rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
"E TI QUE RECORDAS?" PROGRAMA ACTIVIDADES EXPOSICIÓN "PRODUCIÓNS E PROCESOS NA COLECCIÓN DKV"

"E TI QUE RECORDAS?" PROGRAMA ACTIVIDADES EXPOSICIÓN "PRODUCIÓNS E PROCESOS NA COLECCIÓN DKV"

O departamento educativo do MARCO ten preparado un conxunto de actividades (visitas + obradoiros) en torno á exposición titulada ‘PRODUCIÓNS E PROCESOS NA COLECCIÓN DKV’, que ocupa as salas da planta baixa dende o 16 de outubro de 2015 ata o 24 de xaneiro de 2016. PVP: 2€ polo grupo completo.
Datas: 
16 outubro 2015 - 24 xaneiro 2016
Horario: 
mércores a venres de 11.00 a 12.15 e de 12.15 a 13.30
Lugar: 
Salas de Exposición e Laboratorio das Artes

Para esta nova tempada, o departamento educativo do MARCO ten preparado un conxunto de actividades (visitas + obradoiros) en torno á exposición titulada ‘PRODUCIÓNS E PROCESOS NA COLECCIÓN DKV’, que ocupa as salas da planta baixa dende o 16 de outubro de 2015 ata o 24 de xaneiro de 2016.

Esta exposición é froito da colaboración entre a compañía DKV Seguros e o MARCO de Vigo, e reúne un conxunto de obras de 11 artistas, en múltiples formatos e soportes, distribuídas nas salas da planta baixa do MARCO. As obras de Misha Bies Golas e Patricia Dauder son resultado de dúas bolsas de produción convocadas con motivo desta mostra. As propostas dos outros nove artistas —Rosalía Banet, Mira Bernabeu, David Ferrando Giraut, Alex Francés, Martín Freire, Karlos Gil, Núria Güell, Alicia Kopf, Eulàlia Valldosera— pertencentes á colección DKV, son á súa vez resultado de programas de bolsas de produción e premios de adquisición convocados por DKV Seguros entre os anos 2011 e 2015.

‘E TI, QUE RECORDAS?’ é o nome xenérico do programa para escolares que se desenvolve en paralelo a esta mostra, sacando partido do contacto directo coas obras en salas, e das múltiples posibilidades educativas que ofrece esta exposición. Todas as actividades están especialmente adaptadas ás idades dos participantes, con propostas diferenciadas para os grupos de infantil, primaria e secundaria/bacharelato.