rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

Fernando Sánchez Castillo

(Madrid, 1970; vive e traballa en Madrid)

Fernando Sánchez Castillo levou a cabo os seus estudos entre Madrid, París e Amsterdam. Entre as súas exposicións individuais en España e o estranxeiro destacan 'Anamnese', La Casa Encendida (2003); 'Ieder het Zijne / To Each His Own', Stedelijk Museum Schiedam, Róterdam, Centro de Arte Santa Mónica, Barcelona (2006); 'Manu Militari', Centro de Arte Santa Mónica, Barcelona (2006); 'Intelligence Down', Musac, León (2007); Wanas Foundation Sweden (2007); 'Parti de la Peur', Centre D'Art Contemporain (2007), e máis recentemente 'The Unresolved...', Vleeshal, Middleburg, Holanda (2008). Tamén participou en exposicións colectivas, como 'Abracadabra', Tate Gallery of Modern Art, London (1999); 'Appartement, Deichtorhallen', Hamburgo, Alemaña, (2001); 'The Real Royal Trip' (exposición itinerante), P.S.1. MOMA, Nova York (2003), Fundación NMAC; 'Registros contra el tiempo', Fundación Marcelino Botín, Santander (2006); 26ª Bienal de São Paulo (2004); 'Mercury Retrograde', De Appel Foundation, Amsterdam, 10ª Bienal de Istambul (2007); 'La Cuadratura del Cono - Borders Jam', Montevideo (2007). No ano 2008, as súas exposicións máis significativas foron 'Borders', Boijmans Van Beuningen, Róterdam; 'Geographic cross-overs in art', MART, Museo d 'Arte Moderna e Contemporánea di Trento e Rovereto; 'Lost Paradise - Der Blick des Engels', Zentrum Paul Klee, Berna; 'Sonsbeek 2008: grandeur Sonsbeek International Sculpture Exhibition, Arnhem; 'Paixóns privadas, visións públicas', MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo; 'Tiefenrausch O.K', Centrum Für Gegenwartskunst, Linz.

Fernando Sánchez Castillo traballa coa imaxe do público e, como esta, as súas obras están sometidas ao mesmo ritmo que a cidade ou o medio no que se transmiten. O consumo de imaxes fai que moitas delas non se dixiran perfectamente. O proceso da arte actúa como o estómago dun ruminante. Toma o máis estéril e desapercibido, regurxítao e prepárao para un novo proceso de dixestión, que non o último. O anecdótico, o lateral, convértese en icona. Moitas imaxes non foron destacadas polo discurso histórico dominante, pero agora son potentes imáns e preguntas para a sensibilidade da arte contemporánea. Outra liña de traballo son as ideas de progreso e o concepto dunha historia lineal, o como desapareceron da perspectiva do pensamento contemporáneo e, non obstante, funcionan como ferramentas de control e coerción das 'masas'. O uso destes flash-backs no seu traballo ten o obxectivo de dislocar, na xeración posterior á da situación ou do momento histórico referido, as verdades transmitidas e consolidadas. Utiliza a arte contemporánea como neuroconductor entre diferentes ámbitos sociais e de pensamento, paseándose polas gretas dos sistemas e levándonos a conclusións que nunca antes se puideran imaxinar ou recrear.