rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
encabezado

Enlaces

Selección de enlaces web que recollen información e recursos de gran interese para aquelas persoas interesadas na arte e na cultura contemporánea en xeral

Portais 

http://www.masdearte.com/

Portal especializado en arte onde se pode visualizar información sobre exposicións, noticias, convocatorias, etc. Cómpre salientar o boletín dixital que elaboran cada semana e que se pode recibir gratuitamente no correo electrónico.

http://www.culturagalega.org/

Sitio de referencia da cultura galega na rede. Neste portal atopamos noticias sobre arte, literatura, lingua, historia, espectáculos, comunicación, etc. Cómpre salientar os subportais dedicados á arte, o audiovisual, a banda deseñada, a literatura e a música.

http://www.culturagalega.org/atalaia/

Subportal da web culturagalega.org dedicado á arte contemporánea en Galicia no que pódese encontrar información de artistas, exposicións, obras, etc. 

http://www.exitmail.net/

Lista de distribución de noticias por internet elaborada polo grupo editorial Exit. Pódense visualizar na web ou ben recibilas no correo electrónico.

http://www.dosdoce.com/

Portal cultural que actúa como nexo entre todas as actividades do sector cultural: editoriais, bibliotecas, museos, fundacións, librerías, etc. Nel atopamos estudos, artigos de opinión, buscador especializado, un directorio de blogs culturais, etc.

Arte e Mercado


http://www.artnet.com/

Portal para comprar, vender e investigar sobre arte, xa que presenta información e obras procedentes de 2.200 galerías de 250 cidades do mundo. Por medio da web, distribuidores e compradores de arte revisan o mercado e as súas tendencias e favorécese a comunicación a distancia e en tempo real.

http://www.artfacts.net/

Provedor de servizos artísticos de grande prestixio no que cómpre salientar: a súa base de datos con máis de 130.000 artistas de todo o mundo, o "ranking" que establecen segundo o éxito das exposicións nas que participan os devanditos artistas e a análise profesional que realizan sobre os resultados das poxas, as redes sociais, o alcance internacional do artista, as exposicións, os tipos de mostra, etc.

http://web.artprice.com/start.aspx?l=es

Portal sobre o mercado da arte que recolle e presenta información nunha ampla base de datos. Os datos proceden de todas as poxas de obras de arte que se celebran en 2.900 salas de 40 países, ademais dos que se extraen da lectura exhaustiva dos medios de comunicación especializados.

http://www.picassomio.com/

Galería virtual de arte e deseño que, ademais do servizo propio de compra-venda, oferta a posibilidade de consultar artigos sobre o mercado da arte, as inversións, etc.

Revistas

http://www.1000wordsmag.com/

Revista en liña, que presenta as obras de seis artistas por cada un dos números, con imaxes de gran calidade e textos que as acompañan.

Didáctica

www.jacksonpollock.org

Move o rato para realizar pinturas ao estilo do carismático Jackson Pollock. Cada vez que premas, cambiarás de cor, e só terás que mover o rato para conseguir resultados incribles.

http://stripgenerator.com/create/

Crea o teu propio cómic engadindo os elementos que atoparás no alto dos escenarios (humans, beings, etc.). Para introducilos, só tes que premer e arrastralos onde máis che guste. Finalmente, se premes en "publish", o publicarás en Internet para que o poidas ver sempre que queiras.

Blogs


http://inicios.es/

Blog persoal que busca servir como ferramenta para investigar as relacións entre "arte e activismo".