rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Festa 7xMARCO. Cada obra coa súa parella.

Festa 7xMARCO. Cada obra coa súa parella.

14 novembro 2009 - 15 novembro 2009

Xogos de busca e correspondencias de imaxes/catálogos

  • Lugar: Biblioteca-Centro de Documentación
  • Horario apertura: sábado e domingo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00
  • Horario xogos: sábado e domingo ás 12.00 (sesión1/sesión2) e ás 18.00 (sesión2/sesión1)

Unindo os seus obxectivos de difusión da cultura contemporánea, coa familiaridade e coñecemento da programación do MARCO, a Biblioteca-Centro de documentación do MARCO propón para esa fin de semana un xogo de buscas e correspondencias entre imaxes e catálogos que porá a proba a memoria e a percepción visual dos participantes. Trátase de analizar unha selección de 15 fotografías de obras que estiveron presentes en mostras colectivas do MARCO ao longo destes sete anos, e localizar o nome do artista, título da obra e exposición correspondente. Como axuda documental, na mesma sala sitúase un conxunto de catálogos de exposicións do MARCO. Para que cada persoa poida participar máis dunha vez, o xogo ten dúas modalidades ou sesións, con obras e autores diferentes. Os premios consisten en lotes de catálogos e pases para todas as sesións do programa audiovisual de ArtFutura, que durante estas semanas se exhibe no salón de actos.