rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
DESTACADOS. Visita guiada á exposición

DESTACADOS. Visita guiada á exposición

Datas: 
16 maio 2019
Lugar: 
MARCO, salas de exposición da planta baixa
Horario: 
18.00


Co gallo da presentación de DESTACADOS. COLECCIÓN TELEFÓNICA, a comisaria, Laura Fernández Orgaz, quere ofrecer unha visita guiada á exposición para aquelas persoas da Agrupación interesadas en asistir, mañá xoves día 16 de maio ás 18.00.

DESTACADOS. COLECCIÓN TELEFÓNICA, en diálogo con DESTACADOS. COLECCIÓNS CONCELLO DE VIGO.A mostra, que comprende unha selección de pintura, escultura e obra en papel das pezas máis significativas e icónicas da Colección Telefónica —Picasso, Gris, Magritte, Delvaux, Chillida ou Tàpies—, establece un fermoso diálogo cos creadores galegos máis renovadores que deron paso á modernidade en Galicia: Castelao, Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Tino Grandío, Mario F. Granell, Laxeiro, Gloria de Llano, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Seoane, Souto e Manuel Torres.