rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Experimento MP3 Vigo

Experimento MP3 Vigo

Datas: 
29 outubro 2009
Horario: 
As seis en punto
Lugar: 
MARCO, Museo de arte contemporánea de Vigo. Rúa Príncipe 54




EXPERIMENTO MP3 #Vigo

Organizador(a): EXPERIMENTO MP3

Tipo: Reunións - Reunión de grupo ou club

Rede: Global

Data: xoves, 29 de outubro de 2009

Hora: 18:00 - 19:00

Lugar: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Rúa: Rúa Príncipe 54

Cidade/Pobo: Vigo, Spain

Ver mapa Google MapQuest Microsoft Yahoo

Descrición

Coincidindo coa inauguración de ArtFutura 2009 no MARCO, o próximo xoves 29 de outubro, participamos nunha intervención tan vanguardista como divertida. Improv Everywhere realizará a súa primeira "misión" en España, simultaneamente en Barcelona, Madrid, Murcia e Vigo: Chega o Experimento MP3.

Que é o Experimento MP3?

Unha multitude pasándoo en grande cos seus auriculares. Unha xincana interactiva e, ante todo, un experimento. Pode pasar o inesperado.

Que é Improv Everywhere?

Os seus performances ou bromas prácticas van dende conxelar 200 persoas na Estación Central de Nova York ata xerar un musical espontáneo en plena rúa. Son xa 85 "misións" que contaron con miles de participantes e un obxectivo: xerar momentos hilarantes, transmitir agudos comentarios sociais e, ante todo, pasalo ben.

Todo o que necesitas saber para participar no EXPERIMENT MP3 VIGO:

DATA: Xoves 29 de outubro. Chova ou neve

INICIO: Fronte ao MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

HORA: ás 18.00. En punto

VISTE: Unha camiseta vermella, azul, verde ou amarela

TRAE: O teu reprodutor mp3 e un reloxo

INSTRUCIÓNS

1. NON PIQUES sobre o seguinte link. Márcao co botón dereito e elixe "Gardar enlace como".

http://improveverywhere.com/mp3experiment/Experimento_MP3.mp3

2. Carga o arquivo dende o PC ao teu reprodutor.

3. Trata de non escoitar o arquivo aínda.

4. Usa un reloxo con segundero (ou dixital) e sincronízao con este:

http://www.la-hora.org/atomuhr.html#

5. Acode ao punto un pouco antes das 18:00. Ponte cómodo.

6. Prepárate: ao punto exacto das 18:00 dálle ao play!

PREGUNTAS FRECUENTES

1. EXPERIMENTO DE QUE?

Se acabas de decatarte sobre o experimento en Vigo e aínda non sabes que é un experimento mp3, entra en http://www.experimentomp3.info (general)

Pincha Aquí   (Experimento MP3 Vigo)

2. TEÑO QUE TER UN iPOD?

Non necesariamente. Pódese cargar o arquivo nun reprodutor Mp3. Se usas iPhone asegúrate de activar o modo 'airplane' para que non te interrumpa ningunha chamada.

3. DEBO ESCOITAR ANTES O ARQUIVO?

Non.

4. PODO ESCOITAR ANTES O ARQUIVO?

Non deberías. Pero non podemos impedircho. Ten en conta que para gozar ao 100% da experiencia hai que ser paciente. Se forte: confiamos en que o conseguirás.

5. QUE FAGO SE CHEGO TARDE?

Pon o arquivo no minuto e no segundo que marca o teu reloxo. E corre a engancharte!

6. E SE NON LLE DOU AO PLAY AO MESMO TEMPO QUE O RESTO?

Contamos con iso. Pode ser divertido ver participantes avanzados ou demorados. Se estás claramente 'out' síntete libre para sincronizar o teu mp3 co doutro participante.

7. QUE PASA SE O MEU MP3 ROMPE OU SE A MIÑA BATERÍA MORRE DURANTE O EXPERIMENTO?

En caso de que aconteza, trata de superalo rápido e gozar do resto do Experimento.

8. VIREI CON AMIGOS. DEBERIAMOS LEVAR CAMISETAS DA MESMA COR?

Non. De feito é indistinto. Non seredes separados por cores.

9. A MIÑA CAMISETA: PODE SER ESTAMPADA?

Son preferibles as camisetas lisas. Pero non importa se a túa camiseta ten algún texto ou debuxo mentres quede clara a súa cor.

10. CANDO REMATE O EXPERIMENTO, VOUME?

Podes facer algo mellor, entrar no museo a ver as proxeccións audiovisuais de ArtFutura 2009 no Salón de Actos do MARCO.

Se aínda lendo as FAQ's quédache algunha dúbida, escríbea no muro e responderémosche.

EXPERIMENT MP3 VIGO é unha idea de Improv Everywhere en colaboración con ArtFutura2009 + Poko Frecuente + Complot.