rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Festival SINSAL OUTONO. Anna Calvi

Festival SINSAL OUTONO. Anna Calvi

Datas: 
14 decembro 2013
Horario: 
21:00
Lugar: 
Salón de actos
Prezo: 
18€


21.00
I Have a Tribe

21.45
Anna Calvi

Poucas voces despegaron con tanta forza como a súa no último trienio dende o Reino Unido. A forza dunha supernova. "A cousa máis grande dende Patti Smith", dixo Brian Eno cando ela só tiña un single na rúa, Jezebel, versión dunha canción popularizada na década dos 50 por Édith Piaf. Pouco despois xa teloneaba a Grinderman e Bill Ryder-Jones, o guitarrista de The Coral, abríalle a porta do selo Domino.

O 7 outubro sairá o seu segundo disco, One Breath, e virá a presentárnolo o 14 de decembro en Vigo. As súas once cancións, que foron producidas por John Congleton, compúxoas ao completo Calvi, tanto letra como música, dando como resultado un disco aínda máis persoal có seu antecesor, aquel moi laureado homónimo debut de 2011 cuxa convulsión interna, dunha intensidade case chamánica, provocou unha incesante chuvia de halagos que oscilaba entre "a nova PJ Harvey" ou "a nova Florence Welch". Trátase dunha obra reflexiva e vulnerable, a medio camiño entre o optimismo e o desespero, a beleza e a súa ausencia.

Mantén a fereza do seu primeiro álbum, pero a londiniense aplicoulle maior urxencia e un máis amplo espectro de texturas e emocións. A súa autora descríbeo así: "Soa como ese momento xusto antes de abrirte ao exterior e confesarche cos demais, e ao moi aterrorizante que iso é. Dá medo, pero está cheo de esperanza, porque o que che vaia pasar é algo que aínda non che pasou". As primeiras presentacións en directo de One Breath van a ter lugar en Londres, Milán e París, nunha serie de concertos íntimos o próximo setembro (para o de Londres xa se esgotaron as entradas). A chuvia de halagos ten todos os números para volver caer.

Mercar entrada