rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

Datas: 
15 febreiro 2020
Lugar: 
farol de Urzáiz
Horario: 
10.00
Prezo: 
20€/persoa, transporte incluído (xantar opcional)

Traslado en autobús, con saída ás 10.00 do farol de Urzáiz.
Inscrición na taquilla do MARCO ata o 12 de febreiro
Máximo 30 participantes

Visita ás exposicións:

Leopoldo Nóvoa, 1919-2019 (Museo de Pontevedra)

Con motivo do centenario do nacemento do artista Leopoldo Nóvoa, o Museo dedícalle unha ampla exposición, comisariada por Rosario Sarmiento, na que se reúnen máis de cincuenta obras que recollen diferentes momentos da súa traxectoria creativa.

Verónica Vicente. A liña do visible (Fundación RAC)
Guiada pola crítica e xestora artística Sara Donoso

Unha exposición individual na que a artista presenta as súas últimas series fotográficas: Figuras decorativas e Escrito nas follas. Nesta mostra, que supón o peche dunha etapa e o inicio doutra, poderemos ver obras inéditas nas que estivo traballando os últimos meses.

La esencia caliente (Sala X, Facultade de Belas Artes)

Esta mostra — comisariada polo alumno de doutoramento Manuel Mata Piñeiro, que reúne obras do artista estadounidense Dan Mathews, a chilena Lupe Pinar e os galegos José Batallán e Manolo Martínez— xurde da investigación que articula a tese de Mata Piñeiro, que recolle os fundamentos do movemento literario coñecido como realismo sucio e a súa translación a outros campos da arte contemporánea.

Fotografía (detalle) cedida por Fundación RAC/Verónica Vicente