rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Festival AMAL Experimental. Ciclo de cine experimental euroárabe

Festival AMAL Experimental. Ciclo de cine experimental euroárabe

Datas: 
22 outubro 2011 - 29 outubro 2011
Horario: 
de 18.00 a 19.00 agás o sábado 29, de 11.00 a 21.00
Lugar: 
Salón de actos
Prezo: 
de balde

O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal celebra este ano a súa novena edición do 24 ao 29 de outubro de 2011 en Santiago de Compostela, con 36 películas en selección oficial.

Amal_experimental é unha aposta novidosa do Festival, que presenta oito curtametraxes euroárabes independentes cun claro carácter experimental en colaboración con cinco museos de arte contemporánea de Galicia: CGAC (Santiago de Compostela), MARCO (Vigo), MACUF (A Coruña), Museo Provincial (Lugo) e Centro Cultural Deputación Ourense Edificio Simeón (Ourense).

Os filmes incluídos nesta primeira edición do programa son os seguintes: A Film, Hisham Bizri (Líbano); Dru, Jihane Chouaib (Francia); Dot, Eid Abdel Latif (Exipto); Missing, Tariq Rimawi (Xordania/Reino Unido); The Last Passenger, Mounes Khammar (Alxeria); Al Massilah, Peter Webber (Catar); Exit, Mohanad Yaqubi (Palestina/Francia); The Power of Generations, Mohammed Jassim (Bahréin)

+ INFO en www.amalfestival.com

Organiza: Festival Internacional de Cine Euroárabe AMAL 2011, Fundación Araguaney, Santiago de Compostela.