del grabado para extender un lenguaje de raíces propias, que las obras presentes de Maside o Torres magistralmente se encargan de plasmar.